Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Toda Galicia, en alerta por unha nova borrasca. Eowyn farase notar sobre todo pola tarde pero barre xa a comunidade | O mosaico romano de Panxón, xa está de volta. Unha xoia arqueolóxica do século terceiro, que estivo durante case 20 anos en paradoiro descoñecido, recuperada agora polo concello de Nigrán | Arranca, dende Galicia, unha investigación para mellorar o cribado do cancro de mama. Trátase, segundo explicaron os responsables sanitarios, de basealo non só na idade senon do risco de cada muller | Campaña dos produtores de leite galegos para acabar coa discriminación que din sufrir por parte das industria resecto aos das outras comunidades | | Máis de 1.000 persoas relacionadas ca sétima arte participarán mañá en Pontevedra na duodécima edición dos premios Feroz. A presentación da Gala, que será retransmitida por RTVE, correrá a cargo de La Dani

O mosaico romano de Panxón, xa está de volta. Unha xoia arqueolóxica do século terceiro despois de Cristo, que estivo durante case 20 anos en paradoiro descoñecido, ata que apareceu nunha galería en Estados Unidos. Agora, o concello de NIgrán conseguíu recuperala, e lucirá no salón de plenos | Arranca, dende Galicia, unha investigación para mellorar o cribado do cancro de mama. Trátase, segundo explicaron os responsables sanitarios, de basealo non só na idade senon do risco de cada muller. O novo modelo terá en conta información xenética e outros factores que permitirá facer un seguemento máis intensivo | Campaña dos produtores de leite galegos para acabar coa discriminación que din sufrir por parte das industria resecto aos das outras comunidades. Aseguran que reciben catro céntimos menos Galicia produce mási do 40% do leite de España e conta con máis de cinco mil explotacións | Máis de 1.000 persoas relacionadas ca sétima arte participarán mañá en Pontevedra na duodécima edición dos premios Feroz. A presentación da Gala, que será retransmitida por RTVE, correrá a cargo de La Dani, que nos adianta algunhas pistas. Será una cerimonia reivindicativa e en clave de humor

Toda Galicia, en alerta por unha nova borrasca. Eowyn farase notar sobre todo pola tarde pero barre xa a comunidade con ventos que superaron os 138 km por hora en Burela este mediodía | Unha muller faleceu no incendio da súa vivenda no lugar de Malladoura, no concello do Porriño. O lume orixinouse de madrugada ao arder un sofá e unha butaca eléctrica. Un home que estaba tamén no interior, foi trasladado ao hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de fume | Os gandeiros galegos comezan unha campaña contra discriminación no prezo do leite. Aseguran que polo feito de producir en Galicia cobraron o ano pasado catro centimos menos por litro que no resto das comunidades | Mañá e a entrega dos Premios Feroz, un evento ao que acudirán máis de 1000 persoas relacionadas ca sétima arte. Nós tivemos a oportunidade de falar coa persoa encargada de presentar a Gala

A nosa comunidade queda transitoriamente baixo a influencia do anticiclón co que agardamos tempo seco para hoxe e ata o venres a última hora cando entrará unha nova fronte de chuvias. No mar hai alerta amarela na costa coruñesa por ondas de ata cinco metros con refachos de vento fortes á noite entre Fisterra e Estaca de Bares

Punto final aos billetes para viaxar de balde, ao quedar rexeitado no Congreso o chamado Decreto Ómnibus. A Xunta manterá as suas bonificacións | Galicia, Refuxio Climático natural, é a nova marca da oferta turística para atraer visitantes á nosa comunidade. Foi presentada na segunda xornada de Fitur | Mergulladores da Garda Civil inspeccionan o somerxible atopado na Costa da Morte, en busca de indicios de que fora empregado para o narcotráfico | En liberdade con medidas cautelares o profesor de música do Valadouro detido por presuntas agresión sexuais a dúas alumnas | Acelerar o acceso ás probas de biopsia líquida para tódolos pacientes que as precisen, igual que xa se fai en outros países. É o que reclaman os profesionais que se reunen en Santiago nun simposio internacional

