Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aviso laranxa por ondas de ata 5 metros no litoral da Coruña e Pontevedra onde tamén se están a rexistrar refachos fortes. En terra de novo día de chubascos, máis intensos e frecuentes sobre todo polo oeste e no sur. Serán máis illados e ocasionais no terzo norte. 14-12-22

Un buque portacontedores permanece retido no porto de Vigo, cun expediente aberto pola vertidura de fuel fronte á Ons. O barco avisou dunha fuga nun tanque de combustible, trala que apareceron animais mortos e restos de chapapote na Illa de Arousa. // O sector do cerco cualifica de catastrófico recorte de capturas establecido no acordo de ministros da Unión Europea para o xurelo. Son uns 150 barcos os máis afectados, que reclaman medidas compensatorias. // O Grupo Inditex marca un novo record no terceiro trimestre con 1.300 millóns de beneficio, e unhas vendas de máis de 8.000 millóns. No que vai de ano as ganancias aumentan 24 por cento. // O Selo Galicia Calidade cumpre 25 anos cunhas 150 empresas acollidas. A Xunta anuncia unha sección especial adicada ás industrias de alimentación. 14-12-22

Chuvias persistentes que poden ser treboentas, máis frecuentes pola tarde e na metade sur. As temperaturas mínimas subiron de xeito importante grazas aos ventos do sur que deixan sentir sobre todo na costa. As temperaturas máximas oscilarán entre os 14 graos prvistos na coruña aos 17 da Coruña. 13-12-2022

A negociacion das cotas de pesca da UE para o ano que vén remata con incrementos importantes para a pescada e a xarda. Porén, de xurelo só se poderá pescar o 4 por cento do autorizado para este ano, o que e visto como un grave perxuízo para a frota de cerco. // Falece unha muller de 57 anos en Ourense ao rexistrarse un incendio na sua casa. A policía investiga as causas do lume que podería deberse ao mal funcionamento dunha manta eléctrica. // As denuncias por violencia machista medran en Galicia un 14% no último ano. e diminúe o número de vítimas que renuncian a declarar no xuizo contra os agresores. // As depuradoras de mariscoven ameazada a sua viabilidade polo aumento das facturas da electricidade, que se teñen cuadruplicado no último ano. Piden poder optar a axudas compensatorias. 13-12-2022

Aumento de capturas de pescada e xarda, e reducción para o xurelo. E o acordo de cotas de pesca da Unión europea, considerado histórico polo goberno español, e ben acollido en xeral polos armadores galegos. // Falece en Ourense unha muller de 57 anos ao rexistrarse un incendio na sua casa. A policía investiga as causas do lume que podería deberse ao mal funcionamento dunha manta eléctrica. // As denuncias por violencia de xénero aumentan un 14 por cento en Galicia no último ano, e diminúe o número de vítimas que renuncian a declarar no xuizo contra os agresores. // As depuradoras de marisco ven amezada a sua viabilidade polo aumento das facturas da electricidade, que se teñen cuadruplicado no último ano. Piden poder optar a axudas compensatorias. 13-12-2022

O paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca deixa moita chuvia, cas catro provincias en alerta amarela por precipitacións xeneralizadas, máis persistentes na metade oeste, e na franxa atlántica poden vir acompañadas de tormenta. 12-12-22

Vóos cancelados no aeroporto de Peinador, con centos de viaxeiros afectados e anegamentos en Vilagarcía e Vilanova. Son Consecuencias da borrasca Efraín, que afecta a toda Galicia e que se deixou sentir sobre todo de noite. //. O bo tempo favoreceu as reservas de última hora durante a ponte festiva de nove días, e cumplíronse as previsións de ocupación. Os datos provisionais apuntan a un 60% de media, con picos de máis do 90% en cidades como Vigo. // O tirón das luces de Vigo e as reservas de última hora permiten ao sector turístico un Balance dos nove días de ponte festiva por riba das espectativas. . // Nova derrota do Lugo de Fran Justo, contra a Ponferradina. En Baloncesto, o Breogán cae ante o Barcelona, mentres o Obradoiro consegue unha vitoria sobre o Bilbao Basket a domicilio. 12-12-22

