Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alfonso Rueda cre que as protestas contra Altri están ‘ideoloxizadas políticamente’. Para o PSdeG o proxecto non cumpre as condicións para acceder aos 250 millóns de euros en axudas. Ana Pontón, pide o Presidente Rueda que empregue os fondos públicos para axudar a outras industrias | A Policía Nacional alerta da proliferación en Galicia dunha ciberestafa que ofrece falsos postos de traballo a través de chamadas ou mensaxes | Non houbo vitorias para os equipos galegos esta fin de semana na segunda división. O Deportivo empatou ante o Cartagena en Riazor e o Racing de Ferrol caeu na sua visita ao campo do Málaga. O Celta non xogou ao haber partido da Selección

Xornada de traballos para arranxar canto antes os danos causados pola borrasca Martinho. Provocou638 incidencias en 24 horas. Tellados, carteis, e obxectos que saían voando polos fortes refachos, caídas de árbores causaron ademáis problemas nas estradas | Horas para a manifestación na ría de Arousa contra o proxecto de Altri e a mina de Touro | O Xuíz ordena ao Ministerio de Transportes publicar o informe sobre as causas doafundimento do buque Villa de Pitanxo |Protestas das traballadoras de centros de maiores na Coruña | Un novo decreto regula a publicidade das farmacias. Limítalles a promoción de medicamentos nas redes sociais ou na Web.Tampouco poderán contratarpersoas de relevancia mediática ou influentes | O Servizo Galego de Saúde deberá indemnizar con 60.000 euros a unha parella de Ourense polo falecemento do seu bebé antes do parto | Visto para a sentenza o caso ‘Mito’. Sito Miñanco enfróntase a 31 anos de cárcere | Arranca a campaña da sardiña e os primeiros exemplares chegan aos mercados. Polo de agora hai pouca e pequena e barata | O montañeiro galego Sechu López aventúrase nunha nova fazaña. A partir de mañá comeza a expedición Mar de Xeo polo Paso do Noroeste, unha das rutas máis inaccesibles do Ártico Canadense

En Muras os refachos superaron os 107 km por hora. Agora sobre todo Marinho deixa chuvias xeneralizadas que serán máis persistentes e cuantiosas na metade sur que continuarán duante a fin de semana. Baixan algo as temperaturas.

Xornada de traballos para arranxar canto antes os danos causados pola borrasca Martinho. Provocou 638 incidencias en 24 horas. Tellados, carteis, e obxectos que saían voando polos fortes refachos, caídas de árbores causaron ademáis problemas nas estradas | Horas para a manifestación na ría de Arousacontra o proxecto de Altri e a mina deTouro | O Xuíz ordena ao Ministerio de Transportes publicar o informe sobre as causas do afundimento do buque Villa de Pitanxo | Un novo decreto regula a publicidade das farmacias. Limítalles a promoción de medicamentos nas redes sociais ou na Web | Arranca a campaña da sardiña e os primeiros exemplares chegan aos mercados. Polo de agora hai pouca e pequena e barata

Xornada de traballos para arranxar canto antes os danos causados pola borrasca Martinho. Provocou638 incidencias en 24 horas. Tellados, carteis, e obxectos que saían voando polos fortes refachos, caídas de árbores causaron ademáis problemas nas estradas | Horas para a manifestación na ría de Arousa contra o proxecto de Altri e a mina de Touro | Arranca a campaña da sardiña e os primeiros exemplares chegan aos mercados. Polo de agora hai pouca e pequena e barata | O montañeiro galego Sechu López aventúrase nunha nova fazaña. A partir de mañá comeza a expedición Mar de Xeo polo Paso do Noroeste, unha das rutas máis inaccesibles do Ártico Canadense

Xornada de choivas e fortes ventos dende a madrugada, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense | Algún refacho superou os 160 km/h | As temperaturas oscilan entre os 6 graos e una media de 16 de máxima

Máis de 400 incidencias pola borrasca Martinho. Alerta laranxa costeira nas provincias de Pontevedra e sur da Coruña. Os ventos superaron os 160 km/h. Hai abundantes danos materiais | O Concello de Vigo abre dilixencias previas sobre a participación da Policía local nun desaloxo extraxudicial realizado pola polémica empresa Desokupa | O Congreso dos Deputados rebaixa a protección especial do lobo, o que abre a porta á súa caza para preservar ao gando. A medida, proposta polo PP, saíu adiante co apoio de Vox, PNV e Junts | Un de cada cinco galegos, precisou recorrer no último ano á axuda dun profesional por problemas de saúde mental ou emocional. No día mundial da felicidade, buscamos respostas na psiquiatría e fórmulas para vivir máis momentos de ledicia

