Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Identificados dos asturianos republicanos que fueron fusilados tras acabar la Guerra Civil en el cementerio de San Breixo en Celanova (Ourense). La historia fue emitida el 25 de abril de 2023 en el informativo territorial Telexornal - Galicia. El equipo de investigación pide que el lugar sea declarado un "espacio de memoria", ya que cumple todos los requisitos que exige la Ley de Memoria Democrática.

Fernando Serrulla, antropólogo forense del Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), ha permitido confirmar lo que ya se sabía: que primero los fusilaron y después los remataron con un tiro de gracia. Uno de los esqueletos pertenece a Marcelino, identificado gracias al ADN de su hija; en el caso de Abelardo, ha sido posible con el de una nieta. Los otros esqueletos exhumados no han podido ser identificados porque no han encontrado a sus familiares, pero se cree que son sus compañeros represaliados.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

Os traballadores do transporte de viaxeiros protestan pola precariedade das condicións laborais do sector e ameazan cunha folga indefinida. No ensino secundario e universitario, folga de alumnos contra o actual modelo de selectividade. // o Consello de Ministros aproba axudas para compensar a agricultores e gandeiros polos efectos da seca e a guerra de Ucraína, mediante unha rebaixa do 25 por cento no IRPF. // Localizada no fondo mariño a machada coa que se sospeita que se cometeu o parricidio de Muros. Atopouna o grupo de actividades subacuáticas da Garda Civil no peirao de Esteiro. // O equipo que investigou a foxa común no cemiterio de Celanova pide que o lugar sexa declarado Espazo da Memoria. Dos sete esqueletes exhumados, conseguiron a identificación positiva de dous milicianos republicanos de Asturias, fusilados alí trala Guerra Civil. 25-04-23

Situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que traen humidade. No interior nubes e claros mentres que no resto predominio de nubes baixas con orballos sobre todo na segunda metade do día. As máximas soben, entre os 21 graos na Coruña e os 25 en Ourense. 25-04-23

Xornada de reivindicacións nas rúas. Os traballadores do transporte de viaxeiros protestan pola precariedade das condicións laborais do sector e ameazan cunha folga indefinida. // A Xunta prevé rebaixar este ano o déficit nunha décima, ó 0,3 por cento, e situar o crecemento económico no 1,7 por cento. // A Universidade de Santiago da a coñecer o resultado de varias investigacións na loita contra o virus. Unha da máis avanzadas, a dun purificador de aire con raios ultravioleta. 25-04-23

Localizada no fondo mariño a machada coa que se sospeita que se cometeu o parricidio de Muros. Atopouna o grupo de actividades subacuáticas da Garda Civil no peirao de Esteiro. // Estudantes de ensino secundario e universitario, en folga contra o actual modelo de selectividade. // Protestas tamén de profesores da educación concertada. Denuncian que as suas condicións están no vagón de cola en comparación co resto de comunidades. // A Universidade de Santiago da a coñecer o resultado de varias investigacións na loita contra o virus. Unha da máis avanzadas, a dun purificador de aire con raios ultravioleta.25-04-23

Equipos de criminalística investigan as circunstancias da morte dun home na casa na que residía co seu fillo na localidade de Esteiro. O mozo, de 19 anos, detido como presunto autor do crime, pasa esta tarde a disposición xudicial en Muros. // Axentes de policía denunciaron hoxe por atentado a autoridade a un cargo do ministerio de Igualdade, tras un incidente no aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago. Din que quixo facer prevalecer o seu posto para evitar a actuación dos efectivos de seguridade. // Rematan as probas para comprobar a fiabiliade do sistema de seguridade ERTMS na liña entre Santiago Ourense. Durante tres días, o tráfico dos trens Avant e Alvia foi suspendido e os viaxeiros desviados por estrada. // O Lugo certifica matematicamente o descenso a Primeira Federación, a falta de cinco partidos, tras perder por cero a dous onte fronte ao Málaga no Anxo Carro. 24-04-23

Xornada de transición antes da chegada das altas presións. Durante a mañá algúns chuvascos que pola tarde van remitindo. Apertura de grandes claros sobre todo polo surleste. As temperaturas mínimas se cambios significativos mentres que as máximas ascenden lixeiramente. 24-04-23

Equipos de criminalística investigan as circunstancias da morte dun home na casa na que residía co seu fillo na localidade de Esteiro. O mozo, de 19 anos, detido como presunto autor do crime, pasa esta tarde a disposición xudicial en Muros. // A cidade deportiva do Celta, en Mos, declarada definitivamente ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. // O Lugo certifica matematicamente o descenso a Primeira Federación, a falta de cinco partidos, tras perder por cero a dous onte fronte ao Málaga no Anxo Carro. 24-04-23

A cidade deportiva do Celta, en Mos, declarada definitivamente ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza considera que non se pode executar o proxecto nuns terreos calificados de solo rustico de especial protección. // A Xunta autoriza a ampliacion da granxa ecoloxica A Casa Grande de Xanceda, no concello coruñés de Mesía. a mais importante de Galicia na producion de produtos con selo ecolóxico. // Rematou a visita do Rei emérito a Galicia, a segunda dende a súa marcha a Abu Dabi. O mal tempo impediu que puidese participar durante a fin de semana na regata de Sanxenxo, na que o Bribón volveu proclamarse líder.24-04-23

Despois dunha mañá de nubes e claros a partir do mediodía o ceo cuberto pola chegada dunha fronte fría. As chuvias remiten á noite. O sábado caerán de xeito intermitente. As temperaturas seguen en descenso. 21-04-23

