Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Situación intermedia entre o anticiclón situado o sur da península e as borrascas atlánticas que continuan a deixar un ambiente moi húmido. Seguimos con ceo cuberto sobre todo polo oeste e con posibilidade dalgún orballo pola noite. 10-03-23

O presidente do goberno anuncia a contratación de 1.500 traballadores para Navantia. para atender os novos encargos da empresa naval pública. Entre eles, as fragatas F110 que se van construír nas instalacións en Ferrolterra. //Os partidos galegos ultiman xa as listas para as eleccións municipais de maio. // Arranca en Vigo o maior Salón do Automobil de Galicia, con máis de 30 marcas participantes. Os vehículos eléctricos gañan presenza, nun mercado dominado pola incerteza dos consumidores. // O compositor coruñés Nani García recibirá o premio de honor na gala dos Mestre Mateo que se celebrará mañá. A academia do audiovisual recoñece a traxectoria do artista que fixo a banda sonora de películas de éxito internacional, incluido un Óscar 10-03-23

Chamamento sindical contra a reforma das pensións, en Ferrol, no día da clase obreira galega, en recordo aos dous traballadores falecidos nunha protesta laboral en 1972. // O presidente do Goberno anunciou hoxe que Navantia vai contratar nos próximos anos 1.500 traballadores nos seus centros de Cádiz, Ferrol e Cartaxena. // Hoxe sae á venda o novo disco do músico vigués Iván Ferreiro, "Trinchera pop". O seu estilo segue sendo recoñecible, pero é un traballo de madurez no que reivindica o valor da música pop para transmitir emocións e filosofar sobra a vida. 10-03-23

Día marcado polo paso dunha nova fronte atlántica, que trouxo unha mañá de ceos cubertos e treboadas. Ao longo da tarde as precipitación van ir remitindo e abrindo claros cara á noite. As temperaturas, en lixeiro descenso. 08-03-2023

O fallo sobre ENCE abre a posibilidade de prorrogar a concesión a un cento de empresas galegas situadas en zonas de dominio público LITORAL. // A Xunta decidiu hoxe comezar a pagar en abril o complemento autonómico de 218 euros das pensións non contributivas. // Galicia leva perdido un 30 por cento das explotacións lácteas dende a desaparición da cotas en 2015. Así o indica un informe da Organización Inteprofesional Láctea presentado hoxe en LUgo. // Máis de 4.000 persoas padecen en Galicia unha enfermidade renal crónica que precisa de diálese ou trasplante de ril. Os medicos alerta de que a maioría teñen orixe en patoloxías evitables como a diabetes ou a hipertensión. As asociacións de pacientes advirten da necesidade da prevención. 09-03-2023

Día marcado polo paso dunha nova fronte atlántica, que trouxo unha mañá de ceos cubertos e treboadas. Ao longo da tarde as precipitación van ir remitindo e abrindo claros cara á noite. As temperaturas, en lixeiro descenso. 09-03-2023

Mañá de temporal con media Galicia en alerta polas chuvias e vento. As precipitacións que por momentos descargaron con forza. // O vento irá amainando cara media tarde nun día no que o peor con todo está no mar. Hai alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 6 metros. // Un centro cultural de Ourense acolle por primeira vez unha exposición conxunta dos escultores Moxom e Tino Canicoba. Os seus estilos son moi diferentes porque un usa a navalla para tallar a madeira e o outro a motoserra. 09-03-2023

Mércores de temporal cunha fronte que deixou chuvias por momentos fortes sobre todo durante a mañá e que agora pola tarde serán en forma de chuvascos con apertura dalgúns claros. 08-03-2023

As mulleres fan escoitar a sua voz neste 8M para denunciar a fenda salarial entre homes e mulleres e a violencia de xénero. // Os grupos da oposición destacan no Parlamento os datos da fenda salarial, que en Galicia e lixeiramente superior á media do conxunto de España. // O sector pesqueiro anuncia que recurrirá por vía xudicial contra a instalación de parques eólicos flotantes na costa galega, aprobada polo goberno. Din que suporá a destrución de moitos postos de traballo. // Documentos do hospital psiquiátrico de Conxo revelan cómo eran tratadas moitas mulleres que acababan ingresadas alí so por transgredir os roles de xénero que a sociedade lles reservaba, na expoisición Voces Esquecidas que hoxe inaugura a Biblioteca de Galicia. 08-03-2023

As mulleres fan escoitar a sua voz nas rúas para denunciar a fenda salarial entre homes e mulleres e a violencia de xénero. // Os grupos da oposición destacan no Parlamento os datos da fenda salarial, que en Galicia e lixeiramente superior á media do conxunto de España. // O sector pesqueiro anuncia que recurrirá por vía xudicial contra a instalación de parques eólicos flotantes na costa galega, aprobada polo goberno. Din que suporá a destrución de moitos postos de traballo. // Documentos do hospital psiquiátrico de Conxo revelan cómo eran tratadas moitas mulleres que acababan ingresadas alí so por transgredir os roles de xénero que a sociedade lles reservaba, na expoisición Voces Esquecidas que hoxe inaugura a Biblioteca de Galicia. 08-03-2023

