Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Saúdos e apertas emotivas, no acto que materializa os cambios na Xunta, coa toma de posesión de Elena Rivo, como nova conselleira de Emprego e Igualdade e de Alfonso Villares coma conselleiro do mar en substitución de Rosa Quintana, a máis veterana do gabinete. // Afianzar o galego divertíndose. É o proposito do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos baseada no Diccionario da Real Academia Galega, que pode descargarse dende hoxe nos dipositivos móviles. // Comeza hoxe O Son do Camiño, un dos grandes festivais da temporada, que ata o sábado reúne no Monte do Gozo o seu cartel máis grande. 15-06-23

Manuel Baltar renuncia a manterse como presidente da Deputación de Ourense. Logo de 11 anos no cargo, di que descarta formar parte da institución para facilitar que siga gobernada polo Partido Popular. // O Presidente da Xunta asina o decreto que remodela o seu goberno. Á saída de Francisco Conde únese a de Rosa Quintana. Ambos irán nas listas do PP ás eleccións xerais. Entran Alfonso Villares, alcalde de Cervo, na Consellería do Mar e a Economista Elena Rivo estará á fronte da de Emprego. // A praia da Calzoa, en Vigo, é calificada por Ecoloxistas en Acción como a peor de España, por ser declarada canina sen ter en conta o impacto negativo que supón para as aves. . 14-06-23

Chega o anticiclón que nos traerá sol e máis calor polo menos ata o venres. As temperaturas hoxe soben, con valores máximos xa propios do verán. Os termómetros oscilan entre os 22 graos previstos na Coruña aos 28 de Ourense. 14-06-23

Manuel Baltar non será candidato a presidir a Deputación de Ourense. Afirma que quere facilitar que a Deputación provincial teña un presidente ou presidenta do Partido Popular. // En Xermade, un raio causou considerables danos nunha vivenda, na que levantou o chan e calcinou a instalación eléctrica. Os habitantes da casa non resultaron feridos. //A catedral de Santiago recupera hoxe o abrazo ao apóstolo, tras máis de tres anos interrompido pola pandemia. Contará cun acceso diferenciado e a prohibición de facer fotos para que sexa maior o número de fieis que poidan cumprir este ritual. 14-06-23

Manuel Baltar non será candidato a presidir a Deputación de Ourense. Anunciouno hai uns minutos a través dun comunicado. O aspirante popular á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, confirmábao logo de ofrecer una proposta de goberno a socialistas e BNG. // O goberno galego pasa a ter dous novos conselleiros, ante a saída do vicepresidente primeiro Francisco Conde, e a da conselleira do Mar. // Volven as apertas ao apóstolo. A catedral de Santiago recupera o tradicional rito de abrazar ao Santo, tras máis de tres anos interrompido pola pandemia. Iso si, recomenda non bicar a imaxe. // . 14-06-23

Situación intermedia entre altas e baixas presións, con ceos parcialmente cubertos con chuvascos irregularmente repartidos que irán remitindo de cara á noite. As temperaturas, sen cambios significativos. 13-06-23

O Consello de Ministros nomea a Pedro Blanco, ata agora asesor xurídico da UGT, como novo delegado do goberno en Galicia. Sustitúe a Gómez Besteiro, que encabezará a candidatura socialista ao Congreso por Lugo. // Baixan os prezos dos carburantes, a vivenda, e os alimentos, ainda que seguen subindo, comenzan a moderarse. Son os datos difundidos hoxe polo INE, que confirman a freada no aumento da inflación. // O sector pesqueiro prepárase para entrada en vigor do novo regulamento que implicará a instalar cámaras de vixilancia nos barcos. // Tanxugueiras preparan unha nova xira de verán por todo o país, e mentres lanzan un tema no que mesturan sons urbanos co folk. En só un mes acumula xa unhas 650 mil reproducións... 13-06-23

O Consello de Ministros nomea a Pedro Blanco, ata agora asesor xurídico da UGT, como novo delegado do goberno en Galicia. Sustitúe a Gómez Besteiro, que encabezará a candidatura socialista ao Congreso por Lugo. // Baixan os carburantes e a vivenda, e os alimentos comenzan a moderarse. Son os datos do INE, que confirman a freada no aumento da inflación. O IPC de Maio queda en Galicia por debaixo do 3 %. // En Betanzos continúan as restricións ao consumo da auga da traída alomenos ata a última semana deste mes. Dende Augas de Galicia se preguntan por qué o sistema de depuración non é quen de tratar a auga. //. 13-06-23

Baixan os carburantes e a vivenda, e os alimentos comenzan a moderarse. Son os datos do INE, que confirman a freada no aumento da inflación. O IPC de Maio queda en Galicia por debaixo do 3 %. // Debate no parlamento sobre unha iniciativa do BNG para pedir o traspaso da xestión do litoral, co apoio dos socialistas. O Partido Popular rexeitaa co argumento de que xa se está a tramitar a proposta da Xunta no mesmo sentido. // En Betanzos continúan as restricións ao consumo da auga da traída. Dende Augas de Galicia se preguntan por qué o sistema de depuración non é quen de tratar a auga. // .13-06-23

