Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nova cita do presidente da Deputación de Ourense no xulgado de primeira instancia de Puebla de Sanabria, por segunda vez, para un xuizo rápido por un delito contra a seguridade vial. Dende o seu gabinete de prensa aseguran que Manuel Baltar está a comparecer telemáticamente. // En Ourense continúa a polémica sobre a investigación aberta pola fiscalía ao Alcalde Gonzálo Pérez Jácome. // Un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres sufrirá cancro ao longo da súa vida. Pra conseguir máis fondos para a investigación hoxe a Asociación Española Contra o Cancro sae as rúas. 12-05-23

A fiscalía abre dilixencias penais a Gonzalo Pérez Jácome, por posibles prácticas irregulares, a raíz da denuncia presentada polos socialistas baseada nos audios publicados por xornais galegos. //As condicións laborais pouco atractivas na atención primaria desaniman aos médicos residentes a solicitar as prazas de formación nesta especialidade que se ofrecen en Galicia. // A produción das especies de ameixa autóctona redúcese en máis dun 60 por cento na Ría de Arousa nos últimos dez anos. // Volven os lanzamentos de cápsulas estratosféricas a cargo da Axencia Espacial Escolar galega. HOxe alumnos de institutos públicos protagonizaron o ascenso e descenso dun artefacto deseñado por eles mesmos 10-05-23

O alcalde de Ourense desacredita os audios sobre presuntas irregularidades que publica La Región e négase a dar explicacións, mentres a fiscalía abre dilixencias penais. // En Galicia 39 prazas de médicos de familia quedaron sen cubrir este ano na convocatoria dos MIR. A Sociedade de Médicina Familiar reclama mellores condicións laborais para facer máis atractiva a especialidade. // Accidentes de tráfico como o acontecido en Vilanova o pasado domingo poñen en dúbida a idade máxima para conducir. Para moitos, os exames psicoténicos no son suficientes. // 10-05-23

Predominan os ceos nubrados sobre todo no terzo norte onde poden caer algúns orballos. No resto nubes altas e temperaturas en descenso. As máximas oscilarán entre 18 graos previstos na Coruña e os 23 de Ourense. 10-05-23

O alcalde de Ourense rexeita aclarar o contido ás grabacións de audio que vén publicando o xornal La Región, sobre presuntas irregularidades e asegura que foron manipuladas. // O xulgado de Puebla de Sanabria citou para mañá ao presidente da Deputación de Ourense a unha nova vista por presunto delito contra seguridade vial. // Peóns, ciclistas e motoristas son os usuarios máis vulnerables na estrada. A eles vai dirixida a campaña que Tráfico está a levar a cabo para conciencialos da necesidade de usar sistemas de protección e indumentaria adecuada.10-05-23

O paso dunha fronte na madrugada aínda nos deixou algunhas precipitacións e ceos cubertos durante a mañá. As temperaturas máximas sofren un lixeiro descenso e quedan ao redor dos 20 graos nas principais cidades. 09-05-23

As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas comunitarias. // O Partido Popular rexeita, no Parlamento, a iniciativa lexislativa popular para reforzar os servizos de atención primaria, presentada pola plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada por máis de 50.000 sinaturas cidadáns. // O xuizo rápido a Manuel Baltar previsto para hoxe no xulgado de Puebla de Sanabria por circular a 215 quilómetros por hora non chegou, finalmente, a celebarse ao non comparecer o presidente da Deputación de Ourense nin o seu letrado. // Centos de visitantes xordos disfrutan estes días en Galicia cun proxecto do Imserso. Dende Vigo, percorren en varias quendas os emprazamentos máis emblemáticos das Rías Baixas, acompañados de intérpretes. 09-05-23

No Dia de Europa, o sector pesqueiro protesta contra o Plan que pretende vetar a pesca de fondo no 30 % das augas europeas. Este mediodía soaron as bucinas en portos como o da Coruña e Vigo. // A Policia Nacional impartie talleres sobre uso da tecnoloxía para xente de mais de 65 anos nos que, entre outras cousas, indican preucacións para non caer nas ciberestafas. // Os establecementos poden adherirse dende hoxe ao bono activa comercio para o que a Xunta destina unha partida de dous millóns e medio de euros. Será O vindeiro luns cando os clientes poderán descargar e utilizar os descontos de ata 30 euros nos comercios que participen no programa.

09-05-23

As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas comunitarias. // En Ferrol, Lugo e Pontevedra o SUP convoca mobilizacións esta semana para reclamar melloras nas instalacións policiais. // Os establecementos poden adherirse dende hoxe ao bono activa comercio da Xunta. Será o vindeiro luns cando os clientes poderán descargar e utilizar os descontos de ata 30 euros nos comercios que participen.

09-05-23

Seguimos baixo a influencia das altas presións con algunhas nubes que serán baixas na franxa costeira onde os ventos de compoñente oeste están a deixar un día con máis humidade. As temperaturas algo máis altas na metade leste. 08-05-23

Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Nova polémica a conta do emprego de coches oficiais en Ourense. Neste caso, a raíz da publicación dunhas gravacións nas que o alcalde, Gonzálo Pérez Jácome pide a un empregado que asuma como propia a multa imposta en Vigo. // Máis de 1.300 médicos asinan un manifesto contra o acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. // O uso incorrecto e en moitos casos excesivo de sulfatos pode resultar prexudicial para a saúde. E o que alerta un grupo de Veciños do Salnés. Piden que se prohiba o uso de atomizadores cerca de ríos e zonas habitadas. 08-05-23

Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Máis de 1.300 médicos das áreas de LUgo, Ourense e Vigo expresan nun manifesto o seu malestar polo acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. Din que as medidas acordadas son puramente económicas e non favorecen a calidade asistencial. // O cine de animación ten unha cita importante na Coruña a partir deste mércores, coa primeira edición do Festival Imaxinaria, no que competirán preto de 50 películas. 08-05-23

Seguimos baixo a influencia das borrascas atlánticas. Día de nubes e claros e algún chuvasco illado, pero pola noite esperamos que chegue unha fronte de chuvias que continuarán durante o sábado. O domingo recuperamos a influencia anticiclónica, remiten as chuvias e baixan as temperaturas. 05-05-23

Falece Arsenio Iglesias, o mítico adestrador do Superdépor, o bruxo de Arteixo que ascendeu o club coruñés a Primeira e conseguiu unha Copa do Rei. Tiña 92 anos // O rei Filipe VI estivo hoxe en Lugo para presidir o acto central do Tour do Talento, unha iniciativa dirixida a potenciar o futuro profesional da mocidade // A Policía Nacional e a Axencia Tributaria interviron dúas toneladas de cocaína a unha organización de narcotraficantes que operaba dende Sudamérica a través do Porto de Vigo // Liga Maker Drone, unha competición na que alumnos de secundaria deben resolver un reto cun dron elaborado por eles mesmos. 05-05-23

O paro baixa en 2.500 persoas en abril nun mercado laboral animado polas contratacións de Semana Santa. Os afiliados a Seguridade Social aumentan en case 7.000. // Pese aos intentos de socialistas e BNG, o presidente da Deputación de Ourense négase a ofrecer máis explicacións por conducir a 215 kilómetros por hora nun coche oficial. O presidente da Xunta espera tamén a que a xustiza se pronuncie sobre o caso. // Sanxenxo segue como o concello español con máis bandeiras azúis, con 20. Ante a escaseza de auga, o certame pide retirar as duchas das praias, que non é requisito para ter bandeira azul. // . Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, acumula máis de 16 millóns de reproduccións dos seus vídeos e máis de cen mil seguidores na rede social Tik Tok. Mostra o coidado das abellas e o proceso artesán de producción do mel. 04-05-23

Día de chuvascos treboentos que afectan durante a mañá sobre todo á zona atlántica e máis xeralizados pola tarde. As temperaturas en descenso moi notable, con máximas entre os 20 graos en Pontevedra e os 23 de Ourense. 04-05-23

Os afiliados a Seguridade Social aumentan en case 7.000, cun aumento do emprego que se extende a tódolos sectores económicos e grupos de idade. // Sanxenxo segue como o concello español con máis bandeiras azúis, con 20. Ante a escaseza de auga, o certame pide retirar as duchas das praias, que non é requisito para ter bandeira azul. // 'Escenas do Cambio' trae ao Gaiás, en Santiago, dez espectáculos de vangarda, ata o sábado. O festival de danza, teatro e arte en acción arranca esta tarde cunha experiencia de teatro itinerante para redescubrir Compostela. 04-05-23

Galicia súmase, Con 2.504 parados menos, ás cifras dun mes de abril que se converte no mellor de toda a serie histórica en España, que recupera os niveis previos a crise de 2008. //O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, négase no pleno extraordinario a dar máis explicacións públicas sobre o presunto delito que cometeu contra a seguridade viaria conducindo un coche oficial. Os socialistas non desbotan levalo aos xulgados. // Santiago acolle o cumio acádemico de coñecemento de educación superior, o maior encontro dese ámbito entre paises de Europa, América Latina e o Caribe. // 04-05-23

Tempo de tronada con temperaturas máis frescas ao final do día. Algunhas nubes pola mañá que pola tarde cubrirán totalmente o ceo con posibilidade de chuvascos fortes que mesmo poden vir acompañados de aparato eléctrico. 03-05-2023