Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento, e que chega ata o nove por cento en tramos de maior afluencia como o de Vigo-Redondela| No concello de Oroso cerca de Santiago, emotivo acto de adeus a Nicolás Sánchez, o mozo de 18 anos falecido ao ser atropelado por un autobús, á saída dunha festa de celebración de fin de ano. Ao parecer, o condutor manobraba marcha atrás sen chegar o a percatarse do accidente. A garda Civil lembra da necesidade de precaución ante os vehículos pesados | O sector marisqueiro pecha 2024 como ano coa menor facturación dende que hai rexistos. As profesionais atribúen a elevada mortandade de bivalvos debida ás riadas, o descenso da salinidade e ao aumento da temperatura da auga. A Ría de Pontevedra é a máis afectada e din que levará anos recuperar a normalidade | O 2025 que comenza foi declarado pola Xunta Ano Castelao, para conmemorar o 75 aniversario da morte, en Bos Aires, do escritor, artista e político rianxeiro. Unha figura irrepetible na nosa historia que será lembrada en exposicións e actividades. Os seus restos permanecen no Panteón de Galegos Ilustres e a maior parte do seu legado é custodiado no Museo de Pontevedra
Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento, e que chega ata o nove por cento en tramos de maior afluencia como o de Vigo-Redondela | Día de loito oficial no concello de Oroso. Un rapaz de 18 anos, veciño dese concello, morreu atropelado por un autobús que estaría dando marcha atrás. O suceso ocorreu onte en Touro sobre as 7 e media da mañá cando o mozo volvía de festa á súa casa | Mauro Estévez Álvarez, o primeiro galego do ano 2025, que é ademais pontevedrés. Estaba previsto que viñese ao mundo o día de Reis, pero non quixo esperar e adiantouse ás doce e dazasete minutos do día 1. Naceu no Hospital Provincial de Pontevedra e pesou tres kilos seiscentos
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas, cada ano con máis ambiente | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | Hoxe haberá xente que pase a entrada no novo ano nunha casa de turismo rural
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas, cada ano con máis ambiente | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta desde a biblioteca da Universidade de Santiago a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata. Desde traxedias, a éxitos. Historias de solidariedade e preocupacións sociais, das que seguiremos informando no ano novo
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata
Seguimos con predominio das altas presións e con aire frío en altura, que pode traer certa inestabilidade. Hoxe temos ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no oeste da provincia da Coruña que mesmo poderían deixar algún chuvasco illado. O vento sopra frouxo de compoñente sur. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso mentres que as máximas non cambian significativamente. As mínimas van dos cero graos que se agardan en Ourense ata os sete da Coruña. As máximas poden chegar aos 15 graos en Vigo e aos 16 en Pontevedra
Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento, catro décimas máis que en novembro e no nivel máis alto desde xullo | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan unhas datas tan vencelladas ao consumo de alcol | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela. Na ofrenda lembrouse os afectados polas riadas de Valencia e polas guerras de Ucraína e Oriente Medio
Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro. Hoxe quedou aberto ao tráfico o novo viaduto en dirección á Coruña | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento. A repunta débese ao encarecemento do lecer e a cultura e, sobre todo, á suba dos carburantes | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan unhas datas tan vencelladas ao consumo de alcol. No Nadal de 2023, os hospitais galegos atenderon 362 intoxicacións etílicas | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela. Na ofrenda lembrouse os afectados polas riadas de Valencia e polas guerras de Ucraína e Oriente Medio. O arcebispo considerou inaceptable a utilización dos migrantes como arma política
Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento, catro décimas máis que en novembro e no nivel máis alto desde xullo | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan estas datas | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela
Galicia continúa hoxe baixo influencia anticiclónica. A primeira hora tivemos néboas persistentes, sobre todo no interior, que foron dando paso a ceos despexados. Tempo seco e non demasiado frío. As mínimas en Lugo e Ourense foron esta mañá de tres graos e as máximas acadarán valores bastante altos: 15 graos na Coruña e Vigo, 16 en Pontevedra e Santiago, 17 en Ferrol. A tónica manterase durante a fin de semana, cando aumentarán as nubes, pero sen apenas chuvias, se cadra algunha precipitación feble no litoral oeste. Si baixarán un chisco as temperaturas
Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega | Reducir os trámites e os tempos de espera no recoñecemento da dependencia. É o obxectivo do plan que porá en marcha a Xuta a partir do primeiro de xaneiro cunha dotación de 90 millóns de euros
Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano. Hai unha hora comezou o dispositivo especial de Tráfico | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado. Advirten do perigo que supón | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega. Impúxose na votación sobre outras como 'meu', 'fala' ou, quizais a máis mediática deste ano, 'dina' | Reducir os trámites e os tempos de espera no recoñecemento da dependencia. É o obxectivo do plan que porá en marcha a Xuta a partir do primeiro de xaneiro cunha dotación de 90 millóns de euros. A intención é resolver todas as solicitudes nun prazo de seis meses
Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega | O último consello da Xunta de 2024 aprobou a declaración do ano que vén como Ano Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu pasamento
O anticiclón veu polo Nadal e promete acompañarnos ata final de ano. Así con este prognóstico, o máis destacado son as néboas matinais, persistentes en puntos da provincia de Lugo e as temperaturas que poden baixar algo polo oeste, co que os valores poderían quedar lixeiramente por baixo dos 20 graos aos que chegaron os termómetros nalgúns puntos das Rías Baixas o día de Nadal. Hoxe as máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 18 que agardan en Pontevedra
Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel | 270 persoas maiores de 60 anos, que viven soas, xúntanse estes días para pasar o Nadal en dúas residencias de tempo libre da Xunta | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis
Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel, que tampouco é infalible. Unhas veces é o talle e outras, directamente, que non nos gusta o que trouxo | 270 persoas maiores de 60 anos, que viven soas, xúntanse estes días para pasar o Nadal en dúas residencias de tempo libre da Xunta. Actividades e compañía nun programa, Xuntos polo Nadal, que se celebra desde hai máis de 20 anos | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos. Nun colexio do concello de Oroso puxeron en marcha un programa para axudar a conciliar | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis. O Celta escolleu o día de Nadal para anunciar que amplía o contrato co xogador de Moaña ata xuño de 2026
Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos. Nun colexio do concello de Oroso puxeron en marcha un programa para axudar a conciliar | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis. O Celta escolleu o día de Nadal para anunciar que amplía o contrato co xogador de Moaña ata xuño de 2026
O día de Noiteboa amenceu con máis frío e con néboas polo interior pero en xeral os ceos foron quedando despexados e con temperaturas algo máis altas ca onte. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo aos 18 que se agardan en polas Rías Baixas. Tempo practicamente idéntico ao que agardamos para o día de Nadal
Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais do ano. O marisco e os peixes lideran os prezos | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos ata que toque marchar á casa para cumprir coa tradición familiar | Día de reencontros. Momentos especiais para as persoas que viven fóra e regresan ao fogar nestas datas festivas. Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos uns dos beléns de máis sona de Galicia, o que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense
Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos | Día de reencontros. Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos uns dos beléns de máis sona de Galicia, o que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense