Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Foi a nai, Rosario Porto,quen matou, axfixiándoa, á súa filla Asunta despois de que esta adormecera cun ansiolítico que lle suministrou o pai, Alfonso Basterra. Este seria o autor intelectual, e Rosario Porto a executora, segundo o sumario do caso.

O Ministro de interior dixo que confía no labor das forzas de seguridade para o bo esclarecemento do caso Asunta. Díxoo ao visitar a Academia Galega de Seguridade, na que se forman policías adscritos á Xunta de Galicia, dedicados sobre todo á investigación de incendios e furtivismo .

Manifestacións na rúa e folga nas aulas de estudantes de ensino medio e da universidade contra a Lei Wert, cadrando coa aprobación hoxe coa votación no Senado. En Ferrol, aos estudantes uníronse traballadores do naval.

Nunca Máis vai recorrer a sentenza absolutoria do vertido do Prestige. Considera que hai que esclarecer responsabilidades. A Avogacía do Estado tamén vai recorrer, nese caso, contra a absolución do capitán.

Os galegos separamos os residuos por debaixo da media de España. Mellorar a recollida selectiva podería supoñer beneficios de máis de dous millóns de euros para o conxunto dos concellos galegos.

Lugo acolle ata o venres un festival de danza xaponesa experimental e alternativa, o Butoh. Os espectáculos son con entrada de balde. (20/11/13)

Foi a nai, Rosario Porto, a que a matou á súa filla Asunta, axfixiándoa cando a pequena estaba adormecida polo efecto dun ansiolítico suministrado polo pai, Alfonso Basterra. Este seria o autor intelectual, e Rosario Porto a executora, segundo figura no sumario do caso .

Estudantes de ensino medio e universitarios protestan contra a Lei Wert. As manifestacións ían acompañadas de folga nas aulas.

Nunca Máis anuncia que vai recorrrer a sentenza absolutoria por delito medio ambiental do vertido do Prestige. A Avogacía do Estado tamén vai recorrer, nese caso, contra a absolución do capitán. (20/11/13)

Protesta dos traballadores dos estaleiros ferroláns pedindo carga de traballo // Chegan aos mercados as primeiras centolas, entre 18 e 6 euros o quilo // Kepa Junquera presenta "Galiza", disco homenaxe á música galega. 19/11/13

Traballadores dos estaleiros ferroláns cortan a autoestrada AP-9 na protesta ante a falta de contratos novos. En decembro rematarán o último barco en construción en Navatia // A Xunta confirma que se suma ao recurso anunciado polo goberno central contra a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige // A Audiencia Provincial de Lugo pronunciarase sobre se a anulación da doctrina Parot afecta ó asasino da nena Maruchi Rivas de Vilalba,á que hai 21 anos raptou, violou en matou //O Tifón Iolanda deixou en Filipinas cinco millóns de nenos afectados. UNICEF lembrou en Santiago a importancia das doazóns especiais e das aportacións dos asociados // O músico vasco Kepa Junkera presenta disco, "Galiza", homenaxe á música tradicional galega na que participan máis de 20 grupos do noso pais // Empezaron a venderse nos mercados as primeiras centolas da temporada. A escaseza de capturas disparou os prezos ata os 18 euros nalgunhas lonxas das Rías Baixas. 19/11/13

Traballadores dos estaleiros ferroláns cortan o tráfico na autoestrada durante unha protesta para pediren carga de traballo, ante a falta de novos pedidos // En decembro rematarán en Navantia o último barco que queda en construción no estaleiro // Empezaron a venderse nos mercados as primeiras centolas da temporada.A escaseza de capturas disparou os prezos ata os 18 euros en lonxas das Rías Baixas. Nas coruñesas foi entre os 6 e os 10 euros o quilo // O músico vasco Kepa Junkera presenta novo disco, "Galiza", unha homenaxe a música tradicional galega na que participan máis de 20 grupos do noso pais. 19/11/13

O expresidente de Pescanova reclama case 700 mil euros por despido improcedente // O xuíz do caso Asunta levantará este venres o secreto do sumario // Extraballadores dunha empresa de Narón destinan os cartos dos despidos para reflotala. 18/11/13

O expresidente de Pescanova reclama no xulgado case 700 mil euros por despido improcedente. Pescanova considera esa cantidade unha temeridade pola situación na que deixou a empresa // O xuiz do caso Asunta vai levantar o secreto do sumario este venres. Está á espera de comprobar a relación co caso da mancha de seme da camiseta de Asunta // NGB estará privatizado no prazo dun mes. O FROB abre mañá o proceso de presentación de ofertas. Catro bancos e catro fondos de investimento internacionais optan á compra // Extraballadores dunha planta de granito de Narón póñena de novo a funcionar cos cartos que lles deron polo despedimento. Din que é unha aposta arriscada pero que están seguros de que será rendible // O Deportivo suma ante o Real Mallorca a terceira vitoria consecutiva e sitúase a un só punto do líder. En terceira posición da táboa está o sorprendente Lugo, logo de vencer 0-2 á Ponferradina // Chegan ás lonxa as primeiras centolas da temporada, bos exemplares pero escasos. 18/11/13

