Activada unha alerta en toda Galicia por chuvias fortes que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As temperaturas volver subir, con máximas, por riba do 25 graos. 08-06-23
Avanzan as negociacións entre socialistas e BNG para formar coalicións nos concellos onde poden xuntar unha maioría alternativa fronte ao Partido Popular. // A Xunta anuncia unha nova axuda denominada Xacobeo xove. Consistirá en finanzar con 200 euros os gastos en aloxamento e restauración a 5.000 a menores de 30 anos, que fagan o Camiño a Santiago en paquetes turísticos das axencias de viaxe galegas. // Día de Corpus en Redondela, coa espectacular danza das espadas, a das burras e as penlas, o desfile do dragón e as alfombras. Tódos os rituais típicos da Festa da Coca, caracterizada pola combinación de elementos pagáns e relixiosos. 08-06-23
Preocupación entre os veciños de varios edificios no Centro de Ourense, ante a aparición de fendas que poderían revelar danos estruturais a causa das intensas treboadas. // Pese as últimas semanas de tempo tormentoso, a primavera foi moi seca e cálida, segundo o balance da axencia estatal de meteoroloxía, que pronostica un verán mais caloroso do habitual. // No Xulgado de Tui ,a fiscalía escoitou hoxe o informe dun perito forense contratado pola familia de Débora Fernández, no que conclúe que a morte da muller foi un homicidio e non se debeu a causas naturais, como sostiñan os informes anteriores. 08-06-23
En Xove un equipo especializado da Garda Civil realiza unha reconstrución do accidente no que faleceron catro rapaces o pasado un de abril. Tratan de aclarar a qué velocidade ía o vehículo, pero tamén ata que punto puideron influir o trazado e as condicións da vía. // O Grupo Inditex presenta un beneficio récord de 1.168 millóns no último trimestre. A facturación supera por primeira vez os 7.000 millóns. // Uns 250 pacientes esperan en Galicia un órgano para un transplante. Máis de 120.000 persoas que teñen xa a tarxeta de doador na nosa comunidade. // Preocupación na comarca ourensá da Limia polas consecuencias das intensas choivas dos últimos días na colleita da pataca. . 07-06-23
Un equipo especializado da Garda Civil realiza en Xove unha reconstrución do accidente no que faleceron catro rapaces o pasado un de abril. Tratan de aclarar a qué velocidade ía o vehículo, pero tamén ata que punto puideron influir o trazado e as condicións da vía. // O Grupo Inditex presenta un beneficio récord de 1.168 millóns no último trimestre. A facturación supera por primeira vez os 7.000 millóns. // Preocupación na comarca ourensá da Limia polas consecuencias das intensas choivas dos últimos días na colleita da pataca. Os produtores advirten de posibles perdass pola proliferación de herbas e o mildio. // 07-06-23
A Borrasca Óscar déixa un día de chuvias persistentes que serán máis fortes á noite.. As temperaturas máximas baixan pero, así e todo, oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña aos 27 de Ourense. 07-06-23
Especialistas da garda civil reconstrúen o acidente no que morreron catro mozos, de entre 17 e 19 anos o un de abril pasado en Xove. Toman medicións e compáranas cos sinais de freada do vehículo, que saíu da vía nunha curva pronunciada e caeu por un terraplén. // O Parlamento de Galicia rende homenaxe a Alexandre Bóveda, e a tódalas vítimas da ditadura franquista, nunha resolución que contou co acordo unánime dos tres grupos parlamentarios. // A Cidade da Cultura, en Santiago, acollerá este verán medio cento de actividades, incluíndo concertos, espectáculos familiares e campamentos urbanos, que serán de balde. 07-06-23
Arrancan as probas da Abau ás que se enfrontan ata o xoves os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. Ademais da parte obrigatoria, a maioría farán tamén a optativa para subir nota. // Plan de limpeza e desinfección na rede de abastecemento de Betanzos despois de que as ultimas analiticas confirmasen presenza de norovirus nela. os afectados suman máis de 400, a espera de novas mostras, os técnicos sospeitan que virus procede do río que abastece ao pobo . // Aumentar a presenza dos viños das denominacións galegas nos mercados internacionais. E o obxetivo do certame Vinis Terrae, en Ourense, onde importadores de todo o mundo poden contactar directamente cos produtores 06-06-23
Temperaturas altas para a época. As máximas han quedar no entorno dos 30 graos en boa parte da comunidade. Pola tarde aumentará a nubosidade e poderíamos ter algunhas treboadas. 06-06-23
