Médicos en folga, dende hoxe, para reclamar mellores condicións de traballo. A maior parte da atención aos pacientes está cuberta polos servizos mínimos, que chegan ao cen por cen en urxencias e intervencións inaprazables. // Sanxenxo prepara xa a visita do Rei Emérito a próxima semana. Sen axenda aínda confirmada, todo apunta a que o Monarca asistirá á unha regata de vela e se hospedará, coma fixera o ano pasado, na casa do seu amigo Pedro Campos. // O tempo solleiro dos últimos días alenta a floración das cerdeiras nos socalcos da Ribeira Sacra. Todo un espectáculo natural, ben efímero, que augura, din os expertos, unha boa colleita. 11-04-23
Xornada de transición con grandes claros ata o final do día cando as nubes baixas irán cubrindo de novo os ceos. Poden caer algúns chuvias febles no terzo norte ao sur de Fisterra. As temperaturas con poucos cambios, con máximas que volverán rondar os 20 graos. 11-04-23
Mellores condicións de traballo. É o que reclaman os médicos en folga indefinida, dende hoxe. A maior parte da atención aos pacientes está cuberta polos servizos mínimos. // Sanxenxo prepara xa a visita do Rei Emérito a próxima semana. O Monarca asistirá á unha regata de vela e se hospedará, coma fixera o ano pasado, na casa do seu amigo Pedro Campos. // A arte, acompaña ao ser humano dende o limiar dos tempos. Por iso é este ano o tema central da Semana Galega de Filosofía, que volta a Pontevedra despois da Pascua. 11-04-23
Pablo Picasso viviu na Coruña entre os nove e os trece anos, unha etapa clave no seu desenvolvemento persoal e artístico. Foron catro anos, antes de marchar a Barcelona.
Cúmprense 50 anos da morte de Pablo Picasso, malagueño de nacemento, pero que pasou boa parte da súa infancia na Coruña. Repasamos ese paso de Picasso pola cidade e a pegada que deixou na súa traxectoria artística. // Ferrol é unha das localidades onde aínda hoxe é festivo. Nos centros de ensino tampouco é lectivo, pero a maioría dos galegos retoman a rutina tras uns días nos que a ocupación turística superou as previsións máis optimistas. // Un dos retos da industria para incrementar a sua competitividade e a incorporación da intelexencia artificial. Para logralo nos vindeiros anos atópase con dificultades para as pequenas empresas e a falta de persoal cualificado. // Malleira histórica do Breogán ao campión de liga. 24 puntos de diferenza co Real Madrid nun partido espectacular, coa destacada actuación de Yustus Hollátz. 10-04-2023
Unha fronte moi pouco activa achégase pola franxa atlántica, e deixa chuvias febles, sobre todo na metade oeste, menos probables no interior. As temperturas máximas descenden, entre os 19 graos previstos en Pontevedra e os 24 de Ourense. 10-04-2023
O rei Xoán Carlos volverá a Sanxenxo a semana próxima. Chegará o día 19 e estará ata o día 23, para asistir á regata da copa de España na que participa o seu barco Bribón. // O Monte Chamorro en Ferrol acolle a primeira gran romaría da primavera con milleiros de fieis que soben a pé ata o santuario da Nosa Señora do Nordés. // Nos centros de ensinanza tampouco é lectivo, pero a maioría dos galegos volveron á rutina tralas vacacións de Semana Santa na que, a falta dos datos definitivos, todo apunta a que se superaron as altas cifras de ocupación previstas. 10-04-2023
A Semana Santa, vive a sua maior intensidade en localidades como Viveiro e Ferrol, con procesións declaradas de interese turístico internacional. // As listas de espera seguen a aumentar na sanidade galega, con 50.000 doentes máis que antes da pandemia, segundo datos do Ministerio de Sanidade. Galicia é a terceira comunidade coa menor espera media. // 25 quilos de heroína intervidos, que no mercado se convertirían en 65 quilos,e en milleiros de doses cun valor dun millon e medio de euros. É o resultado da Operación Matoxo, levada a cabo pola Policía Nacional de Pontevedra. Hai unha parella detida, dous veciños de Nigrán que xa están en prisión. // A rotura dunha balsa mineira no concello de Frades provoca unha vertedura que chega o rio Tambre. Augas de Galicia asegura que non está en risco o subministro aos 12 concellos que empregan o cauce para captar a auga da traída, entre eles Santiago. 05-04-23
Ceos despexados en xeral con algunhas nubes de tipo alto. O vento frouxo de compoñente norte, moderado no litoral, e as temperaturas suben lixeiramente no norte da comunidade, e baixan un pouco na metade sur. As máximas oscilan hoxe entre os 18 graos da Coruña e os 24 de Ourense. 05-04-23
A Semana Santa, vive a sua maior intensidade en localidades como Viveiro e Ferrol, con procesións declaradas de interese turístico internacional. // As listas de espera seguen a aumentar na sanidade galega, con 50.000 doentes máis que antes da pandemia, segundo datos do Ministerio de Sanidade. Galicia é a terceira comunidade coa menor espera media. // A rotura dunha balsa mineira no concello de Frades provoca unha vertedura que chega o rio Tambre. Augas de Galicia asegura que non está en risco o subministro aos 12 concellos que empregan o cauce para captar a auga da traída, entre eles Santiago. 05-04-23
