Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os Reis Magos levan toda a mañá percorrendo vilas e cidades para poderen ver as nenas e os nenos de preto | A véspera de Reis vén marcada por un tempo inestable, que pode deslucir as cabalgatas da tarde con frío e con chuvias | Os trens comezarán a funcionar en marzo, segundo o ministro de Transportes | Seguen chegando ás costas galegas millóns de boliñas de plástico 05-01-23

Millóns de pequenas bolas das que se usan para fabricar botellas e outros obxectos de plástico están chegando estes días ás rías galegas. Proceden, supostamente, dalgúns contedores de barco con esta carga | Atraco a punta de pistola nunha administración de lotaría de Lugo. Dous encapuchados levaron máis de catrocentos mil euros da recadación das vendas de Nadal e tamén do sorteo do Neno| Os ingresos e consultas por gripe baten as marcas dos últimos cinco anos. No que vai de tempada 73 persoas faceleron con gripe e 23 delas morreron a causa do virus | Agardan durante horas na porta das panaderías con máis sona para non quedar sen roscón. É unha das sobremesas máis demandadas no día de Reis 04-01-23

Unha nova borrasca está afectado este xoves a Galicia, asociada a una masa de aire moi frío procedente do Atlántico norte que ao final do día fará caer as temperaturas. Temos ceos nubrados con chuvascos que comezaron pola mañá no oeste e xa se están estendendo a toda Galicia. En ocasións poden vir acompañados de sarabia. 04-01-23

Millóns de pequenas bolas das que se usan para fabricar botellas e outros obxectos de plástico están chegando estes días ás rías galegas | Atraco a punta de pistola nunha administración de lotaría de Lugo | Os ingresos e consultas por gripe baten as marcas dos últimos cinco anos | Agardan durante horas na porta das panaderías con máis sona para non quedar sen roscón 04-01-23

Atraco a punta de pistola nunha administración de lotaría de Lugo. Dous encapuchados levaron máis de catrocentos mil euros da recadación das vendas de Nadal e tamén do sorteo do Neno| Agardan durante horas na porta das panaderías con máis sona para non quedar sen roscón. É unha das sobremesas máis demandadas no día de Reis 04-01-23

2023 foi un bo ano para o mercado laboral en Galicia. Pechou con menos de 130.000 parados, o paro máis baixo desde 1996. O descenso do desemprego nos últimos doce meses foi de case do nove por cento | Cada ano pecha un catro por cento das explotacións gandeiras. Na primeira metade de 2023 desapareceron 850 | A costa galega rexistrou en 2023 case 700 varamentos mamíferos mariños, o dobre que o ano anterior e o triplo da media das últimas décadas | O Circo do Sol chega a Galicia. Ata o domingo presenta en Santiago OVO, a montaxe coa que celebran o seu 25 aniversario 03-01-23

O litoral das provincias da Coruña e Lugo están en aviso laranxa por ventos fortes e ondas que poden chegar aos seis metros. En terra, máis tranquilo. Estamos nunha situación intermedia entre dúas borrascas con ventos húmidos do suroeste. Temos ceos nubrados, pero apenas precipitacións. Se as hai serán débiles e con máis probabilidade na metade oeste. As temperaturas baixan lixeiramente. 03-01-23

2023 pechou con menos de 130.000 parados en Galicia, o paro máis baixo desde 1996 | Cada ano pecha un catro por cento das explotacións gandeiras | A costa galega rexistrou en 2023 case 700 varamentos mamíferos mariños, o dobre que o ano anterior | O Circo do Sol chega a Galicia. Ata o domingo presenta en Santiago OVO 03-01-23

2023 foi un bo ano para o mercado laboral en Galicia. Pechou con menos de 130.000 parados, o paro máis baixo desde 1996. O descenso do desemprego nos últimos doce meses foi de case un 9 por cento | Quedan tres días para que se celebre a Lotaría do Neno. Os millóns que a sorte deixou en Galicia o pasado 22 están a animar ás vendas 03-01-23

Estreamos 2024 co primeiro temporal do ano. Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés, pola forte ondaxe pero sobre todo polo vento, con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en varios puntos de Galicia. Polo de agora, o temporal non deixou incidencias de gravidade. O máis salientable, unha arbore caída que interrompeu a liña ferroviaria entre Ferrol e Oviedo 02-01-23

Estreamos 2024 co primeiro temporal do ano. Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés | A incidencia da gripe e a covid duplicouse na última semana en Galicia. O 80 por cento das consultas nos centros de saúde xa son por estas doenzas | O ano novo trae subas na luz, o gas..., e tamén se encarecen, por exemplo, os alugueres ou as peaxes da autoestradas de titularidade estatal. Entramos na costa de xaneiro | Case a metade os turismos novos que se venden xa son híbridos, híbridos enchufables ou eléctricos. Están gañándolle terreo aos de gasolina e gasóleo 02-01-23

Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés | A incidencia da gripe e a covid duplicouse na última semana en Galicia | O ano novo trae subas na luz, o gas..., e tamén se encarecen, por exemplo, os alugueres ou as peaxes da autoestradas de titularidade estatal | Case a metade os turismos novos que se venden xa son híbridos, híbridos enchufables ou eléctricos 02-01-23

Estreamos 2024 co primeiro temporal do ano. Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés | A incidencia da gripe e a covid duplicouse na última semana en Galicia. O 80 por cento das consultas nos centros de saúde xa son por estas doenzas 02-01-23

A inflación modérase en decembro. O IPC baixa unha décima e queda no 3,1 por cento, sobre todo porque o prezo dos alimentos estabilizase este ano | Esa moderación da inflación non se nota tanto nestes días de Nadal, con prezos disparados. Pese a todo, as prazas de abastos están cheas de xente coas últimas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara en todos os centros sanitarios ante a repunta da gripe. A medida xa está en vigor e manterase durante os próximos 15 días | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero é diferente. As luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

Hoxe temos un tempo moi tranquilo. Ceo parcialmente nubrado e chuvia moi escasa, temperatura suave para a época do ano e sen apenas vento. Mañá seguiremos igual, pero o domingo entrará unha borrasca que deixará chuvia pola mañá. Pola tarde e noite, para fin de ano, agárdase tempo seco e frío. 29-12-23

A inflación modérase en decembro. O IPC baixa unha décima e queda no 3,1 por cento | As prazas de abastos están cheas de xente coas últimas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara en todos os centros sanitarios ante a repunta da gripe | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero as luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

O IPC baixa en decembro unha décima e queda no 3,1 por cento | As prazas de abastos están cheas de xente coas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara nos centros sanitarios ante a repunta da gripe | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero as luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias. O máis vendido son os analxésicos para os síntomas e as probas de autodiagnóstico | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social. O Consello da Xunta acordou construír ou rehabilitar con este fin 230 vivendas en sete concellos | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal doutro mozo nunha pelexa | Unha libraría itinerante. A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23

A fronte que deixou chuvias intensas nas últimas horas comezará a abandonar progresivamente Galicia. As precipitacións tenden a remitir esta tarde, comezando polo noroeste. Tamén o vento que soprou con forza especialmente no litoral vai amainando. Soben lixeiramente as temperaturas mínimas e as máximas mantéñense sen cambios. 28-12-23

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal doutro mozo | A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23