Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O veredicto do xurado que declara a José Carlos Eirín culpable do asasinato de Jéssica Méndez. Considera probado que o acusado bateu a propósito o seu coche contra o da moza, causándolle a morte | A posibilidade de declarar zonas tensionadas do mercado do aluguer nalgunhas cidades enfronta á Xunta cos gobernos municipais. A conselleira de Vivenda di que non fará ningunha declaración de zona tensionada de oficio | O exxogador e adestrador de fútbol Juan Carlos Unzué fai en Santiago un chamamento a unha maior atención aos enfermos de ELA | Receitas tradicionais, cociñadas a lume lento, aprendidas das nosas nais, tías ou avoas. Son tesouros culinarios que o centro Carlos Oroza de Pontevedra está a recompilar nas súas cociñas para evitar que se perdan. 19-03-2024

O veredicto do xurado que declara a José Carlos Eirín culpable do asasinato de Jéssica Méndez | A posibilidade de declarar zonas tensionadas do mercado do aluguer nalgunhas cidades enfronta á Xunta cos gobernos municipais. A conselleira de Vivenda di que non fará ningunha declaración de zona tensionada de oficio | Juan Carlos Unzué fai en Santiago un chamamento a unha maior atención aos enfermos de ELA | Receitas tradicionais, cociñadas a lume lento, aprendidas das nosas nais, tías ou avoas. Son tesouros culinarios que o centro Carlos Oroza de Pontevedra está a recompilar nas súas cociñas para evitar que se perdan. 19-03-2024

O veredicto do xurado que declara a José Carlos Eirín culpable do asasinato de Jéssica Méndez. Considera probado que o acusado bateu a propósito o seu coche contra o da moza, causándolle a morte | A posibilidade de declarar zonas tensionadas do mercado do aluguer nalgunhas cidades enfronta á Xunta cos gobernos municipais | Receitas tradicionais, cociñadas a lume lento, aprendidas das nosas nais, tías ou avoas. Son tesouros culinarios que o centro Carlos Oroza de Pontevedra está a recompilar nas súas cociñas para evitar que se perdan | En Vigo poden verse dende hoxe gravados de Manuel Colmeiro realizados na década dos corenta coa técnica de punta seca. 19-03-2024

Xornada de transición á espera de que chegue unha fronte á noite. As temperaturas poden ser algo máis baixas pero así e todo, as máximas seguirán en valores moi agradables, por riba dos 20 graos. Despois das néboas da mañá, co avance do día fóronse abrindo claros e á tarde podería rexistrarse algo de tormenta no interior. 19-03-2024

Arranca a duodécima lexislaturacoa constitución do novo Parlamento saído das eleccións autonómicas de febreiro. Os 75 deputados prometeronouxuraron os seus cargos e Miguel Santalicesrepite coma Presidente | Os socialistas entran, finalmente, na Mesa da Cámara, aocederlle o BNG un dos postos que corresponden á oposición no órgano que dirixe os traballos parlamentarios, pese á diferencia de escanos entre ambos grupos. Entre os tres representantes do PP figura a ata agoraconselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez que, destexeito, abandona o gobernogalego| O Celta recupera a confianza sumando tres puntos en Sevilla e aumenta a distancia cospostos de descenso. Cunhaimaxe renovada, con catrocanteiránsnun equipo disposto a traballar no campo contrario, Claudio Giráldez estréase do mellorxeito posible como novo adestrador. Na segunda, o Racing de Ferrol vence na Malata, logo de tres meses, ante o Valladolid | Promover a participación dos máisnovosnasvindeiraseleccións europeas do 9 de xuño. E o obxectivo dos 100 mozos de cinco países, incluido España, que remataron hoxe a peregrinación polas últimas etapas do Camiño de Santiago. A iniciativa partíu dos alumnos dun instituto de Albacete. 18-03-2024

Aumenta a inestabilidade atmosférica coa entrada de aire frío en altura. Tras unhamañá de ceos nubrados e néboas, poden caer algunschuvascostreboentosmáis probables no interior. As temperaturas mínimas sufren un lixeiro descenso, mentres que asmáximas quedan sen cambios significativos. 18-03-2024

