O pai e a irmá pequena de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal hai máis de tres semanas, volveron hoxe a Galicia, dentro do proceso paralelo pola custodia da irmá pequena. O avogado da nai desmentiu que a proxenitora figure coma sospeitosa da desapariciòn da moza // A cabeza tractora do tren Celta que descarrilou o pasado venres, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos, segue ao carón da vía, nesta localidade pontevedresa, á espera de que os peritos que investigan o accidente analicen se houbo algún fallo técnico // O avogado da familia de Tatiana Vázquez, a moza asasinada de 50 coiteladas, asegura que hai probas concluintes de que foi un crime premeditado e que o acusado foi gravado por cámaras de seguridade ocultando un obxecto que podería ser o coitelo do crime. 14/09/16
O pai e a irmá pequena de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal hai máis de tres semanas, volveron hoxe a Galicia // A cabeza tractora do tren Celta que descarrilou o pasado venres, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos, segue ao carón da vía // O avogado da familia de Tatiana Vázquez, a moza asasinada de 50 coiteladas, asegura que hai probas concluintes de que foi un crime premeditado. 14/09/16
Esta tarde activarase unha alerta amarela na Mariña de Lugo por vento forte nun día no que continuamos con tempo inestable e ceos moi cubertos que poden deixar chuvascos e treboadas. 14/09/16
A caixa negra do tren que descarrilou o pasado venres no Porriño, causando 4 mortos e 48 feridos, revela que o convoi ía a unha velocidade excesiva cando sucedeu o accidente. Circulaba a 118 km/h, cando tiña que ter reducido a 30 km/h, xa que fora desviado a unha vía secundaria por mor de obras na principal // O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación da orde de axudas destinadas a paliar os danos dos xabaríns. Esta modificación contempla agora como beneficiarios non só aos agricultores censados no rexistro de actividades agrarias, senón tamén aos propietarios de fincas destinadas ao autoconsumo // A chuvia caída nas últimas horas axudou no control dunha decea de lumes declarados onte na provincia de Ourense. Arestora non hai ningún activo, seis quedaron controlados e outros tres xa foron extinguidos en Sandiás, Xunqueira de Ambía e Manzaneda. 13/09/16

A caixa negra do tren que descarrilou o pasado venres no Porriño, causando 4 mortos e 48 feridos, revela que o convoi ía a unha velocidade excesiva cando sucedeu o accidente // O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación da orde de axudas destinadas a paliar os danos dos xabaríns // A chuvia caída nas últimas horas axudou no control dunha decea de lumes declarados onte na provincia de Ourense. 13/09/16
Ata media tarde está previsto que siga chovendo en toda Galicia. Chuvias que deixaron máis de 40 litros por metro cadrado en moitos puntos nas últimas horas. 13/09/16
Cambia o tempo. Despois dun verán seco e caluroso, as nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día empezando polo oeste da comunidade. Chuvias intensas que se prevén para esta noite na que estára activa unha alerta amarela nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra // Este luns 12 de setembro é tamén o día de volta ao cole para os máis pequenos. Máis de 200 mil nenos de infantil e primaria volveron hoxe ás aulas despois das longas vacacións de verán. Este ano serán menos sobre todo en infantil, onde hai matriculados máis 60 mil nenos // O xulgado aínda non autorizou o traslado dos restos da cabeza tractora do tren que descarrilou no Porriño, causándolles a morte a catro persoas. Nove feridos seguen aínda hospitalizados e mañá empezaranse a recuperar os datos técnicos da caixa negra do tren, tratando de averiguar as causas do sinistro. 12/09/16

Cambia o tempo. Despois dun verán seco e caluroso, as nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día // Este luns 12 de setembro é tamén o día de volta ao cole para os máis pequenos. Máis de 200 mil nenos de infantil e primaria volveron hoxe ás aulas despois das longas vacacións de verán // O xulgado aínda non autorizou o traslado dos restos da cabeza tractora do tren que descarrilou no Porriño, causándolles a morte a catro persoas. 12/09/16
As nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día empezando polo oeste da comunidade. 12/09/16
Catro persoas resultaron mortas e 47 feridas no sinistro ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, ao descarrilar o tren de Convoios de Portugal. Un dos falecidos é o maquinista do tren, de nacionalidade portuguesa // A Garda Civil realiza hoxe unha batida entre Rianzo e Boiro, no fondo da Ría de Arousa, en busca de indicios sobre a presenza de Diana Quer. Explicouno o Director xeral do Corpo, Arsenio Fernández de Mesa que esta mañá se reuniu, en Noia, con mandos e co equipo de investigadores que dirixe as pescudas para dar co paradoiro desta moza, desaparecida dende o pasado día 22, na Pobra do Caramiñal. 09/09/16
