Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O anticiclón vén para quedar con tempo seco, ceos con nubes e claros e posibilidade dalgún orballo no extremo na Mariña e ao sur de Ourense. As temperaturas máximas soben lixeiramente e oscilarán entre os 15 graos en Lugo e os 20 en Pontevedra

Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo | Segue polémica política sobre a condonación da débeda autonómica de 4.010 millóns de euros. A Xunta xustifica o seu rexeitamento por considerar que a proposta do goberno central discrimina a Galicia, mentres os nacionalistas destacan que é unha medida que eles negociaron con Pedro Sánchez | En Galicia estímase que 200 mil persoas padecen algunha enfermidade rara | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco

Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes. Unha das celebracións do Entroido que a Xunta recoñece Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo. Axudas de 250 euros ao mes para menores de 36 anos que buscan emanciparse. Os solicitantes recibirán resposta en xuño | No día mundial das Enfermidades raras, coñecimos o único caso que hai en España de proxeria, unha doenza que provoca o avellentamento precoz dos nenos, que non ten cura na actualidade. O CIMUS, de Santiago, é centro de referencia na súa investigación | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco. Anque os comerciantes aseguran que hai pouca variación de prezos

O ciclo de actividades do Entroido de Xinzo de Limia, achégase a recta final. Hoxe Alumnos, pais e profesores dos centros escolares recorreron as rúas nun desfile que conta cunha tradición de case catro décadas | Os grupos políticos manteñen a polémica sobre a condonación da débeda autonómica de 4.010 millóns de euros. A Xunta xustifica o seu rexeitamento por considerar que a proposta do goberno central discrimina a Galicia, mentres os nacionalistas destacan que é unha medida que eles negociaron con Pedro Sánchez | Hoxe é o día mundial das enfermidades raras, aquelas cunha prevalencia menor a cinco casos por cada 10 mil habitantes. En Galicia estímase que 200 mil persoas padecen algunha destas doenzas

Unha pequena borrasca pode deixar algo de chuvia á noite. Durante o día irá aumentando a nubosidade con posibilidade de choiva máis probable no sur oeste con algún chuvasco illado na Mariña. Mañá recuperamos a influencia do anticiclón que se manterá durante o entroido

Os prezos subiron en febreiro ao 3 %, o nivel máis alto nos últimos nove meses, pola suba do prezo da luz. A electricidade no mercado regulado é un 170% máis cara que hai un ano | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Comeza "Orixes", exposición inmersiva na Cidade da Cultura, en Santiago. Unha viaxe a través do tempo e das eras prehistóricas. Grazas á realidade virtual podemos achegarnos á vida antes de nós e incluso interactuar con ela

O aumento do prezo da luz fai que a inflación suba ao 3 por cento interanual en febreiro. UN dato do IPC publicado hoxe, que acada o nivel máis alto dos últimos nove meses. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e os alimentos, baixa en cambio tres décimas | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno. Dí que Galicia sae perxudicada ao ter que asumir casi 600 millóns máis de débeda. O BNG reclama a Rueda explicacións nun pleno extraordinario | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Como sería a Terra hai catrocentos millóns de anos. E o que intenta explicar grazas a realidade virtual a exposición Orixes, no Museo Gaiás, da Cidade da Cultura de Santiago. Unha experiencia inmersiva que permite viaxar no tempo e interactuar con criaturas prehistóricas

O aumento do prezo da luz fai que a inflación suba ao 3 por cento interanual en febreiro. UN dato do IPC publicado hoxe, que acada o nivel máis alto dos últimos nove meses | O Conselleiro galego de Facenda encabeza o levantamento da mesa de negociación por parte das comunidades gobernadas polo Partido Popular no Consello de Política Fiscal e Financeira. Iso non impediu que ese órgano aprobara a condonación, que para a Xunta pode ser de 4.010 millóns de euros | Hoxe é o día internacional do transplante de órganos e tecidos, no que España segue a ser líder en todo o mundo. En Galicia o ano pasado realizáronse 424 transplantes, a maior cifra dende que hai rexistros. Iván Quiñoá, un veciño de Sarria, está vivo grazas ás doazóns que recibiu da súa irmá e dun falecido

