Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O PP tería entre 36 e 38 escanos nas eleccions do 18 de febrero, segundo a sondaxe do CIS, o BNG sería a segunda forza, subiría en apoios, con entre 20 e 23 deputados, e o Psoe quedaría en terceira posición | A alerta pola vertedura das bolas de plástico baixa a nivel 1. Decidiuno a Xunta tralo descenso importante da chegada de granulados ás costas. | A Xunta aprobou hoxe unha axuda de 550 euros, para sete mil mariscadores que estiveron afectados pola mortalidade de marisco nas rias galegas no mes de decembro

Seguimos con temperaturas altas para estar en pleno inverno, ata 22 graos en Pontevedra, pero moitas outras localidades rozan os 20. Ceos despexados en xeral, agás con algunhas nubes baixas nas primeiras e nas derradeiras horas do día na provincia da Coruña.

O PP tería entre 36 e 38 escanos nas eleccions do 18 de febrero, segundo a sondaxe do CIS, o BNG sería a segunda forza, subiría en apoios, con entre 20 e 23 deputados, e o Psoe quedaría en terceira posición | A alerta pola vertedura das bolas de plástico baixa a nivel 1. Decidiuno a Xunta tralo descenso importante da chegada de granulados ás costas. | A Xunta aprobou hoxe unha axuda de 550 euros, para sete mil mariscadores que estiveron afectados pola mortalidade de marisco nas rias galegas no mes de decembro

O PP obtería entre 36 e 38 escanos segundo o CIS, ao borde da maioría absoluta, o BNG sería a segunda forza, con entre 20 e 23, e o Psoe quedaría en terceira posición, con entre 15 e 17. | Polémica iniciativa das comunidades gobernadas polo PP de unificar a proba da Abau. Alfonso Rueda amosou xa o seu apoio mentres os grupos da oposición consideran que vai en contra da autonomía do sistema educativo | Arranca en Santiago un simposio de expertos en biopsia líquida, a técnica que permitirá, nun futuro próximo, detectar precozmente ata vinte tipos de tumores diferentes | A desestacionalización e a proxección internacional, principais retos para o sector turístico de Galicia, que amosa o seu potencial na Feira Fitur, en Madrid. Este gran foro mundial é oportunidade para consolidar marcas e establecer novas oportunidades de negocio

O PP obtería entre 36 e 38 escanos segundo o CIS, ao borde da maioría absoluta, o BNG sería a segunda forza, con entre 20 e 23, e o Psoe quedaría en terceira posición, con entre 15 e 17 | Polémica iniciativa das comunidades gobernadas polo PP de unificar a proba da Abau. Alfonso Rueda amosou xa o seu apoio mentres os grupos da oposición consideran que vai en contra da autonomía do sistema educativo | A alerta pola vertedura das bolas de plástico baixa a nivel 1. Decidiuno a Xunta tralo descenso importante da chegada de granulados ás costas| | A desestacionalización e a proxección internacional, principais retos para o sector turístico de Galicia, que amosa o seu potencial na Feira Fitur, en Madrid

Navantia construirá un novo buque de abastecemento en combate. O presidente do goberno Pedro Sánchez fixo o anuncio nas propias instalacions de Ferrol, onde se reuniu coa dirección da empresa pública e cos representantes dos traballadores | A feira de turismo Fitur arranca en Madrid e Galicia presenta unha oferta na que destaca como destino relacionado coa abundancia de auga e con máis quilómetros de costa. | A industria musical da emprego en Galicia a unhas 3.250 persoas. Un estudo da Universidade de Santiago estima que o impacto do sector musical na economía galega elévase a cerca de 230 millóns de euros | Logo de oito discos sinxelos, o músico Javier Lago publica este venres o seu álbum debut "Perdón polas molestias".