O Congreso dos Deputados rebaixa a protección especial do lobo, o que abre a porta á súa caza para preservar ao gando... A medida, proposta polo PP, saíu adiante co apoio de Vox, PNV e Junts. A súa caza dependerá do regulamento autonómico | Máis de 400 incidencias pola borrasca Martinho. Alerta laranxa costeira nas provincias de Pontevedra e sur da Coruña. Os ventos superaron os 160 km/h. Hai abundantes danos materiais | Nace ‘Vivenda Xa!’, una nova Plataforma Galega para traballar a prol de que as vivendas sexan alcanzables | O Concello de Vigo abre dilixencias previas sobre a participación da Policía local nun desaloxo extraxudicial realizado pola polémica empresa Desokupa | En Lugo, un home aceptou hoxe un ano de cadea por distribución de pornografía infantil |O laboratorio de Cultivo in Vitro de árbores pretende producir 100.000 exemplares de especies de alto valor biolóxico nun ano | Día Mundial da Saúde Bucodental | Tras máis de 15 anos de Carrilanas deixaremos de ve-lo famoso descenso de Esteiro, declarado como Ben de Interese Turístico Nacional. A organización apunta a discrepancias co Concello | Un de cada cinco galegos, precisou recorrer no último ano á axuda dun profesional por problemas de saúde mental ou emocional. No día mundial da felicidade, buscamos respostas na psiquiatría, e fórmulas para vivir máis momentos de ledicia

Máis de 400 incidencias pola borrasca Martinho. Alerta laranxa costeira nas provincias de Pontevedra e sur da Coruña. Os ventos superaron os 160 km/h. Hai abundantes danos materiais | Nace ‘Vivenda Xa!’, una nova Plataforma Galega para traballar a prol de que as vivendas sexan alcanzables | O Concello de Vigo abre dilixencias previas sobre a participación da Policía local nun desaloxo extraxudicial realizado pola polémica empresa Desokupa | O Congreso dos Deputados rebaixa a protección especial do lobo ao norte do río Douro. Queda aberta a porta á súa caza para preservar ao gando. A medida, proposta polo PP, saíu adiante co apoio de Vox, PNV e Junts | Día Mundial da Saúde Bucodental

Alfonso Rueda di que non é viable acoller 326 menores inmigrantes en Galicia; que as nosas prazas para atender menores están "colmadas" e que o reparto ten que facerse de xeito máis programado e organizado. A oposición e organizacións acusan ao goberno galego de facer un uso político deste problema | A batalla política por Altri chega á sesión de control ao Goberno no Congreso. O BNG avisa de que a concesión de 250 millóns de fondos públicos para o proxecto é unha liña vermella que pode condicionar a relación futura do Goberno coa súa formación. O ministro de Industria ve a declaración ambiental da Xunta 'moi condicionada', e desvincúlaa das axudas que -asegura- aínda están avaliando | Xuntanza da mesa de seguemento de Alcoa hoxe en Madrid. Xunta e goberno central fan unha valoración positiva de cara ao futuro da planta de San Cibrao. O comité de empresa considera que a situación é semellante a cando Alcoa presentou o ERE en 2020 | A Cámara Oficial Mineira promove a investigación do territorio para situar Galicia como potencia extractora. Hai indicios de terras raras na Ría de Vigo | Dende hoxe quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais para particulares pola situación meteorolóxica | A conselleira de Política Social defende aos directivos do sistema público de residencias de maiores, tras as recentes protestas de diversos centros que denuncian psiquiatrización das unidades e falla de medios | Terceira condena ao Concello de Ourense e a Gonzalo Pérez Jácome por acoso laboral | No día do pai miramos pra esas persoas ás que lle falta a figura paterna e cómo lles afecta un día como hoxe. Máis do 10 % das familias galegas son monoparentais | A escaseza de sacerdotes obriga á diocese de Ourense a unha drástica reforma da súa organización. | Hoxe tamén é o día dos artesáns e estivemos con algunhas das poucas produtoras de sombreiros sancosmeiros | "O ouro dos Akan" é a exposición que se pode contemplar ata mediados de xullo na Fundación Barrié da Coruña.