Galicia queda hoxe nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Temos tempo seco, sen chuvias, pouco vento do sur e ceos parcialmente cubertos, con nubes altas. A madrugada deixounos temperaturas en descenso, con xeadas no interior e néboas que se foron desfacendo ao longo da mañá. As máximas, sen cambios, xa superaron os 16 graos en Pontevedra ou na Coruña

Falece un home no incendio da súa vivenda en Bertamiráns, no concello de Ames, cerca de Santiago | O Presidente da Xunta insiste en rexeitar a condonación de mais de 4.000 millóns de euros de débeda autonómica que ofrece o Goberno Central. Socialistas e nacionalistas pídenlle que acepte, e o BNG mesmo lle ofréce o seu apoio por se cré necesario reclamar unha cantidade maior | As últimas operacións contra o narcotráfico deixan constancia da chegada ás rías galegas de novas organizacións, de orixe balcánico | Avanzan os traballos de restauración do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense, único de Galicia adicado a ese culto, un ano despois do incendio que devastou o edificio

Falece un home no incendio da súa vivenda en Bertamiráns, no concello de Ames, cerca de Santiago. Un veciño detectou unha densa fumareda nas zonas comúns do edificio e alertou aos servizos de emerxencias, que atoparon ao home, inconsciente tendido no chan | Debate entre os líderes políticos, no Parlamento, sobre a oferta do goberno central de condonar algo máis de 4.000 millóns de euros da débeda autonómica. A Xunta súmase ás comunidades do PP que rexeitan a oferta, que Rueda califica de mal negocio para Galicia. Socialistas e nacionalistas pídenlle que rectifique, e o BNG ofrece o seu apoio para que reclame unha cantidade maior | As últimas operacións contra o narcotráfico deixan constancia da chegada ás rías galegas de novas organizacións, de orixe balcánico. Hoxe analizamos no Telexornal cómo afrontan os medios policiais a loita contra estas bandas | Avanzan os traballos de restauración do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense, único de Galicia adicado a ese culto, un ano despois do incendio que devastou o edificio, do que so quedaron os muros de pedra. Para financiar as obras contan con donativos de discípulos do lama e de simpatizantes. A reapertura está prevista o ano que ven, cun retiro con practicantes de todo mundo

Incendio nunha vivenda no concello de Ames. Aínda que o lume foi sufocado rapidamente por un dos veciños, nada se puido facer pola vida do falecido, un home de 87 anos que vivía só. A Garda Civil investiga as causas do suceso | O Presidente da Xunta insiste en rexeitar a condonación de mais de 4.000 millóns de euros de débeda autonómica que ofrece o Goberno Central, por consideralo un negocio ruinoso para Galicia. Socialistas e nacionalistas pídenlle que acepte | Cúmprese un ano do incendio que destruía o edificio principal do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense, o único que hai en Galicia. O aniversario coincide co remate da primeira fase das obras de restauración que van custar máis de 700.000 euros

Despois das intensas chuvias do luns que chegaron a descargar ata case 145 litros por metro cadrado en puntos coma Muralla en Lousame, hoxe podemos ter algún chuvasco pero en xeral a choiva remite antes de dar paso mañá a un día seco e solleiro. As temperaturas baixan algo. As máximas oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo aos 16 de Ourense e Vigo.

Prospera a moción de censura en Outes. O popular Francisco Calo accede á alcaldía cos votos do seu grupo e o do único edil do PSOE na corporación | Rexeitada a proposta do BNG para reclamar as compatencias de Tráfico e Seguridade Vial. Os populares acusan aos nacionalistas de estar máis preto dos terroristas que da policía e a garda civil. O BNG alega que o PP rexeita unha proposta que o propio Fraga aceptara hai 20 anos | Pendentes do estado do Papa Francisco, o veterano xornalista Juan Vicente Boo, correspondente durante moitos anos no Vaticano, analiza os motivos polos que, a diferencia dos seus antecesores, o actual pontífice nunca visitou Galicia