Ambiente de praia nas Rías Baixas, onde os establecementos esperan niveis de ocupacións similares os do verán nos próximos días festivos. // Agárdanse arredor dun millón de desprazamentos nesta segunda fase da operación saída, 300.000 deles nas estradas da provincia da Coruña. // Preto de 46.000 persoas están en lista de espera para unha intervención cirúrxica nos hospitais galegos, cun tempo de medio de agarda de 75 días. Son datos publicados polo ministerio de Sanidade que sitúa a Galicia como a terceira comunidade con menor espera. // Axentes de policía de Alemaña e Portugal patrullarán esta Semana Santa, xunto ca Garda Civil, un tramo do camiño francés, dentro do programa Comisarías Europeas. 05-04-23
O paro rexistrado cae en máis de 2.200 persoas en Galicia no mes de marzo, grazas ao aumento de contratacións no sector servizos. As afiliacións á seguridade social aumentan en case 8.000. // A cooperación entre Galicia e o norte de Portugal, galardoada hoxe coa medalla do parlamento galego. Un xeito de celebrar o avance, nos últimos anos, da eurorrxión que congrega máis de seis millóns de habitantes. // Aumentan as protestas pola escaseza de cría de mexillón disponible esta temporada nas zonas autorizadas pola Xunta para a extracción. A Unión Profesional de Autónomos advirte que poderían perderse miles de empregos e pequenos negocios. // Grandes incendios, como o de Baleira, con 1.400 hectáreas queimadas, cada vez máis cedo no calendario. Un fenómeno ante o que os expertos advirten da combinación do cambio climático, xunto a malas practicas forestais,
04-04-23
xornada plenamente anticiclónica, con algunha nube alta, pero con predominio de ceos despexados. Os ventos frouxos de compoñente leste e subida das temperaturas, con mínimas de 6 graos e as máximas roldan e mesmo superan os 20. 04-04-23
O paro rexistrado cae en máis de 2.200 persoas en Galicia no mes de marzo, grazas ao aumento de contratacións no sector servizos. As afiliacións á seguridade social aumentan en case 8.000. // Xa está en marcha a maquinaria electoral con vistas as municipais do próximo 28 de maio. Desde hoxe xa pode solicitarse o voto por correo. // En Lugo, a virxe da Esperanza saiu onte á tardiña acompañada pola Armada de Ferrol na procesión máis concurrida da Semana Santa. 04-04-23
Caída do paro no mes de marzo. O número de desempregados rexistrados en Galicia baixa en 2.245. E un descenso inferior á media do conxunto de España. // A Xunta e Enagás formalizan un pacto enerxético que contempla a construción dun hidroduto entre Guitiriz e Zamora que garantirá, segundo os promotores, a conexión gasística entre Galicia e a meseta. // En Lugo, a virxe da Esperanza saiu onte á tardiña acompañada pola Armada de Ferrol na procesión máis concurrida da Semana Santa. 04-04-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como delegado do goberno en Galicia, o que supón á sua volta á política, logo de sete anos... Besteiro puxo á xustiza como eixo das súas futuras responsabilidades. // Presentada en Vigo a Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil. Conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil. Entre outras novidades, conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // A semana Santa arranca con elevada ocupación nos hoteis e casas rurais e cunhas previsións de aumentar nos próximos días ata rozar o completo. 03-04-23
Xornada de nubes altas e néboas no interior. Co avance do día entrarán nubes medias polo litoral atlántico, mesmo non se descarta algunha chuvia feble pola noite. Vento frouxo e temperaturas sen cambios, con moita oscilación térmica. 03-04-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como delegado do goberno en Galicia, o que supón á sua volta á política, logo de sete anos. // A semana Santa arranca con elevada ocupación nos hoteis e casas rurais e cunhas previsións de aumentar nos próximos días ata rozar o completo. Os principais destinos, a capital, Santiago e cidades como Ferrol ou Viveiro, con procesións declaradas de interese turístico internacional. 03-04-23
A Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil, preséntase hoxe oficialmente en Vigo. Entre outras novidades, conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como novo delegado do Goberno en Galicia. Substitúe no cargo a José Miñones, recén nomeado ministro de Sanidade. // O Celta empata ante o Almería en Balaídos e encadea a sexta xornada puntuando e colocase décimo na clasificación, oito puntos por riba do descenso. O Lugo, que tamén empatou contra a Ponferradina. 03-04-23
Seguemento masivo da folga do transporte colectivo por estrada. Aumenta a afluencia nas estacións de tren, con billetes esgotados en moitas viaxes. // O ambiente para este inicio da Semana Santa xa se fai notar en Santiago. Multitude de turistas que adiantaron a súa chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. // Case 3.000 novos casos de cancro de cólon son detectados cada ano en Galicia. O diagnóstico precoz, a alimentación e o exercicio son as claves para previr a doenza, tal como como destacan os especialistas no día adicado a esta enfermidade. 31-03-23