Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta activa un fondo de 5 millóns de euros en avais para mercar a primeira vivenda. O Consello da Xunta tamén aprobou o plan director da automoción con axudas dirixidas tanto á produción como á renovación de vehículos privados| As plataformas contra a macrocelulosa de Altri pretenden tumbar o proxecto por presión social. Anuncian mobilizaciós por terra e por mar | Os propietarios de montes facturaron 285 millóns de euros pola venda de madeira | | Investigan a causa dun accidente de tráfico en Ribadumia con tres vehículos involucrados. Faleceu unha muller de 89 anos | As traballadoras de residencias de maiores privadas e concertadas en Galicia requiren a intervención da Consellería de Política Social na renovación do convenio. Denuncian a psiquiatrización destes centros e falla de persoal | O Celta gaña ao Valladolid, afástase do risco de descenso e abre a porta a prazas europeas

Fin de semana mañana con estabilidade con máis nubes e probables precipitacións nas zonas de montaña de Ourense e Lugo. As temperaturas comezan subir tímidamente, chegando o sábado aos 16 graos. Domingo relativa estabilidade, con pouca probabilidade de precipitación e temperaturas sen cambios ou en ascenso

5 anos comezaba o episodio máis convulso da nosa historia recente dende a guerra civil. Provocábao un virus de orixe descoñecida, o coronavirus. O Goberno Español decretaba o estado de alarma. Facemos un percorrido polos momentos máis importantes da pandemia. Lembramos situacións e analizamos con expertos as cicatrices da crise tanto nas persoas como na economía. Entramos nunha UCI para coñecer como saíron adiante co desbordamento de pacientes e que cambiou nese servizo dende entón para estar mellor preparados | A Xunta autoriza a Altri a contrucción dunha macrocelulosa en Palas de Rei, Lugo. O proxecto pasa a fase seguinte dependente do Goberno de España. A plataforma Ulloa Viva anuncia batalla legal e chama a mobilizacións o domingo | Dende ‘De Lorenzo’, un prototipo único no mundo construído a man por un fisioterapeuta, pasando por deportivos de luxo ata os vehículos utilitarios. As propostas de 40 fabricantes no Salón do Automóbil ata o domingo

A Xunta autoriza a Altri a contrucción dunha macrocelulosa en Palas de Rei, Lugo. O proxecto pasa a fase seguinte dependente do Goberno de España. A plataforma Ulloa Viva anuncia batalla legal e chama a mobilizacións o domingo | Dende ‘De Lorenzo’, un prototipo único no mundo construído a man por un fisioterapeuta, pasando por deportivos de luxo ata os vehículos utilitarios. As propostas de 40 fabricantes no Salón do Automóbil ata o domingo | O Baxi Ferrol perde fronte o Lyon pero cólanse na final

Estamos nunha situación intermedia que fai que teñamos os ceos con nubes e máis claros na metade oeste e con chuvascos máis probables polo norte onde a cota de neve irá descendendo ao final do día ata 800 metros. As temperaturas máximas descenden de xeito moderado, tamén polo nordés que sopra con refachos fortes no litoral atlántico.

O aeroporto de Vigo vai estrear en xuño a primeira torre de control virtual de España | As explotacións lácteas están estes días pechando os contratos de venda do leite, con lixeiras subas de prezo, maiores nas grandes granxas que nas explotacións familiares. Aínda así, os prezos aquí seguen sendo os más baixos de España | Cando están a piques de cumprirse cinco anos da declaración do estado de alarma pola covid, hoxe achegámonos a aquelas persoas que coidaron e forneceron a poboación durante o confinamento | Claudio Giráldez cumpre hoxe un ano como adestrador do Celta

O aeroporto de Vigo vai estrear en xuño a primeira torre de control virtual de España. É un sistema de pantallas con imaxes a tempo real que, segundo Aena, mellora a visión dos controladores do tráfico aéreo | As explotacións lácteas están estes días pechando os contratos de venda do leite, con lixeiras subas de prezo, maiores nas grandes granxas que nas explotacións familiares. Aínda así, os prezos aquí seguen sendo os más baixos de España. O Ano pasado pecharon 374 explotacións lácteas en Galicia | Cando están a piques de cumprirse cinco anos da declaración do estado de alarma pola covid, hoxe achegámonos a aquelas persoas que coidaron e forneceron a poboación durante o confinamento. Os chamados servizos esenciais | Claudio Giráldez cumpre hoxe un ano como adestrador do Celta. 365 días dirixindo ao equipo vigués nun momento de estabilidade deportiva e comunión coa grada

