Primeiro día sen máscara obrigatoria nos centros de saude, hospitais e farmacias. É o remate oficial das medidas de prevención que se foron adoptando dende marzo de 2020. // O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, ocupará o cargo de presidente da Deputación de Ourense. Así o confirmou a dirección provincial do PP, Trala renuncia anunciada de Manuel Baltar a continuar. // Aumenta a preocupación entre os expertos en tabaquismo polo uso de vapeadores entre nenos e adolescentes. As formas e os sabores exóticos que presentan os cigarros eléctronicos atraen cada vez a un público máis novo. 05-07-2023
Continuan a descender as temperaturas. Nos ceos alternan nubes e claros con posibilidade de brétemas costeiras. Día máis fresco con termómetros que en xeral non pasarán dos 25 graos, agás en Ourense onde rondarán os 30. 04-07-2023
O paro rexistrado baixa en case 5.500 persoas en Galicia no mes de xuño, grazas, sobre todo, ao impulso do sector servizos. A seguridade social suma máis de 8.000 novos afiliados. // A nova lei autonómica do litoral foi aprobada hoxe no Parlamento cos votos do Partido Popular. Establece a xestión por parte da Xunta das competencias no espazo marítimo terrestre e pretende regularizar varios miles de inmobles situados na beiramar. // Rematada a veda, un dos reis da gastronomía galega, o polbo fresco da ría, volve aos mercados, con capturas frouxas e prezos entre os seis e os doce euros o quilo de media nas lonxas. 04-07-2023
O paro rexistra unha nova baixada, con aumento de contratos indefinidos. A Cifra total de persoas desempregadas en Galicia sitúase en 130.000, o mínimo da serie histórica. // A nova lei autonómica do litoral foi aprobada hoxe no Parlamento cos votos do Partido Popular. Establece a xestión por parte da Xunta das competencias no espazo marítimo terrestre e pretende regularizar varios miles de inmobles situados na beiramar. Contou coa abstención do BNG e os Socialistas. // Estados Unidos lidera este ano o ranquin de paises estranxeiros con máis peregrinos a Santiago. A embaixadora percorre un tramo do Camiño con alumnos universitarios de Miami e Nova York que participan nun programa para fomentar a diversidade cultural. 04-07-2023
O paro rexistrado baixa en case 5.500 persoas en Galicia no mes de xuño, grazas, sobre todo, ao impulso do sector servizos. A seguridade social suma máis de 8.000 novos afiliados. // O Parlamento aproba a Lei de ordenación e xestión do litoral, so cos votos a favor do Partido Popular. A nova norma supón que a Xunta asume competencias en materia de beiramar que o Goberno Central reclamaba como propias. // Cúmprense dous anos do crime de Samuel Luiz, o mozo da Coruña que faleceu a consecuencia dunha malleira durante unha noite de festa. Cinco persoas serán xulgadas por este caso, mentres dous menores foron xa condenados por asasinato. 04-07-2023
Ceos máis despexados polo sur, con máis nubes no terzo norte onde se poden rexistrar algúns orballos. As temperaturas descenden lixeiramente. As máximas oscilan entre os 21 graos da Coruña aos 32 de Ourense. 03-07-2023
O sector da construción da provincia de Pontevedra estrea a xornada intensiva, que ten como remate as catro da tarde, para evitar o traballo nas horas de calor abafante. // Os partidos intensifican a sua actividade previa o arranque da campaña das eleccións xerais. Os populares confían en acadar unha maoiría de goberno, mentres os socialistas buscan recuperar apoios perdidos nas municipais e o BNG aspira a conseguir por vez primeira grupo parlamentario propio. // Rafa Benítez está xa ao cargo do posto de novo adestrador do Celta. Aposta de altura para o banco vigués, cun técnico que estivo á fronte de equipos como o Real Madrid, Chelsea ou Inter de Milán. 03-07-2023
A Garda Civil acompaña á parella de turistas chegados en tractor dende Suíza a un camping en Bergondo, onde o seu vehículo quedará inmobilizado. O motivo: que as normas de tráfico non permiten circular a unha caravana remolcada por un tractor agrícola. Eles din que teñen toda a documentación en regra. //O sector da construción da provincia de Pontevedra estrean hoxe novo horario, exclusivo para o mes de xullo, que ten como hora de remate as catro da tarde. Unha xornada intensiva, concibida para evitar prolongar o traballo nas tardes de calor abafante. // O Consello de Cultura Galega celebra o 40 aniversario da sua creación, e fai repaso a evolución dos hábitos culturais neste tempo, aumento do índice de lectura e recorte do gasto por parte das administracións. 03-07-2023
Xornada intensiva para evitar prolongar o traballo nas tardes de calor sufocante. O sector da construción da provincia de Pontevedra estrea hoxe novo horario para o mes de xullo, que ten como hora de remate as catro da tarde. // O sector turístico agarda mellorar a ocupación do pasado verán, tamén no Norte. O clima, a gastronomía ou as paisaxes son algúns dos motivos polos que cada vez máis xente se achega a Galicia. // Rafa Benítez atópase xa en Vigo para facerse cargo do Celta. Foi presentado como técnico do equipo celeste, que esta tarde inicia a pretemporada cos adestramentos na cidade deportiva Afouteza. 03-07-2023
