Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aumenta a tensión no conflicto do metal en Vigo. No terceiro día de folga, grupos de manifestantes son dispersados por axentes de policía nas inmediacións do IFevi, onde se celebra a feira das empresas do sector. // O Consello da Xunta concede medallas Castelao deste ano á escritora Ledicia Costas, ó grupo Siniestro Total, ó oncólogo Rafael López, á deportista Susana Rodríguez Gacio e ó empresario mexicano con raíces galegas Lino de Prado. // Unha avoa de Pontevedra loita para poder acoller ao seu neto, un bebé de pouco máis dun ano. Os servizos sociais decidiron que unha familia de acollida se fixera cargo do pequeno. // 22-06-23

A verdadeira causa do accidente de Angrois foi a distracción do maquinista, por atender unha longa chamada telefónica cando entraba na curva da Grandeira. É a conclusión do fiscal no xuízo. // A Xunta podera movilizar ata 7.000 persoas no dispositivo de loita contra os incendios, a partir do 1 de xullo, que contará cun grupo de directores técnicos especializados en tres brigadas aerotransportadas. // Protesta laboral en Ferrol, con centos de traballadores de Navantia, polas rúas. Piden que se concreten os plans de traballo prometidos. // Empresas galegas punteiras en automoción, mecánica ou eólica mariña. Están presentes na Feira Mindtech, que ofrece en Vigo un panorama dos principais innovacións tecnolóxicas do sector do meta en todo o mundo. 21-06-23

Comeza o verán que se estreará aínda con treboadas. Van medrar nubes de evolución que poden deixar chuvascos localmente fortes máis probables no interior da comunidade. As temperaturas máximas empezan a subir polo oeste. 21-06-23

A protesta laboral desprázase hoxe a Ferrol, con centos de traballadores de Navantia, polas rúas. Piden que se concreten os plans de traballo prometidos para un estaleiro que, din, está no seu mínimo histórico de persoal. // O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, culpa ao BNG de ser o principal responsable de que non fructificase un pacto co PSOE para evitar que o PP siga gobernando na Deputación trala renuncia de Baltar // Un novo mural cobre un dos edificios fronte a muralla de Lugo. A obra, que representa unha muller castrexa, entrou na gran plataforma de exhibición da arte urbana, Street Art Cities // 21-06-23

Protesta dos traballadores do metal, que bloquea, durante horas, os accesos ao aeroporto e ao recinto feiral de Vigo, onde se inauguraba a feira do sector. O colectivo de máis de 30.000 empregados, continúa a folga en demanda de un novo convenio colectivo. // O fiscal considera ao maquinista único culpable do descarrilamento do tren no que morreron 80 pasaxeiros, e mantén a súa petición de catro anos de cárcere. // Hoxe comenza o prazo de matrícula nos centros escolares para o próximo curso. Un proceso no que se deixa notar a caída da natalidade, tamén xa nos entornos urbanos. En Infantil rexístranse So 15.000 solicitudes de nova incorporación en toda Galicia, para 26.000 prazas. 20-06-23

Máis nubes e claros neste día que tivemos algúns chuvascos pola mañá na franxa atlántica. Pola tarde serán máis probables no norte das provincias da Coruña e Lugo.As temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 20-06-23

Protesta dos traballadores do metal, que bloquea, durante horas, os accesos ao aeroporto e ao recinto feiral de Vigo, onde se inauguraba a feira do sector. O colectivo de máis de 30.000 empregados, continúa a folga en demanda de un novo convenio colectivo que inclúa melloras salariais xa aceptadas nas outras provincias. // O fiscal considera ao maquinista único culpable do descarrilamento do tren no que morreron 80 pasaxeiros, e mantén a súa petición de catro anos de cárcere. Tanto a defensa do maquinista como a plataforma das vítimas foron hoxe moi críticas coa marcha atrás da Fiscalía // 20-06-23

O fiscal no xuizo do Alvia anunciaba a retirada da acusación contra Andrés Cortabitarte, o que era director de seguridade de ADIF no momento no que tivo lugar o sinistro. Unha decisión que sorprendía ao resto das partes da causa, cando a vista chega á sua fase final. // Milleiros de traballadores do metal de toda a provincia de Pontevedra bloquean os accesos ao recinto feiral de Vigo onde comezou a mostra tecnolóxica do sector. // Galicia acolle por primeira vez o proxecto “Reimaxina a Ciencia”, un programa no que participan alumnos da ESO e bacharelato para achegar ao alumnado os conceptos claves dos ensaios clínicos. // 20-06-23

Polémica entre as forzas políticas polo acordo co que se constituíu a nova corporación municipal de Ourense. O candidato popular á alcaldía Manuel Cabezas, di que renunciará a súa acta, en desconformidade, tras ter pechado un acordo co candidato socialista. // O xuízo polo acccidente do Alvia, entra na súa fase final. As partes presentarán as suas conclusións, a partir de mañá, coa petición de 4 anos de prisión para o maquinista e o ex-alto cargo de Adif. // Comenza en Vigo o xuizo ao home acusado de asasinar en Gondomar a súa muller, con problemas de mobilidade. // Nace en Pontevedra unha plataforma para velar polos nenos na sanidade e que ningún menor estea soo cando reciba un tratamento médico ou cirúrxico. 19-06-23

