Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha fronte moi activa barre Galicia con ventos que xa superaron os 122 quilómetros por hora na Costa da Morte. Todo o litoral atlántico está en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 6 metros. As chuvias poden ser localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra, máis intermitentes pola tarde. Temperaturas en descenso

O tempo é o protagonista da xornada pola chegada dun novo temporal costeiro. Volven as alertas: está activado o aviso amarelo no litoral de Lugo e o laranxa nos litorais das provincias de Pontevedra e da Coruña | O descenso no uso da lingua centra o debate político, ante a convocatoria, este domingo da manifestación promovida por Queremos Galego. Os grupos da oposición reclaman medidas de fomento, sobre todo entre os mási novos, mentres a Xunta destaca que a competencia linguistica está acreditada | Protesta de Mariscadores das rías de Arousa e Noia ante a valedora do Pobo pola mortandade masiva de bivalvos. Piden unha regulación para evitar os episodios de avalancha de auga doce procedentes dos encoros, coicidindo coas intensas chuvias | Técnicas de abono de precisión, robots muxidores ou exoesqueletos para mellorar a saude laboral. Son novidades do sector agropecuario que se amosan na Feira de maquinaria en Silleda, unha aposta pola sostibilidade a mellora xenética e a innovación | Esta noite o Celta enfróntase ao Osasuna en Balaídos. Día importante para o equipo que hoxe despide a bancada de Gol, antes do seu derrubamento. Era a única parte do estadio que quedaba sen remodelar. O Celta é equipo de Primeira que máis aumentou a súa asistencia ao campo. En parte, grazas a aposta que están facendo pola música

A chegada dun novo temporal costeiro fai que a Xunta suspenda todas as actividades deportivas federadas previstas hoxe. Tamén advirte a concellos e Servizos de protección civil da necesidade de extremar as medidas de precaución | Os grupos da oposición fan un chamamento a participar na mobilización este domingo, en Santiago, convocada pola plataforma Queremos Galego, coicidindo co Día de Rosalía. Ante a perda de falantes, piden medidas para fomentar o uso do galego na vida cotiá, sobre todo entre os máis novos | O Celta enfrontase en Balaídos ao Osasuna. E o club de Primeira co maior aumento de asistencia de espectadores, case un 30% mais que a temporada pasada. Entre os motivos, a aposta pola música galega, que cada vez se vive mais en Balaidos e xera un sentimento de pertenza

No tempo, o máis destacado será o vento do sur que irá aumentando en intensidade conforme se achega unha fronte que se deixará sentir a partir desta madrugada con refachos moi fortes no noroeste da Coruña. De momento, durante o día agardamos chuvias febles e temperaturas algo máis baixas. Mañá volven as alertas meteorolóxicas por chuvia, vento e fenómenos costeiros.

Visita de Filipe VI ao estaleiro de Navantia e o Arsenal Militar de Ferrol. Fíxoo acompañado da ministra de Defensa Margarita Robles | O Presidente da Xunta, designado en Bruxelas como un dos vicepresidentes do Comité das Rexións. Tamén pedíu a responsable de Transición enerxética, Teresa Ribera, respaldo económico para proxectos industriais como o de Altri | A duración media das baixas por incapacidade temporal ascende en Galicia a 74 días, 22 máis que a media do conxunto de España, segundo un informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo | Polémica en Ourense pola non celebración, por primeira vez en 45 anos, do xoves de compadres, unha actividade escolar que servía de comezo para o Entroido na cidade

Visita de Filipe VI ao estaleiro de Navantia e o Arsenal Militar de Ferrol. Fíxoo acompañado da ministra de Defensa Margarita Robles. O monarca interesouse polas fragatas F-110, de alta tecnoloxía, e o proxecto de abrir a cidade ao mar, que inclúe a demolición da muralla do Arsenal | Intensa xornada do Presidente da Xunta en Bruxelas. Alí foi designado como un dos vicepresidentes do Comité das Rexións e mantivo encontros coa comisaria de Pesca e coa responsable de Transición enerxética, a española Teresa Ribera. Pedíulle respaldo económico para proxectos industriais como o de Altri en caso de obter informes favorables de impacto medioambiental | A duración media das baixas por incapacidade temporal ascende en Galicia a 74 días, 22 máis que a media do conxunto de España, segundo un informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo. Estima o custe do absentismo laboral na nosa comunidade en 850 millóns de euros ao ano para a Seguridade Social e 782 millóns para as empresas | Polémica en Ourense pola non celebración, por primeira vez en 45 anos, do xoves de compadres, unha actividade escolar que servía de comezo para o Entroido na cidade. Tralas protestas de numerosos colectivos, o Concello decidíu recuperala conxuntamente co xoves de comadres, dentro dunha semana