No arranque da operación saída de comenzo do mes de xullo, as cifras avalan a Galicia como destino vacacional. O sector turístico, en xeral, conta con acadar este verán cifras record de facturación. // Polémica en torno aos paneis publicitarios que cuestionan a toponimia oficial en galego de localidades como A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. A Mesa pola normalización recolle 8.000 sinaturas contra a campaña, mentres os promotores denuncian ser obxeto de vandalismo. // Experiencias inmersivas, realidade virtual e aumentada, videomapping, CE o tipo de intervencións as que se adicará o Centro de Artes Dixitais, presentado hoxe, que formará parte da Cidade da Cultura, en Santiago, Será unico en España, din, na producción de proxecto de tecnoloxía de máximo nivel. 30-06-2023
Empeza a temporada de maior afluencia nos camiños de Santiago, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é bater este ano o récord histórico de peregrinacións, ata superar nun 20 por cento ao último ano xacobeo. // O socialista Jose Tomé Roca, reelixido como presidente da Deputación de Lugo, cos 13 votos do seu partido e do BNG. // Polémica en torno aos paneis publicitarios que cuestionan a toponimia oficial en galego de localidades como A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. A Mesa pola normalización recolle 8.000 sinaturas contra a campaña. 30-06-2023
Sol e calor, con termómetros que superarán os 30 graos polo sur e ao redor dos 25 na metade norte onde o vento refrescará máis o ambiente. Temperaturas que en todo caso irán aumentando o longo da fin de semana, con máis calor sobre todo o domingo. 30-06-2023
Os camiños de Santiago entran na temporada de maior afluencia, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é batir este ano o récord histórico de peregrinacións. // O BOE actualiza a listaxe de motivos que poden eximir aos cidadáns da obriga de formar parte dunha mesa electoral, e inclúe terviaxes pagas antes da convocatoria. // O Grupo Inditex segue a subir na bolsa, logo rexistrar un novo máximo histórico ao rematar a sesión de onte cunha cotización de 34´99 euros por acción. // As peixarías ambulantes están en perigo de extinción. Reparten sobre todo en aldeas onde cada vez quedan menos veciños. 30-06-2023
Luísa Villalta e a figura escollida pola Real Academia para dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano que vén., Poeta coruñesa destacada entre a xeración dos 90, recibirá a homenaxe cando se cumpren 20 anos do seu falecemento. // Xuño rexistra a menor suba no índice de prezos de consumo dende hai máis de dous anos. O dato provisional, do 1.9, consolida unha tendencia á baixa que os consumidores seguen sen percibir. // A economía galega afasta o risco de entrar en recesión, logo de crecer no primeiro trimestre do ano por riba da media española e europea. Así o indican os expertos do Foro Económico no seu informe de coxuntura. 29-06-2023
Unha fronte fría pouco activa deixa algúns orballos na provincia da Coruña que co paso das horas se extenderon á zona da Mariña de Lugo. Descenso notable das temperaturas. As máximas oscilan entre os 20 graos na metade norte e os 25 polo sur. 29-06-2023
O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende marzo de 2021 que a inflación baixa desa cifra. Unha moderación que e posible grazas ao freo dos prezos dos Carburantes, a electricidade e os alimentos. // A economía galega afasta o risco de entrar en recesión, logo de crecer no primeiro trimestre do ano por riba da media española e europea. Así o indican os expertos do Foro Económico no seu informe de coxuntura. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023
O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende máis de dous anos, grazas a contención dos prezos dos carburantes, a electricidade e os alimentos. // O Consello da Xunta aprobou hoxe os novos salarios e condicións laborais para os traballadores do Servizo Galego Saúde. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023
A influencia anticiclónica vaise debilitando. Pola tarde, ceos pouco nubrados ou despexados, con algunha nube de evolución nas montañas do leste. E xa Pola noite a chegada dunha fronte traerá ceos nubrados sen descartar algunha chuvia feble de madrugada. 28-06-2023
Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco na administración xudicial cun un informe no que cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // O concurso de patrullas da Brilat, considerada unha das probas militares máis duras de España, percorre hoxe os 120 quilómetros entre Tui e Santiago, con máis de 200 militares poñendo a proba distintas habilidades. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023
Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. Os sindicatos aumentan a convocatoria de folga a catro xornadas no mes de xullo. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco do sistema xudicial e cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023