O prezos volven frear a súa subida en decembro e rematan 2022 algo menos dun seis por cento máis caros que hai un ano // Longas reas para encher o depósito nas gasolineiras // A catedral de Santiago celebra a cerimonia que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil. 30-12-22
Nesta véspera de Fin de Ano, longas reas para encher o depósito nas gasolineiras. O domingo xa non se aplicará o desconto de 20 céntimos por litro a todos // A inflación modérase un punto en decembro // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros. 30-12-22
Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que este ano, xa sen restricións, se agardan multitudinarias. Hoteis e discotecas teñen practicamente todo reservado // Co novo ano entrarán en vigor as novas medidas para reducir a contaminación nas cidades. Pontevedra é a única galega que xa cumpre cos parámetros da Unión Europea // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos e oportunidades desta tecnoloxía para a sociedade // En Galicia hai preto de dous mil centenarios, pero pasar dos 110 anos é unha proeza que hoxe consegue o pintor vigués Luis Torras, o home máis vello de Galicia. 29-12-22
Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que, xa sen restricións, se agardan multitudinarias // Co novo ano entrarán en vigor as novas medidas para reducir a contaminación nas cidades. Pontevedra xa cumpre cos parámetros da Unión Europea // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos desta tecnoloxía // Hoxe está de aniversario o home máis lonxevo de Galicia, o pintor de Vigo Luis Torras. 29-12-22
Toda a costa galega está en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. Tamén hai alerta por chuvias nas provincias atlánticas, porque poden caer ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. Seguimos con chuvascos durante o día e con chuvias máis xeneralizadas de cara á noite. 29-12-22
Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que este ano se agardan multitudinarias. Hoteis e discotecas teñen practicamente todo reservado // O consello da Xunta aproba a declaración de proxecto industrial estratéxico para a futura fábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos e oportunidades desta tecnoloxía para a sociedade // En Galicia hai preto de dous mil centenarios, pero pasar dos 110 anos é unha proeza que hoxe consegue o pintor vigués Luis Torras, o home máis vello de Galicia. 29-12-22
Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o autobús ao río Lérez, na busca de probas para investigar as causas do sinistro // Reaccións ás medidas anunciadas polo Goberno para facer fronte á crise // Especialistas galegos traballan no deseño da medicina do futuro, coa axuda da xenética e a Intelixencia Artificial // Damos un paseo por Camiños Creativos. É o título da exposición que, en Santiago e da man do Xacobeo, nos convida a movernos entre pinturas, fotografías, audiovisuais ou instalacións. Artistas universais e obras nunca antes exhibidas en Galicia. 28-12-22
Chuvias importantes esta mañá na fachada atlántica, sobre todo polo sur. En Baiona caeron case 29 litros por metro cadrado na primeira metade deste día. Chuvias que se entenderán pola tarde ao resto da comunidade. Recuperamos os paraugas nun día no que sopra con forza o vento sobe todo na costa norte e na Mariña, con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en Cedeira e na Pontenova, en Lugo. 28-12-22
Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o autobús ao río Lérez para investigar as causas do sinistro // Reaccións ás medidas anunciadas polo Goberno para facer fronte á crise // A medicina do futuro, coa axuda da xenética e a Intelixencia Artificial // Camiños Creativos, unha exposición que nos convida a movernos entre pinturas, fotografías, audiovisuais ou instalacións. 28-12-22
Avanza a investigación do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade que lle custou a vida a sete persoas. Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o vehículo // O novo paquete de medidas que aprobou o Goberno co fin de facer fronte a inflación mantén algunhas das axudas e inclúe tamén novidades. As principais, en alimentación e en vivenda // O sector pesqueiro saúda que se manteña a rebaixa nos combustibles para os profesionais do mar pero lamentan que non se baixe o IVE do peixe // O Xacobeo reúne en Santiago artistas universais nunha exposición que explora os fértiles camiños creativos e a relación entre arte e desprazamento. 28-12-22
