Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O avión privado procedente de Londres aterraba en Vigo, co Rei emérito a bordo, as dúas menos vinte da tarde. Agardaba no aeroporto de Peinador o seu amigo Pedro Campos. // Un policía nacional destinado na Coruña foi abatido esta madrugada nun tiroteo con axentes da policía e da Garda Civil nesta gasolineira de Burgos. O axente, natural de Ferrol estaba sendo investigado nun caso de narcotráfico e estaba de baixa sicolóxica. // 19-04-23

Tractores e vacas recorren as rúas de Lugo. É a protesta dos produtores de carne de vacún polos baixos prezos que reciben das industrias de distribución, que non se corresponde, din, cos que atopan os consumidores no mercado, e que disparan a inflación. // Máis de 1.800 vivendas da Sareb pasarán en Galicia a ser de alugueiro social, tal como aprobou hoxe o consello de Ministros. O sector inmobiliario advirte que a maioría non están en boas condicións. // Sanxenxo conta coa inminente chegada do Rei emérito a participar esta fin de semana na regata da clase 6MR. Ten previsto voar mañá dende Londres ao aeroporto de Peinador, en Vigo, e durante o xoves e o venres participará nos adestramentos co Bribón. // 18-04-23

Un día máis, tempo seco e con nubes altas, que non impiden, en xeral, o paso do sol. As temperaturas máximas descenden un par de graos, con respecto a onte, pero aínda así a sensación segue sendo de calor, agás no extremo norte. Os ventos frouxos do nordés, con intervalos fortes no litoral norte. 18-04-23

Centos de gandeiros produtores de carne de vacún protestaron en Lugo contra os baixos prezos que as industrias lles pagan pola carne e a rebaixa das axudas europeas para este sector. Din que venden cos prezos de hai 30 anos. // Unha balea común de dez metros de longo aparece morta, á deriva, na Ría de Vigo, e é trasladada ao porto do Berbés., Ocorre xusto cando máis de 600 expertos participan nunha conferencia internacional sobre o futuro dos mamíferos mariños e os océanos, que se celebra no Grove. 18-04-23

Produtores de carne de vacún enchen as rúas da cidade de Lugo, cos seus vehículos e vacas. Denuncian que a suba de prezos que notan os consumidores nos mercados non se corresponde co que eles reciben das industrias de distribución. // No oitavo día de folga indefinida do persoal médico houbo concentracións de protesta nos hospitais de Ourense, Santiago e Lugo.. // O Celta baixa ata o posto doce na clasificación despois da derrota en Balaídos ante o Mallorca. Os celestes non conseguiron romper a defensa do equipo balear que marcou o único gol, no minuto vinte. 18-04-23

Xa son máis de mil as cirurxías suspendidas e 20.000 as consultas adiadas, a causa da folga de médicos, nunha xornada na que o Sergas sitúa a incidencia no 13 por cento. // Novo conflito laboral na administración de xustiza. Logo da folga de letrados xa rematada, os outros colectivos de funcionarios comenzan paros parciais para reclamar que se lle apliquen a eles tamén melloras salariais, e que se clarifiquen as súas funcións. // Ledicia desbordante no Carballiño, polo triunfo do Arenteiro, o modesto club que logra un ascenso histórico á primeira federación, a terceira categoría máis importante do futbol español. // Ferrol retrocede ao século das luces para celebrar o Festival Ilustrado, O broche final, a escenificación dun minueto grupal no que participaron máis de 3000 escolares. // 17-04-23

Temperaturas prácticamente de verán, con máximas entre os 25 graos previstos na Coruña aos 30 en Ourense. A responsable é unha masa de aire cálido que mañá empeza a retirarse. 17-04-23

