Despois do paso dunha fronte de madrugada, quedamos con chuvascos, que irán remitindo co avance da xornada, e entrada de aire frío. A cota de neve baixa ata os mil metros pola tarde e as temperaturas descenden. Na fin de semana chega unha fronte cálida, que fará subir as mínimas e deixará algún orballo. 07-02-2025
Localizada en Pontevedra unha nave con maquinaria para establecer unha fábrica clandestina de Tabaco. Na operación da Policía Nacional, chamada Tempus Xixa, foron incautados 142 quilos de tabaco de contrabando | Galicia mantense como terceira comunidade coa menor taxa de criminalidade, segundo os datos dados a coñecer hoxe polo ministerio do Interior, con 35 delitos por cada 1.000 habitantes | Música, moda, fotografía ou xoiería. Ensinanzas artísticas que se poden estudar en 23 centros educativos de Galicia. Alumnos e profesores asesoran sobre as posibles saídas profesionais na feira Innovart, en Santiago | Lucía Veiga, nominada áo Goya á mellor actriz revelación polo seu papel en "Soy Nevenka". Nas vésperas da Gala, Cóntanos cómo foi a súa irrupción no mundo do cine, con 39 anos, da man de Icíar Bollaín. 07-02-2025
Localizada en Pontevedra unha nave con maquinaria para establecer unha fábrica clandestina de Tabaco. Na operación da Policía Nacional, chamada Tempus Xixa, foron incautados 142 quilos de tabaco de contrabando para fumar en pipa de auga, e que carece dos estándares sanitarios legais | Galicia mantense como terceira comunidade coa menor taxa de criminalidade, segundo os datos dados a coñecer hoxe polo ministerio do Interior, con 35 delitos por cada 1.000 habitantes. Os sindicatos policiais advirten que a dotación de persoal e insuficiente | Música, moda, fotografía ou xoiería. Ensinanzas artísticas que se poden estudar en 23 centros educativos de Galicia. Alumnos e profesores asesoran sobre as posibles saídas profesionais na feira Innovart, en Santiago. Un escaparate para espertar vocacións cara a unhas ensinanzas que contan, como as universitarias, con matrícula de balde |Lucía Veiga, nominada áo Goya á mellor actriz revelación polo seu papel en "Soy Nevenka". Nas vésperas da Gala, Cóntanos cómo foi a súa irrupción no mundo do cine, con 39 anos, da man de Icíar Bollaín. É unha das representantes galegas na edición dos Goya, xunto a Luís Tosar, que opta a mellor actor de reparto, Carlos Amoedo na produción e Chelo Loureiro candidata á mellor curtametraxe de animación. 07-02-2025
Mañá de néboas en comarcas do interior e ceos con nubes de tipo medio e alto no resto. Agora pola tarde iranse nubrando os ceos pola metade oeste con chuvias que serán xeneralizadas cara á noite en todo o territorio acompañadas de tormenta. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas descenden, entre os 14 de graos de Lugo e os 17 graos de Pontevedra.
O Supremo anula a inhabilitación imposta a Rafael Louzán pola Audiencia de Pontevedra | Protestas nos hospitais públicos de Galicia contra as agresións a sanitarios | Os mariscadores de Noia estudan querelarse pola mortaldade do marisco da ría. Insisten en que se reduciría controlando a apertura das comportas do encoro do Tambre | Santiago acolle a diversos artistas polo 60 aniversario do graffiti contemporáneo. Entre eles Cornbread, un dos precursores do graffiti contemporáneo
O Supremo anula a inhabilitación imposta a Rafael Louzán pola Audiencia de Pontevedra. Fora considerado autor dun delito de prevaricación cando era presidente da Deputación e condenado a sete anos de inhabilitación | Protestas nos hospitais públicos de Galicia contra as agresións a sanitarios. Na do Chuac, na Coruña, vivíronse momentos de tensión | Os mariscadores de Noia estudan querelarse coa hidroeléctrica Naturgy pola mortaldade do marisco da ría. Insisten en que se reduciría controlando a apertura das comportas do encoro do Tambre | Santiago acolle a diversos artistas polo 60 aniversario do graffiti contemporáneo. Entre eles Cornbread, un dos precursores do graffiti contemporáneo
O Supremo anula a inhabilitación imposta a Rafael Louzán pola Audiencia de Pontevedra. Fora considerado autor dun delito de prevaricación cando era presidente da Deputación e condenado a sete anos de inhabilitación | Protestas nos hospitais públicos de Galicia contra as agresións a sanitarios | Os mariscadores de Noia estudan querelarse coa hidroeléctrica Naturgy pola mortaldade do marisco da ría | Santiago acolle a diversos artistas polo 60 aniversario do graffiti contemporáneo. Entre eles Cornbread, un dos precursores do graffiti contemporáneo
Seguimos con tempo seco e hoxe con nordés na costa que sopra forte en Bares. Ceos despexados con algunhas nubes baixas canto máis ao norte sen descartar algún orballo. As temperaturas máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo aos 18 que agardan nas Rías Baixas e en Ourense