Sánchez visita Ferrol para anunciar a construción dun novo buque de aprovisionamento de combate da Armada no estaleiro de Navantia. Suporá a creación de 1.800 empregos, cun investimento de 439 millóns de euros. | Fitur arranca en Madrid e Galicia presenta unha oferta na que destaca como destino relacionado coa abundancia de auga e con máis quilómetros de costa | Os despedimentos por non superar o período de proba dispáranse un 20 por cento, dende a aprobación da reforma laboral. Os sindicatos denuncian un uso fraudulento desa figura por parte das empresas para camuflar contratos temporais |. 

Tempo case, case de primavera o que temos hoxe e agardamos tamén nos vindeiros días con sol e temperaturas altas para esta época do ano, que superarán os 20 graos en moitos puntos este mércores . Tempo máis cálido ao que axuda tamén o vento sur. No mar hai alerta amarela por ondas que poden chegar aos 5 metros

Navantia construirá un novo buque de abastecemento en combate. O presidente do goberno Pedro Sánchez fixo o anuncio nas propias instalacions de Ferrol, onde se reuniu coa dirección da empresa pública e cos representantes dos traballadores | A Feira Internacional de Turismo Fitur abre as suas portas en Madrid, e nesta primeira xornada, protagonismo para a oferta de Galicia | O Celta apease da Copa do Rei tras perder coa Real Sociedade nun partido condicionado por un temperán gol dos vascos.

En pleno mes de xaneiro, as temperaturas son noticia porque han chegar aos 20 graos en Ourense e acadarán máximas de 17 en Pontevedra ou Lugo. Polo demais, situación intermedia entre as altas presións situadas no sur peninsular e unha borrasca ao norte de Escocia que deixa orballos na franxa atlántica e ceos máis despexados no interior.

Representantes das forzas políticas tratan sobre cómo organizar debates televisados entre os candidatos as eleccións autonómicas do 18 F | O comité de Alcoa intensifica as xuntanzas coas administracións despois de que a multinacional pedise atrasar a reactivación da producción de aluminio prevista para este mes | Máis de 20 concellos polos que pasa a AP-9 forman unha fronte para reclamar conxuntamente que a concesionaria Audasa deixe de estar exenta de pagar o IBI | A copa do Rei regresa esta noite a Balaídos cinco anos despois. O Celta recibe á Real Sociedade. Cuartos de final, eliminatoria a partido único, esta noite. 

Representantes das forzas políticas tratan sobre cómo organizar debates televisados entre os candidatos as eleccións autonómicas do 18 F. O Partido Popular di agora estar disposto, igual que socialistas e nacionalistas, a participar en tódolos debates | O comité de Alcoa intensifica as xuntanzas coas administracións despois de que a multinacional pedise atrasar a reactivación da producción de aluminio prevista para este mes | A pintora e poetisa Carmen Sampedro expón estes días os seus traballos en Santiago. A mostra que ten por nome Eclética, inclúe varias pinturas que teñen como protagonista á muller

Representantes de PP, BNG, PSdeG-PSOE, Sumar e Podemos buscan un acordo sobre os debates para as eleccións do 18 de febreiro. Ademáis de participar no organizado pola TVG, os populares abren a porta a acudir ao debate a tres de TVE. | A factoría de Alcoa en San Cibrao volve estar baixo a ameaza de peche definitivo. Así o entenden os representantes dos traballadores despois de que a dirección da multinacional pedise atrasar o rearranque das cubas, previsto para este mes. | Máis de 20 concellos polos que pasa a AP-9 forman unha fronte para reclamar conxuntamente que a concesionaria Audasa deixe de estar exenta de pagar o 96 por cento do Imposto de Bens Inmobles | A copa do Rei regresa esta noite a Balaídos cinco anos despois. O Celta recibe á Real Sociedade. Cuartos de final, eliminatoria a partido único, que poderán ver esta noite, a partir das nove e media aquí, en la1 de TVE...

