Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 15 metros cantro reparaban unha nave nas instalacións da empresa Extrugasa, na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos. A infraestrutura custou 11 millóns de euros e vai mellorar as comunicacións co polígono industrial de Sabón, no que traballan 5.000 persoas // Comezaron no estaleiro de navantia en Ferrol, os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. Participará na construción de 2 novos buques para a Armada durante os próximos 5 anos. 05/12/14
Fin de semana de festivos e primeira antes do nadal na que os comerciantes agardan facer boa caixa.Confían en que o bo tempo anime a visitantes e locais a mercar máis adiantando as compras do nadal // Fiestras e portas Pechadas nas vivendas dos catrocentos xitanos zamoranos que viven no Porriño. Os seus fillos, un cento de pequenos, levan dous días sen acodir o colexio por medo a represalias. Viven atemorizadas por outro grupo de xitanos, en disputa polo control da venda ambulante // O policía ferido no atraco de Vigo hai unha semana mellora das feridas que sofriu, polos disparos do atracador. Un incidente no que falecera unha axente. 05/12/14
Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 8 metros cando reparaban unha nave nas instalacións da empresa Extrugasa , na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos // Comezaron no estaleiro de Navantia en Ferrol , os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. 05/12/14
De cara a tarde vanse ir abrindo claros sobre todo polo sur. O vento do norte seguenos a deixar temperaturas frías. 05/12/14
Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga. Un encontro que o clube quere converter nunha gran manifestación contra a violencia. As entradas custan 1 euro // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado durante o Goberno Bipartito. E unha das medidas do proxecto de lei de Emprego Público, aprobado polo Consello e que tamén crea un fondo para aboarlles aos funcionarios a paga extra que lles retiveran no 2012. 04/12/14
Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga. Un encontro que o clube quere converter nunha gran manifestación contra a violencia. As entradas custan 1 euro // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid. Estudan, entre outras actuacións, expulsar dos estadios aos grupos de ultras ou quitarlles puntos aos equipos que no sexan contundentes coa violencia // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado por tódolos grupos durante o Goberno Bipartido. E unha das medidas do proxecto de lei de Emprego Público, aprobado polo Consello e que tamén crea un fondo para aboarlles aos funcionarios a paga extra que lles retiveran no 2012. 04/12/14
Colas no estadio de Riazor para facerse cunha entrada para o partido do sábado contra o Málaga // Reunión do Comité antiviolencia no fútbol na que federación e administración buscan medidas para evitar actos coma o que acabou na morte do seguidor deportivista, en Madrid // A xunta vai suprimir o plus de altos cargos, aprobado por todos los grupos durante o Goberno Bipartido. 04/12/14
A baixada das temperaturas que xa se notou a noite pasada, vai seguir, o que propiciará xeadas nas comarcas do interior. 04/12/14
Enterro, no cemiterio coruñés de Feáns, do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero. Os seus achegados velaron durante a noite e esta mañá o cadáver, que chegara dende Madrid, onde faleceu o domingo, nos enfrontamentos entre membros dos Riazor Blues e seguidores radicais do Atlético // E poucas horas despois do funeral xogarase en Riazor, o primeiro encontro do Deportivo na casa, despois da traxedia // Mais de cen impactos de bala contabilizou a policía, en Vigo, no lugar do tiroteo no que morreu a axente durante o atraco a un banco. A investigación aclarará cantos impactos foron directos e cantos, rebotes. 03/12/14
Enterro, no cemiterio coruñés de Feáns, do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero. Os seus achegados velaron durante a noite e esta mañá o cadáver, que chegara dende Madrid, onde faleceu o domingo, nos enfrontamentos entre membros dos Riazor Blues e seguidores radicais do Atlético // E poucas horas despois do funeral xogarase en Riazor, o primeiro encontro do Deportivo na casa, despois da traxedia // Mais de cen impactos de bala contabilizou a policía, en Vigo, no lugar do tiroteo no que morreu a axente durante o atraco a un banco. A investigación aclarará cantos impactos foron directos e cantos, rebotes. 03/12/14