Prospera a moción de censura en Outes. O popular Francisco Calo accede á alcaldía cos votos do seu grupo e o do único edil do PSOE na corporación | Rexeitada a proposta do BNG para reclamar as compatencias de Tráfico e Seguridade Vial. Os populares acusan aos nacionalistas de estar máis preto dos terroristas que da policía e a garda civil. O BNG alega que o PP rexeita unha proposta que o propio Fraga aceptara hai 20 anos | Pendentes do estado do Papa Francisco, o veterano xornalista Juan Vicente Boo, correspondente durante moitos anos no Vaticano, analiza os motivos polos que, a diferencia dos seus antecesores, o actual pontífice nunca visitou Galicia

O popular Francisco Calo foi elexido hoxe novo alcalde do concello coruñés, cos votos favorables dos seis concelleiros do PP e o do único edil do PSOE nesta corporación, que foi expedientado polo seu partido e recibiu berros de Xudas e traidor | Rexeitada a proposta do BNG para reclamar as compatencias de Tráfico e Seguridade Vial. Os populares acusan aos nacionalistas de estar máis preto dos terroristas que da policía e a garda civil. O BNG alega que o PP rexeita unha proposta que o propio Fraga aceptara hai 20 anos

Temporal no mar, con alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. Chove con intensidade sobre todo nas provincias atlánticas onde está activa unha alerta amarela porque poden caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e ata 40 en doce

Falece un home agredido durante un partido cadete de balonman feminino en Sanxenxo. Era o avó do árbitro | O presidente da Xunta mantén o seu rexeitamento a condonación de débeda das comunidades autónomas anunciada polo goberno central, que estima en máis de 4.000 millóns a cantidade que se perdoaría a Galicia | Sergas e o grupo sanitario Ribera apuran a negociación para renovar o convenio do centro hospitalario Povisa para atencer a 116.000 usuarios na area sanitaria de Vigo | Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben, conseguen medallas no campionato de España de atletismo en pista cuberta disputado en Madrid

Tres días de loito no Grove polo pasamento do home agredido durante un partido cadete de balonman feminino en Sanxenxo. Era o avó do árbitro. Empurrárono por defender ao seu neto. Faleceu hoxe tras dous meses na UCI |O presidente da Xunta mantén o seu rexeitamento a condonación de débeda das comunidades autónomas anunciada polo goberno central, tras chegar a un acordo con Esquerra Republicana de Cataluña. A ministra de Facenda estima en máis de 4.000 millóns a cantidade que se perdoaría a Galicia | Sergas e o grupo sanitario Ribera apuran a negociación para renovar o convenio do centro hospitalario Povisa para atencer a 116.000 usuarios na area sanitaria de Vigo. Tras ampliar dúas veces o prazo para que a empresa presente a sua oferta, a Xunta garántelle máis de 97 millóns anuais polos servizos os próximos dous anos | Ana Peleteiro consegue o seu noveno triunfo consecutivo en triplo salto, no campionato de España de atletismo en pista cuberta disputado en Madrid. Ouro tamén para a mugardesa Belén Toimil, que cumpliu o seu papel de favorita en lanzamento de peso. Adrián Ben levou a medalla de prata prata na carreira dos 1.500 metros |

A alerta laranxa por temporal costeiro e a marela en terra por chuvia fai que a Xunta suspenda a actividade deportiva federada no exterior durante todo o día. Conforme avance o día, a borrasca irase desprazando cara o leste con baixada de temperaturas | Tres medallas para deportistas galegos no campionato de España de atletismo en pista cuberta disputado en Madrid. Ana Peleteiro conseguiu o seu noveno campionato consecutivo en triplo salto. Ouro tamén para a mugardesa Belén Toimil en lanzamento de peso e Adrián Ben foi prata na carreira dos 1.500 metros | O concello de Lalin celebrou unha nova edición da Feira do Cocido, co embaixador do Xapón como pregoeiro, con máis de 50 mil persoas desfrutando dun dos principais eventos do calendario gastronómico galego