Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Recuperamos transitoriamente o tempo estable, con nubes e claros e posibilidade dalgunha chuvia feble e illada na metade oeste. O resto da fin de semana será moi semellante agás o sábado pola tarde cando unha nova fronte traerá chuvias que remiten durante o domingo. 24-03-23

O visor somerxido Nautilus abre hoxe ao público en Vigo. E unha instalación para poder observar a fauna e a flora e comprender cómo funciona o ecosistema mariño. // O produtores de mexillón denuncian un incremento de roubos de produto nas cordas das bateas na Ría de Arousa. // As primeiras capturas da camapaña da sardiña confirman a recuperación da especie, tal como indicaban os estudos científicos, cos stocks ao nivel máis alto dos dos últimos anos. // Unha ostra con queixo do cebreiro, filloa e viño albariño foi a proposta gañadora do concurso gastronómico que busca o talento dos futuros profesionais que se celebrou hoxe en Santiago. 24-03-23

O visor somerxido Nautilos abre hoxe ao público en Vigo para poder observar a fauna e a flora e comprender cómo funciona o ecosistema mariño. Premiado como mellor infraestrutura sostible pola asociación mundial de Portos. // Axentes de Aduanas están a tratar de trasladar a planadora aparecida nas últimas horas praia de Nemiña, en Muxía, que se sospeita pertence a unha rede dedicada ao narcotráfico. // Co Alalá do Cebreiro que Picasso lle cantaba no París ocupado polos nazis á súa filla, inaugurouse a exposición que conmemora na Coruña o 50 aniversario do pasamento do pintor. Picasso viviu aquí entre os 9 e os 13 anos. 24-03-23

Nova protesta de bateeiros, que rodearon a sede da Xunta, en San Caetano, e provocaron o colapso de tráfico durante varias horas. Reclaman poder recoller semente nas zonas tradicionais. // A Xunta anuncia unha nova lei de recursos naturais que prevé a creación dun canon para os parques eólicos mariños previstos fronte á costa galega. // Ence cifra en 125 millóns de euros o investimento que suporá a bioplanta que proxecta no concello das Pontes. A nova instalación dedicarase a producir fibra reciclada e celulosa virxe, nun proceso, di, respetuoso co medio ambiente. // O festival de Cans cumpre vinte anos cunha edición especial que se que incrementa un 25% as obras recibidas a concurso. Hoxe coñecemos a nova imaxe do certame que se celebrará en maio na aldea do Porriño, 23-03-23

Temporal no mar con alerta laranxa en toda a costa por ondas que poden superar os 5 metros. Ttamén hai avisos por ventos superiores aos 80 kilómetros por hora e por chuvias que se intensificarán durante a tarde e poden descargar ata 40 litros por metro cadrado en doce horas 23-03-23

Os bateeiros colapsan o tráfico en Santiago, durante boa parte da., para chamar a atención sobre a situación pola que din atravesar, a piques de perder a campaña da mexilla deste ano pola escaseza de produto. // A Xunta inicia a tramitacion dunha lei para que os beneficios dos proxectos eólicos, solares, mineiros e de aproveitamento de augas revirtan nas zonas onde se instalen. // Polémica pola representación das galegas que fai a plataforma de Intelixencia Artificial Midjourney. // O festival de Cans cumpre vinte anos cunha edición especial que se que incrementa un 25% as obras recibidas a concurso. Hoxe coñecemos a nova imaxe do certame que se celebrará en maio na aldea do Porriño, 23-03-23

50 litros por metro cadrado caeron xa en Lousame coa entrada dunha fronte que se está a notar sobre todo na franxa atlántica e que se intensificará nas próximas horas. // O conflicto da mexilla reactívase cunha nova protesta de bateeiros que provocou o colapso de tráfico en Santiago durante varias horas. // A Xunta inicia a tramitacion dunha lei para que os beneficios dos proxectos eólicos, solares, mineiros e de aproveitamento de augas revirtan nas zonas onde se instalen. // O Auditorio de Nigran acolle una exposicion dedicada a historia e evolucion das famosas bonecas Nancy, un dos xoguetes mais desexados nos anos 70 e 80 que celebra o seu 55 aniversario.23-03-23