Punto final aos billetes para viaxar de balde. As axudas do goberno central ao transporte público decaen ao quedar rexeitado no Congreso dos Deputados o chamado Decreto Ómnibus, que as incluía. Os bonos xa adquiridos poderanse seguir utilizando ata que remate a sua vixencia. A Xunta manterá as suas bonificacións | Galicia, Refuxio Climático natural, é a nova marca da oferta turística para atraer visitantes á nosa comunidade. Foi presentada na segunda xornada de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid, e na que tamén houbo protagonismo para Vigo, a cargo do seu alcalde | Mergulladores da Garda Civil inspeccionan o somerxible atopado na Costa da Morte, en busca de indicios de que fora empregado para o narcotráfico. En Vigo, zarpa con destino a Rusia o buque que fora interceptado por axentes en alta mar, despois de ser rexistrado sen atopar rastro de droga a bordo | Acelerar o acceso ás probas de biopsia líquida para tódolos pacientes que as precisen, igual que xa se fai en outros países. É o que reclaman os profesionais que se reunen en Santiago nun simposio internacional. A técnica, pouco invasiva, permite elexir mellor tratamentos personalizados en cancros avanzados

Punto final á gratuidade nas viaxes, ao quedar rexeitado no Congreso dos Deputados o chamado Decreto Ómnibus, que incluía a prolongación das axudas do goberno central a transporte público. Os bonos xa adquiridos poderanse seguir utilizando ata que remate a sua vixencia | En Ferreira do Valadouro, queda en liberdade con medidas cautelares o profesor de música detido por presuntas agresión sexuais a dúas alumnas | O somerxible, localizado na Costa da Morte segue pendente de autorización para levalo ao porto de Camariñas. O portacontedores rexistrado no porto de Vigo en busca de droga zarpará nas próximas horas ao non atopar ningún alixo |

A Garda Civil Investiga a aparición do que se sospeita é un 'narcosubmarino' en Camariñas. A embarcación foi atopada esta mañá por un pesqueiro que faenaba na zona | A oferta turística de Galicia, presente en Fitur, a Feira Internacional que hoxe abriu as súas portas en Madrid | Lucas Pérez, ídolo do deportivismo, despídese do club | Achegámonos á historia do anime e a cultura xaponesa e máis destacados creadores da animación na cultura nipoa

A Garda Civil Investiga a aparición do que se sospeita é un 'narcosubmarino' en Camariñas. A embarcación, duns 15 metros de eslora, foi atopada esta mañá por un pesqueiro que faenaba na zona | A oferta turística de Galicia, presente en Fitur, a Feira Internacional que hoxe abriu as súas portas en Madrid. A Ribeira Sacra, o Entroido ou o Camiño de Santiago, son, de novo, os atractivos máis destacados | Lucas Pérez, ídolo do deportivismo, despídese do club. Motivos persoais lévanlle a dicir adeus ao equipo ao que volveu, descendendo dúas categorías, para axudalo a regresar a Segunda | Achegámonos á historia do anime e a cultura xaponesa. Unha exposición mostra en Santiago 28 pinturas de Tadahiko Horiguchi, un dos primeiros e máis destacados creadores da animación na cultura nipoa

A Garda Civil Investiga a aparición do que se sospeita é un 'narcosubmarino' en Camariñas. A embarcación foi atopada esta mañá por un pesqueiro que faenaba na zona | A oferta turística de Galicia, presente en Fitur, a Feira Internacional que hoxe abriu as súas portas en Madrid | Lucas Pérez, ídolo do deportivismo, despídese do club. Motivos persoais lévanlle a dicir adeus ao equipo ao que volveu, descendendo dúas categorías, para axudalo a regresar a Segunda | Achegámonos á historia do anime e a cultura xaponesa. Unha exposición mostra en Santiago 28 pinturas de Tadahiko Horiguchi