Animación en aumento na contorna do estadio de Balaídos, ante o concerto, esta noite, dos Guns N'Roses, con The Pretenders como acompañantes de luxo. Máis de 25.000 persoas teñen entrada, moitas delas mercadas dende Portugal. // O Partido Popular xa ten candidatos para encabezar as listas do 23 de xullo. o vicepresidente e conselleiro de Economía e Industria Francisco Conde, terá que abandonar a Xunta para ser o número un ao Congreso por Lugo. // Galicia, primeira comunidade en introducir no sistema educativo, a partir do curso que ven, a materia de Cultura Financeira. Figurará como optativa para os alumnos de Terceiro da ESO. // As 113 praias galegas co distintivo de bandeira azul, entregadas hoxe, aos respectivos concellos. Destaca o de Sanxenxo, con 17. 12-06-23

Máis treboadas neste inicio de semana. con media Galicia, sobre todo as provincias do interior están en alerta por chuvascos moi fortes que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora, que poden vir acompañados de saraiba. 12-06-23

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria Francisco Conde, abandonará os seus cargos no goberno de Alfonso Rueda para ser cabeza de lista por Lugo nas eleccións xerais do 23 de xullo. // Galicia será a primeira comunidade en introducir no sistema educativo, a partir do curso que ven, a materia de Cultura Financeira. Figurará como optativa para os alumnos de Terceiro da ESO. // Animación en aumento na contorna do estadio de Balaídos, ante o concerto, esta noite, dos Guns N'Roses, con The Pretenders como acompañantes de luxo. Máis de 25.000 persoas teñen entrada, moitas delas mercadas dende Portugal. 12-06-23

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria Francisco Conde, abandonará os seus cargos no goberno de Alfonso Rueda para ser cabeza de lista por Lugo nas eleccións xerais do 23 de xullo. // O Partido Popular acaba de confirmar tamén as candidaturas de Miguel Tellado, como número un pola Coruña, Ana Pastor por Pontevedra e Ana Belén Vázquez por Ourense. // Chega a Vigo buque Ártabro, tras rematar a misión en Terranova de busca e inspección do Villa de Pitanxo. // . 12-06-23

Razas autóctonas en risco de extinción, como a ovella galega a vaca cachena ou a galiña de Mos, amosan o seu potencial para o futuro da gandería, na Semana Verde de Galicia. // De cara as eleccións xerais, o PP de Galicia asegura non ter presa en designar os seus candidatos, e prepara a campaña coa visita este domingo de Alberto Núñez Feijoo. // Dez proxectos empresariais relacionados coa moda conseguen consolidarse no mercado despois de pasar pola aceleradora de innovación liderada por Roberto Verino. // Expertos en caligrafía e grafoloxía de todo o mundo reúnense estes días en Santiago nun congreso. Abordan técnicas e novidades sobre a peritaxe para a xustiza ou a relación entre o documento escrito e a psicoloxía. 09-06-23

Mantense a alerta por treboadas na meirande parte da provincia de Lugo,agás na zona sur. No resto, ceos nubrados e chuvascos que serán menos frecuentes á noite. As temperaturas algo máis baixas. 09-06-26

Razas autóctonas en risco de extinción, como a ovella galega a vaca cachena ou a galiña de Mos, amosan o seu potencial para o futuro da gandería, na Semana Verde de Galicia. // A diferencia dos socialistas, que xa decidiron quén encabezará as listas en cada provincia, o PP de Galicia asegura non ter presa en designar os seus candidatos, e prepara a campaña coa visita este domingo de Alberto Núñez Feijoo. // As mellores pizzas napolitanas de España poden comerse nos establecementos que rexenta en Galicia o cociñeiro italiano Alberto Bracone, último gañador do concurso nacional desta modalidade. 09-06-23

A Semana Verde, en Silleda, aspira a superar esta fin de semana o seu record de visitantes. As razas autóctonas amosan o seu potencial como aposta de futuro para gandeiría. // Dez pequenas empresas do téxtil consolidan o negocio e amplían expectativas despois de pasar pola aceleradora de innovación liderada polo modisto Roberto Verino. // Achegarse ao mundo militar e posible esta fin de semana na Coruña. Unha exposición de materiais dos tres exércitos, da Guardia Civil e da UME da a coñecer os vehículos, traxes ou armas utilizados polos soldados españois. 09-06-23

Día de Corpus en Redondela, coa procesión, a danza das espadas, a das burras e as penlas, o desfile do dragón e as alfombras. Rituais típicos da Festa da Coca, caracterizada pola combinación de elementos pagáns e relixiosos. // Socialistas e BNG reeditan en Lugo o pacto que xa mantiveron nos últimos catro anos e en Santiago os socialistas estudan incorporarse a un goberno encabezado pola nacionalista Goretti Sanmartín. // A contaminación por plásticos, o cambio climático e a pesca industrial, son os principais inimigos das especies mariñas e o seu medio. Así o denuncian os científicos no Día Mundial dos océanos. // Preocupación entre os veciños de varios edificios no Centro de Ourense, ante a aparición de fendas que poderían revelar danos estruturais a causa das intensas treboadas. 08-06-23