O Rei Filipe VI visita en Ferrol o arsenal e o estaleiro de Navantia. O motivo, coñecer de preto algúns proxectos de transformación da cidade e, sobre todo, ver como discurre a construcción das fragatas F110, buques de última tecnoloxía | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi elixido hoxe en Bruxelas como un dos vicepresidentes do Comité Europeo das Rexións da Unión Europea. | En Ourense, hoxe non se celebraba o xoves de compadres escolar por primeira vez en 45 anos, a actividade coa que daba comezo o entroido no centro da cidade. O concello decidiu suprimila, pero trala presión social, vai celebralo dentro dunha semana xunto co xoves de comadres

Os ventos de compoñente sur traen moita humidade o que deixa algúns orballos durante a mañá. Seguimos con ceos grises e coas temperaturas en valores moi suaves. As máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Santiago e os 20 que agardan en Ourense

Veciños do barrio de Santa Marta denuncian un punto de venda de droga que está a causar problemas de seguridade como roubos ou agresións | Pedro Sánchez refírese, no Congreso, a casa de Moaña, propiedade da parella de Núñez Feijoó, que reclama o dereito a manter acceso directo á praia | Os catro concelleiros de Santiago expulsados do Partido Socialista manteñen o pulso coa dirección e consideran que siguen a ser membros do grupo municipal | O número de nacementos volveu descender en Galicia en 2024, e quedou por debaixo dos 13.400, mentres que os falecementos ascenderon a 32.700 | Instalan gaiolas para atrapar a manda de cans asilvestrados que causan estragos no gando nunha zona entre os concellos de Maside e O Carballiño, na provincia de Ourense

Xiringas, papel de aluminio e outros materiais para o consumo de drogas nas inmediacións do Hospital Clínico de Santiago. Veciños do barrio de Santa Marta denuncian un punto de venda de droga que está a causar problemas de seguridade como roubos ou agresións | Os catro concelleiros de Santiago expulsados do Partido Socialista manteñen o pulso coa dirección e consideran que siguen a ser membros do grupo municipal. Din que están dispostos a recurrir pola vía xudicial | O número de nacementos volveu descender en Galicia en 2024, e quedou por debaixo dos 13.400, mentres que os falecementos ascenderon a 32.700, o que a sitúa como a comunidade con peor saldo vexetativo. O conxunto de España rexistra o primeiro aumento no número de nacementos da última década | Instalan gaiolas para atrapar os cans asilvestrados que causan estragos no gando nunha zona entre os concellos de Maside e O Carballiño, na provincia de Ourense. Os técnicos píden áos veciños que non dean de comer aos animais, que xa mataron máis de 30 ovellas nunha granxa

Xiringas, papel de aluminio e outros materiais para o consumo de drogas nas inmediacións do Hospital Clínico de Santiago. Veciños do barrio de Santa Marta denuncian un punto de venda de droga que está a causar, din, problemas como roubos ou agresións. O Concello e a Policía aseguran que xa están tomando medidas | Pedro Sánchez refírese, no Congreso, a casa de Moaña, propiedade da parella de Núñez Feijoó, que reclama o dereito a manter acceso directo á praia | Os ataques ao gando e ás mascotas dunha manda de cans asilvestrados está a xerar moita preocupación nas aldeas límítrofes de Maside e do Carballiño, en Ourense. A unha granxeira matáronlle máis de trinta ovellas e cordeiros. Para intentar capturar a estes cans comezaron a instalar gaiolas

Todo o litoral está en aviso amarelo por ondas que poden chegar aos cinco metros. O vento sopra do sur con intervalos fortes na costa atlántica. En terra a situación é moito máis tranquila con temperaturas que continúan en valores primaverais. Moitas nubes e posibilidade dalgunha chuvia feble á noite polo oeste

Feira na Coruña na que 60 empresas ofrecen emprego a traballadores de máis de 45 anos. O obxectivo, que o 15% dos asistenten estean en activo en breve | Os prezos da vivenda acadan o seu máximo histórico en Galicia: unha media de 1.882 euros o metro cadrado | Acordo entre Sanidade e as farmacias para axilizar a prescripción de medicamentos considerados "non demorables" como a insulina ous antiepilépticos | O partido socialista comunica a expulsión definitiva dos catro concelleiros díscolos de Santiago por negarse a acatar a orde da dirección de nombrar portavoz municipal a Gumersindo Guinarte | Comezou a facer fotos de animais aos seis anos. E agora, convertido xa en profesional, o ourensán Alejandro Camba explica os segredos dunha especialidade artística que lle ten reportado recoñecementos internacionais