A Xunta activa a alerta por fenómeno meteorolóxico adverso e pide que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar| Na precampaña, Rueda promete apoio á hostalaría ante as dificultades para atopar man de obra. Ana Pontón bota unha partida de futbolín en Ames, para subliñar o seu compromiso coa mocidade. Besteiro aboga por potenciar o tráfico ferroviario de mercadorías | Sanidade comprométese a manter as dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño, vacantes dende hai meses por unha xubilación e unha comisión de servizos | Dende hoxe, cambios na normativa para circular con patinetes eléctricos. Entra en vigor a esixencia dunha placa que acredite que o vehículo está homologado. 

Todo o litoral galego está en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. Día de Chuvascos e Chuvias que serán máis persistentes no oeste da Coruña. As temperaturas mínimas subiron e as máximas oscilan entre os dez graos de Verín aos 18 de Ribadeo na Mariña de Lugo

Temporal no mar ao paso dunha fronte, pouco activa, pero con fortes ventos do sur, que xa de madrugada deixaron refachos de máis de 130 quilómetros por hora no Penedo do Galo en Viveiro, na costa norte e na serra do Xistral | | A consellería de Sanidade comprométese a manter as dúas prazas o servizo de pediatría no Carballiño, que están vacantes dende hai meses | Derrota dos equipos galegos de fútbol. O Celta ppor un a cero fronte a Real Sociedad e na Segunda, o Racing de Ferrol caeu por primeira vez na Malata por un gol a tres ante o Oviedo.

A Xunta activa a alerta por fenómeno meteorolóxico adverso ao paso dunha fronte con refachos de máis de cen quilómetros por hora | Galicia, no foco da política nacional, como mostra o desembarco, esta fin de semana, dos líderes das principais formacións:  Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijóo, Yolanda Díaz e Santiago Abascal | Derrota dos equipos galegos de fútbol, que xogaron nos seus estadios o sábado. O Celta perdeu por un a cero fronte a Real Sociedad e na Segunda División, e o Racing de Ferrol caeu por primeira vez na Malata por un gol a tres ante o Oviedo.

Recollidos uns 4.200 quilos de granulado, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Xunta. Os efectivos que están a traballar en 56 praias de 30 concellos retiraron tamén estes días unhas nove toneladas doutros plásticos | Reúnese por primeira vez o comité científico asesor formado por profesores universitarios e profesionais de centros de investigación. | A Xunta electoral amplía ata o 15 de febreiro o prazo para depositar o voto por correo. Na precampaña, o Partido Popular ofrece facer gratuítos os estudos de grao universitario, os nacionalistas, medidas para aumentar a vivenda de alugueiro, e os socialistas, incrementar o peixe nos menus escolares. | A comarca ourensá da Limia, a segunda zona de España que produce máis patacas, cambia o seu sistema de rego mediante motobombas e tubaxes de aluminio superficial por un novo método a presión soterrado, alimentado por 40 pozos. 

| A Conselleira Angeles Vázquez di que o efecto da marea de granulados será pequeno, en comparación con outras fontes de contaminación mariña, e da por superada a crise, unha vez que as correntes levan os materiais cara á costa cantábrica. | "Consume o noso" é o lema dunha campaña de promoción de peixe e marisco . A iniciativa está impulsada polas asociacións e federacións do sector en Galicia. | A Xunta electoral amplía nun día, ata o 15 de febreiro, o prazo para depositar o voto por correo| A comarca da Limia cambia o seu sistema de rego mediante motobombas e tubaxes de aluminio superficial por un novo método a presión soterrado.

A borrasca Juan apenas se deixará sentir en Galicia xa que afecta sobre o todo o centro peninsular. O que sí notaremos é a baixada das temperaturas, con mínimas ao final dun día que empezou con algúns chuvascos no norte de lugo. Co avance da xornada os ceos foron quedando máis despexados e así seguirán durante boa parte da fin de semana. A partir do luns volverán as borrascas atlánticas e as chuvias.