Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende marzo de 2021 que a inflación baixa desa cifra. Unha moderación que e posible grazas ao freo dos prezos dos Carburantes, a electricidade e os alimentos. // A economía galega afasta o risco de entrar en recesión, logo de crecer no primeiro trimestre do ano por riba da media española e europea. Así o indican os expertos do Foro Económico no seu informe de coxuntura. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023

O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende máis de dous anos, grazas a contención dos prezos dos carburantes, a electricidade e os alimentos. // O Consello da Xunta aprobou hoxe os novos salarios e condicións laborais para os traballadores do Servizo Galego Saúde. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023

A influencia anticiclónica vaise debilitando. Pola tarde, ceos pouco nubrados ou despexados, con algunha nube de evolución nas montañas do leste. E xa Pola noite a chegada dunha fronte traerá ceos nubrados sen descartar algunha chuvia feble de madrugada. 28-06-2023

Ceos pouco nubrados, agás algunhas nubes baixas no litoral norte. As temperaturas mínimas, sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. O vento do nordés, moderado pola tarde, con intervalos fortes na Costa da Morte. 27-06-2023

Unha escavadora das máis grandes de España avanza no derrubamento das torres do Garañón, en Lugo. A estrutura dos edificios vai desaparecendo da paisaxe urbana da cidade, na que leva desde hai case 15 anos. // Sete novos deputados do parlamento galego tomaron hoxe posesión dos seus escanos para remudar a os que tralas eleccions do 28 de maio resultaron elixidos alcaldes. // Concentracións nos ambulatorios para pedir a retirada do sistema Xide, unha ferramenta para xestionar a demanda nos centros de saúde, que permite a persoal administrativo asignar citas. 27-06-2023

Sanidade asegura que o recorte de camas hospitalarias este verán será o menor dos últimos anos. Os socialistas cuestionan a cobertura na zona do Salnés ante o aumento de poboación polo turismo. // A denominación de Orixe Mexillón de Galicia, preocupada por posibles cambios na xenética da especie, rexeita os criadeiros de mexilla que propón a consellería do Mar, para paliar a escaseza de semente para as bateas. // Alarma entre as asociacións contra a droga polo aumento na actividade das organizacións de narcotraficantes, posta de manifesto nas recentes operacións policiais. 26-06-2023

Seguimos baixo a influencia das altas presións. Néboas no interior e nubes no terzo norte. No resto, ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas baixan lixeiramente. 26-06-2023

A denominación de Orixe Mexillón de Galicia, preocupada por posibles cambios na xenética da especie, rexeita os criadeiros de mexilla que propón a consellería do Mar para paliar a escaseza de semente para as bateas. //A consellería de Sanidade asegura que o recorte de camas hospitalarias este verán será o menor dos últimos anos. Os socialistas cuestionan a cobertura na zona do Salnés ante o aumento de poboación polo turismo. // Alarma entre as asociacións contra a droga polo aumento na actividade das organizacións de narcotraficantes, posta de manifesto nas recentes operacións policiais. // Actividades para que os máis pequenos se divirtan ao tempo que estimulan a creatividade. Son os campamentos de verán, que comenzan unha vez rematado o curso escolar. 26-06-2023

Unha nube de fume procedente dos incendios de Canadá cubre o ceo da costa atlántica. Percorreu máis de 5.000 kilómetros. Sitúase aquí nas capas máis altas polo que non debería causar problemas para a saúde. // O ministro de sanidade José Miñones confirmou hoxe en Santiago que a decision de eliminar a obirga da máscara en centos de saúde e farmacias nunciarase nos próximos días. // Os Argonautas e a moeda de ouro, é a primeira serie que Clan, a canle infantil de RTVE, fai con actores reais. Rodada entre a Costa da Morte e A Coruña. Estréase esta noite en Clan e en RTVE Play. 26-06-2023

Toneladas de madeira e un dispositivo de seguridade de 600 persoas. Así se prepara na praia de Riazor da Coruña a emblemática festa, con lume e sardiñas, que se vivirá esta noite, igual que en moitos puntos de Toda Galicia. . // Naceron en pleno éxodo rural nos anos 60, para ofrecer oportunidades de formación a rapaces de aldea, e evitar que emigrasen ás grandes cidades, As escolas familiares agrarias cumpren 50 anos. // Tristán Tellez, Un video xogo interactivo permite visitar de xeito virtual o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil grazas á intelixencia artificial. É unha idea dun enxeñeiro ourensán para atraer máis turistas ao concello de Parada de Sil. Resolver o enigma que propón o xogo ten premio. 23-06-23

