Comeza o reconto dos votos do censo de residentes ausentes, unhas 29.300 papeletas que chegan desde a emigración para as eleccións autonómicas e que poderían facer variar un escano na provincia de Ourense | Os homes gañan de media en Galicia uns 5.000 euros máis ao ano que as mulleres, facendo o mesmo traballo. Unha fenda salarial que os últimos estudos cifran por riba do 20 por cento | Lembramos o humorista gráfico Xesús Campos, pioneiro da banda deseñada en galego, coincidindo co 33 cabodano do seu pasamento
Comeza o reconto dos votos do censo de residentes ausentes, unhas 29.300 papeletas que chegan desde a emigración para as eleccións autonómicas e que poderían facer variar un escano na provincia de Ourense | Os homes gañan de media en Galicia uns 5.000 euros máis ao ano que as mulleres, facendo o mesmo traballo. Unha fenda salarial que os últimos estudos cifran por riba do 20 por cento | Os servizos de urxencias do Sergas contarán cun sistema telemático de interpretación de linguaxe de signos as 24 horas. Estará dispoñible nas urxencias dos 14 hospitais públicos galegos e nos 90 puntos de atención continuada | Lembramos o humorista gráfico Xesús Campos, pioneiro da banda deseñada en galego, coincidindo co 33 cabodano do seu pasamento
Luns moi invernal con neve por riba dos 800 metros. Hai avisos por nevaradas nas montañas de Lugo e Ourense. Vai máis frío con ventos que sopran do norte e con refachos fortes en zonas altas e na costa. Os chuvascos que por momentos poden vir acompañados de sarabia irán diminuíndo conforme avance un día no que tamén miramos ao mar porque toda a costa galega está en alerta laranxa por ondas que poden superar os oito metros
Comeza o reconto dos votos do censo de residentes ausentes, unhas 29.300 papeletas que chegan desde a emigración | Os homes gañan de media en Galicia uns 5.000 euros máis ao ano que as mulleres. Unha fenda salarial por riba do 20 por cento | Os servizos de urxencias do Sergas contarán cun sistema de interpretación de linguaxe de signos as 24 horas | Lembramos o humorista gráfico Xesús Campos, pioneiro da banda deseñada en galego
A Policía Científica investiga a identidade da muller que apareceumorta no interior dunha maleta abandonada, nun descampado no barrio de Balaídos, en Vigo. O cadaverlevaba meses no lugar, ata quefoiatopado por un traballadordun taller da zona|Cando están a piques de cumprirse, mañá, dous anos da invasión rusa de Ucraína, os refuxiados que viven en Galicia, e diversas asociacións de apoio, organizan a conmemoración da data con concentracións e concertos a prol da paz no pais. Piden que a sua situación non sexaesquecida|Todo listo en Lugo para o campionato de España de motocross que se celebrará a fin de semana no circuito que leva o nome de Jorge Prado, o campión mundial na máxima categoría desta disciplina |Hoxecelébrase o día do nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro, cunha Alborada musical e lectura de poemas... e en máis de 400 locais en toda Galicia ofrecen o xa tradicional Caldo de Gloria.
A borrasca Louisedeixase notar coa chegadadunha masa de aire polar marítima. Os chuvascos que por momentos veñen acompañados de saraibapoderán ser en forma de neve en cotas ao redor dos 700 a 800 metros. De feito a montaña de Lugo e boa parte da de Ourense está en alerta amarela por estas nevadas que continuarán mañá. O ventotaménsopra con intensidade en zonas altas e na costa
A Policía Científica investiga a identidade da muller que apareceumorta no interior dunha maleta abandonada, nun descampado no barrio de Balaídos, en Vigo|Cando están a piques de cumprirse, mañá, dous anos da invasión rusa de Ucraína, os refuxiados que viven en Galicia, e diversas asociacións de apoio, organizan a conmemoración da data con concentracións e concertos a prol da paz no pais |Todo listo en Lugo para o campionato de España de motocross que se celebrará a fin de semana no circuito que leva o nome de Jorge Prado, o campión mundial na máxima categoría desta disciplina| Celébrase o día do nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro, cunha Alborada musical e lectura de poemas... e en máis de 400 locais en toda Galicia ofrecen o xa tradicional Caldo de Gloria.
Alborada musical e lectura de poemas, para celebrar o Día de Rosalía, aniversario do nacemento da escritora. Actos coma este en Santiago, no lugar que ocupaba a sua casa natal, e en máis de 400 locais en toda Galicia ofrecen o xa tradicional Caldo de Gloria| Aparece o cadáver dunhamuller no interior dunha maleta en Vigo. Un repartidor foiquen a atopou e alertouó 112. A Policía Nacional e os forenses do Instituto de Medicina Legal de Vigo traballanarestora para identificar o corpo|O Presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda foi entrevistado hoxe no programa "La Hora de La1" en TVE, ondeamosou a súasolidariedade coas vítimas de Valencia.