Sensación de frío nos últimos días do inverno, que non reflicte a realidade climática dos últimos meses. Este foi o sétimo inverno seguido con temperaturas por riba das que eran habituais nesta época do ano | A enfermidade renal crónica segue aumentando. En Galicia sófrena máis de 400 mil persoas, das que catro mil precisan un tratamento de diálise ou dun transplante para seguir vivindo | Cando están a piques de cumprirse cinco anos da declaración do estado de alarma pola covid, hoxe achegámonos a aquelas persoas que coidaron e forneceron a poboación durante o confinamento. Os chamados servizos esenciais | Claudio Giráldez cumpre hoxe un ano como adestrador do Celta. 365 días dirixindo ao equipo vigués nun momento de estabilidade deportiva e comunión coa grada

Os chuvascos serán xeralizados e caerán con certa intensidade despois dunha mañá de nubes e claros e con néboas en zonas do interior | As temperaturas baixan e farano máis nos próximos días pola entrada dunha masa de aire ártico

Duro enfrontamento no Parlamento entre o Presidente Alfonso Rueda e a líder nacionalista, Ana Pontón, con acusacións cruzadas de discriminar en cuestións de igualdade. Os socialistas insistiron en que se acepte a quita da débeda | Buscaron a inmunización contra o coronavirus a contrarreloxo e conseguiron acabar coa pandemia... Os científicos confirman que estamos mellor preparados pero, sinalan, nunca hai risco cero | Este sábado entréganse os Premios Mestre Mateo e na gala, subirá a recoller o Premio de Honra Encarna Alonso, a primeira muller cun rol de control no audiovisual en Galicia. O premio recoñece 40 anos de traballo detrás das cámaras e a súa ampla traxectoria no cinema e na televisión

Duro enfrontamento no Parlamento entre o Presidente Alfonso Rueda e a líder nacionalista Ana Pontón con acusacións cruzadas de discriminar en cuestións de igualdade. Os socialistas insistiron en que se acepte a quita da débeda | Inditex logra en 2024 un beneficio de case seis mil millóns de euros, un 9 % máis respecto a ano anterior. As vendas subiron tanto no comercio por internet como nas tendas físicas. Pese a estes resultados, Inditex caía esta mañá na bolsa case un 8 % | Drons de última tecnoloxía sobrevoarán durante as próximas semanas a ría de Pontevedra. Forman parte do proxecto Marisdrone, financiado pola Xunta con fondos europeos, para mapear os bancos marisqueiros da zona | Os científicos cren que agora estamos mellor preparados para afrontar una pandemia, pero que aínda hai moitas asignaturas pendentes. As investigación continúan | O novo alcalde de Lugo Miguel Fernández presidiu a súa primeira xunta dun goberno local. Terceiro ao frente do concello en pouco máis dun ano, tentará concluír os proxectos iniciados e afondar no sentimento de orgullo lugués | Este sábado entréganse os Premios Mestre Mateo. Na gala en Lalín, subirá a recoller o Premio de Honra Encarna Alonso, a primeira muller cun rol de control no audiovisual en Galicia. O premio recoñece 40 anos de traballo detrás das cámaras e a súa ampla traxectoria no cinema e na televisión

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a líder nacionalista, Ana Pontón, cruzan acusacións de discriminar en cuestións de igualdade. Na sesión de control ao Goberno, os socialistas insistiron en que se acepte a quita da débeda | Inditex logra en 2024 un beneficio de case 6.000 millóns de euros, un 9 % máis respecto a ano anterior. As vendas subiron tanto no comercio por internet como nas tendas físicas. Pese a estes resultados, Inditex caía esta mañá na bolsa case un 8 % | A ría de Pontevedra a vista de paxaro. Drons de última tecnoloxía explorarán o seu fondo e o seu ecosistema nun estudo do CSIC e outras institucións europeas. Hai moitas expectativas para o marisqueo | Buscaron a inmunización contra o coronavirus a contrarreloxo e conseguiron acabar coa pandemia... Os científicos confirman que estamos mellor preparados pero, sinalan, nunca hai risco cero

Hoxe seguimos con nubes e máis claros no litoral Atlántico | Chuvascos máis probables no interior | As temperaturas soben, con máximas que oscilarán entre 14 graos previstos en Lugo aos 18 de Ourense ou Vigo. Alertas por choivas e ventos superiores aos 80 quilómetros por hora na costa da Morte e as Rías Baixas | As temperaturas seguen a baixar | O peor terá lugar o sábado