Anticiclón e tempo seco e solleiro, con posibles brétemas costeiras no norte. As temperaturas seguen subindo e as máximas acadarán valores superiores aos normais, entre os 25 e os 30 graos. Mañá intensifícase a chegada de aire cálido africano e poden superarse os 35 graos. 23-06-23

Tempo propicio para gozar esta noite das cacharelas de San Xoán, con temperaturas mínimas que tamén serán elevadas. Entre os lugares onde hai máis espectativa, a praia de Riazor, na Coruña, onde moitos levan dende onte facendo quendas para coller sitio. // Abre o prazo para preinscribirse para formacion profesional do vindeiro curso. A primeira lista de admitidos sairá o 10 de xullo, a definitiva o 19. Daquela abrirá o prazo para matricularse. Haberá un 12 por cento mais de prezas co ano anterior. // 23-06-23

120 toneladas de madeira e un dispositivo de seguridade de 600 persoas. Así se prepara na praia de Riazor da Coruña a emblemática festa, con lume e sardiñas, que se vivirá esta noite, igual que en moitos puntos de Toda Galicia. // A Xunta espera que se aprobe a retirada das máscaras nas farmacias e centros sanitarios, na xuntanza do ministerio de sanidade coas comunidades autonomas, por considerar que así o avalan os informes técnicos. // En Lugo arrinca o Arde Lucus coa chegada das tropas romanas, unha celebración que atrae a milleiros de persoas á cidade e que conseguiu que os hoteis colguen o cartel de completo. A partir desta tarde intesinfícase as actividades. 23-06-23

No terceiro día de folga de folga do metal, grupos de manifestantes son dispersados por axentes de policía nas inmediacións do IFevi, e outros cortan o tráfico na Autoestada a altura de Puxeiros. Os sindicatos reclaman unhas melloras que xa están implantadas nas outras provincias. // O Arde Lucus comeza esta tarde coa chegada das lexións a través da vella ponte da cidade. Espérase unha altísima participación e un cheo total, nunha edición que estrea a declaración de interese turístico internacional. // Conta atrás para San Xoán. Na Coruña, algúns pasaron a noite na praia para reservar a súa parcela e moitos dos ocos xa están ocupados arestora, cando queda máis dun día para a noite máis agardada do verán 22-06-23

A partir de hoxe quedamos xa plemanente baixo influencia anticiclónica, o que significa ceos con intervalos de nubes e claros en xeral, máis despexados ao sur. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso. 22-06-23

Volven as protestas do sector do metal da provincia de Pontevedra, con enfrontamentos entre manifestantes e axentes de Policía en Vigo. Os traballadores reclaman melloras que xa están implantadas en outras provincias. // As familias dos republicanos asturianos fusilados en Celanova polas tropas franquistas xa teñen no seu poder os seus restos óseos. Entregáronllos este mediodía nun acto íntimo no concello. // O Arde Lucus comeza esta tarde coa chegada das lexións a través da vella ponte da cidade. Espérase unha altísima participación, nunha edición que estrea a declaración de interese turístico internacional. 22-06-23

Aumenta a tensión no conflicto do metal en Vigo. No terceiro día de folga, grupos de manifestantes son dispersados por axentes de policía nas inmediacións do IFevi, onde se celebra a feira das empresas do sector. // O Consello da Xunta concede medallas Castelao deste ano á escritora Ledicia Costas, ó grupo Siniestro Total, ó oncólogo Rafael López, á deportista Susana Rodríguez Gacio e ó empresario mexicano con raíces galegas Lino de Prado. // Unha avoa de Pontevedra loita para poder acoller ao seu neto, un bebé de pouco máis dun ano. Os servizos sociais decidiron que unha familia de acollida se fixera cargo do pequeno. // 22-06-23

A verdadeira causa do accidente de Angrois foi a distracción do maquinista, por atender unha longa chamada telefónica cando entraba na curva da Grandeira. É a conclusión do fiscal no xuízo. // A Xunta podera movilizar ata 7.000 persoas no dispositivo de loita contra os incendios, a partir do 1 de xullo, que contará cun grupo de directores técnicos especializados en tres brigadas aerotransportadas. // Protesta laboral en Ferrol, con centos de traballadores de Navantia, polas rúas. Piden que se concreten os plans de traballo prometidos. // Empresas galegas punteiras en automoción, mecánica ou eólica mariña. Están presentes na Feira Mindtech, que ofrece en Vigo un panorama dos principais innovacións tecnolóxicas do sector do meta en todo o mundo. 21-06-23

Comeza o verán que se estreará aínda con treboadas. Van medrar nubes de evolución que poden deixar chuvascos localmente fortes máis probables no interior da comunidade. As temperaturas máximas empezan a subir polo oeste. 21-06-23