Case 5.000 parados rexistrados menos en Galicia no mes de maio. Datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo nos que a ocupación acada as mellores cifras dende antes da crise de 2008. // A Deputación de Ourense acolle un pleno extraordinario para tratar supostas prácticas corruptas nas que estaría implicado o irmán do presidente, a partir dunha información que revelou un medio dixital. // Balaídos, preparado para acoller o domingo a xornada final na que o Celta se xogará co Barcelona a permanencia. Mañá, por primera vez, o club abrirá as portas da Cidade deportiva para asistir ao adestramento.02-06-23
Camións cisterna abastecen de auga á poboación en Betanzos, ao manterse a prohibición de consumir a da traída. Algunhas fontes públicas están clausuradas ante a sospeita de que poidan ter relación co gromo de gastroenterite. // Arranca en Santiago un congreso que aborda o crecente impacto das enfermidades infecciosas. Alertan de que máis dun millón de persoas morre cada ano no mundo a causa das bacterias resistentes. //O Consello da Xunta aproba destinar 200 millóns de euros para investir, nos vindeiros tres anos, nun plan para dotar aos médicos de ferramentas dixitais e de intelixencia artificial. 01-06-23
A situación meteorolóxica non presenta cambios, con ceos parcialmente cubertos durante a mañá e nubes de evolución que deixan chuvascos de tipo tormentoso en comarcas do interior, con chuvias localmente fortes e acompañadas de sarabia. 31-05-23
Xa son máis de 200 os casos de gastroenterite rexistrados en Betanzos. Sanidade mantén a prohibición de utilizar a auga da traída para o consumo, a espera do resultado de novas analíticas. // A folga de funcionarios xudiciais provoca a suspensión, en Zamora, do xuízo ao que ía someterse o presidente, en funcións, da Deputación de Ourense. A súa defensa alega que non é certo que fose a máis 200 quilómetros nun coche oficial. // No día sen tabaco, actividades informativas en todas as cidades para alertar dos perigos de fumar. A Xunta presenta un plan para reducir a porcentaxe de adolescentes fumadores, actualmente do 16 por cento. // 31-05-23
Máis de 200 os casos no gromo de gastroenterite en Betanzos. Sanidade mantén a prohibición de utilizar a auga da traída para o consumo, a espera do resultado de novas analíticas. // A folga de funcionarios xudiciais provoca a suspensión, en Zamora, do xuízo ao que ía someterse o presidente, en funcións, da Deputación de Ourense.. // As treboadas das últimas horas deixan máis de 2.400 raios en Galicia, Un deles causa o incendio dunha vivenda en Rábade. As fortes chuvias provocan tamén inundación de rúas, garaxes e baixos comerciais en Verín. 31-05-23
Nove as persoas detidas en Pontevedra, Ourense e Barcelona nunha operación contra os roubos con violencia en domicilios. Axentes da Garda Civil e a Policía Nacional levan a cabo rexistros nos que foi atopada unha cantidade de droga. // Suspendida a vista do xuízo de Manuel Baltar en Zamora, nesta ocasión debido á folga de xustiza. O se avogado asegura que Baltar nunca superou os 200 kilómetros por hora. //A cantante galega Luz Casal, nomeada en París comendadora das Artes e as Letras de Francia, a maior distinción artística dese país. 31-05-23
Efectivos de emerxencias de Galicia e Portugal poñen a proba, nun simulacro, a súa coordinación para rescatar aos tripulantes dunha embarcación que sobre un acciedente no Baixo Miño. // O abaratamento dos carburantes respecto a hai un ano, permite conter a tendencia a alza da inflación, que se sitúa no 3´2 por cento, o índice máis baixo dende xuño de 2021. Tamén os alimentos empezan a moderar a súa subida, // Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Intelixentes, serán novas materias optativas ás que poderán optar a partir do próximo curso os alumnos de cuarto de ESO e primeiro de Bachalerato . // Hoxe é o día mundial da esclerose múltiple e as asociación de pacientes saen a rúa para concienciar sobre esta doenza do sistema nervioso e que afecta sobre todo a mulleres de entre 40 e 50 anos 30-05-23
Mantense a inestabilidade, con ceos parcialmente nubrados con chuvascos localmente treboentos pola tarde, máis intensos en comarcas do interior onde poderán deixar chuvias puntualmente fortes e acompañadas de sarabia. 30-05-23
O abaratamento dos carburantes respecto a hai un ano, permite conter a tendencia a alza da inflación, que se sitúa no 3´2 por cento, o índice máis baixo dende xuño de 2021. Tamén os alimentos empezan a moderar a súa subida, . // Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Intelixentes, serán novas materias optativas ás que poderán optar a partir do próximo curso os alumnos de cuarto de ESO e primeiro de Bachalerato. // Hoxe é o día mundial da esclerose múltiple e as asociación de pacientes saen a rúa para concienciar sobre esta doenza do sistema nervioso e que afecta sobre todo a mulleres de entre 40 e 50 anos 30-05-23