Arranca a duodécima lexislaturacoa constitución do Parlamento saído das eleccións autonómicas. Os 75 deputados prometeronouxuraron os seus cargos e Miguel Santalicesrepite coma Presidente | Os socialistas entran na Mesa da Cámara, aocederlle o BNG un dos postos que corresponden á oposición, pese á diferencia de escanos entre ambos grupos|O Celta recupera a confianza sumando tres puntos en Sevilla e aumenta a distancia cospostos de descenso. Cunhaimaxe renovada, con catrocanteiránsnun equipo disposto a traballar no campo contrario, Claudio Giráldez estréase do mellorxeito posible como novo adestrador | Promover a participación dos máisnovosnasvindeiraseleccións europeas do 9 de xuño. E o obxectivo dos 100 mozos de cinco países, incluido España, que remataron hoxe a peregrinación polas últimas etapas do Camiño de Santiago. 18-03-2024

Galicia inicia hoxe a súa duodécima lexislatura. Este mediodía quedouconstituído o novo Parlamento saído das eleccións autonómicas de febreiro. Os 75 deputados prometeronouxuraron os seus cargos e Miguel Santalices repite coma Presidente da Cámara |Aa principal incógnita era saber cal sería a composición da Mesa do Parlamento. Finalmente o BNG cedeulle un postoaoPSdeG | O Celta recupera a confianza sumando tres puntos en Sevilla no primeiro partido conovo adestrador. Claudio Giráldez tirou da canteira, presentou un equipo ofensivo e conseguiu aumentar a distancia cospostos de descenso. Tamén o Racing de Ferrolconseguiuunha vitoria na Malata ante o Valladolid. 18-03-2024

A fin de semana comeza de momento sen chuvia. Os ceos han quedar máis despexados esta tarde pero xa mañá ao mediodía agardamos que unha fronte deixe precipitacións que serán máis persistentes na fachada atlántica. Chuvias que irán remitindo o domingo sobre todo á tarde. Última fin de semana do inverno con temperaturas en ascenso. As máximas roldarán os 20 graos en moitas localidades. 15-03-2024

Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo | Tras un inverno chuvioso os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón | Cociñeiros en formación procedentes de escolas de hostalaría de cinco comunidades competiron hoxe en Santiago para amosar as súas dotes como futuros chefs. O gañador, un rapaz asturiano de 29 anos. 15-03-2024

Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo, tras fracasar os intentos de desencallalo | Tras un inverno chuvioso, cun 14 por cento de precipitacións por riba do habitual, os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón. Despois de recibir a visita da súa filla, a infanta Elena, este mediodía decidiu saír a adestrar con vistas a regata que esta fin de semana | Cociñeiros en formación procedentes de escolas de hostalaría de cinco comunidades competiron hoxe en Santiago para amosar as súas dotes como futuros chefs. O gañador, un rapaz asturiano de 29 anos. 15-03-2024

Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo, tras fracasar os intentos de desencallalo | Tras un inverno chuvioso, cun 14 por cento de precipitacións por riba do habitual, os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón. Despois de recibir a visita da súa filla, a infanta Elena, este mediodía decidiu saír a adestrar con vistas a regata que esta fin de semana. 15-03-2024

Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento, 6 décimas menos que o mes anterior | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral. Os traballadores dos estaleiros pararon hoxe e manifestáronse en Vigo reclamando máis control da Inspección de Traballo | O Goberno quere máis espazos sen fume, que se prohiba fumar en máis lugares, como paradas de autobús, nas terrazas dos bares o incluso nos coches. Tamén pide máis control para que se cumpran as prohibicións e subir o prezo do tabaco | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024

Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024

Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral | O Goberno quere máis espazos sen fume, que se prohiba fumar en máis lugares, como paradas de autobús, nas terrazas dos bares o incluso nos coches | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024

Unha fronte pouco activa atravesa Galicia, deixando ceos anubrados con chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e nestas horas centrais do día. As temperaturas mínimas ascenderon, mentres que as máximas que onte chegaron a superar os 25 graos en Ourense, sufrirán un moderado descenso. 14-03-2024

Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43

Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43

Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43

A influencia anticiclónica déixanos un día de ceos practicamente despexados en xeral, con algúns bancos de néboa illados en zonas de interior. As temperaturas ascenden, tanto as mínimas como sobre todo as máximas, que chegan aos 23 graos en Ourense.  Durante a noite xa entrarán nubes baixas que deixarán orballos na franxa atlántica.