Persoas de entre 45 e 65 anos que buscan traballo, e empresas que o ofertan. É a Feira de Emprego Senior, na Coruña, un evento para promover o acceso ao mercado laboral para os perfís máis experimentados. Permite contactar con responsables de recursos humanos de compañías de diferentes sectores | Os prezos da vivenda acadan o seu máximo histórico en Galicia: unha media de 1.882 euros o metro cadrado, segundo o informe da Sociedade de Tasación. A Coruña é a que ten os prezos máis elevados, por riba dos 2.000 euros o metro cadrado, seguida de Santiago, e Vigo | Acordo entre Sanidade e as farmacias para axilizar a prescripción de medicamentos considerados "non demorables" como a insulina ous antiepilépticos. Excepcionalmente o farmacéutico poderá poñerse en contacto cun técnico sanitario pra que revise o caso e expedir o fármaco | Comezou a facer fotos de animais aos seis anos. E agora, convertido xa en profesional, o ourensán Alejandro Camba explica os segredos dunha especialidade artística que lle ten reportado recoñecementos internacionais: Retratando aves, agochado no seu refuxio, ou explorando bosques na procura de exemplares salvaxes, xogando coas cores e os hábitats

Empresas que ofertan traballo e persoas que o buscan, entre os 45 e os 65 anos. É a Feira de Emprego Senior, na Coruña, un evento para promover o acceso ao mercado laboral para os perfís máis experimentados | Máximo histórico no prezo da vivenda. O metro cadrado nos inmobles novos xa custa 1.882 euros de media, un 3'6% máis caro que hai un ano. Santiago é a cidade onde máis subiu, se ben A Coruña é a única na que o prezo do metro cadrado supera os 2.000 euros | Alejandro Camba é un fotógrafo autodidacta ourensán que comezou a facer fotos aos 6 anos. Aos 16 converteuse en fotógrafo profesional e agora con 21 montou a súa primeira exposición coas fotos de animais e paisaxes que fixo na última década. Retratar á natureza é a súa gran paixón

Comezamos semana sen apenas cambios no tempo. Día enxoito con néboas persistentes en zonas do interior onde tamén se rexistraron algunhas xeadas pola baixada das temperaturas mínimas. As máximas apenas varían. Oscilarán entre os 14 graos previstos en Santiago aos 19 de Ourense

Campaña especial da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións nas que circulan camións e autobuses. O obxectivo, din, é a tolerancia cero cos comportamentos de risco, como a falta de descanso ao volante, a velocidade excesiva e consumo de alcohol e drogas | A Xunta aproba as axudas do Bono Alugueiro para menores de 36 anos, para as que destina un total de 13 millóns de euros. As axudasPoderán solicitarse a partir do próximo día 28, terán unha cuantía de 200 euros ao mes e Os beneficiarios non poderán susperar uns ingresos de 25.200 euros ao ano | As exportacións baten un novo récord en Galicia en 2024, cun incremento do 3´3 por cento, dous puntos por riba da media do conxunto de España. A automoción e o textil impulsan a evolución do mercado exterior que permite un saldo positivo de máis de 10.000 millóns de euros á nosa comunidade | O cambio climático e as malas colleitas están a elevar o prezo internacional de café ás maiores subas dos últimos 50 anos. En Lugo está ubicada Unha das principais empresas do sector en España, cunha capacidade de produción de ata seis mil toneladas., e con plans de seguir medrando

Campaña especial da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións nas que circulan camións e autobuses| A Xunta aproba as axudas do Bono Alugueiro para menores de 36 anos. Terán unha cuantía de 200 euros ao mes | cambio climático e as malas colleitas están a elevar o prezo internacional de café ás maiores subas dos últimos 50 anos. En Lugo está ubicada Unha das principais empresas do sector en España | O texto de Castelao "Un ollo de Vidro", serve de punto de partida ao artista Germán Labrador para facer un peculiar percorrido por 150 anos de arte sobre o "máis alá", na nosa comunidade

Hoxe comeza unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico centrada no control a vehículos pesados, como os de transportes de mercadorías e viaxeiros. A campaña estenderase ata este domingo 23 de febreiro | A Xunta destinará 13 millóns de euros para axudar os menores de 36 anos a pagar o alugueiro. Será unha axuda de 200 euros ao mes. A medida foi aprobada nun Consello da Xunta que tamén acordou conceder as axudas da PAC, das que se poderán beneficiar 23 mil agricultores | O texto de Castelao "Un ollo de Vidro", serve de punto de partida ao artista Germán Labrador para facer un peculiar percorrido por 150 anos de arte sobre o "máis alá", na nosa comunidade, A mostra, formada por obras de distintos autores, pode verse no Auditorio de Galicia

E a fin de semana seguiremos cunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Alternancia de nubes e claros e poucas chuvias. Serán en forma de orballos na metade oeste e tamén se repetirán na noite do sábado ao domingo. En todo caso, haberá moitos claros e nada de frío.