Hoxe seguimos baixo a influencia dos ventos do sudoeste, á espera da chegada dunha nova borrasca profunda, que fará que empeore bruscamente o tempo esta noite. 13/02/14
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga, sobre todo o Miño, que se atopa en prealerta en varios puntos // A melloría do tempo tamen lle permitiu á flota pesqueira faenar ao abrigo das rías pese ao vento e o mar de fondo // O presidente de Banesco, o banco venezolano que mercou Novagalicia Banco, visitou hoxe ao Alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que lle explicou os seus proxectos para o financiamento da actividade económica do sur da comunidade.
O virus da gripe xa causou a morte de doce persoas en Galicia, este inverno. O último falecemento rexistrouse no Complexo Hospitalario de Vigo. As autoridades ainda non dan por superado o andazo que mantén hospitalizadas a 168 persoas. (12/02/14)
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga, sobre todo o Miño, que se atopa en prealerta en varios puntos. A melloría do tempo tamen lle permitiu á flota pesqueira faenar ao abrigo das rías pese ao vento e o mar de fondo // O presidente da Xunta reitera que agardará a que remate a instrucción antes de pronunciarse sobre os comportamentos políticos desvelados no sumario da operación Pokemon, ante a petición de cesamentos que lle fixo o BNG na sesión de control no parlamento // Oito cociñeiros de Galicia, o País Vasco e Navarra compiten hoxe en Santiago para facerse cun posto na final do concurso Cociñeiro do ano, que se celebrará en abril en Barcelona. Teñen que preparar un menú equilibrado nutricionalmente e por 16 euros. Só un optará a alzarse co codiciado título. 12/02/14
Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga // O presidente da Xunta reitera que agardará a que remate a instrucción antes de pronunciarse sobre os comportamentos políticos desvelados no sumario da operación Pokemon // Oito cociñeiros compiten hoxe en Santiago para facerse cun posto na final do concurso Cociñeiro do ano, que se celebrará en abril en Barcelona. 12/02/14
Hoxe estamos baixo a influencia dunha profunda borrasca cunha fronte fría que pasa sobre Galicia e deixará precipitacións intermitentes ata media tarde. O vento segue soprando forte no litoral e nas zonas altas do interior, sobre todo agora nas horas centrais do día. 12/02/14
Levantado o segredo sobre a totalidade do sumario da operación Pokemon que investiga unha presunta trama de corrupción que afecta a varios concellos galegos // As partes poderán agora coñecer os motivos para as imputacións, entre as que figuran as dos alcaldes de Santiago e Lugo e varios concelleiros de diversas localidades // Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas crecidas. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Nas próximas horas prestarán declaración ante o xuiz as dúas mulleres e o home arrestados en relación coa morte dun ancián en Poio, en Pontevedra. As presuntas asasinas son as súas coidadoras. A policía sospeita que mataron a Secundino Prego, de 84 anos, para cobrar a súa herdanza. 11/02/14
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Chuvia e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron o desprendemento dun cartel informativo na Avenida Alfonso Molina, o principal acceso á cidade da Coruña. O incidente obrigou a cortar dous carrís ao tráfico durante varias horas, provocando grandes retencións // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. A iniciativa, aprobada só cos votos do PP, contou co rexeitamento unánime da oposición. 11/02/14
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións // A choiva e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron unha ringleira de desperfectos na Coruña // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. 11/02/14
Unha fronte fría atravesa Galicia. Deixou chuvias xeneralizadas e persistentes. Co avance do día os ceos quedarán anubrados. A cota de neve subiu aos 1.200 metros. 11/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Comezou na audiencia provincial de Ourense o xuizo polo asasinato dun conductor de autobus en Verin en setembro de 2011. Están acusados un sicario, ao que terian contratado a muller da vitima, a sua filla e o mozo desta. 10/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. É un dos efectos que se poden apreciar ainda hoxe, das intensas choivas da fin de semana. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico coa que a Xunta quere que a comunidade gañe un 5,7% máis de visitantes nos próximos tres anos // O celta recibe esta noite ao Athletic de Bilbao. En segunda, o Deportivo cédelle o liderado ao Eibar tras perder pola mínima ante o Murcia. E o Lugo prolonga a súa serie de bo resultados cunha vitoria no Anxo Carro fronte ao Zaragoza. 10/02/14
Seguen os anegamentos de zonas próximas aos ríos e en Xinzo obrigaron a pechar un instituto // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico presentado pola Xunta. 10/02/14
Arranca outra semana de borrascas e chuvias.Nas próximas horas chegará outra fronte dende o Atlántico, o que vai provocar un aumento da intensidade do vento e novas precipitaciòns. 10/02/14
A construción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxéneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. 07/02/14
A construcción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxeneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. A enfermidade mantén ingresados hoxe a 144 pacientes na nosa comunidade // Pescadores do cerco de toda Galicia maniféstanse en Santiago para pedir que se anulen os criterios de reparto para a captura da xarda. Queren que se faga un reparto lineal por tripulante, e non en base ao tamaño dos buques. 07/02/14
A construcción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás // Pescadores do cerco de toda Galicia maniféstanse en Santiago para pedir que se anulen os criterios de reparto para a captura da xarda. 07/02/14
Galicia vive unhas horas de tregua ata a chegada a media tarde de "Ruth", outro temporal de vento, chuvia e mar de fondo, debido a unha borrasca do Atlántico. 07/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A Audiencia Nacional ordena o inmediato ingreso en prisión de Laureano Oubiña, en libertade dende o pasado 17 de xullo, pese a que xa é firme a condena de 4 anos de prisión que lle foi imposta por un delicto de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. 06/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. Busca aumentar o numero de visitantes estranxeiros. Alberto Núñez Feijoo anunciou que a Xunta acaba de colocar 500 millóns de euros a xuro do 1,89%, o mais baixo da serie historica, o que para Nuñez Feijoo constata a "solvencia" de Galicia. 06/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. 06/02/14