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, que regulará a CRTVG. A norma saíu adiante cos votos da maioría parlamentaria do PP. A oposición rexeita a norma por considerala una ferramenta de manipulación | As comunidades de montes do Barbanza están a implementar prácticas sostibles para evitar incendios e facer do bosque un recurso a longo prazo. Son proxectos piloto en colaboración como o uso do gando caprino para a limpeza do mato ferraxe ou os residuos naturais do mar como fertilizante para castiñeiros | O pianista ourensán, Fabio Álvarez, acaba de publicar o seu terceiro álbum. Nesta ocasión faino co seu propio selo discográfico. É o seu traballo máis persoal como intérprete porque está dedicado a Xapón, unha cultura que lle apaixona. Reúne sete obras coas que quere transmitir unha mensaxe de esperanza e resiliencia.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, que regulará a CRTVG. A norma saíu adiante cos votos da maioría parlamentaria do PP. A oposición rexeita a norma por considerala una ferramenta de manipulación | A falla de material de protección foi un dos grandes problemas ao inicio da pandemia do coronavirus. 5 anos despois, TVE visita en Negreira a plataforma loxística do Sergas, centro neurálxico para o almacenamento, compra e distribución de materiais sanitarios e de protección en Galicia | As comunidades de montes do Barbanza están a implementar prácticas sostibles para evitar incendios e facer do bosque un recurso a longo prazo. Son proxectos piloto en colaboración como o uso do gando caprino para a limpeza do mato ferraxe ou os residuos naturais do mar como fertilizante para castiñeiros | O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público 231 cartas recibidas polo premio nobel Camilo José Cela; conversas que o autor mantiña con escritores ou intelectuais significativos da cultura galega da posguerra , como Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo entre outros | O pianista ourensán, Fabio Álvarez, acaba de publicar o seu terceiro álbum. Nesta ocasión faino co seu propio selo discográfico. É o seu traballo máis persoal como intérprete porque está dedicado a Xapón, unha cultura que lle apaixona. Reúne sete obras coas que quere transmitir unha mensaxe de esperanza e resiliencia.

A falla de material de protección foi un dos grandes problemas ao inicio da crise sanitaria do coronavirus. 5 anos despois, TVE visita en Negreira a plataforma loxística do Sergas, centro neurálxico para o almacenamento, compra e distribución de material sanitario e de protección en Galicia para coñecer o plan ante outra eventual pandemia | Stellantis pagará en abril unha prima duns 445 euros de media a cada traballador tras a paga de beneficios suspendida por resolución xudicial | Cunchas de mexilón como fertilizante para castiñeiros… As comunidades de montes do Barbanza desenvolven, en colaboración con universidades e outras institucións, diversos experimentos de sostibilidade medioambiental | Fabio Álvarez lanza unha mensaxe de esperanza e resiliencia no seu novo traballo, un tercer álbum inspirado na cultura xaponesa

A borrasca retírase ao sur co que os chuvascos se desprazaron cara a esa zona durante a mañá. Chuvias que pola tarde se irán estendendo ao resto da comunidade. Serán máis débiles e dispersas no extremo norte. As temperaturas, con poucos cambios. As máximas oscilan entre os 13 graos previstos en Santiago e os 17 que agardan en Ferrol.

Flores para lembrar a Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores asasinados na época franquista cando reclamaban un convenio laboral. Foi hai 53 anos, e dende entón o 10 de marzo é o Día da Clase Obreira Galega | O Instituto Galego de Estatística pasará a depender directamente do presidente da Xunta e non da Consellería de Facenda | Cinco anos despois da pandemia unhas 100.000 persoas en Galicia sofren covid persistente | Derrota do Racing por 3 a 0 ante o Granada. O Dépor salva o partido contra o Córdoba cun empate en Riazor, e o Celta prolonga a serie positiva co 2-1 fronte ao Leganés

Flores para lembrar a Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores asasinados na época franquista cando reclamaban un convenio laboral. Ocorreu hai 53 anos, e dende entón o 10 de marzo é o Día da Clase Obreira Galega | O Instituto Galego de Estatística pasará a depender directamente do presidente da Xunta e non da Consellería de Facenda como ata agora | Cinco anos despois da pandemia unhas 100.000 persoas en Galicia sofren covid persistente. Quéixanse da dificultade para que lles recoñeza e piden máis investigación | Derrota do Racing por 3 a 0 ante o Granada. O Dépor salva o partido contra o Córdoba cun empate en Riazor, e o Celta prolonga a serie positiva co 2-1 fronte ao Leganés

Flores para lembrar a Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores asasinados na época franquista cando reclamaban un convenio laboral. Foi hai 53 anos, e dende entón o 10 de marzo é o Día da Clase Obreira Galega | Alfonso Rueda reúnese en Montevideo con Yamandú Orsi, o novo presidente de Ururguai | Cinco anos despois da pandemia unhas 100.000 persoas en Galicia sofren covid persistente | Derrota do Racing por 3 a 0 ante o Granada. O Dépor salva o partido contra o Córdoba cun empate en Riazor, e o Celta prolonga a serie positiva co 2-1 fronte ao Leganés