A primavera despídese con chuvia. Hoxe as precipitacións Irán diminuindo conforme avance o día. As temperaturas máximas oscilarán entre os 22 graos da Coruña ou Pontevedra e os 27 de Ourense. 19-06-23

Polémica entre as forzas políticas polo acordo co que se constituíu a nova corporación municipal de Ourense. O PP de Galicia mantén que non foi posible un acordo coas outras forzas polo que se limitou a deixar que goberne a lista mais votada. Os socialistas insisten en que o PP tiña xa pechado o pacto con Jácome mentres negociaba con eles. // Comenza en Vigo o xuizo ao home acusado de asasinar en Gondomar a súa muller, con problemas de mobilidade. // Nace en Pontevedra unha plataforma para velar porque ningún menor estea soo cando reciba un tratamento médico ou cirúrxico. En apenas dúas semanas logrou reunir por Facebook a case 700 nais e pais de toda Galicia. 19-06-23

O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, anuncia a sua marcha, en desconformidade co pacto asinado polo seu partido con Democracia Ourensana. // A dirección do Partido Popular de Galicia mantén que non foi posible un acordo coas outras forzas para renovar alcaldía de Ourense. Os socialistas insisten en que o PP tiña xa pechado o pacto con Jácome mentres negociaba con eles. // A piques de se cumprir o décimo aniversario do accidente do Alvia, o xuízo entra na súa fase final. Mañá comezan as últimas intervencións das partes. Terán que explicar se ratifican a súa petición de penas para os dous acusados ou as modifican. // 19-06-23

Seguimos con temperaturas de verán con máximas entre 25 e 30 graos grazas a que se mantén a influencia anticiclónica. Unha situación que vai mudar durante a fin de semana. Mañá pode chover de forma máis xeralizada durante a madrugada. 16-06-23

José Antonio Pérez Cortés prepárase para exercer a partir de mañá un novo mandato en Quintela de Leirado, onde mantén o bastón de mando que recibíu hai 47 anos por primeira vez. É un dos catro alcaldes que gobernan en Galicia sen oposición. // Os populares insisten a socialistas e BNG a que os apoien como alternativa a Jácome, o máis votado. // Unha recreación do dobre valo de Melilla, instalada en pleno centro da Coruña. Forma parte da iniciativa Acampa pola paz. Este ano, centrada en combater os discursos de odio fronte a convivencia. // O Balneario de Mondaríz cumpre 150 anos dende a declaración de utilidade pública para as suas augas. Repasaremos a historia desa iniciativa empresarial dos irmáns Peinador. 16-06-23

Os concellos saídos dos comicios municipais constitúense mañá, coa principal incógnita centrada na cidade de Ourense. Os populares insisten a socialistas e BNG a que os apoien como alternativa a Jácome, o máis votado. // Unha ducia de corporacións non poderán constituirse ata que se resolvan recursos polos resultados electorais. // Maluma, The Kooks ou Xoel López chegan hoxe ao Son do Camiño, despois do éxito da xornada inaugural. Moitos espectadores mercaron as entradas do festival antes de saber quen actuaba. 16-06-23

A menos de 24 horas para que se celebren os plenos de investidura, nunha vintena de concellos aínda non hai acordo e as negociacións entre os partidos avanzan contra reloxo. // Unha recreación do dobre valo de Melilla, instalada en pleno centro da Coruña. Forma parte da iniciativa Acampa pola paz. // Unhas xornadas organizadas por diferentes ONGs en Santiago tratan sobre cómo se elaboran as narrativas de odio, sobre todo en materia migratoria e destacan o papel que xoga a difusión de noticias falsas. // Maluma, The Kooks ou Xoel López chegan hoxe ao Son do Camiño, despois do éxito da xornada inaugural. 16-06-23

Materializados os cambios na Xunta, con Elena Rivo, como nova conselleira de Emprego e Igualdade e Alfonso Villares coma conselleiro do mar en substitución de Rosa Quintana, mentres, Diego Calvo e Ánxeles Vázquez pasan a asumir as principais responsabilidades. // A Xunta electoral ordena repetir as eleccións en Castro Caldelas, por irregularidades no voto por correo. // Grandes nomes do cómic actual para reinterpretar a figura e a obra de Pablo Picasso. É unha mostra que arranca hoxe en Santiago, para render homenaxe ao artista malagueño // Soan os primeiros acordes de O Son do Camiño, o Festival que comeza coas entradas esgotadas para tódolos días. 15-06-23

Os termómetros poden chegar aos 30 graos en boa parte de Galicia, dende as rías baixas ao interior de Lugo e Ourense. Ceos con alguna nube que pola tarde pode deixar algún chuvasco ocasional na montaña de Ourense e no sur de Lugo. 15-06-23

Cinco conselleiros asumen dende hoxe novas funcións no goberno galego ao que se incorporan dúas caras novas namentres outros tres son recolocados en novos postos. // O Partido Popular reclama o dereito a presidir a Deputación de Ourense, logo da renuncia ao cargo de Manuel Baltar, e os partidos negocian unha alternativa a Pérez Jácome na alcaldía. // A Xunta electoral ordena repetir as eleccións en Castro Caldelas, por irregularidades no voto por correo. // Unha exposición reúne desde hoxe en Santiago a corenta grandes nomes do cómic actual que reinterpretan a Picasso no cincuenta aniversario do seu pasamento. 15-06-23