Os percebeiros de Muxía volven mariscar despois poder saír ao mar apenas tres veces no último mes, polas condicións meteorolóxicas. Quéixanse dun exceso de trámites burocráticos, que mesmo está a influir, din, na falta de remuda xeracional | A Xunta presenta o proxecto dunha primeira planta para clasificación e reciclaxe de residuos téxtiles, nas instalacións de Sogama, en Cerceda | A ministra de Vivenda visita na Coruña as obras de contrución de 50 vivendas sociais destinadas ó alugueiro, no barrio de Xuxán | A piques de chegar o Entroido, época de maior demanda de grelos, a produción segue á baixa. Os cambios na climatoloxía e a xubilación de moitos produtores contribuen á sua merma | Un mural xigante de case cincocentos metros cadrados renderá homenaxe á pantalla, figura principal do Entroido de Xinzo de Limia
Os percebeiros de Muxía volven mariscar despois poder saír ao mar apenas tres veces no último mes, polas condicións meteorolóxicas. Quéixanse dun exceso de trámites burocráticos, que mesmo está a influir, din, na falta de remuda xeracional, nun sector, que só no último ano facturou máis de 21 millóns de euros | A Xunta presenta o proxecto dunha primeira planta para clasificación e reciclaxe de residuos téxtiles, nas instalacións de Sogama, en Cerceda. Tratará as prendas de roupa que os concellos empezarán a recoller en contedores separados | A piques de chegar o Entroido, época de maior demanda de grelos, a produción segue á baixa. Os cambios na climatoloxía e a xubilación de moitos produtores contribuen á merma na superficie dedicada a un dos produtos emblemáticos da gastronomía galega | Un mural xigante de case cincocentos metros cadrados renderá homenaxe á pantalla, figura principal do Entroido de Xinzo de Limia, o máis longo de Europa. Un deseño de gran complexidade entroutras cousas porque está cheo de detalles garabateados|
Os percebeiros de Muxia volven mariscar despois de tan só poder saír ao mar 3 veces no último mes polas condicións meteorolóxicas. Quéixanse dun exceso de trámites burocráticos, nun sector, que só no último ano facturou máis de 21 millóns de euros | A ministra de Vivenda visita na Coruña as obras de contrución de 50 vivendas sociais destinadas ó alugueiro, no barrio de Xuxán, que vai contar cun total de 418 pisos | No segundo trimestre de 2026 estará operativa a primeira planta pública de reciclaxe téxtil de Galicia. Así o anunciou a Xunta na presentación desta instalación, que vai construir no concello coruñés de Cerceda. Poderá tratar ata 24 mil toneladas de roupa ao ano | Esta fin de semana comeza en Xinzo de Limia o Entroido máis longo de Europa, co petardazo, o sábado, e ao día seguinte o domingo fareleiro. Unha das novidades deste ano é un mural xigante dunha pantalla, a figura principal da festa
Xornada de transición porque se vai achegando unha fronte que nos ha deixar ceos máis nubrados pola tarde. Non se descarta algunha chuvia feble no litoral oeste. Continúa a alerta amarela en toda a costa galega por ondas de ata cinco metros. As temperaturas sen moitos cambios. As máximas volven roldar os 15 graos
Protesta dos traballadores do CHUAC, na Coruña, trala agresión sufrida no servizo de Urxencias, na que un enfermeiro e un vixiante de seguridade resultaron feridos por arma branca | O paro sobe en Galicia un 2,1 % en xaneiro, como é habitual no primeiro mes do ano, ao rematar as contratacións de Nadal | Os veciños da parroquia de Bembrive, en Vigo, intensifican as protestas contra o proxecto de ampliación da Autovía de Vigo a Porriño a través dun túnel | O presidente da Xunta adverte contra a oferta do Goberno Central de condonación da débeda das comunidades | O fotógrafo Manuel Outumuro escolle a súa vila natal da Merca, en Ourense, para montar a súa exposición máis persoal. Unha escolma dos retratos que fixo a grandes actrices en espazos ao aire libre
Protesta dos traballadores do CHUAC, na Coruña, trala agresión sufrida no servizo de Urxencias, na que un enfermeiro e un vixiante de seguridade resultaron feridos por arma branca. O agresor é un doente con problemas psiquiátricos que portaba un coitelo. O persoal sanitario asegura estas situacións son frecuentes e reclaman máis recursos, humanos e materiais, e revisar os protocolos | O paro sobe en Galicia un 2,1 % en xaneiro, como é habitual no primeiro mes do ano, ao rematar as contratacións de Nadal, ainda que porcentaxe superior á media do conxunto de España. As persoas sen emprego suman 121 mil e as afiliacions a Seguridade Social redúcense nun 1,16 % na nosa comunidade | Os veciños da parroquia de Bembrive, en Vigo, intensifican as protestas contra o proxecto de ampliación da Autovía de Vigo a Porriño a través dun túnel. Un treito de 10 quilómetros, cun custo previsto de 390 millóns de euros, que suporá, din, a expropiación de máis de 20 vivendas, e a ruptura do barrio en dous | O fotógrafo Manuel Outumuro escolle a súa vila natal da Merca, en Ourense, para montar a súa exposición máis persoal. Unha escolma dos retratos que fixo a grandes actrices para revistas, carteis de cine e para promocionar películas. Exhibidos en espazos ao aire libre como canastros, muros ou casas abandonadas|