Enterro, no cemiterio coruñés de Feáns, do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero // E poucas horas despois do funeral xogarase en Riazor, o primeiro encontro do Deportivo na casa, despois da traxedia // Mais de cen impactos de bala contabillizou a policía, en Vigo, no lugar do tiroteo no que morreu a axente durante o atraco a un banco. 03/12/14
Diminúe a nebulosidade pero baixan as temperaturas, segundo se vai afianzando a influencia anticiclónica. 03/12/14
Para as próximas horas está prevista a chegada a A Coruña dos restos mortais de Francisco Javier Romero, o siareiro do Deportivo e membro dos Riazor Blues falecido en Madrid, no enfrontamento con radicais do Atlético. Namentres, en Madrid comezaron a prestar declaración nos xulgados os 21 detidos nesta pelexa // Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis medrou o desemprego en novembro con 4.588 parados máis. O sector servizos, a construción e agricultura son os que sumaron máis parados. Respecto a hai un ano, baixou, e agora hai agora 22.000 desempregados menos. 02/12/14
Para as próximas horas está prevista a chegada a A Coruña dos restos mortais de Francisco Javier Romero, o siareiro do Deportivo e membro dos Riazor Blues falecido en Madrid, no enfrontamento con radicais do Atlético. Namentres, en Madrid comezaron a prestar declaración nos xulgados os 21 detidos nesta pelexa // Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis medrou o desemprego en novembro con 4.588 parados máis. O sector servizos, a construción e agricultura son os que sumaron máis parados. Respecto a hai un ano, baixou, e agora hai agora 22.000 desempregados menos. 02/12/14
Para as próximas horas está prevista a chegada a A Coruña dos restos mortais de Francisco Javier Romero, o siareiro do Deportivo e membro dos Riazor Blues falecido en Madrid // Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis medrou o desemprego en novembro con 4.588 parados máis. 02/12/14
O tempo vai ir empeorando segundo avance a tarde. Moitas nubes en todo o país con posibilidade de que deixen chuvia sobre todo no litoral da Coruña e no norte de Lugo. 02/12/14
O plantel do Deportivo gardou hoxe, antes do adestramento, un minuto de silencio co que destacou o dor e a impresión que causou en toda a afición a morte dun seguidor, en Madrid, a raíz dos enfrontamentos entre seguidores radicais do equipo coruñés e do Atlético de Madrid // Angustiosa espera en Viveiro e Burela onde vivían os dous mariñeiros desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Safrán, no Golfo de Biscaia. Efectivos de Salvamento Maritimo de España e Francia continúan coa súa busca na zona do afundimento. Os catro supervivintes din que o afundimento foi moi rápido // A multinacional do aluminio Alcoa anuncia despedimentos colectivos nas súas factorías da Coruña e Avilés. 01/12/14
O plantel do Deportivo gardou hoxe, antes do adestramento, un minuto de silencio co que destacou o dor e a impresión que causou en toda a afición a morte dun siareiro, en Madrid, a raíz dos enfrontamentos entre seguidores radicais do equipo coruñés e do Atlético de Madrid // Angustiosa espera en Viveiro e Burela onde vivían os dous mariñeiros desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Safrán, no Golfo de Biscaia. Efectivos de Salvamento Maritimo de España e Francia continuan coa súa busca na zona do afundimento. Os catro supervivintes din que o afundimento foi moi rápido // Policías de todo o estado concentráronse diante das comisarías para amosar publicamente a dor pola morte da súa compañeira Vanessa Lage e darlle forza ó subinspector ferido que continua grave. Hoxe recibiu a alta a subdirectora da oficina bancaria de Vigo onde tivo lugar o atraco o pasado venres. 01/12/14
O plantel do Deportivo gardou hoxe, antes do adestramento, un minuto de silencio co que destacou o dor e a impresión que causou en toda a afición a morte dun siareiro, en Madrid // Angustiosa espera en Viveiro e Burela onde vivían os dous mariñeiros desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Safrán // A multinacional do aluminio Alcoa anuncia despedimentos colectivos nas súas factorías da Coruña e Avilés. 01/12/14
Nebulosidade e descenso das temperaturas, con choivas de carácter feble. 01/12/14