Con textos sobre a Segunda República e a Revolución Gloriosa, arrancan as probas da Abau ás que se enfrontan ata o xoves os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. // O sector inmobiliario da a voz de alerta pola situación do mercado do alugueiro en Galicia. A oferta total de vivendas disponibles para o arrendamento tradicional está en mínimos, por debaixo das 3.000, mentres as que figuran como turísticas superan as 18.000. // 06-06-23
Exames de Historia e de Lingua española para arrancar as probas da Abau ás que se enfrontan os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. // O delegado do goberno en Galicia José Ramón Gómez Besteiro será candidato do partido socialista ó Congreso, nas eleccions xerais do 23 de xullo. Tamén o é o seu antecesor na delegacion, e agora ministro de sanidade, José Miñones. // Parte do asfalto de Nova York aparece cuberto por un mural, obra da deseñadora viguesa Vanesa Álvarez, que gañou un concurso para desenvolver este proxecto de arte pública.06-06-23
Repulsa en toda Galicia polo asasinato machista no camping de Oi. O agresor, un axente da Garda Civil que se saltou a orde de afastamento da vítima, cometeu o crime cunha arma sen rexistrar coa que logo, acurralado, puxo fin á sua vida. // O buque Ártabro navega xa de regreso a Vigo, logo de rematar a sua misión en augas de Terranova. Con él trae a grabación dos restros do Villa de Pitanxo. // Bibliotecas públicas ateigadas e moito nerviosismo. Son as horas previas ao comenzo das probas de Avaliación para o acceso á Universidade, ás que están citados, dende mañá, uns 13.000 estudantes galegos. // Remate feliz da temporada para os celestes pola vitoria do Celta n partido final contra o Barcelona, e con dous goles do canteirán Gabri Veiga. 05-06-23
As treboadas poden volver a repetirse sobre todo en zonas do interior, con alertas ata a medianoite porque poden caer ata 15 litros de auga por metro cadrado nunha hora. As temperaturas, sen cambios. 05-06-23
Repulsa en toda Galicia polo asasinato machista no camping de Oi. O agresor, un axente da Garda Civil que se saltou a orde de afastamento da vítima, cometeu o crime cunha arma sen rexistrar coa que logo, acurralado, puxo fin á sua vida.. // Os socialistas galegos e o BNG celebraban a súa primeira reunión, para abordar a formación de gobernos de esquerda nos concellos onde sumen maiorías alternativas ao Partido Popular. // O buque Ártabro navega xa de regreso a Vigo, logo de rematar a sua misión en augas de Terranova. Con él trae a grabación dos restros do Villa de Pitanxo, localizado a máis de 700 metros de profundidade. 05-06-23
Minutos de silencio, en memoria de a Ana Vanessa Serén, asasinada este sábado pola súa exparella en Oia, en Pontevedra. A muller denunciara o seu agresor, un axente da Garda Civil que tiña unha orde de afastamento. // Os socialistas galegos e o BNG celebraban a súa primeira reunión, para abordar a formación de gobernos de esquerda nos concellos onde sumen maiorías alternativas ao Partido Popular. // Explosion de ledicia dos afeccionados celestes, ante o desenlace da temporada contra o Barcelona. O equipo logra evitar o descenso, con dous goles de Gabri Veiga. 0506-23
Maio volve ser un bo mes para o paro en Galicia. Case 5.000 desempregados menos. A ocupación aumenta en preto de 9.000 persoas e acada as mellores cifras dende antes da crise de 2008. // As familias dos falecidos no Villa de Pitanxo agardan con esperanza, logo de que o buque Ártabro atopase indicios na zona do naufraxio a estrutura dun buque afundido a máis de 800 metros. // Robots que recoñecen as emocións, Impresoras 3D de medicamentos. Son algúns inventos da Maker Faire, o maior evento de inventores de España que chega a Cidade da Cultura, en Santiago. // Os afeccionados do Celta encherán Balaídos o domingo, na final que xogará co Barcelona pola permanencia. Mañá, por primera vez, o club abrirá as portas da Cidade deportiva Afouteza. 02-06-23
Practicamente toda Galicia en alerta amarela, por risco de precipitacións de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. Serán máis probables no interior e de novo poden vir acompañados de saraiba. 02-06-23
O mes de maio bate récord de emprego, rozando o millón 60 mil afiliados en Galicia, a cifra máis alta dende hai 15 anos. A ponte de maio e o bo tempo fixeron que as contratacións no sector servizos aumentaran. // Esperanza e cautela entre as familias dos 21 falecidos no Villa de Pitanxo, logo de que o buque Artabro, encargado de buscalo, atopase na zona do naufraxio unha estructura compatible coa do pesqueiro. // A DXT pon en marcha unha iniciativa para mellorar a seguridade vial dos peregrinos que fan o camiño en bicicleta e a pé na provincia de Lugo, co reparto de chalecos reflectantes e outros dispositivos, en Portomarín. 02-06-23