Todo preparado en Cerdedo-Cotobade para retirar do río o autobús caeu ó Lérez en Noiteboa, con 9 persoas a bordo // Retransmisión en directo da retirada do autobús // Recuperar o autobús é fundamental para a investigación. A análise do vehículo pode axudar a coñecer as causas do accidente // Valentín González Formoso mantén a intención de ser candidato á presidencia da Xunta, pero di que desistiría se tamén se posicionase José Ramón Gómez Besteiro, absolto da súa ultima causa xudicial // Con 8.600 empresas, a construción é a terceira actividade que xera máis emprego en Galicia. 27-12-22
Baixada das temperaturas, que se notou sobre todo a primeira hora da mañá. Durante o día, continuamos con nubes e claros e con posibilidade dalgunha chuvia pouco importante no leste. Si volverán con máis forza a partir de mañá pola tarde, cando se agarda que entre unha fronte moi activa 27-12-22
Todo preparado en Cerdedo-Cotobade para retirar do río o autobús caeu ó Lérez en Noiteboa // Recuperar o autobús é fundamental para a investigación das causas do accidente // Valentín González Formoso mantén a intención de ser candidato á presidencia da Xunta, pero di que desistiría se tamén se posicionase José Ramón Gómez Besteiro // Con 8.600 empresas, a construción é a terceira actividade que xera máis emprego en Galicia. 27-12-22
En Cerdedo-Cotobade continúan investigando as causas polas que un autobús caeu ao río Lérez en Noiteboa, con 9 persoas a bordo. Hoxe comezaron os traballos para sacar o vehículo da auga // As causas do accidente non se saberán ata que remate o traballo dun equipo especializado da Garda Civil de Tráfico // A falta de man de obra especializada, o envellecemento do persoal e a alza dos prezos dos materiais son os principais atrancos que ten por diante o sector da construción // Casa dos Xoguetes, un espazo na Coruña que promove a reutilización e o consumo responsable no Nadal. 27-12-22
Á casa por Nadal. Maletas e reencontros para estes días de festa nos que Renfe ofrece 100.000 prazas para viaxar en AVE // Moito movemento hoxe tamén nos mercados e prazas de abastos. É día de compras para as comidas especiais desta fin de semana // Na Coruña e na Fonsagrada os afortunados do 'gordo' da lotaría continúan celebrándoo con discreción mentres van volvendo á rutina // O Pontevedra enfrontarase ao Mallorca na seguinte rolda da Copa do Rei e o Celta xogará contra Español. Será na primeira semana de xaneiro // No comedor de San Francisco, en Pontevedra, desfrutarán esta Noiteboa dun menú do chef Pepe Vieira. 23-12-22
Chuvascos, máis intensos no suroeste da provincia da Coruña, onde está activada a alerta laranxa por intensas precipitacións que poden acadar os 80 litros por metro cadrado en 12 hora. O nivel de aviso é amarelo noutras zonas da comunidade, como as Rías Baixas. Sopra vento forte na costa e baixan lixeiramente as temperaturas mínimas. 23-12-22
Maletas e reencontros para estes días de festa nos que Renfe ofrece 100.000 prazas para viaxar en AVE // Tamén é día de compras para as comidas especiais desta fin de semana // Na Coruña e na Fonsagrada os afortunados do 'gordo' da lotaría van volvendo á rutina // O Pontevedra enfrontarase ao Mallorca na seguinte rolda da Copa do Rei e o Celta xogará contra Español. 23-12-22
Moito movemento hoxe nos mercados e prazas de abastos. É día de compras para as comidas especiais desta fin de semana // Este ano, entre os temporais e a inflación, os prezos puxéronse polas nubes // Hoxe é un día de numerosos desprazamentos en coche e en tren para a xente que ten que viaxar para xuntarse coa familia // Máis de 4.000 xoguetes partiron esta mañá dende A Coruña con destino Ucraína xunto a dous xeradores eléctricos. É unha iniciativa dentro da campaña solidaria do Nadal de Afundación. 23-12-11
O Gordo da Lotería deixa unha choiva de millóns en Galicia. Na Coruña e na Fonsagrada, en Lugo, repartiron en conxunto 360 millóns de euros // Comezan a declarar en Vigo os trece detidos en Galicia na operación antidroga na que se interceptaron máis de tres mil quilos de cocaína // Desconvocada a folga das dependentas de Inditex na Coruña // O Arenteiro recibe esta noite no estadio do Espiñedo, en Carballiño, ao Atlético de Madrid. 22/12/22
O Gordo da Lotería deixa unha choiva de millóns en Galicia. Na Coruña e na Fonsagrada, en Lugo, venderon 45 series repartiron en conxunto 360 millóns de euros // O 05.490 tamén se vendeu noutros puntos da nosa comunidade, pero apenas en décimos soltos // Comezan a declarar en Vigo os trece detidos en Galicia na operación antidroga na que se interceptaron, preto de Tenerife, máis de tres mil quilos de cocaína // Desconvocada a folga das dependentas de Inditex na Coruña, despois de que os sindicatos e a empresa chegaran a un acordo para unha suba salarial. 22/12/22