Na Veiga, en Ourense, os refachos xa superaron 114 quilómetros. O vento será o protagonista nesta xornada na que se aproxima a borrasca Martinho que se fará notar sobre todo mañá. Hoxe apenas deixará chuvia.

As accións contra á construción dunha gran fábrica de celulosa en Palas de Rei, Lugo, saltaron hoxe a Bruxelas e ao Congreso dos Deputados. O BNG tentará que o proxecto non reciba fondos europeos e advirte ao Goberno de España que Altri é una “liña vermella” | Importante reestruturación das demarcacións parroquiais en Ourense. Pasarán de máis de 700 a non chegar ás 100, coa perda de servizos que iso leva e o trastorno para centos de fregueses | No día dos artesáns e as artesás estivemos con algunhas das poucas produtoras de sombreiros sancosmeiros; un exemplo de como un produto tradicionalmente útil atravesa o tempo converténdose nun cotizado artigo, neste caso, nun complemento de roupa

Alfonso Rueda di que non é viable acoller 326 menores inmigrantes en Galicia; que as nosas prazas para atender menores están "colmadas" e que o reparto ten que facerse de xeito máis programado e organizado. A oposición e organizacións acusan ao goberno galego de facer un uso político deste problema | | A batalla política por Altri chega á sesión de control ao Goberno no Congreso. O BNG avisa de que a concesión de 250 millóns de fondos públicos para o proxecto é unha liña vermella que pode condicionar a relación futura do Goberno coa súa formación. O ministro de Industria ve a declaración ambiental da Xunta 'moi condicionada', e desvincúlaa das axudas que -asegura- aínda están avaliando | | Xuntanza da mesa de seguemento de Alcoa hoxe en Madrid. Xunta e goberno central fan unha valoración positiva de cara ao futuro da planta de San Cibrao. O comité de empresa considera que a situación é semellante a cando Alcoa presentou o ERE en 2020 | Dende hoxe quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais para particulares pola situación meteorolóxica | "O ouro dos Akan" é a exposición que se pode contemplar ata mediados de xullo na Fundación Barrié da Coruña. 300 pezas dos artesáns e orfebres desta etnia de África occidental que utilizaban a arte como medio de expresión cando non coñecían a escritura

Amenceu solleiro en toda Galicia pero co avance do día muda a ceos máis cubertos | A borrasca pode deixar chuvascos illados e ocasionailmente treboentos, máis probables no interior e en zonas altas | As temperaturas continúan en ascenso con máximas roldando os 18 graos.

Despois de Latinoamérica, Alfonso Rueda inicia unha volta por varias comunidades autónomas. Hoxe, reuníuse en Andalucía con Juanma Romero. Os dous presidentes populares apoian a Mazón e rexeitan o acordo para o reparto de inmigrantes do Goberno | Aumentan os colectivos e protestas contra a construción da fábrica de celulosa en Palas de Rei. Esta mañá unha protesta irrumpiu nas oficinas da Xunta en Vigo, varios concellos uníronse para opoñerse en bloque e un cento de persoas quere persoarse como parte afectada polo proxecto | Unha ficción sen medias tintas e con moita ironía para romper tabúes… Sibila Freijo fala na súa nova novela das cousas que lles ocorren ás mulleres a partir dos cincuenta. Invita a rir e aprender ao público feminino, pero se cadra, máis aos homes.