Os ministros de Pesca da Unión Europea deciden en Bruxelas as cotas de capturas para o ano que ven. España reclama ter en conta os sacrificios da nosa frota nos últimos anos para evitar novos recortes. // Stellantis anuncia unha nova liña marítima, que conectará o porto de Vigo co de Liverpool, para abastecer de pezas a factoría onde se fabricará a versión eléctrica das furgonetas K9. // O tirón das luces de Vigo e as reservas de última hora permiten ao sector turístico un Balance dos nove días de ponte festiva por riba das espectativas.  // Nova derrota do Lugo de Fran Justo, contra a Ponferradina. En Baloncesto, o Breogán cae ante o Barcelona, mentres o Obradoiro consegue unha vitoria sobre o Bilbao Basket a domicilio. 12-12-22

O ano que vén agárdase que estea xa funcionando na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Reganosa, Repsol e Naturgy construirán unha planta de hidróxeno verde en Cerceda, na Coruña, nos terreos da central térmica de Meirama, agora pechada // Unha residencia de maiores de Pontevedra mobilizouse para que aos seus anciáns lles chegue o agarimo de familiares e amigos. Piden que lles escriban mensaxes e cartas // Días intensos tamén nos bancos de alimentos para administrar a comida que chega coas recollidas solidarias, que se multiplican nestas datas. 09/12/2022

O ano que vén agárdase que estea xa funcionando na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Reganosa, Repsol e Naturgy construirán unha planta de hidróxeno verde nos terreos da central térmica de Meirama // Unha residencia de maiores de Pontevedra mobilizouse para que aos seus anciáns lles cheguen mensaxes e cartas // Días intensos nos bancos de alimentos para administrar a comida que chega coas recollidas solidarias, que se multiplican nestas datas 09/12/2022

O sector tecnolóxico galego agarda a chegada a Galicia de novos proxectos internacionais, trala decisión de situar na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Mentres en Vigo os hoteis están practicamente cheos e na Ribeira Sacra a ocupación supera o 80 por cento, en cidades como Santiago non chega ao 30 // Colas nas administracións de lotaría cando comeza a temporada alta das vendas dos décimos para o sorteo do Nadal // A Misión Biolóxica da Galicia pon en marcha unha campaña para promover o cultivo e o uso en gastronomía das sementes autóctonas. 07/12/2022

Claros e máis nubes, sobre todo pola tarde. Os ceos iranse cubrindo primeiro polo sur onde as precipitacións serán máis probables e intensas. Comezarán de noite e estenderanse a metade norte, pero en xeral no resto serán chuvias débiles. As temperaturas continúan con poucos cambios. As máximas oscilan entre os 13 graos previstos en Lugo ou os case 19 que teñen en Boiro. 07/12/2022

O sector tecnolóxico galego agarda a chegada a Galicia de novos proxectos internacionais, trala decisión de situar na Coruña a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial // Mentres en Vigo os hoteis están practicamente cheos e na Ribeira Sacra a ocupación supera o 80 por cento, en cidades como Santiago non chega ao 30 por cento // Colas nas administracións de lotaría cando comeza a temporada alta das vendas dos décimos para o sorteo do Nadal // A Misión Biolóxica da Galicia pon en marcha unha campaña para promover o cultivo e o uso en gastronomía das sementes autóctonas 07-12-2022

Soben as temperaturas. Volveu xear en moitos puntos do interior, pero durante o día os termómetros mesmo chegan aos 17 graos en Pontevedra, algo máis baixos en Lugo e Ourense. Día con intervalos de nubes e con algunhas chuvias débiles e dispersas na metade do sur e na montaña de Lugo e Ourense. 05-12-2022

