Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Preto de mil traballadores incorpóranse hoxe ao dispositivo de loita contra os incendios. A Xunta márcase como obxetivo que este ano ardan menos de 20.000 hectáreas. // Os estragos dos xabarís nas leiras galegas son cada vez máis frecuentes. Os gandeiros de Monfero, na Coruña, esixen solucións xa que a situación que teñen non seus predios non lles asegura que a sementeira do millo vaia a ser rendible este ano. // Polémica polos posibles efectos non desexados da Intelixencia Artificial. Os expertos destacan o papel de organismos como a AESIA, a axencia de supervisión desa tecnoloxía que ten previsto implantar a sua sede na Coruña. 03-05-2023

As condicións meteorolóxicas levan a adiantar o reforzo do servizo de prevención e loita contra os incendios forestais. Preto de mil brigadistas e persoal de apoio incorpóranse hoxe ao dispositivo. A Xunta márcase como obxetivo que este ano ardan menos de 20.000 hectáreas. // a Xunta e o goberno central confirman os seus desencontros trala primeira xuntanza institucional do Presidente Alfonso Rueda e Gómez Besteiro como Delegado. O principal punto de fricción, a lei de xestión do Litoral promovida polo executivo autonómico. // Polémica polos posibles efectos non desexados da Intelixencia Artificial. Os expertos destacan o papel de organismos como a AESIA, a axencia de supervisión desa tecnoloxía que ten previsto implantar a sua sede na Coruña. // O café Latino de Ourense celebra o 25 aniversario seu festival de jazz. Repasamos a traxectoria dun certame polo que teñen pasado figuras míticas do xénero. 03-05-2023

A AESIA, a axencia de supervisión da Intelixencia Artificial, que prevé ter a sua sede na Coruña, clave para afrontar os posibles efectos non desexados desta tecnoloxía, que denuncian os expertos. // O Goberno central pon en marcha un plan para dinamizar os fondos europeos de recuperación nos concellos de menos de cinco mil habitantes. // O saxofonista estadounidense Kenny Garrett toca esta noite en Ourense coa súa banda. É un dos concertos programados polo Café Latino co gallo do 25 aniversario do seu Festival de Jazz. 03-05-2023

Proclamadas as candidaturas para as eleccións municipais do 28 de maio. O PP repite como único partido que presenta candidatos nos 313 concellos, mentres socialistas e BNG acadan o seu máximo histórico de listas. // No día Internacional contra o acoso escolar, a Xunta anuncia unha nova enquisa xeral para coñecer o estado da convivencia nas aulas, dirixida a familias e docentes de todas as etapas educativas. // A policía trata de identificar as persoas causantes do incendio que calcinou totalmente un autobús urbano no centro de Vigo. // Satisfacción no sector hostaleiro pola afluencia turística durante a ponte de maio. As zonas turísticas como as Rías Baixas superaron o 80 por cento e en Santiago a ocupación pasou do 90 segundo as primeiras estimacións. 02-05-23

Unha masa de aire cálido fai subir aínda máis as temperaturas. Predominan as nubes altas que non impiden o paso do sol. As temperaturas máximas oscilarán entre os 23 graos da Coruña e os 33 en Ourense. 02-05-23

Proclamadas as candidaturas para as eleccións municipais do 28 de maio. O PP repite como único partido que presenta candidatos nos 313 concellos, mentres socialistas e BNG acadan o seu máximo histórico de listas. // Último día para que os Concellos elixan por sorteo os cidadáns que deberán formar parte das mesas de votación nos colexios electorais nas municipais do 28 de maio. // O pescados ¨Rubén Burela de Fútbol Sala Feminino volve facer historia ao proclamarse campión da Copa da Raíña. É o sexto título copeiro do conxunto laranxa, o quinto consecutivo das de Burela. 02-05-23

A policía nacional trata de identificar as persoas causantes do incendio que calcinou totalmente un autobús urbano no centro de Vigo. // Hoxe é o último día para que os Concellos elixan por sorteo os cidadáns que deberán formar parte das mesas de votación nos colexios electorais nas municipais do 28 de maio. Haberá preto de 4.000 mesas en toda Galicia. // As Consellerías de Medio Ambiente e do Mar continúan a modernizar a rede do observatorio costeiro, unha infraestrutura para facilitar a información sobre o estado do mar, a disposición de investigadores e profesionais. 02-05-23

Os pescadores quéixanse de que este ano a lamprea escasea no río. É sinal de identidade de Arbo, onde a súa festa foi declarada de interese turístico internacional

Manuel Baltar admite, no pleno da Deputación de Ourense, que foi sancionado polo menos tres veces por exceder os límites de velocidade ao volante dun coche oficial, e aclara que non pensa dimitir tras ser citado nun xulgado de Zamora. // No día mundial da seguridade e a saúde no traballo, os sindicatos lembran o naufraxio do Villa de Pitanxo, o máis grave sinistro laboral do ano pasado, con 21 mariñeiros falecidos. // Os prezos recuperan a tendencia á alza. En abril chegan a un aumento do 4,1 % respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo o indicador adiantado do INE. // Fatum chega aos cines. Luis Tosar, Alex Garcia ou Elena Anaya protagonizan esta longametraxe de ficción dirixida polo pontevedrés Juan Galiñanes. Rodada integramente na Coruña. 28-04-23

Mantense o aire cálido con temperaturas sen cambios. Pola tarde podemos ter algún chuvasco illado. Mañá agardamos que baixen as temperaturas, aumente a nubosidade e volvan as chuvias durante a tarde e O domingo entra un anticiclón que traerá sol. 28-04-23