Unha fronte atlántica pouco activa trae máis nubes sobre todo pola metade oeste onde, con chuvascos e chuvias. As temperaturas máximas seguen a baixar. Arrecia o vento antes de que chegue mañá outra nova fronte. 22-03-23

Un laboratorio para procesar cocaína a gran escala, agochado nunha casa de aldea de Cotobade. É o centro dun operativo contra o narcotráfico dirixido pola Audiencia Nacional que se salda, polo de agora, con 18 detidos, 11 deles en Galicia. // Aumentan as queixas entre os usuarios que collen o tren a diario para desprazarse entre Vigo e Coruña. Din que os atrasos nas horas punta son habituais. // Unións Agrarias denuncia unha campaña orquestrada polas industrias lácteas para baixar o prezo aos gandeiros, ante a renovación de contratos o próximo 1 de abril. // Celébrase o Día da Auga, unha xornada para concienciar sobre a importancia deste recurso, vital para a humanidade e todas as especies que habitan o planeta. En Ourense poñen en valor a riqueza termal con sesións de ioga gratuitas. // // 22-03-23

Un laboratorio para procesar cocaína a gran escala, agochado nunha casa de aldea de Cotobade. É o centro dun operativo contra o narcotráfico que se salda con 18 detidos, 11 deles en Galicia. // A estrada entre Santiago e Noia, cortada por un afundimento do asfalto, á altura do concello de Rois. Ten preto de dous metros de profundidade e catro de ancho. // Aumentan as queixas entre os usuarios que collen o tren a diario para desprazarse entre Vigo e Coruña. Din que os atrasos nas horas punta son habituais. // No Día da Auga, actividades para concienciar da importancia deste recurso vital. En Ourense poñen en valor a riqueza termal con sesións de ioga gratuitas. 22-03-23

A estrada entre Santiago e Noia, cortada por un afundimento do asfalto, á altura do concello de Rois. Ten preto de dous metros de profundidade e catro de ancho. Os labores de reparación poderían durar varios días. // O TSXG ordena incoar un expediente de sanción contra as empresas de transporte de viaxeiros por estrada Monbús e Alsa, por indicios de que puideron repartirse o mercado. // O arquitecto británico David Chipperfield desfrutou en Galicia uns días tras recibir o Pritzker. Veranea desde hai trinta anos en Corrubedo, onde ten unha casa e reabriu o bar do porto. // 22-03-23

Houbo unha época na que facer unha fotografía e poder vela en menos dun minuto era sorprendente. E rematou por se converter nunha arte. Chamábase Polaroid e agora podemos achegarnos á súa historia na Fundación Barrié da Coruña.

A aparición dunha fochanca paraliza durante toda a mañá o aeroporto de Peinador, en Vigo. Moitos viaxeiros presentaron reclamacións. Aena prevé reanudar a actividade a partir das catro da tarde. // Pasa a disposición xudicial a muller detida como presunta responsable da queima de máis de 20 coches no casco histórico de Tui. É unha veciña da zona, de 50 anos, que presenta un trastorno mental. Foi identificada polas cámaras de seguridade. // Posición común dos tres grupos políticos no Parlamento Galego contra o Plan da Comisión Europea que prevé eliminar a pesca de arrastre nas zonas protexidas a partir de 2030. // Sacar unha fotografía e poder tela impresa ao instante. Foi no seu día unha auténtica revolución, propiciada pola cámara Polaroid. Agora unha exposición na Coruña trata de achegarnos á historia daquel dispositivo anovador que permitíu aos artistas expresarse e experimentar antes da tecnoloxía dixital. 21-03-23