Suba salarial para todos os traballadores sanitarios galegos. A Mesa sectorial pacta un aumento nos conceptos de gardas e, nocturnidade e no traballo en Festivos. // Segue a estadía do anterior xefe do Estado en Sanxenxo, Hoxe don Xoan Carlos fixo unha nova navegación a bordo do Bribón, esta vez máis breve a causa do tempo. // O Centro de Supercomputación de Galicia está a instalar un computador cuántico que se convertirá, din, no mellor do sur de Europa. // Os beneficios recadados no Festival da Luz, o certame musical que organiza Luz Casal na sua localidade natal de Boimorto, entregados, hoxe, aos seus benefciarios. Son 83.000 euros para as asociacións de enfermos de Alzheimer de Galicia e para a Cruz Vermella de Betanzos. 21-04-23

Novo acordo para mellorar as retribucións dos traballadores sanitarios. A Mesa sectorial pacta un aumento nos conceptos de gardas, nocturnidade e traballo en Festivos, que se extenderá ao resto dos colectivos da sanidade pública. // O observatorio da vivenda reuneuse de urxencia para abordar o proxecto da nova lei estatal. A Consellería busca fixar unha postura común da nova norma cos profesionais do sector. // Asociacións xacobeas de España, Bélxica, Francia e Países Baixos acordan a cración dunha Federación Europea, que empezará a funcionar en outubro. 21-04-23

Un acordo que, ademais dos médicos, se extenderá ao conxunto dos máis de 40.000 traballadores da sanidade pública. // O Centro de Supercomputación de Galicia contará cun computador cuántico que se convertirá no mellor do sur de Europa. Investigadores das tres universidades galegas traballan no proxecto, cun presuposto de 154 millons de euros. // O escritor Edmundo Días Conde volve a Ourense os escenarios onde trancorre "Mamá", a sua última novela. Escrita trala morte da súa nai, a modista Mary Conde Mir, como xeito de pedirlle perdón por non ter coidado dela como debera. 21-04-23

Xoan Carlos I está xa de volta na casa de Pedro Campos logo dun primeiro contacto co mar, en Sanxenxo. Unha visita marcada polo intento de manter a discreción, aínda que minuciosamente seguida polos medios. // Os convocantes da folga de médicos chegan a un acordo coa consellería de Sanidade e poñen fin a mobilización que provocou a suspensión de 1.700 operacións e máis de 30.000 consultas, a cambio de melloras retributivas. // As explotacións ecolóxicas aumentan case un corenta por cento no último ano en Galicia, ainda que polo de agora so cubren un 5 por cento da superficie agraria total. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23

O anticiclón retírase cara ao norte. Durante a mañá, nubes baixas na franxa atlántica e co avance do día, ceos máis despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas máximas baixan, anque seguen en valores moi agradables, entre os 18 graos na Coruña o os 26 en Ourense. 20-04-23

En Sanxenxo segue a espectación que rodea a nova visita de Xoan Carlos I, que hoxe puido ter un primeiro contacto co mar, a bordo do Bribón. // O Consello da Xunta aprobou hoxe reformar a lei de loita contra os lumes forestais para engadir todalas innovacións que se fixeron nos últimos cinco anos. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23

Don Xoan Carlos navega xa no Bribón, en augas da ría de Pontevedra, adestrando para participar na regata desta fin de semana. E o motivo polo que veu ata Sanxenxo. // Remata a folga de médicos en Galicia. A consellería de Sanidade e o sindicato convocante logran un acordo que pon fin ao paro indefinido tras nove días, nos que se suspenderon case 1.700 operacións e preto de 33 mil consultas. // Dúas mulleres de Narón que recuperan o fiado tradicional con pelo de can de palleiro e lá de ovella galega, demostrando as súas múltiples utilidades e aplicacións. 20-04-23

Segunda visita do rei emérito a España. Volve a Galicia, a Sanxenxo, e volve a aloxarse na casa do seu amigo Pedro Campos. A exposición mediática na primeira visita, hai case un ano, molestou á Casa Real. Nesta ocasión agárdase que a estadía sexa máis discreta. // Pechada ao tráfico a ponte de Santa Marta sobre o río Umia á altura de Pontearnelas, en Vilanova de Arousa. O tráfico está a ser desviado pola antiga ponte do século XVI. // Coñecer o deporte adaptado é o obxectivo dunhas xornadas para nenos entre 10 e 12 anos, Organizadas pola entidade inclusiva ENKI. 19-04-23

As altas presións continúan un día máis, traendo consigo estabilidade. Ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais no interior e brétemas costeiras que serán máis mestas ao final do día. As temperaturas máximas ascenden na metade leste, superando os 30 graos en Ourense, e descenden no resto. 19-04-23

O Rei emérito descansa xa en Sanxenxo, logo de chegar preto das dúas da tarde, en avión privado procedente de Londres, ao aeroporto de Peinador. Como sucedera hai once meses volve hospedarse na casa do presidente do club náutico. // Un policía nacional ferrolán, de 48 anos, foi abatido por outros axentes nun intercambio de disparos, nunha gasolineira da provincia de Burgos. // Os científicos que asesoran á Unión Europea piden que aumente ata un 50 por cento a superficie de zonas vetadas á pesca de fondo. // A ledicia desbordante entre os veciños de Montemiau, unha pequena aldea do concello ourensán de Castro Caldelas. O motivo, o nacemento de Noa, o primeiro que se produce dende hai 33 anos nesa localidade da Ribeira Sacra. 19-04-23