Manuel Baltar admite, no pleno da Deputación de Ourense, que foi sancionado polo menos tres veces por exceder os límites de velocidade ao volante dun coche oficial, e aclara que non pensa dimitir tras ser citado nun xulgado de Zamora. // O sector galego do metal crece un 15% en facturacion en 2022, segundo o informe anual da Asociación industrial Asime. Os empresarios piden flexibilizar os requisitos para incorporar traballadores cualificados doutros paises. // Fatum chega aos cines. Luis Tosar, Alex Garcia ou Elena Anaya protagonizan esta longametraxe de ficción dirixida polo pontevedrés Juan Galiñanes. Rodada integramente na Coruña. 28-04-23

Ata 220 quilos de cocaína e catro millóns de euros. É o incautado na operación Carplaya contra unha organización dedicada ao narcotráfico, levada a cabo esta semana pola Garda Civil nas provincias de Pontevedra e Lugo. // A situación de Manuel Baltar, logo de ser denunciado por circular a 215 quilómetros por hora nun coche oficial, abordada hoxe no pleno da Deputación de Ourense. // Os prezos seguen subindo. Este mes chegaron ao 4,1 %, segundo o indicador adiantado do INE. Os carburantes e a electricidade son de novo a chave da escalada. 28-04-23

Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións e con entrada de aire cálido con ascenso térmico. As temperaturas máximas oscilarán entre os 20 graos da Coruña, na costa, e os 29 de Ourense, no interior. 27-04-23

O paro aumenta en 3.700 persoas no primeiro trimestre do ano, e a ocupación redúcese en apenas 800 postos de traballo menos. // vitoria do Celta ante o Elche que tranquiliza ao equipo na loita pola permanencia. Non está matemáticamente salvado pero un gol de Aidoó no último minuto sentenciou un partido moi nivelado en xogo co colista. // En Tui celébrase o festival de cine documental PLay Doc, cunha homenaxe á cineasta belga Chantal Akerman, e ofrece o máis actual do panorama audiovisual internacional e galego. 27-04-23

A ocupación redúcese en Galicia en apenas 800 empregos no primeiro trimestre do ano, mentres o paro xuvenil diminúe máis de tres puntos en relación co ano pasado. // O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pide desculpas, mediante un comunicado público, tras ser denunciado por axentes de tráfico por circular a 215 quilómetros por hora. // A firma Adolfo Domínguez abandona os números vermellos por primeira vez nos últimos oito anos. Consegue un incremento de vendas do 24 por cento, din os seus reponsables, cunha clientela máis nova // Campo Lameiro, elexida capital do turismo rural de España 2023. por votación popular, no certame impulsado por unha plataforma especializada. 27-04-23

O paro aumenta en 3.700 persoas no primeiro trimestre do ano, e a ocupación redúcese en apenas 800 postos de traballo menos. // O Consello da Xunta aprobou hoxe o ante proxecto de lei de Xestión do Litoral. // Desconvocada a folga que ameazaba con paralizar hoxe e mañá o transporte en autobús durante 48 horas. Sindicatos e patronal chegaban a última hora a un acordo parcial, ainda que segue a convocatoria do paro indefinido a partir do 8 de maio. 27-04-23

O presidente a Deputación de Ourense, citado a xuízo para responder dun delito contra a seguridade vial, tras ser interceptado a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial. // 10 persoas detidas, ata agora, nunha nova operación da Garda Civil contra unha rede dedicada ao narcotráfico e o branqueo de capitais. Rexistradas 15 vivendas en varias localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra. // O concello de Santiago preséntalle ao sector hostaleiro o seu plan para implantar unha taxa turística, cunha recadación prevista de tres millóns de euros, cobrando entre cincuenta céntimos e dous euros e medio por estadía diaria. // O xogo coma motor do desenvolvemento, é o tema central do Salón do Libro infantil e xuvenil que está aberto ao público en Pontevedra. Obradoiros literarios e gastronómicos entre as actividades programadas.

26-04-23

As néboas e nubes baixas van desaparecendo co avance do día. As temperaturas empezan a subir pola chegada de aire cálido. As máximas entre os 19 graos na Coruña e 27 en Ourense. 26-04-23

O presidente da Deputación de Ourense, a xuízo por ir a 215 por hora. Axentes de tráfico déronlle o alto cando circulaba pola A-52, na provincia de Zamora, conducindo un vehículo oficial. // Cumprense 10 días de folga para os funcionarios da administración de xustiza, a segunda que encara este organismo no que vai de ano. Os avogados denuncian as graves consecuencias para os cidadáns. // Santiago é a primeira cidade galega que estuda cobrar unha taxa turística. Hoxe o concello presentoulle ao sector hostaleiro a súa proposta, que fixa un prezo de entre cincuenta céntimos e dous euros e medio, en función da categoría do aloxamento. 26-04-23

Novo golpe da Garda Civil contra o narcotráfico, con 10 persoas detidas e o rexistro de 15 vivendas en varias localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra. //O presidente da Deputación e do PP de Ourense , Manuel Baltar, terá que someterse a un xuízo rápido por circular a 215 quilómetros por hora pola autovía das Rías Baixas. // Cumprense 10 días de folga dos funcionarios da administración de xustiza. Os representantes sindicais manifestáronse diante das portas dos xulgados galegos e anuncian novas xornadas de paro para aumentar a presión ao Ministerio de Xustiza. 26-04-23