Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un comentario emitido polo representante de En Marea no Congreso dos deputados por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, no que lle chamaba ignorante ao pobo galego por terlle outorgado a maioría absoluta ao PP, causou un gran rebumbio nas redes sociais, e obrigou ao deputado a pedir disculpas. A portavoz de en Marea deu hoxe o asunto por rematado // A xuiza que instrue a causa do accidente de tren do Porriño, no que morreron catro persoas, autorizou o traslado dos coches a unhas instalacións de Renfe, coa advertencia de que non poderán ser reparados ata que rematen as análises dos peritos // Comezaron os traballos para recuperar os montes queimados durante o verán. Concéntranse en evitar que os terreos se degraden, coa chegada das choivas. 28/09/16

O deputado de En Marea Fernán Vello pediu disculpas, despois de publicar un tuit no que chamaba ignorantes aos votantes do PP // A xuiza que instrue a causa do accidente de tren do Porriño, no que morreron catro persoas, autorizou o traslado dos coches // Comezaron os traballos para recuperar os montes queimados durante o verán. 28/09/16

Teremos unha tarde de claros, en toda Galicia. E boas temperaturas, porque temos un anticiclón que fará subir os termómetros respecto de onte, sobre todo no sur. 28/09/16

Crise no goberno municipal de Ferrol, formado, ata agrora, por Ferrol en Común, (o grupo de En Marea ao que pertence o alcalde ) e polo PSdeG-PSOE. A dirección socialista local decidiu retirarlle o apoio ao alcalde, Jorje Suárez, e este destituiu á tenente de alcalde e lider socialista Beatriz Sestayo // Tres grupos de capital chinés poden facerse, de xeito inmediato, con tres importantes empresas galegas. Entre elas o Celta de Vigo. Tamén en Vigo, o capital asiático negocia a compra do estaleiro Barreras // En Palas de Rei, Lugo, abriu hoxe ó público o castelo de Pambre, unha fortaleza do século 14, que foi restaurada, cun investimento de 2 millóns de euros. 27/09/16

Crise no goberno municipal de Ferrol, formado, ata agrora, por Ferrol en Común, (o grupo de En Marea ao que pertence o alcalde ) e polo PSdeG-PSOE // Tres grupos de capital chinés poden facerse, de xeito inmediato, con tres importantes empresas galegas // En Palas de Rei, Lugo, abriu hoxe ó público o castelo de Pambre. 27/09/16

O Partido Popular analiza hoxe os resultados históricos logrados nas eleccións galegas de onte nas que Núñez Feijóo conseguiu as súa teceira maioría absoluta, obtendo 41 deputados e un aumento de votos, respecto a hai 4 anos. Cren que o apoios dos votantes se debeu á súa oferta de estabilidade no goberno // Na oposicion, confirmouse o sobrepasamento de En Marea sobre o PSdeG-PSOE, aínda que empatan en número de escanos, con 14 cada un. O BNG mantén grupo parlamentario, pese a diminuir un deputado, e queda con seis representantes e coma cuarta forza política do Parlamento galego // Segunda vitoria consecutiva do Celta, primeira fóra da casa, ao imporse ao Español por dous goles a cero. Mentres o Dépor encaixou a terceira derrota ao perder por 1 a O na na súa visita ao Campo do Atlético de Madrid. 26/09/16

O Partido Popular analiza hoxe os resultados históricos logrados nas eleccións galegas de onte nas que Núñez Feijóo conseguiu as súa teceira maioría absoluta, obtendo 41 deputados e un aumento de votos, respecto a hai 4 anos // Na oposicion, confirmouse o sobrepasamento de En Marea sobre o PSdeG-PSOE // Segunda vitoria consecutiva do Celta, primeira fóra da casa, ao imporse ao Español por dous goles a cero. 26/09/16

Remata a campaña para as eleccións do domingo nas que 2 millóns 200 mil galegos residentes en Galicia e máis de 440 mil que viven fóra poderemos votar para elexir os 75 deputados do Parlamento autonómico // Os técnicos revisaron a vía onde descarrilou o Tren Celta, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos. Segundo os primeiros datos as infraestructuras e os freos do tren funcionaban correctamente, o que reafirmaría o exceso de velocidade coma principal causa do sinistro // Máis de 14 millóns de euros deixou a lotería primitiva en Arzúa. Un premio que se repartirán doce dos carteiros desta vila coruñesa, que selaron alí o boleto coa combinación gañadora. 23/09/16

Remata a campaña para as eleccións do domingo nas que poderemos participar máis de 2 millóns 600 mil galegos // Os técnicos revisaron a vía onde descarrilou o Tren Celta, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos // Máis de 14 millóns de euros deixou a lotería primitiva en Arzúa. 23/09/16

A fin de semana comeza con bo tempo. Despois dunha mañá de nubes e brétemas pola tarde os ceos van ir quedando despexados nun día no que soben lixeiramente as temperaturas. 23/09/16

O Consello da Xunta aprobou a eliminacion das licenzas municipais previas para emprender calquera actividade empresarial. Tamen lle deu o visto e prace á fusion dos concellos pontevedreses de Cerdedo e Cotobade, unha vez superados todos os tramites legais // Sorpresa na Coruña entre os coñecidos do brasileiro asasinato en Guadalaxara esnaquizado xunto a súa muller e os seus dous fillos. Na cidade herculina viviu catro anos onde traballou como panadeiro e noutros negocios de hostalería // Primeira vitoria do Celta na Liga. Impúxose ao Sporting de Xixón por dous goles a 1, con tantos de Hugo Mallo e Iago Aspas. Mentres o Dépor recibe esta noite en Riazor ao Leganés no segundo dos tres partidos que afronta esta semana. 22/09/16

O Consello da Xunta aprobou a eliminacion das licenzas municipais previas para emprender calquera actividade empresarial // Sorpresa na Coruña entre os coñecidos do brasileiro asasinato en Guadalaxara esnaquizado xunto a súa muller e os seus dous fillos // Primeira vitoria do Celta na Liga. Impúxose ao Sporting de Xixón por dous goles a 1, con tantos de Hugo Mallo e Iago Aspas. 22/09/16

A nai de Diana Quer rompeu hoxe o silencio que viña mantendo nas últimas semanas respecto á desaparición da súa filla, hai un mes, na Pobra do Caramiñal. Insistiu en pedir a colaboraciòn cidadá, en busca de calquera detalle que axude na investigación // O Tribunal Supremo estuda hoxe o recurso de casación interposto polas defensas de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra a sentenza que os condenou a 18 anos de cárcere por asasinar a súa filla Asunta cun plan acordado polos dous.Un recurso que analiza o alto tribunal xusto cando se cumpren tres anos da morte da nena // Vendas récord do grupo textil Inditex. No primeiro semestre fiscal do ano superaron por primeira vez a barreira dos 10 mil millóns de euros, un 11% ca un ano antes. A compañía de Amancio Ortega conseguiu así aumentar o beneficio nun 8% ata os 1.256 millóns de euros ata xullo. 21/09/16