Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta tarde pasará a disposición xudicial o autor confeso do dobre crime de Cervo, que matou presuntamente a súa muller e a súa sogra cun pau e unha machada // O ministro Arias Cañete, inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense // Cúmprense hoxe dous anos da morte de Manuel Fraga e o PP réndelle homenaxe en Vilalba. 15/01/14

Concentracións de repulsa pola morte de nai e filla a mans, presuntamente, do home dunha delas // O avogado do home cuxo seme apareceu na camiseta de Asunta Basterra entrega no xulgado de Santiago probas que demostran que o seu cliente estaba en Madrid no momento do crime // Os prezos mantivéronse sen cambios en Galicia en decembro respecto de novembro. En 2013 encarecéronse cinco decimas // O ministro Miguel Arias Cañete inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense. En Coren pedíu facilidades para as exportacións cárnicas a Estados Unidos e China // A forte ondada impide retirar a gabarra que embarrancou en Camariñas. A embarcación xa ten o casco fendido pola bravura do mar // Unha cuberta de palla seca botada sobre zonas recentemente queimadas pode reducir en máis dun noventa por cento a erosión producida tempo despois polas choivas. 15/01/14

Esta tarde pasará a disposición xudicial o autor confeso do dobre crime de Cervo, que matou presuntamente a súa muller e a súa sogra cun pau e unha machada // O ministro Arias Cañete, inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense // Cúmprense hoxe dous anos da morte de Manuel Fraga e o PP réndelle homenaxe en Vilalba. 15/01/14

En paradoiro descoñecido o home que presuntamente acoitelou a súa muller e á sogra en Cervo, Lugo. Os servizos sanitarios só puideron certificar a morte das dúas mulleres, de 72 e 44 anos // Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns. 14/01/14

Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // O avogado do profesor de Lugo que confesara ter matado á súa muller alega trece motivos para pedir no TSXG unha rebaixa da pena // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns // A dirección dos socialistas galegos di que aplicará o rexime disciplinario con castigos aos concelleiros de Ourense que incorran en novos incumprimentos, despois do conflito xurdido hai un mes, en desacordo con medidas do alcalde // O temporal no mar mantivo as pequenas embarcacións de baixura amarradas a porto. Tamén impediu a busca por aire e por mar do pai e da filla de Valdoviño que foron engulidos por unha onda xigante hai 9 días // Un enxeñeiro de Marín, experto no uso de xeorradar, participa nun proxecto da universidade de California buscando a tumba de Gengis Khan, o fundador do imperio mongol. 14/01/14

Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // O avogado do profesor de Lugo que confesara ter matado á súa muller alega trece motivos para pedir no TSXG unha rebaixa da pena // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns // A dirección dos socialistas galegos di que aplicará o rexime disciplinario con castigos aos concelleiros de Ourense que incorran en novos incumprimentos, despois do conflito xurdido hai un mes, en desacordo con medidas do alcalde // O temporal no mar mantivo as pequenas embarcacións de baixura amarradas a porto. Tamén impediu a busca por aire e por mar do pai e da filla de Valdoviño que foron engulidos por unha onda xigante hai 9 días. 14/01/14

Un novo temporal no mar deixa boa parte da costa galega en alerta laranxa // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver á nena soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // As pallozas dos Ancares corren o risco de desaparecer polos últimos temporais e a suspensión das axudas ao seu mantemento. 13/01/14

Un novo temporal no mar deixa boa parte da costa en alerta laranxa. As ondas superan os cinco metros // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver a Asunta soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // A Xunta está pendente de pechar a data para implantar o novo copagamento sanitario, que afecta aos medicamentos dispensados nos hospitais // Unha transexual viguesa reclama nos xulgados que a Xunta cumpra a sentenza que a obriga a pagarlle a cirurxía de cambio de sexo // O Celta reinvidícase tras vencer ao Valencia. O Deportivo remata a primeira volta como campión de inverno de segunda e o Lugo suma sete xornadas seguidas sen gañar // As pallozas dos Ancares poden desaparecer afectadas polos últimos temporais e a suspensión das axudas ao seu mantemento. 13/01/14

Alerta laranxa no mar, con ondas de máis de cinco metros // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver a Asunta soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // A Xunta está pendente de pechar a data para implantar o novo copagamento sanitario, que afecta aos medicamentos dispensados nos hospitais // Unha transexual viguesa reclama nos xulgados que a Xunta cumpra a sentenza que a obriga a pagarlle a cirurxía de cambio de sexo // O Celta reinvidícase tras vencer ao Valencia. O Deportivo remata a primeira volta como campión de inverno de segunda e o Lugo suma sete xornadas seguidas sen gañar. 13/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores. Inclúe unha quita do 33 % da débeda ordinaria, a pagar en 17 anos, con 2 de carencia e sen pago de intereses // Un representante da Garda civil denunciou ao avogado da nai da nena morta en Santiago por un presunto delicto de calumnias, logo de que o letrado insinuase que os investigadores do asasinato presionaran a testemuñas // A denuncia contra Rosario Porto foi presentada hoxe na Coruña por un representante da Unión de oficiáis da Garda Civil // Os edís socialistas que desencadearon a crise interna no grupo de goberno municipal de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións que adopte o partido respecto a eles e din que non van esixir a devolución de competencias ao concelleiro Rodríguez Penín, destituído polo alcalde. 10/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores. Inclúe unha quita do 33 % da débeda ordinaria, a pagar en 17 anos, con 2 de carencia e sen pago de intereses // O porto de Vigo aumentou a súa actividade en máis dun 5% nos once primeiros meses do ano pasado. É o primeiro do mundo en movemento de peixe para consumo humano. O sector pesqueiro que opera neste porto xenera 6.500 empregos directos e 32.000 indirectos e factura ao ano case mil millóns de euros // Os edís socialistas que desencadearon a crise interna no grupo de goberno municipal de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións que adopte o partido respecto a eles e din que non van esixir a devolución de competencias ao concelleiro Rodríguez Penín, destituído polo alcalde, logo de ausentarse dunha votación. 10/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores // O porto de Vigo aumentou a súa actividade en máis dun 5% // Os edís socialistas críticos de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións do partido. 10/01/14

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño. Esta mañá retomouse o dispositivo por terra, mar e aire // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano. Unha boa noticia para o porto vigués, despois dunha caída do número de cruceiros e pasaxeiros en 2013 // A garda civil investiga a morte a tiros, de cabalos bravos, na Mariña lucense // Os animais, que non teñen marcas nin chip identificativo, presentan disparos de rifle. Os problemas co gando mostrenco non son habituais en Lourenzá pero si noutras zonas desta comarca. 09/01/14

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño. Esta mañá retomouse o dispositivo por terra, mar e aire para atopar ao pai e a filla que foron engulidos por unha onda no faro da Frouxeira na tarde de Reis, no medio dun forte temporal no mar // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano. Unha boa noticia para o porto vigués, despois dunha caída do número de cruceiros e pasaxeiros en 2013, debido sobre todo ao cambio de rutas dalgunhas compañías // A xunta aproba o regulamento dos aproveitamentos do monte, sobre extracion de madeira pero tamen sobre o uso de superficies queimadas que se destinen a pastos para o gando. Ademáis o consello autorizou o funcionamento do centro de atencion a vitimas de violencia de xenero, que terá sede en santiago. 09/01/14

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano // A xunta aproba o regulamento dos aproveitamentos do monte, sobre extracion de madeira pero tamen sobre o uso de superficies queimadas que se destinen a pastos para o gando. 09/01/14