Voces femininas nas rúas, este 8M, para denunciar as desigualdades. En especial, a fenda salarial entre homes e mulleres que ascende actualmente en Galicia ao 19 por cento. // O presidente Rueda anunciou a aprobación mañá, no Consello, dun plan para crear máis xulgados exclusivos para casos de violencia de xenero. // Poemas, contos e música para reflexionar sobre o feminismo e esixir a igualdade, no acto central do 8M na Deputación de Pontevedra. A música, con letras intimistas e tradicionais, veu da man da compositora Su Garrido e da cantante Sheila Patricia. 08-03-2023

Unha muller, detida pola morte do seu marido no municipio coruñés de Paderne. O cadaver foi atopado por axentes da garda civil no domicilio familiar, tapado na cama, con fortes golpes na cabeza. // No xuízo polo triplo crime de Valga o acusado negouse hoxe a declarar. // Tres mulleres galegas, entre os 100 mellores profesionais da medicina de España, segundo a listaxe da revista Forbes. A coruñesa Carmen Vidal Pan, xefa do servizo de alergoloxía do CHUS, traballa a fronte dun equipo que busca unha vacina contra a alerxia ás velutinas. // A memoria de Valle Inclán volveu hoxe á Santiago, á Alameda onde está a súa estatua. Mentres, a exposición, "Valle Inclán Íntimo", no Colexio de Fonseca, ofrece unha imaxe do seu mundo persoal con pezas cedidas pola familia. 07-03-23

Unha muller, detida pola morte do seu marido no municipio coruñés de Paderne. O cadaver foi atopado por axentes da garda civil no domicilio familiar, tapado na cama, con fortes golpes na cabeza. // No xuízo polo triplo crime de Valga o acusado negouse hoxe a declarar. // Tres mulleres galegas, entre os 100 mellores profesionais da medicina de España, segundo a listaxe da revista Forbes. A coruñesa Carmen Vidal Pan, xefa do servizo de alergoloxía do CHUS, traballa a fronte dun equipo que busca unha vacina contra a alerxia ás velutinas. // A memoria de Valle Inclán volveu hoxe á Santiago, á Alameda onde está a súa estatua. Mentres, a exposición, "Valle Inclán Íntimo", no Colexio de Fonseca, ofrece unha imaxe do seu mundo persoal con pezas cedidas pola familia. 07-03-23

A entrada dunha fronte deixa chuvias que poden ser fortes á noite. Durante o día temos ceos nubrados e algun chuvasco illado e ocasional. O vento farase notar sobre todo agora pola tarde con refachos fortes. 07-03-23

O acusado do triplo crime de Valga renuncia a declarar. Ainda que ante a garda civil recoñecera ser autor da morte a tiros das tres mulleres, á vista dos seus fillos, hoxe no xuízo non quixo contestar a ningunha das partes.// Novo caso de violencia no ámbito familar. A Garda Civil informou da detención dunha muller acusada de matar o seu marido. // O comisionado do corredor Atlántico anuncia que a rede completa estará lista en 2050. // A memoria de Valle Inclán volveu hoxe á Santiago, ca xa tradicional colocación da bufanda na estatua do escritor na á Alameda. 07-03-23

José Luis Abet, o acusado do triplo crime de Valga, do que foron vítimas a sua exmuller, excuñada e exsogra será xulgado a porta pechada para protexer aos fillos da parella, que presenciaron o crime. // A folga dos letrados de xustiza entra na súa sétima semana sen acordo co Ministerio e coas negociacións estancadas. En Galicia obrigou a pospoñer xa oito mil procesos xudiciais, que se están aprazando para dentro de oito meses. // A estrela do atletismo galego, Adrián Ben suma un novo fito á sua carreira: medalla de ouro en 800 metros, no campionato de Europa que se celebra en Estambul. // A viguesa Judith Rodriguez ganou tres medallas na terceira fase do Campionato de España que se celebrou esta fin de semana en Vigo. 06-03-23

Durante a mañá as chuvias débiles que conforme avanza o día iranse xeralizando e poden caer algúns chubascos ocasionais. Desaparecen prácticamente as xeadas e as temperaturas suben. 06-03-23

José Luis Abet, o acusado do triplo crime de Valga será xulgado a porta pechada para protexer aos fillos da parella, que presenciaron o crime. // A folga dos letrados de xustiza entra na súa sétima semana sen acordo co Ministerio e coas negociacións estancadas. En Galicia obrigou a pospoñer xa oito mil procesos xudiciais, que se están aprazando para dentro de oito meses. // A estrela do atletismo galego, Adrián Ben suma un novo fito á sua carreira: medalla de ouro en 800 metros, no campionato de Europa que se celebra en Estambul. // A viguesa Judith Rodriguez ganou tres medallas na terceira fase do Campionato de España que se celebrou esta fin de semana en Vigo. 06-03-23

Empeza en Pontevedra o xuízo a José Luis Abet, acusado do triplo crime de Valga, cometido en 2019. Él será o primeiro en prestar declaración na vista, trala formación do xurado popular. // En Lugo remata a repetición do xuízo do crime de Muimenta. Todas as partes están de acordo en que Ana Sandamil foi a autora da morte da súa filla de sete anos e tamén en que sofre trastornos mentais. // A vicepresidenta Segunda Yolanda Díaz ainda ve posible chegar a un acordo entre os socios de goberno na reforma da chamada lei solo si es si. // Adrián Ben recollr a medalla de ouro do Campionato europeo de atletismo, nunha carreira que comezou último.06-03-23