O expresidente de Pescanova reclama no xulgado case 700 mil euros por despido improcedente. Replícanlle que deixou a empresa cunha débeda de 3.600 millóns de euros // O xuíz do caso Asunta vai levantar o secreto do sumario este venres // Extraballadores dunha planta de granito de Narón que pechara destinan o que lles deran polos despedimentos para poñela de novo a funcionar. 18/11/13

Críticas en Nigran pola liberación dos dous expolicías que mataran a catro membros dunha familia de empresarios reclamándolles cartos.

Primeira xuntanza oficial entre Núñez Feijóo e Gómez Besteiro.

Os traballadores da Fábrica de Armas deixan o peche de 8 meses. (15/11/13)

Indignación en Nigrán pola posta en liberdade dos ex-policías que hai case vinte anos asasinaron ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar.Conseguiron 20 dos 200 millóns de pesetas que lle pedían e fuxiron tras matar a catro persoas no domicilio. Cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.

Nunca Máis decidirá se recorre a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige e convoca hoxe concentracións de protesta.

Os traballadores da Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan na factoria dende hai oito meses. Fano ante anuncio do Ministerio de Defensa de adxudicar as instalacións a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade.

Segue grave con queimaduras o mozo ferido na explosión dunha estufa de butano no seu piso, nas Pontes, estourido que derrubou os muros da fachada. A onda expansiva chegou á gasolineira situada a poucos metros sen provocar máis feridos.

O Lugo enfróntase mañá á Ponferradina no chamado derbi dos Ancares. O Deportivo recibe o domingo ao Mallorca, de Jose Luis Oltra. (15/11/13)

Rexeitamento en Nigrán pola liberacion dos ex-policías que hai vinte anos asasinaban ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar. Manuel Lorenzo e Ángel Vela cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o lider do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, manteñen a súa primeira xuntanza oficial . Besteiro transmitíulle a intención chegar a acordos sobre o emprego a reforma da lei electoral.

Os traballadores da antiga Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan dende hai oito meses. Fano ante anuncio do ministerio de defensa de adxudicar as instalacions a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade. (15/11/13)

Decepción maioritaria pola absolución dos acusados do vertido do Prestige // Declara un dos dous secuestradores do médico portugués. O outro segue desaparecido // EU expulsará a Carmen Iglesias se non renuncia ao escano que lle corresponde pola renuncia do anterior na lista por Ourense. 14/11/13

O fiscal de medio ambiente estuda recorrer a sentenza que absolbe aos 3 acusados de provocar a marea negra do Prestige. Nunca Máis prepara accións reivindicativas. Zonas afectadas hai 11 anos polo fue din que a sentenza é cativa e que chega tarde // A Xunta aproba unha nova lei de concentracion parcelaria, que simplifica os tramites para concentrar terras e favorece as iniciativas privadas para o agrupalmento de parcelas // Declara ante o xuiz Alvaro Miguel dos Santos, un dos secuestradores do médico portugués, ao que liberaron hai unha semana.Continúa a busca do outro secuestrador // EU expulsará a Carmen Iglesias se non renuncia ao escano que lle corresponde pola renuncia do anterior na lista por Ourense // O ex xogador do Celta Fernando Cáceres recibe unha emotiva homenaxe en Zaragoza, equipo no que tamén militara antes de ser vitima dun atentado, que o deixou postrado nunha cadeira de rodas. Os cartos da recadacion serán pra pagar o seu tratamento de recuperación. 14/11/13

Reaccións maioritarias de decepción pola setenza que absolve aos acusados de provocar a marea negra do Prestige. O fiscal de medioambiente estuda recorrerla // Declara ante o xuiz Alvaro Miguel dos Santos, un dos secuestradores do médico portugués, ao que liberaron hai unha semana.Continúa a busca do outro secuestrador // O 14% dos galegos padece diabete, pero case a metade deles non a teñen diagnosticada. Se non se trata a tempo, pode provocar graves complicacións. 14/11/13

Absoltos os tres únicos acusados da marea negra provocada polo Prestige. Nunca Máis estuda recorrer a sentenza // Detido o cómplice de ¿Canceliñas¿ polo secuestro dun médico portugués // David Calviño deixa a acta de deputado de AGE. 13/11/13