Editor de texto enriquecidoBarras de herramientas del editorDocumento Fuente HTML ImprimirPortapapeles/Deshacer Cortar Copiar Pegar Pegar como Texto Plano Pegar desde Word Deshacer RehacerEdición Buscar Reemplazar Seleccionar Todo Comprobar Ortografía Mientras EscribeEnlaces Insertar/Editar Vínculo Eliminar Vínculo ReferenciaInsertar Imagen Tabla Insertar Línea Horizontal Insertar Caracter EspecialEstilos básicos Negrita Cursiva Subrayado Tachado Subíndice Superíndice Eliminar FormatoPárrafo Numeración Viñetas Disminuir Sangría Aumentar Sangría Cita Crear contenedor DIV Alinear a Izquierda Centrar Alinear a Derecha JustificadoEstilosEstiloColores Color de TextoHerramientas Mostrar bloquesabout Acerca de CKEditorPulse ALT 0 para ayudaCatro persoas resultaron mortas e 47 feridas no sinistro ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, ao descarrilar o tren de Convoios de Portugal. Un dos falecidos é o maquinista do tren, de nacionalidade portuguesa // A Garda Civil realiza hoxe unha batida entre Rianzo e Boiro, no fondo da Ría de Arousa, en busca de indicios sobre a presenza de Diana Quer. Explicouno o Director xeral do Corpo, Arsenio Fernández de Mesa que esta mañá se reuniu, en Noia, con mandos e co equipo de investigadores que dirixe as pescudas para dar co paradoiro desta moza, desaparecida dende o pasado día 22, na Pobra do Caramiñal // Desactivada a situación de alerta dous no incendio do municipio ourensán de Entrimo onde o lume xa non supón perigo para as vivendas. Agora veciños e concello avalían os danos causados pola queima de case tres mil hectáreas. 09/09/16
Catro persoas resultaron mortas e 47 feridas no sinistro ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, ao descarrilar o tren de Convoios de Portugal // A Garda Civil realiza hoxe unha batida entre Rianzo e Boiro, no fondo da Ría de Arousa, en busca de indicios sobre a presenza de Diana Quer // Desactivada a situación de alerta dous no incendio do municipio ourensán de Entrimo onde o lume xa non supón perigo para as vivendas. 09/09/16
Tempo seco e soleado, con ceos pouco anubrados, e cuns pequenos cambios nas temperaturas: as mínimas baixan algo, pero as máximas soben, 1 ou 2 graos. 09/09/16
O Partido Popular repetiria maioría absoluta no Parlamento Galego, se as eleccións se celebrasen agora. Segundo a enquisa do Cis, o PP teria 40 ou 41 deputados, En Marea, entre 15 e 17, e os socialistas 16, 2 menos que agora. O BNG teria dous, lonxe dos 7 actuais, e Ciudadanos podería ter 1 ou ningun // A Xunta preve que a economia galega creza un 3% o ano proximo, medio punto mais do inicialmente calculado. Tamen que o paro baixe en 1 punto // Son 6.000 as hectareas queimadas en Galicia nas ultimas 48 horas; 5.000 hectareas corresponden a Ourense. A situación mellorou hoxe no Concello de Entrimo, onde arderon 2.500 hectareas e con alerta por proximidade do lume ás casas. 08/09/16
O Partido Popular repetiria maioría absoluta no Parlamento Galego, se as eleccións se celebrasen agora. Segundo a enquisa do Cis, o PP teria 40 ou 41 deputados, En Marea, entre 15 e 17, e os socialistas 16, 2 menos que agora . O BNG teria dous, lonxe dos 7 actuais, e Ciudadanos podería ter 1 ou ningun // A Xunta preve que a economia galega creza un 3% o ano proximo, medio punto mais do inicialmente calculado. Tamen que o paro baixe en 1 punto. Son previsions economicas comtempladas para elaborar os orzamentos doano vindeiro, que se incrementarán nun 2,7%, e cun teito de gasto provisional de 9.039 millons de euros // Son 6.000 as hectareas queimadas en Galicia nas ultimas 48 horas; 5.000 hectareas corresponden a Ourense. A situación mellorou hoxe no Concello de Entrimo, onde arderon 2.500 hectareas e con alerta por proximidade do lume ás casas. 08/09/16
O Partido Popular repetiria maioría absoluta no Parlamento Galego, se as eleccións se celebrasen agora // A Xunta preve que a economia galega creza un 3% o ano proximo, medio punto mais do inicialmente calculado // Son 6.000 as hectareas queimadas en Galicia nas ultimas 48 horas; 5.000 hectareas corresponden a Ourense. 08/09/16
Volvemos ter hoxe ceos despexados, ainda que o dia comezou con bancos de neboa. 08/09/16
Cinco incendios seguen activos na provincia de Ourense, onde levan queimadas, dende onte, máis de tres mil hectáreas. O máis procupante é o que lle afecta ao concello de Entrimo, onde os medios de extinción tratan de evitar que afecte a aldeas que teñen as lapas moi próximas ás vivendas // A compañía eléctrica Iberdrola asina esta tarde con Navantia un novo contrato para fabricar 30 grandes soportes para aeroxeradores dun parque eólico mariño no Reino Unido.Suporá máis de 1 ano de carga de traballo para a factoría de Navantia en Fene // A Garda Civil que investiga a desaparición de Diana Quer, na Pobra do Caramiñal, trata de averiguar qué medio puido transportar á moza fora da localidade, una vez que toma forza a hipótese de que volveu a casa, dende a festa. 07/09/16