Os prezos frearon a sua escalada en maio, segundo o dato adiantado do IPC, publicado hoxe. O índice interanual Situase no 3,2%, en mínimos dende hai case 2 anos. // Ourense recupérase ainda da treboada torrencial e repentina colapsou a cidade de Ourense onte pola tarde. En dez minutos caeron 21 litros por metro cadrado paralizando o tráfico e asolagando baixos e tendas. O colector dunha zona céntrica rebentou ao non poder soportar a presión. // Os alumnos galegos poderán optar no vindeiro curso a materias sobre a intelixencia Artificial e Tecnoloxías intelixentes. 30-05-23
O PP recupera poder urbano en Galicia, logo de catro anos, coa maioría absoluta en Ferrol. Os socialistas, manteñen a maioría en Vigo pero a baixada de votos en Santiago provoca a marcha de Sánche Bugallo da alcaldía en favor da candidata do BNG Goretti Sanmartín. // A participación chega finalmente ao 65 por cento na nosa comunidade, dous puntos por debaixo respecto as municipais de hai catro anos. // Gonzalo Pérez Jácome da a sopresa ao resultar o máis votado na cidade de Ourense, e ofrece un pacto de gobernabilidade ao resto das forzas. // A Deputación de Pontevedra volve a mans do PP, logo de oito anos. A coalición de socialistas nacionalistas pode repetir no organismo provincial da Coruña e tamén en Lugo. 29-05-23
Seguimos con alternacia de nubes e claros con nubes de evolución que deixan chuvascos de tipo tormentoso, ocasionalmente fortes e acompañados de sarabia, menos probables no terzo norte. 29-05-23
Vitoria electoral do PP, tamén en Galicia, que se tradúce na conquista da alcaldía de Ferrol. A baixada dos socialistas en Santiago provoca a marcha de Sánchez Bugallo da alcaldía en favor da candidata do BNG Goretti Sanmartín. // Gonzalo Pérez Jácome da a sopresa ao resultar o máis votado na cidade de Ourense,. // A Deputación de Pontevedra volve a mans do PP, logo de oito anos. A coalición de socialistas nacionalistas pode repetir no organismo provincial da Coruña e tamén en Lugo. 29-05-23
Remata a campaña electoral, cos líderes multiplícando esforzos en apoio dos candidatos. Rueda aposta por Santiago para o acto central do PP. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // O presidente da Deputación de Ourense asegura que foi o seu antigo chófer, xa xubilado, quen identificou a dúas parentes como condutoras dun coche oficial que resultou multado Vitoria electoral do PP, tamén en Galicia, que se tradúce na conquista da alcaldía de Ferrol. Jácome da a sopresa como máis votado en Ourense. // O PSdeG conserva tres alcaldías nas cidades. En Vigo Abel Caballero acada a terceira maioría absoluta. Na Coruña e Lugo Inés Rey e Lara Méndez poderán seguir gobernando co apoio do BNG. // Os nacionalistas sobrepasan en Santiago aos socialistas e forzan a Bugallo a abandonar a alcaldía en favor de Goretti Sanmartín. 29-05-23
O PP aposta por Santiago para o acto de peche, esta noite, da campaña electoral, ainda que Alfonso Rueda estará tamén en Pontevedra e Vigo. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo e Paco Rodriguez en Ourense, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // Os partidos apuran as últimas horas tentado convencer os indecisos, unha información que lles ofrecemos conforme ao reparto de tempos que marca a xunta electoral. // Hoxe temos entrevistas cos candidatos do Partido Popular a alcaldía de Santiago, Borja Verea e á de Vigo, Marta Fernández Tapias. // . 26-05-23
Alternancia de nubes e claros que da paso, pola tarde, a chuvascos que poden ser localmente treboentos, mentres que as temperaturas seguen sen apenas cambios. Mañá a inestabilidade irá a máis, sobre todo a partir do mediodía, con precipitacións que poden ir acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. 26-05-23
Remata a campaña electoral, cos líderes multiplícando esforzos en apoio dos candidatos. Rueda aposta por Santiago para o acto central do PP. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // O presidente da Deputación de Ourense asegura que foi o seu antigo chófer, xa xubilado, quen identificou a dúas parentes como condutoras dun coche oficial que resultou multado por exceso de velocidade. // Profesionais e doentes da unidade de rehabilitación do hospital de Pontevedra protagonizan unha andaina saudable para visibilizar a importancia do exercicio físico. 26-05-23
Accidente con dúas vítimas mortais en Vilamartín de Valdeorras. Sonun camioneiro, ao envorcar o vehiculo tras unha saída da vía, e tamén a condutora dun coche que quedou atrapada debaixo. Hai tres feridos leves, nun coche que ia en sentido contrario. // O buque Ártabro, que partíu a Terranova para inspeccionar o pecio do Villa de Pitanxo, recollerá esta tarde no porto de San Xoan a dous peritos máis, por orde do Tribunal Supermo, un deles designado polas familias dos náufragos. // Dentro da información adicada á campaña das municipais, ofrécemoslles entrevistas electorais cos candidatos socialistas a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez e á de Pontevedra, iván Puentes. // . 25-05-23