Xa son máis de mil as cirurxías suspendidas e 20.000 as consultas adiadas, a causa da folga de médicos, nunha xornada na que o Sergas sitúa a incidencia no 13 por cento. Traballadores sanitarios saen á rúa en Lugo, para denunciar a sobrecarga que están a rexistrar nos seus servizos. // Ledicia desbordante no Carballiño, polo triunfo do Arenteiro, o modesto club que logra un ascenso histórico á primeira federación, a terceira categoría máis importante do futbol español. // Ferrol retrocede ao século das luces para celebrar o Festival Ilustrado, O broche final, a escenificación dun minueto grupal no que participaron máis de 3000 escolares. 17-04-23

Traballadores sanitarios protestan en Lugo polas suas condicións laborais. Os convocantes da folga de médicos elevan ata o 40 por cento o seguemento nesa área na xornada de hoxe. // Reaccións en Galicia ao anuncio de Pedro Sánchez de mobilizar 50 mil vivendas da Sareb para alugueiro social. O PP considera que a medida non será operativa ao non ser pactada co gobernos autonómicos, que son os que teñen as competencias. // O Breogán certifica a permanencia na ACB por segunda temporada consecutiva, a pesar da derrota o sábado en Gran Canaria por 77 a 66. 17-04-23

O leite, un 30 por cento máis caro, ou os ovos, un 24, son exemplos dunha suba de prezos dos alimentos que supera o 16 por cento respecto a hai un ano. O IPC de marzo, queda en Galicia unha décima por riba da media do conxunto de España. // Xa son case 800 as intervencións cirúrxicas e 15.000 consultas cos especialistas que tiveron que ser reprogramadas a causa da folga de médicos, que chega ao seu cuarto día. // Asociacións pesqueiras de Galicia e Asturias deciden recorrer ao Tribunal Supremo para frear a instalación de parques eólicos mariños. Piden a suspensión cautelar do decreto do goberno central que regula os parques flotantes fronte á costa. // Carismático, provocador, cunha voz prodixioxa, considerado por algúns como o mellor cantautor do mundo. Rufus Wainwright adiántanos como será a presentación do seu novo traballo, esta noite na Coruña. // 17-04-23

Os prezos dos alimentos volven rozar o récord e soben un 16´5 por cento respecto ao ano pasado, mentres se moderan os da electricidade e dos carburantes. // Galicia, como referente mundial na inmunización infantil, acolle unhas xornadas con expertos é o adianto na protección contra o virus da bronquiolite, a patoloxía respiratoria que causa máis hospitalizacións entre os lactantes. // A antiga escola habaneira de San Simón da Costa, na Terra Cha é un plató de cine estes días. Alí estáse rodando "Tratamos demasiado bien a las mujeres", unha historia de maquis na posguerra cunha destacada participación galega. 17-04-23

Enfrontamento de bateeiros coa policía, nunha nova protesta en Santiago, contra a anulación de zonas autorizadas para extraer mexilla. Duas persoas detidas e varios feridos entre policías e manifestantes. // Terceira xornada da folga de médicos, con maior seguemento na área de Vigo e menor na de Pontevedra Salnés. Ata agora provocou a suspensión de case 500 cirurxías. // // O laboratorio clandestino que operaba en Cotobade, o maior desmantelado en Europa, funcionaba sen parar as 24 horas e tiña capacidade para producir 200 quilos de cocaína ó día. // Un maratón benéfico pide colaboración para poder alugar un autobús no que uns 40 nenos poidan viaxar dende Ucraína á Coruña para participar no concurso "Salva os seus soños". 13-04-23

Carga policial contra bateeiros que se manifestaban diante da sede da Xunta, en Santiago, que se salda con dúas persoas detidas e varios feridos entre policías e manifestantes. // A folga de médicos, que chega ao seu terceiro día, provoca ata agora a suspensión dunhas 500 cirurxías. Os servizos mínimos cúmprense con normalidade. // Un maratón benéfico pide colaboración para poder alugar un autobús no que uns 40 nenos poidan viaxar dende Ucraína á Coruña para participar no concurso "Salva os seus soños". 13-04-23

Ceo parcialmente nubrado, con chuvascos máis probables canto máis ao norte. A cota de neve segue nos 1.000 metros. As temperaturas máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Pontevedra aos 17 da Coruña. 13-04-23