// //

Día de nubes e claros no que continuaremos sen chuvias, agás de madrugada cando podería rexistrarse algunha precipitación feble no litoral atlántico. Si teremos que volver botar man dos paraugas o mércores pola tarde 21-03-23

Unha fochanca na pista obriga a paralizar o aeroporto vigués de Peinador. Moitos viaxeiros presentaban reclamacións polos nove voos que tiveron que ser cancelados ou desviados a Santiago. // Pasa a disposición xudicial a muller detida como presunta responsable da queima de máis de 20 coches no casco histórico de Tui. É unha veciña da zona, de 50 anos, que presenta un trastorno mental. // Posición común dos tres grupos políticos no Parlamento Galego contra o Plan da Comisión Europea que prevé eliminar a pesca de arrastre a partir de 2030. E considerado polo sector como unha auténtica ameaza para a sua supervivencia. // A historia da cámara Polaroid, que permitia imprimir fotos ao instante, e recreada nunha exposición na Coruña. 21-03-23

Día de tempo seco e solleiro con temperaturas máximas que oscilarán entre os 18 graos previstos na Coruña ou Pontevedra aos case 24 de Ourense. Na segunda metade da xornada irase cubrindo o ceo pola chegada dunha fronte pouco activa. 20-03-23

A revisión das cámaras de seguridade trata de aclarar quen está detrás da insólita acción violenta no casco histórico de Tui. Ata 21 vehículos resultaron totalmente calcinados e outros cinco afectados parcialmente. // A flota pesqueira conta recuperarse co arranque, hoxe, da campaña da sardiña, logo do paro biolóxico do xurelo. A Deputación da Coruña anuncia axudas para das tripulacións afectadas. // Iniciativas como a do hospital de Pontevedra, para os pequenos e tamén para os maiores. // No Día Mundial da Narración oral, iniciativas como a do hospital de Pontevedra, tentan fomentar o arte de contar contos en voz alta. // Unhas cen películas de cine e series de televisión foron rodadas na nosa comunidade o ano pasado. Para consolidar esa actividad preséntase a Galicia Film Commission. // 20-03-23

A investigación céntrase nas cámaras de seguirdade para aclarar quen está detrás da acción violenta no casco histórico de Tui. Ata 21 vehículos resultaron totalmente calcinados e outros cinco afectados parcialmente. // A flota pesqueira conta recuperarse co arranque, hoxe, da campaña da sardiña, logo do paro biolóxico do xurelo. // No Día Mundial da Narración oral, iniciativas como a do hospital de Pontevedra, tentan fomentar o arte de contar contos en voz alta. // O Celta mira cara os postos europeos tras impoñerse con rotundidade a o Español por un a tres. Na Segunda División o Lugo empatou a un gol co Racing de Santander, e segue no último posto da clasificación. 20-03-23

Noite de pesadelo en Tui, con explosións e lume en distintos puntos do casco histórico que mantiveron en alerta durante horas a vecinos, policía e bombeiros. Ata 21 vehículos resultaron totalmente calcinados. // Galicia duplicará a capacidade para atender aos nenos e adolescentes con patoloxía psiquiátrica que precisen hospitalización cunha nova unidade no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que complementa á xa existente en Santiago. // A Xunta pon en marcha a plataforma Galicia Film Commission, co obxetivo de consolidar a comunidade como plató de Cine e televisión. // 20-03-23

Iago Aspas viste de novo a camiseta da selección. A convocatoria do seleccionador Luis de la Fuente supón o se regreso ao equipo nacional logo de catro anos. // A Audiencia de Lugo condena a prisión permanente revisable á muller que asasinou a súa filla de sete anos en Muimenta no ano 2019. A sentenza é a mesma que no anterior xuízo, que se repetiu ao considerar o Tribunal Superior que o veredicto non tiña motivación suficiente.// Un relato de Galicia a través da ollada de grandes nomes da cultura universal do último século e medio. É o que propón “Detrás do Espello”, a nova mostra no Gaiás. 17-03-2023