Traballadores do CHUAC, na Coruña, protestan pola agresión sufrida no servizo de Urxencias, na que un enfermeiro e un vixiante de seguridade resultaron feridos por arma branca. O agresor, un doente con problemas psiquiátricos, portaba un coitelo. Os sanitarios reclaman máis recursos e que se revisen os protocolos de seguridade | Sobe o paro en xaneiro un dous por cento para situarse nos 121 mil parados en Galicia. Tralas contratacións do Nadal, as afiliacións á Seguridade Social tamén baixaron nun 1% | O presidente da Xunta adverte contra a oferta do Goberno Central de condonación da débeda das comunidades | Un canastro, unha casa abandonada, un muro de formigón, son algúns dos fondos ao aire libre que o fotógrafo Manuel Outumuro escolleu para montar a súa exposición na Merca, en Ourense, o seu pobo natal. É unha escolma dos retratos que fixo a grandes actrices para promocionar películas
semana marcada polo tempo anticiclónico. No mar hai alerta amarela en toda a costa por ondas que poden chegar aos 5 metros. En terra, tempo seco e solleiro con máis claros pola tarde e con suba de temperaturas nas horas centrais. As máximas oscialarán entre os 12 graos previstos en Lugo e os 16 de Ourense ou Pontevedra
Abertos ao tráfico os 12 quilómetros de autovía que unen Melide e Palas de Rei. Forman parte da A-54, de Santiago a Lugo, unha infraestrutura proxectada hai xa tres décadas | Polémica entre as forzas políticas ao coñecerse o informe de Augas de Galicia que considera que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre con todas normativas medioambientais | Detidas en Pontevedra tres persoas por apoloxía do terrorismo xihadista | A Xunta aproba o Plan Galego de Investigación e Innovación para o periodo 2025-2027, cun investimento de máis de 1.300 millons de euros en I+D+I | No porto de Vigo leva máis dunha semana amarrado un buque cargado con obuses. O barco non poderá partir ata que repare os danos que sufriu a súa carga por mor dunha borrasca
Abertos ao tráfico os 12 quilómetros de autovía que unen Melide e Palas de Rei. Forman parte da A-54, de Santiago a Lugo, unha infraestrutura proxectada hai xa tres décadas, O ministro Óscar Puente anuncia o remate dentro deste ano | Polémica entre as forzas políticas ao coñecerse o informe de Augas de Galicia que considera que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre con todas normativas medioambientais. O presidente da Xunta defende o traballo dos técnicos, mentres o BNG considera que é un caso de corrupción | Detidas en Pontevedra tres persoas por apoloxía do terrorismo xihadista. Ocurreu hai uns días no marco dunha operación con outros catro detidos en Madrid. A nova coñeceuse hoxe, cando a Audiencia Nacional enviou ao cárcere a un dos detidos en Galicia. Os investigados utilizaban as redes sociais e plataformas multimedia pras súas mensaxes | Un buque terá que permanecer no porto de Vigo ata que cheguen técnicos especializados que aseguren á súa mercancía. No seu interior hai obuses. Durante a borrasca Eowin quedaron danados algúns dos contedores. Aínda que a materia é explosiva a Autoridade Portuaria asegura que non hai risco para a poboación. O mercante diríxese a Alemaña procedente de Xordania |
Xa se pode circular polo penúltimo treito en abrir da autovía Lugo - Santiago, o que vai desde Palas de Rei ata Melide. O ministro de Transportes, Óscar Puente, inaugurou hoxe os case 12 quilómetros de autovía que separan ambas localidades nos que o estado investiu 100 millóns de euros. Con esta apertura só queda o treito Melide- Arzúa, que se prevé abrir este ano, para completar a autovía Lugo-Santiago | A Xunta aproba o Plan Galego de Investigación e Innovación para o periodo 2025-2027, cun investimento de máis de 1.300 millons de euros en I+D+I | No porto de Vigo leva máis dunha semana amarrado un buque cargado con obuses. O barco non poderá partir ata que repare os danos que sufriu a súa carga por mor dunha borrasca. Prevese que nos próximos días cheguen a Vigo técnicos especializados
Os termómetros acadaran valores máis altos ca estes días pasados, entre os 12 e 15 graos de máxima. Nubes e apertura de máis claros no sur e leste da comunidade. O domingo anunciase a entrada dunha nova fronte de chuvias pola mañá e máis frío