

RTVE é a gran empresa pública española de medios de comunicación de ámbito estatal. Integran TVE, sete canles de televisión; RNE, seis cadeas de radio; a web RTVE.es, o Instituto RTVE e a Orquestra e Coro.
RTVE garante a existencia de canles con programacións diversas e equilibradas para todos os públicos con información, debate, educación e entretemento de calidade. Contribúe á cohesión social.
RTVE é unha empresa innovadora. A Corporación desenvolve proxectos que reflicten o seu compromiso coas novas tecnoloxías e o desenvolvemento sostible.
RTVE ofrece unha información rigorosa, independente e plural e un entretemento de calidade. Garante o dereito de acceso; apoia a difusión das artes, a ciencia e a cultura e aposta pola participación.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno permite aos cidadáns exercer o dereito de acceso á información pública, naqueles ámbitos que non estean cubertos pola parte de publicidade activa contida neste portal.
A Corporación RTVE, S.A., S.M.E. pon á súa disposición, a través do Portal de Transparencia do Goberno de España, a posibilidade de exercer este dereito, dentro dos límites previstos na Lei.
O órgano competente para coñecer as solicitudes de dereito de acceso resolverá sobre a admisión, inadmisión, denegación total ou parcial das solicitudes de acceso no prazo máximo dun mes dende a recepción da solicitude. Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante.
Desde la entrada en vigor de la Ley orgánica 1/2015 el pasado 1 de julio de 2015, la Corporación RTVE ha quedado plenamente sujeta al régimen de responsabilidad previsto en los artículos 31.bis y siguientes del Código Penal.