O asalto ás institucións en Brasil tamén preocupa en Galicia // Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer de Santiago // Os galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez. 09/01/2023
Tempo seco e ceos con máis claros que nubes. Continúa activo o aviso laranxa en todo o litoral por ondas de ata 7 metros. Os ventos sopran frouxos en xeral, con refachos fortes pola noite entre Bares e Fisterra. Baixan as temperaturas, especialmente as mínimas no interior. 09/01/2023
O asalto ás institucións democráticas do Brasil por parte de seguidores do expresidente Bolsonaro tamén preocupa en Galicia // Preocupación tamén aquí pola sucesión de incidentes violentos na noite de Santiago. Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer // Preto da metade dos galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos no último ano // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez, que volta ao equipo da súa cidade, estreándose con goles. 09/01/2023
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia. En Vigo, a comitiva real estivo exposta toda mañá na avenida Castelao // As compras de última hora para os Reis mestúranse coas primeiras das rebaixas. A maioría dos comercios xa están aplicando descontos // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno, un pouco menos que o ano pasado // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira, que precisou da prórroga para apear aos de Pasarón. 05-01-23
Bo día para recibir os Reis. As néboas da mañá en moitos lugares do interior deixaron paso a ceos que alternan nubes e claros. Está máis cuberto no oeste da provincia da Coruña, onde mesmo se pode rexistrar algunha chuvia feble e ocasional. As temperaturas seguen sen cambios importantes e os ventos son frouxos de compoñente sur. 05-01-23
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia // As compras de última hora para os Reis mestúranse coas primeiras das rebaixas // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira. 05-01-22
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia. En Vigo, a comitiva real formada por once carrozas leva exposta toda mañá na avenida Castelao // Estamos nun dos días de máis actividade nas tendas e comercios. Moitos aplican xa descontos importantes sen agardar ás rebaixas // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno, un pouco menos que o ano pasado // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira, que precisou da prórroga para apear aos de Pasarón. 05-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro... O alcalde anunciara a súa intención de apagalas este domingo, pero a petición unánime do comercio e a hostalería levou ao rexedor a dar marcha atrás // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // O máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón de reis, aínda que agora ten un forte competidor: o panetone // Os Reis Magos xa están por aquí, traballando arreo para recibir as últimas peticións dos nenos, para deixarse ver nas cabalgatas de mañá e para repartir agasallos coa súa maxia. 04-01-23
Unha fronte feble e pouco activa podería deixar algunhas choivas nas costas da Coruña e Pontevedra. Os ventos sopran do sur e soben as temperaturas, sobre todo as mínimas, que oscilan entre os 5 graos de Lugo e os 10 da Coruña e Pontevedra. As máximas roldarán os 14 ou15 graos en toda a comunidade 04-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro, unha semana máis // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // O máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón de reis, aínda que agora ten como competidor o panetone // Os Reis Magos xa están por aquí, traballando arreo para recibir as últimas peticións dos nenos. 04-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro... O alcalde anunciara a súa intención de apagalas este domingo, pero a petición unánime do comercio e a hostalería levou ao rexedor a dar marcha atrás // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // Achégase o día de Reis e o máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón, aínda que agora ten un forte competidor: o panetone // O Celta quedou eliminado da Copa do Rei polo Espanyol nun partido que se decidiu na segunda parte dunha tensa prórroga. 04-01-23
Galicia pechou o 2022 con 10.000 parados menos // En apenas un mes pasamos de estar en prealerta por seca, a ter que abrir as comportas dos encoros. O de Belesar Lugo dobrou a cantidade de auga encorada // As vendas de coches en Galicia caeron en Galicia un dez por cento durante o ano pasado // O Laboratorio de Consumo de Galicia é o único de España que avalía a seguridade dos xoguetes. 03-01-22
Ceos parcialmente cubertos, con máis nubes canto máis ao oeste e con algunha chuvia miúda na zona costeira da provincia da Coruña. Houbo néboas a primeira hora nos vales do interior. As temperaturas máximas mantéñense coma onte e os ventos serán frouxos do sur, con intervalos fortes no litoral entre Bares e Fisterra. 03-01-22
Galicia pechou o 2022 con 10.000 parados menos. Supón unha baixada dun 6,7 por cento, un pouco por debaixo da media nacional // En apenas un mes pasamos de estar en prealerta por seca, a ter que abrir as comportas dos encoros. O maior de Galicia, o de Belesar, en Lugo dobrou a cantidade de auga encorada // As vendas de coches en Galicia caeron en Galicia un dez por cento durante o ano pasado, o dobre que a media do conxunto de estado // O Laboratorio de Consumo de Galicia é o único de España que avalía a seguridade dos xoguetes. Aquí comproban que non teñan elementos perigosos.. 03-01-23
Nos supermercados, hoxe xa non se paga IVE nos alimentos de primeira necesidade coma o leite, o pan, os ovos ou as froitas e verduras // Tras unha fin de semana de intensas choivas, os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que hoxe algúns continúan rebordados en moitos puntos // Unha investigación sobre as mulleres que emigraron e sobre o papel que tiveron que asumir as que quedaron na terra, centra o ensaio 'El vuelo Corto', da escritora Ofelia Rey, que acaba de ser distinguido co Premio Nacional de Historia // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23
Ceos con alternancia de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables no oeste da comunidade. Os ventos sopran frouxos do sur, e baixan as temperaturas, con mínimas que van dos tres graos de Lugo aos 8 da Coruña e Pontevedra, e máximas que non pasarán dos 14 graos, que vai marcar Vigo. 02-11-23
Nos supermercados, hoxe xa non se paga IVE nos alimentos de primeira necesidade // Tras unha fin de semana de intensas choivas, os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que algúns continúan rebordados // Unha investigación sobre as mulleres na emigración centra o ensaio 'El vuelo Corto', da Ofelia Rey // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23
Os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que hoxe continúa rebordados en moitos puntos, tras unha fin de semana de intensas choivas // Imos aos mercados, onde hoxe debería notarse que xa non se paga o IVE nos alimentos de primeira necesidade. E noutros, como as pastas ou o aceite redúcese do 10 ao 5 por cento // Os condutores que circulan pola AP-9 ou a AP-53 están pagando un 4 por cento máis que o ano pasado // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23
Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. A partir desta tarde o mal tempo irase espallando por toda Galicia e tinguirá de amarelo e laranxa o mapa dos avisos. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros. 30-12-22
O prezos volven frear a súa subida en decembro e rematan 2022 algo menos dun seis por cento máis caros que hai un ano. É a inflación máis baixa de todo o ano // Nesta véspera de Fin de Ano, longas reas para encher o depósito nas gasolineiras. O domingo xa non se aplicará o desconto de 20 céntimos por litro a todos // A catedral de Santiago celebra a cerimonia que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo desde Palestina a Compostela, na véspera do remate dun excepcional dobre Ano Xacobeo // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil. 30-12-22