Alfonso Rueda acorda co seu homólogo de Andalucía, Juanma Moreno, compartir software para mellorar a Formación Profesional. Ambos presidentes rexeitan o plan do Goberno do Estado para o reparto, entre as diferentes Comunidades Autónomas, dos migrantes menores agora acollidos en Canarias | Máis accións contra a construcción da fábrica de celulosas de Altri. Este martes os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa amosaron o seu rexeitamento ao proxecto en bloque. En Vigo, grupos ecoloxistas manifestáronse no edificio da Xunta e 100 persoas queren personarse como afectados polo proxecto | O pesqueiro Pico TresMares, con base no porto lucense de Celeiro, afundiu na a pasada madrugada no Pacífico, cando faenaba a mil millas de Chile. Os 19 tripulantes, algúns galegos, están en bo estado | Investigan a morte dun buzo que sufriu un paro cardiaco mentres recollía navalla no Grove. Segundo as primeiras informacións, tería quedado varios minutos sen recibir aire ao producirse un problema ba botella de oxíxeno |Do 1 de abril ata o 30 de xuño non se poderá capturar polbo en Galicia. É o acordado entre Xunta e o sector para recuperar a especie. Estamos ante a maior escaseza en 25 anos. Haberá axudas económicas a cargo do Fondo Europeo Marítimo para os mariñeiros | As tecnoloxías están a modificar o mercado laboral e mesmo a proxección profesional das persoas. Isto e a xestión do talento son algúns dos temas que debatidos en Santiago nun foro con responsables de recursos humanos de máis de 100 empresas galegas | Que sucede cando o teu carné de identidade e o espello din que tes cincuenta anos, pero ti segues sentíndote como a moza de sempre? A escritora e xornalista coruñesa Sibila Freijo presenta a súa nova novela. A primeira ficción que trata, sen tópicos, a menopausia e o desconcerto que provoca a entrada na madurez

Alfonso Rueda acorda co seu homólogo de Andalucía, Juanma Moreno, compartir software para mellorar a Formación Profesional. Ambos presidentes rexeitan o plan do Goberno do Estado para o reparto, entre as diferentes Comunidades Autónomas, dos migrantes menores agora acollidos en Canarias | Máis accións contra a construcción da fábrica de celulosas de Altri. Este martes os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa amosaron o seu rexeitamento ao proxecto en bloque. En Vigo, grupos ecoloxistas manifestáronse no edificio da Xunta e 100 persoas queren personarse como afectados polo proxecto | Prohibida a captura do polvo do 1 de abril ata o 30 de xuño. A Xunta e o sector acordan un paro biolóxico dun mes e unha veda de dous meses máis para recuperar a especie. Estamos ante a maior escaseza en 25 anos | En Lugo, o xulgado mercantil aprobou a venda de Pescados Rubén, en concurso de acredores dende hai un mes | O Deportivo acada un valioso empate na súa visita ao Castellón. Foi un partido aberto, con alternativas no xogo e no marcador, que permite aos coruñeses manter a distancia coa zona de descenso

Soben as temperaturas pola chegada de vento do sueste. Máximas entre 15 e 20 graos. Refachos fortes do nordés | A semana empeza con nubes e claros e con algúns chuvascos nas provincias do sur pola mañá e que pola tarde poden caer no resto da comunidade

As plataformas contra a macrocelulosa de Altri pretenden tumbar o proxecto por presión social. Anuncian mobilizaciós por terra e por mar | Marzo é o mes de purificación nas crenzas do islam. Preto de 30.000 persoas conforman esta comunidade en Galicia. TVE Galicia estivo na mezquita no momento en que se reúnen os crentes de diversas nacionalidades. Atención a como se rompe o xaxún | O Celta segue en racha e encadea seis xornadas sen perder. Un tiro de Marcos Alonso no minuto 82 sentenciou o partido. Coa súa victoria fronte ao Valladolid afástase do risco de descenso e abre a porta a prazas europeas

A Xunta activa un fondo de 5 millóns de euros en avais para mercar a primeira vivenda. O Consello da Xunta tamén aprobou o plan director da automoción con axudas tanto á produción como á renovación de vehículos privados | As plataformas contra a macrocelulosa de Altri pretenden tumbar o proxecto por presión social. Anunciadas mobilizaciós por terra e por mar | Os propietarios de montes facturaron 285 millóns de euros pola venda de madeira | Investigan a causa dun accidente de tráfico en Ribadumia con tres vehículos involucrados. Faleceu unha muller de 89 anos | As traballadoras de residencias de maiores privadas e concertadas en Galicia requiren a intervención da Consellería de Política Social na renovación do convenio. Denuncian a psiquiatrización destes centros e falla de persoal. Anuncian mobilizacións | O Tribunal Superior de Xustiza confirma a condena de 11 anos de cadea a un home por tentar matar á súa exparella en Pontevedra | Marzo é o mes de purificación para os islamistas. Preto de 30.000 persoas celebran o Ramadán en Galicia | O Celta segue en racha, afástase do risco de descenso e abre a porta a prazas europeas | ‘Ritos e rituais de inverno', unha exposición sobre as máscaras de Entroido. Pode visitarse ata o 5 de maio no Vello Cárcere de Lugo