A Coruña será a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia) // Comeza unha ponte festiva que para os máis afortunados pode ser de ata unha semana. Mentres en Vigo hoteis, restaurantes e comercios están cheos, outras cidades apenas teñen as reservas ao 50 por cento // En Pontevedra, os comerciantes quéixanse polo atraso no acendido da iluminación // Cúmprense 80 anos da publicación da Familia de Pascual Duarte, de Camilo José Cela. A Fundación do Nobel expón en Padrón os manuscritos e outros documentos relacionados coa novela // Comeza na Coruña o Fanzine Fest, o festival que tenta achegar a música electrónica a todos os públicos 05-12-2022

O tempo seguirá seco e solleiro toda a fin de semana, algo máis frío. Mañá de xeadas e néboas persistentes en moitos puntos do interior. No resto ceos despexados e temperaturas que oscilan entre os 9 graos de Lugo e aos redor de 15 da coruña ou Pontevedra. 02-12-2022

Galicia rexistra case mil parados menos ao remate de novembro. O sector servizos é o que máis tira do emprego, seguido da industria. Mentres, aumenta o paro na agricultura e na construción. // O Sergas anuncia un reforzo nos servizos de atención primaria de profesionais con interinidades e contratos de longa duración. Na área de Pontevedra Salnés, a que sofre máis déficit, están a incorporar xa médicos procedentes doutras comunidades. // Multitudinaria mostra de repulsa en Lugo, polo asasinato de Cristina Cabo, organizada pola plataforma feminista á que pertencía a vítima. O acusado do crime está xa en prisión, tras participar na reconstrución dos feitos. // Comeza A Copa do Mundo de salto de obstáculos. Os mellores xinetes e amazonas danse cita na Hipica Casas Novas, en Arteixo. Haberá un total de 93 xinetes de 21 países. 02-12-2022

A ocupación durante a Ponte rondará en Vigo o cheo para ver a súa iluminación de Nadal, mentres noutras cidades como Santiago as reservas non superan o 35%. // Galicia rexistra case mil parados menos ao remate de novembro. O sector servizos é o que máis tira do emprego, seguido da industria. Mentres, aumenta o paro na agricultura e na construcción. // Multitudinaria mostra de repulsa en Lugo, polo asasinato de Cristina Cabo, organizada pola plataforma feminista á que pertencía a vítima. O acusado do crime está xa en prisión, tras participar na reconstrución dos feitos.// A veciña máis lonxeva de Ourense vai ser a protagonista, esta noite, do acendido das luces de Nadal da cidade. Mañá cumprirá 106 anos, cunha alegría e unha vitalidade envexables. Ela atribúe a súa fortaleza ao moito que traballou ata que se xubilou. 02-12-2022

Hallados tres cuerpos en la fosa común del cementerio de San Breixo en Celanova (Ourense). La noticia fue emitida el 1 de diciembre de 2022 en el informativo territorial Telexornal - Galicia. Uno de ellos tenía orificios de bala en el cráneo, por lo que podrían ser los asturianos fusilados tras el fin de la Guerra Civil.

Ese disparo podría ser el de "gracia", como explica Fernando Serrulla, antropólogo forense, que confirma que se trata de un enterramiento clandestino. Los familiares de dos de ellos, Marcelino y Abelardo, están a la espera de saber si son ellos. Los estudiantes del Instituto de Celanova visitaban la excavación para conocer mejor su historia.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

O acusado de asasinar a Cristina Cabo acóllese ao seu dereito a non declarar ao ser posto a disposición xudicial, en Lugo. Previamente recoñeceu ser o autor do crime ante os axentes que o detiveron. // O ex xefe de seguridade da Axencia Ferroviaria europea carga, no xuízo polo accidente do Alvia, contra a xestión levada a cabo polas autoridades españolas. // No día en que se cumpren 20 anos da gran manifestación polo Prestige, a Plataforma Nunca Máis pide ao Goberno que determine cales son os portos refuxio en caso de perigo. // A Unesco analiza, en Rabat, a candidatura do programa escolar Ponte nas Ondas, que difunde a cultura transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal, como modelo de boas práticas do patrimonio inmaterial. 01-12-2022