Seguimos con ceos cubertos e con chuvias e chuvascos que serán máis probables polo sur e oeste. Trebóns que se irán intensificando nas últimas horas do día. Seguen a subir as temperaturas cos ventos do sur. As máis altas estarán na franxa atlántica onde os termómetros poden chegar aos 18 graos, polo interior poden acadar os 15 coma en Lugo

Os talleres mecánicos, baixo mínimos por falta de persoal. É a voz de alarma dos responsables dos establecementos, con tempos de espera que superan o mes para reparacións | Campaña da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións do transporte escolar. Os axentes comproban se os autobuses contan coa documentación en regra e cumpren coa normativa en materia de seguridade | Acordo entre a multinación Alcoa, compañía enerxética Ignis e as administracións central e autonómica para asegurar o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao | A fundación Once promoverá cinco mil contratos de traballo para persoas con discapacidade | Hoteis ao completo esta fin de semana en Pontevedra pola gala dos premios Feroz, que entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos

Os talleres mecánicos, baixo mínimos por falta de persoal. É a voz de alarma dos responsables dos establecementos, con tempos de espera que superan o mes para reparacións e que van en aumento. O sector, sen apenas remuda xeracional, conta actualmente cuns 20.000 profesionais, para un parque de máis de 2 millóns de vehículos, que figura entre os máis envellecidos de Europa | Campaña da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións do transporte escolar. Os axentes comproban se os autobuses contan coa documentación en regra e cumpren coa normativa en materia de seguridade. Tamén ca obriga de que os menores vaian acompañados de persoas cualificadas, logo de que na campaña anterior foran detectadas irregularidades en case a mitade dos vehículos inspeccionados | Acordo entre a multinación Alcoa, compañía enerxética Ignis e as administracións central e autonómica para asegurar o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao. Mostran interese en colaborar cos traballadores para reactivar as instalacións, e o Ministerio e a Xunta axilizarán os proxectos para baixar os custos da enerxía da planta | Hoteis reservados ao completo esta fin de semana en Pontevedra. E a espectación provocada pola gala dos premios Feroz, que entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos. A cidade leva acollendo xa eventos relacionados co mundo da séptima arte. A ceremonia de entrega, que se celebra por primeira vez en Galicia, poderá ser vista a noite do sábado través de La 2 de TVE

Tempos de espera de varias semanas, moito traballo e sobre todo estrés, tanto para os profesionais como para os clientes. Mecánicos e chapistas están nunha situación crítica na nosa comunidade e non vén esperanza, debido á falta de novos empregados | A Garda Civil de Tráfico dedica esta semana a vixiar que os traxectos aos colexios en autobús se fagan de xeito seguro. Controlan as condicións técnicas dos vehículos, se levan a documentación en regra e se van con acompañantes | A fundación Once promoverá cinco mil contratos de traballo para persoas con discapacidade. A través do programa Inserta coa cofinanciación da Unión Europea, formarán tamén a cerca de 14 mil persoas |

A semana comeza con notable ascenso das temperaturas polo vento do sur e a previsión da chegada dunha nova fronte á noite. Entrará pola costa atlántica onde as precipitacións poden ser máis intensas. As temperaturas subiron. As máximas tamén serán máis altas. Oscilarán entre os 12 graos previstos en Ourense e os 16 de Vigo

Sete concellos do Salnés, declarados zonas de especial risco por gripe aviar. As galiñas terán que estar encerradas ou protexidas con sistemas que impidan o contacto con aves silvestres | Crise dos socialistas no concello de Santiago, trala suspensión de militancia do portavoz municipal por motivos disciplinarios. Gonzalo Muiños di que a sanción só busca que o lider local do partido logre unha acta de concelleiro | Cristóbal Parralo, destituido como adestrador do Racing de Ferrol, tral 6 a 0 encaixado na visita a Santander | A Xunta acorda comezar a tramitación do novo Plan eólico Galicia, que suporá, que as empresas beneficiarias terán que presentar unha rebaixa do prezo da luz | As redes sociais enchense hoxe de mensaxes relacionados co "Blue Monday", un termo que fai referencia ao luns mais triste do ano