Batalla campal de bateeiros con axentes da policía, en Santiago. Así derivou a nova protesta dos produtores de mexillón diante da sede da Xunta. Os incidentes deixan un saldo de Duas persoas detidas, e feridos catro policías e dous manifestantes, un deles continúa hospitalizado. // Abanca elixiu á compañía acuícola canadense Cooke para venderlle o 80% da súa participación en Nueva Pescanova. // A escritora Dolores Redondo presenta a adaptación sonora dunha das súas obras máis exitosas "Todo isto che darei", gañadora do premio planeta en 2016, ambientada na Ribeira Sacra. 13-04-23

O paso dunha fronte fría asociada a unha borrasca deixa nas primeiras horas chuvias que serán máis intermitentes co avance do día. Destacado descenso de temperaturas, con posibilidade de neve en cotas arredor dos 1.000 metros. No litoral norte hai alerta amarela por ondas de ata cinco metros. 12-04-2023

Mobilizacións fronte aos centros de saúde, no Día da Atención Primaria. Traballadores da sanidade e usuarios reclaman máis medios para o que consideran unha pedra angular do sistema, cun principal reproche, os tempos de agarda. // A UCI dos hospitais galegos, sen pacentes covid, por primeira vez dende xullo de 2020, hai case tres anos. A incidencia da pandemia queda actualmente en 134 pacientes ingresados e 737 casos activos. // Ourense conta cunha nova galería de arte, a primeira no casco vello. É o proxecto persoal dunha parella de artistas que está a cumprir o soño de deixar a hostalería para dedicarse por enteiro a un espazo para a creación alternativo. 12-04-2023

Mobilizacións fronte aos centros de saúde, no Día da Atención Primaria. Traballadores da sanidade e usuarios reclaman máis medios para o que consideran unha pedra angular do sistema, cun principal reproche, os tempos de agarda. // Segunda xornada da folga indefinida convocada pola Confederación de sindicatos médicos, que estima o seguemento nun 60 por cento. A Consellería de Sanidade sitúao no 16 por cento. // Os produtores de mexilón anuncian un paro indefinido para reclamar a reapertura das zonas vetadas á extracción de mexilla. Tras prosperar un recurso das confrarías, a Consellería do Mar volveu pechar algunhas zonas de recollida.. // Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo piden que se axilicen os trámites para inspeccionar o pecio este verán. Hoxe foi inaugurada no Porto de Vigo a oitava placa cos nomes dos tripulantes falecidos. 12-04-2023

A UCI dos hospitais galegos, sen pacentes covid, por primeira vez dende xullo de 2020, hai case tres anos. A incidencia da pandemia queda actualmente en 134 pacientes ingresados e 737 casos activos. // Hoxe é o Día da Atención Primaria, e colectivos agrupados en SOS Sanidade Pública convocaron mobilizacións fronte aos centros de saúde. // Ourense conta cunha nova galería de arte, a primeira no casco vello. É o proxecto persoal dunha parella de artistas que está a cumprir o soño de deixar a hostalería para dedicarse por enteiro a un espazo para a creación alternativo. 12-04-2023

Médicos en folga, dende hoxe, para reclamar mellores condicións de traballo. A maior parte da atención aos pacientes está cuberta polos servizos mínimos, que chegan ao cen por cen en urxencias e intervencións inaprazables.. // Empeza a campaña da renda na que a Axencia Trbiutaria prevé ingresar case 800 millóns en Galicia. O xestores advirten da importancia de revisar os datos xa que ata un tercio dos borradores conteñen erros. // No día mundial do parkinson, asociacións de pacientes reclaman máis visibilidade para unha doenza que duplica a sua incidencia nas últimas décadas e afecta xa a máis de 13.000 galegos. // O tempo solleiro dos últimos días alenta a floración das cerdeiras nos socalcos da Ribeira Sacra. Todo un espectáculo natural, ben efímero, que augura, din os expertos, unha boa colleita. 11-04-23