A Xunta Activou a alerta laranxa por Louis, un temporal costeiro con vagas de 8 metros. No interior das provincias da Coruña e Lugo, aviso amarelo por fortes ventos. Emerxencias xa informou da situación a todas as administracións e entidades pra que tomen medidas | A lanzadora de xavelina Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Oleiros, leva xa catro anos loitando para conseguir a nacionalidade que lle permita competir por España nos Xogos Olímpicos | A Semana da Moda de Madrid tamén presenta coleccións exclusivas para mascotas. O deseñador galego Gabriel Nogueira amosa a súa nova colección para cans que a estrela canina das redes e da televisión, Pipper, luciu durante os desfiles.
Unha fronte moi activa está a deixar precipitacións abundantes que pola tarde poden ser en forma de chuvascos localmente treboentos acompañados de saraiba. As temperaturas sofren un notable descenso, coa cota de neve que irá baixando ata arredor dos 600 metros. Atención especial aos ventos fortes do suroeste
Saída dende a zona da Torre de Hércules, na Coruña da contrarreloxo coa que arranca O Gran camiño, a volta ciclista que se disputa en Galicia en catro etapas | A Audiencia Nacional confirma que Todas as empresas lácteas de Galicia intercambiaron información sensible para coordinar a compra do leite, en perxuízo dos gandeiros | Uns 400 especialistas participan hoxe en Vigo nun simposio para debatir sobre a importancia desta disciplina | Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Galicia dende hai catro anos, ten o récord mundial de lanzamento de xavelina no que vai de ano, e o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos e conseguir unha medalla para España. Un soño para o que so se interpón a lentitude na tramitación da súa nacionalidade | O deseñador galego Gabriel Nogueira amosa a súa nova colección para cans que a estrela canina das redes e da televisión, Pipper, luciu durante os desfiles
Saída dende a zona da Torre de Hércules, na Coruña da contrarreloxo coa que arranca O Gran camiño, a volta ciclista que se disputa en Galicia en catro etapas e percorrá uns 500 quilómetros, para rematar no monte Aloia en Tui | A Audiencia Nacional confirma que Todas as empresas lácteas de Galicia intercambiaron información sensible para coordinar a compra do leite, en perxuízo dos gandeiros. A sentencia responde á denuncia feita por Unións Agrarias da existencia do chamado Cártel do leite entre os anos 2000 e 2013 | Fármacos personalizados para cada paciente tras estudar os seus hábitos e características xenéticas. é a oncoloxía de precisión. Uns 400 especialistas participan hoxe en Vigo nun simposio para debatir sobre a importancia desta disciplina | Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Galicia dende hai catro anos, ten o récord mundial de lanzamento de xavelina no que vai de ano, e o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos e conseguir unha medalla para España. Un soño para o que so se interpón a lentitude na tramitación da súa nacionalidade.
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional. Hoxe, no Congreso, foron o motivo do primeiro enfrontamento dialéctico entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo | Hoxe están colocando as pezas centrais da nova Ponte de Ponte Arnelas, na comarca do Salnés | Un proxecto para espertar as vocacións científicas entre as nenas
A influencia anticiclónica retírase cara ás Azores e nas próximas horas van chegar choivas febles á franxa atlántica. O ceo presentará intervalos de nubes e claros, máis nubrado na metade oeste da comunidade. As precipitacións febles aparecerán pola noite no litoral atlántico. En canto ás temperaturas, as mínimas sufrirán un lixeiro ascenso e as máximas apenas baixan. O vento do suroeste soprará forte no litoral e en zonas altas do interior con refachos que poden chegar aos 80 quilómetros por hora na Mariña.
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | A pesca unirase ás mobilizacións de gandeiros e agricultores, cos que comparte a crise e as reivindicacións. O sector advirte que desde a pandemia entrou en recesión | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional | Analizamos con dous especialistas en información política as claves que nos deixan estas eleccións autonómicas | Os escolares que se apuntaron ao reto de falar só en galego un mínimo de 21 días celebrárono cunha festa en Santiago
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | A pesca unirase ás mobilizacións de gandeiros e agricultores, cos que comparte a crise e as reivindicacións. O sector advirte que desde a pandemia entrou en recesión | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional. Hoxe, no Congreso, foron o motivo do primeiro enfrontamento dialéctico entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo | Analizamos con dous especialistas en información política as claves que nos deixan estas eleccións autonómicas | Hoxe é o Día da Lingua Materna. Os escolares que se apuntaron ao reto de falar só en galego un mínimo de 21 días celebrárono cunha festa en Santiago
Tractoradas e cortes de estradas nas cidades e principais puntos de acceso a Galicia, dende o límite con Asturias ata o de Zamora. Protestan pola sua situación din, afectada polo aumento disparado dos custos e unha normativa comunitaria, que consideran excesivamente burocrática | O conselleiro do Medio Rural di que que comprende as mobilizacións dos agricultores e pide ao Goberno Central presionar a Europa para lograr unha moratoria da Política Agraria Común | Desprázanse a vivendas situadas en aldeas,en quendas de mañá e tarde para atender a pacientes con problemas de mobilidade. Son as 70 enfermeiras, que dende hai xa mais dun ano, fan consultas a domicilio en todo o rural galego