Prohibido, dende hoxe, ter aves de curral ao aire libre nos sete concellos declarados zona especial de risco por gripe aviar, na comarca do Salnés. As galiñas terán que estar encerradas ou protexidas para impedir o contacto con aves silvestres. , tampouco se pode dar auga de depósitos aos que podan ter teñan acceso. Unha medida adoptada polo Ministerio de Agricultura para frear a propagación do virus, que de momento non se teme que poida afectar a humanos | Ruptura total no grupo municipal socialista en Santiago. Catro do seis concelleiros apoian ao portavoz, Gonzalo Muíños, ao que a dirección do Partido suspendeu de militancia e pediu que abandonase o cargo por indisciplina reiterada. A sanción é consecuencia da votación dos concelleiros do grupo a favor da ordenanza regulatoria dos pisos turísticos | Cristóbal Parralo, destituido como adestrador do Racing de Ferrol, trala goleada encaixada onte na visita a Santander. Un 6-0 incontestable, que deixa moi tocados aos ferroláns. Ata o nomeamento do sucesor de Parralo, asume a dirección do equipo o que era seu segundo, Javier Manjarín | A idea partíu dunha empresa de viaxes inglesa hai xa 20 anos: declarar o terceiro luns de xaneiro como día máis triste do ano. Os expertos aclaran que se trata dunha etiqueta con fins comerciais que non ten evidencia científica, a pesar da influencia no estado de ánimo de factores como a volta a rutina despois do Nadal e a costa de xaneiro

Prohibido, a partir de hoxe, ter aves de curral ao aire libre nos sete concellos declarados zona especial de risco por gripe aviar, na comarca do Salnés. As galiñas terán que estar encerradas ou protexidas para impedir o contacto con aves silvestres. Unha medida adoptada polo Ministerio de Agricultura para frear a propagación do virus, que de momento non se teme que poida afectar a humanos | A Xunta acordou comezar a tramitación do novo Plan eólico Galicia, que suporá, que as empresas beneficiarias terán que presentar unha rebaixa do prezo da luz | O Rácing de Ferrol anuncia a destitución de Cristóbal Parralo como adestrador. O cese chega trala goleada encaixada onte na visita ao Racing de Santander

O anticiclón segue sobre Galicia, impedindo a chegada de frontes. Así que hoxe aínda temos ceos despexados, con xeadas e néboas no interior pola mañá, e vento frouxo do sur. Mañá irase debilitando a influencia anticiclónica e xa o domingo volven as nubes e a chuvia. Dará paso a unha semana máis cálida e húmida ca esta, baixo dominio das borrascas atlánticas

Aumentan os casos de gripe, con 150 ingresos hospitalarios na última semana, case un 30 por cento máis, e duplícanse as consultas médicas. As persoas entre 20 e 59 anos son as que máis acoden. A consellería de Sanidade considera que a intensidade segue a ser baixa e recomenda o emprego de máscara a pacientes con síntomas e grupos de risco | Reaccións á multitudinaria manifestación en Vigo, na que particiaron máis de 60.000 persoas, segundo os convocantes, en defensa da sanidade pública. Os socialistas e o BNG apoian a mobilización para reclamar unha mellora da atención na comarca. O conselleiro de Sanidade, pola súa parte, asegura que o investimento previsto para este ano nesa área sanitaria é de mil millóns de euros | Con polémicas decisións arbitrais incluídas, o Celta queda fóra, tamén, da Copa do Rei. No encontro co Real Madrid, o equipo vigués foi quen de remontar un 2 a 0 e forzar a prórroga. Os brancos remataron anotando tres goles nos últimos 15 minutos | En Castro Caldelas, na Ribeira Sacra ourensá, apuran os preparativos para a Festa dos Fachós, unha das poucas celebracións de Galicia nas que se rende culto ao lume. Dende hai séculos, cada dezanove de xaneiro, no lusco e fusco, os veciños saen en procesión polo casco histórico portando fachós en homenaxe a San Sebastián, o seu patrón