O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, augúralle ao referendum plantexado polo Presidente da Generalitat de Cataluña un futuro similar, dixo, ao destino que tivo o Plan Ibarreche // O Portaavións Príncipe de Asturias foi dado de baixa na Armada, nun acto que tivo lugar, a primeira hora desta tarde en Ferrol. Agora será desguazado, se non se logra venderllo a outro país // O Instituto galego de consumo pón a disposiciòn dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz e as empresas utilizan intensivamente a electricidade avisan de dificultades, se sigue subindo o prezo, que supon o seu principal custe. 13/12/13
O Instituto galego de consumo pón a disposición dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz e as empresas que usan intensivamente a electricidade, avisan de dificultades se sigue subindo o prezo, que supon o seu principal custe // Alberto Núñez Feijóo augúralle ao seu homólogo Artur Mas, tralo anuncio da consulta independentista en Cataluña, o mesmo futuro que Ibarretxe // A Armada Española despide arestora en Ferrol ao portaavións "Príncipe de Asturias". O que fora buque insignia da Marina nos anos noventa causa baixa tras 25 anos de servizo. 13/12/13
O Instituto galego de consumo pón a disposiciòn dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz // Alberto Núñez Feijóo augúralle ao seu homólogo Artur Mas, tralo anuncio da consulta independentista en Cataluña, o mesmo futuro que o de Ibarretxe // A Armada Española despide arestora en Ferrol ao portaavións "Príncipe de Asturias". 13/12/13
Volveu a choiva case un mes despois. A medida que avance o dia os chuvascos serán mais intensos. En calquera caso, mañá volve o sol. 13/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra. Os pais da pequena, acusados do asasinato, pediron personarse contra el // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // A Ministra de Fomento, Ana Pastor, confirma que o seu departamento está a estudar novos sistemas de suxección das equipaxes nos trens para evitar que sexan un perigo, tal como sucedeu no descarilamento do alvia, este verán, en Angrois. 12/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra. Os pais da pequena, acusados do asasinato, pediron personarse contra el // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // Foi na rolda de prensa posterior a un Consello que convocou 47 novas prazas de reforzo da inspección fiscal // Segue activo, aínda que estabilizado, o lume que leva arrasadas 300 hectáreas no parque natural do Xurés. Mentres apagaban un conato no camping de Aldán, en Pontevedra, atoparon o cadáver calcinado dun home. Sospeitan que foi el quen provocou o lume, cun cigarro. 12/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // Segue activo, aínda que estabilizado, o lume que leva arrasadas 300 hectáreas no parque natural do Xurés. 12/12/13
Mudou o tempo e hoxe os ceos amanceron con nubes. De momento non deixaron chuvia. As nubes desta mañá en Lugo fixeron subir as temperaturas. 12/12/13
A Xunta pón en marcha unha oficina destinada a asesorar e facilitar os trámites para a creación de novas empresas.
Mañá mesmo abrirá as súas portas e Disporá de 10 millóns de euros para facer realidade os proxectos.
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés, na provincia de Ourense, queimou máis de 300 hectáreas. O lume continúa activo anque sen risco para as vivendas.
A Consellería de Educación vai convocar o ano que vén un cento de prazas de profesores para o ensino medio.
A convocatoria vai ser notificada, agora, na Mesa Sectorial de Educación e non inclúe oferta para o nivel de primaria. (11/12/13)
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés, na provincia de Ourense, queimou máis de 300 hectáreas. O lume continúa activo anque sen risco para as vivendas
Máis de 54 mil familias galegas conseguen cada ano ingresos gracias á venda de madeira. Un sector que factura anualmente, na nosa comunidade uns 1.700 millóns de euros.
Dende o sector piden medidas para potenciar a súa industrialización e superar problemas coma o minifundismo do monte, aproveitando que se celebra a semana forestal europea.
Inditex segue sumando beneficios. Neste ano 1.674 millóns de euros, un 1% máis ca en 2012. O grupo textil galego ,o maior do mundo, vende máis e segue a medrar. (11/12/13)
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés queimou máis de 300 hectáreas.
Máis de 54 mil familias galegas conseguen cada ano ingresos gracias á venda de madeira.
Inditex segue sumando beneficios. Neste ano 1.674 millóns de euros, un 1% máis ca en 2012. (11/12/13)
As borrascas que se achegan polo Atlántico traen ventos do sur e nubes, que tamén fixeron que as xeadas fosen máis febles e illadas que nestes días pasados. (11/12/13)
O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde // Hoxe declararon no xulgado policías que falaran con testemuñas. O letrado defensor da nai, acusada do asasinato, di que cambiaron a súa versión inicial // Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos. Os traballadores de Ferrol acollen a noticia con cautela // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. Tres dos nove detidos son arousáns, entre eles Yolanda Charlín, sobriña do patriarca do clan dos Charlíns. 10/12/13
Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos. Os traballadores de Ferrol acollen a noticia con cautela // O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde. Hoxe declararon no xulgado policías que falaran con testemuñas. O letrado defensor da nai, acusada do asasinato, di que cambiaron a súa versión inicial // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. 10/12/13
As temperaturas mínimas foron esta noite algo máis altas. As prediccións apuntan a que a situación meteorolóxica cambiará nos próximos días. 10/12/13
Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos // O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. 10/12/13
Comezou a folga de 48 horas convocada na sanidade galega contra as fórmulas de xestión da Xunta. Segundo o SERGAS está ser secundada polo 22% do persoal mentres os sindicatos CC.OO. e CIG calculan o seguimento no 80% // Hoxe está previsto que os investidores interesados en entrar no capital da multinacional pesqueira presenten as súas ofertas, para avanzar na negociación da quita da débeda // Remata a viaxe oficial do presidente da Xunta a Cuba, a primeira dun dirixente do PP desde que Mariano Rajoy é presidente. Catro días cunha apretada axenda e contactos ao máis alto nivel. 09/12/13
Comezou a folga de 48 horas convocada na sanidade galega contra as fórmulas de xestión da Xunta // Comeza o prazo para que os investidores interesados en entrar no capital de Pescanova presenten as súas ofertas, para avanzar na negociación da quita da débeda // Remata a viaxe oficial do presidente da Xunta a Cuba, a primeira dun dirixente do PP desde que Mariano Rajoy é presidente. 09/12/13
Seguimos con moito frío e desafiando os récords de temperaturas mínimas. Por iso Lugo e Ourense estiveron en alerta amarela. Hoxe a noite máis fría tivérona en Guitiriz en Lugo con máis de oito graos baixo cero. 09/12/13
O buque ¿Adelaide¿, o último construído nas instalacións de Navantia en Ferrol, agarda en Vigo o seu embarque para o traslado a Australia. Alí convertiráse no buque enseña da Armada, xunto co seu xemelgo, o Camberra, tamén construido nos estaleiros de Navantia en Ferrol // Aprobado hoxe o anteproxecto da lei de accesibilidade nun consello de xunta, presidido por Alfonso Rueda debido á visita a Cuba do Presidente Núñez Feijóo que esta tarde se reúne na Habana con empresarios galegos e cubanos // A Garda civil impútalles a 14 persoas presuntos delictos de estafa por simular accidentes de tráfico e lesións inexistentes para cobrar as primas dos seguros. Facían bater a propósito, en Vigo, vehículos nos que viaxaban só os conductores pero logo facían constar que ían dentro outros tres viaxeiros. 05/12/13