Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cúmprese un ano do primeiro caso detectado en Galicia do que entón se chamaba o novo coronavirus. Os profesionais do hospital clínico da Coruña que o atenderon recordan aquel contacto inicial cunha pandemia que leva cambiado a vida de todos nestes doce meses. //. Entre os novos contaxios destaca o gromo con seis casos detectados entre os usuarios dunha residencia en Xinzo de Limia, que como o resto deste colectivo tiñan completada a segunda dose da vacinación. //Axentes da Unidade de Delincuencia Económica rexistran as oficinas de Alu Iberica na Coruña. Buscan probas relacionadas coa denuncia de traballadores sobre presuntas irregularidades na venda da compañía. // Último día para que os locais de hostalaría se adapten ás normas da desescalada, co control de cabidas e rexistro de clientes. Axentes de policía visitan os establecementos de xeito informativo, e mañá comenzarán as sancións. 04-03-2021

As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar

O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.

En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas

A doutora que atendeu o primeiro caso detectado en Galicia de Covid recorda cómo foi aquel contacto inicial cunha pandemia que tanto leva cambiado a vida de todos nestes doce meses. // As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar. // A próxima semana comezará a vacinación das persoas con entre 50 e 55 anos, usando a vacina de Astrazéneca. // O Presidente da Xunta rexeita a proposta do Goberno Central de impedir as viaxes dos estudantes para voltar ás súas casas, nesas vacacións. 04-03-2021

Embolsamiento de aire frío nas capas altas, situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica. O ceo estará parcialmente cuberto con chubascos de tipo intermitente, localmente tormentosos. 04-03-2021

Os expertos insisten na importancia de manter as medidas de prevención nos próximos meses, pero, como vemos, empezan a augurar a posibilidade de que a crise sanitaria se alivie de cara o verán. // O toque de recollida mantense de momento ás 10 da noite, aínda que sanidade non descarta atrasalo nas próximas semanas. E sobre a Semana Santa, a xunta considera que aínda é pronto para concretar as medidas.// Soutomaior será o único concello de Galicia có máximo nivel de restriccións. Alí hai neste momento 43 casos activos, pero a incidencia acumulada a 14 días supera os 550. Os veciños acollen as novas medidas con resignacion // Ence promete investir cerca de 400 millóns de euros na súa fábrica de Pontevedra, se o Goberno do Estado lle permite seguir en Lourizan, na Ría de Pontevedra, ata o ano 2073. 03-03-2021

A área de Ferrol pasa a nivel medio e as da Coruña e Pontevedra siguen con peche perimetral. Soutomaior queda como único concello coas máximas restricións. Son as decisións do Comité Clínico, que advirte sobre os incumplimentos no inicio da desescalada da hostalaría. // continúa o descenso de casos e por primeira vez en mes e medio baixan de cen os pacientes ingresados nas UCI. En total os hospitalizados son 472. e contabilízanse catro falecementos. // Tres proxectos optan en Galicia a desenvolver plantas de hidróxeno verde, unha tecnoloxía que permite un aproveitamento máis eficiente da enerxía, e que iniciou en Galicia a sua producción experimental. // Unha das vivendas que resultaran arrasadas por un incendio forestal en 2017, en Carballeda de Avia, é galardoada cun dos premios á mellor rehabilitación do 2020. As obras beneficiáronse das axudas especiais para os afectados polo lume. 03-03-2021

Situación intermedia entre as altas presions situadas ao este de Europa e un centro de baixas presions entre Azores e Portugal. Así, o ceo presentará nubes de tipo medio e alto que non impedirán o paso do sol, con néboas matinals en comarcas do interior. 03-03-2021

Veu por vez primeira en 1916 cun profesor e outros estudantes. A fonda impresión que lle causou o país espertou nel a vocación de poeta. Volveu noutras ocasións, fixo aqui amizades e escribiu "Seis poemas galegos"

A Pandemia cae por debaixo dos 5.000 casos activos en Galicia. Son menos da cuarta parte dos que había a finais de xaneiro,no pico da segunda vaga. A taxa de positividade nos test descende ao 2 por cento, un nivel que, para a OMS, permite considerar a transmisión baixo control. // Hoxe veremos as únicas imaxes que se conservan da estancia en Galicia dun dos poetas españois máis sonados do século XX. Son de 1932, de Federico García Lorca en Vigo de xira coa súa compañía de teatro universitario. Daquela xa era unha celebridade pero fora moito antes en 1916 cando trala súa primeira viaxe a Galicia espertaría a súa vocación como poeta. // A empresa Alu Ibérica, condenada a abonar 6.250 euros a cada un dos membros do comité de folga, como indemnización por terlles negado o acceso ás instalacións. Así consta na sentencia do xulgado do social da Coruña que hoxe foi dada a coñecer.. 02-03-2021

A incidencia da Pandemia cae por debaixo dos 5.000 casos activos en Galicia. Son menos da cuarta parte dos que había a finais de xaneiro,no pico da segunda vaga. A taxa de positividade nos test desdende ao 2 por cento,. // Descenso dos contaxios nas Residencias de maiores. Son so 47 os casos activos que se rexistran entre os cerca de 40.000 usuarios e traballadores destes centros, que foran o colectivo máis golpeado durante a primeira vaga, e nos que se completou a vacinación hai un mes. // En febreiro. Contabilizáronse 756 parados menos en Galicia, ainda que son 19.000 máis respecto ao mesmo período do ano pasado. Aumentan en 15.000 os traballadores acollidos a ERTE. // As exportacións galegas baixaron un 6 por cento no conxunto do 2020. Tras unha caída de máis de 20 puntos na primeira mitade do ano, o comercio exterior recuperouse nos últimos meses, grazas ao tirón das conservas, a automoción e o naval. 02-03-2021

Persite a intestabilidade atmosférica. Ceo con alternancia de nubes e claros, sen descartar chubascos na franxa atlántica e no interior pola mañá. Temperatuas sen cambios. 02-03-2021

Reencontro presencial, de estudantes e profesores universitarios, logo de varias semanas de docencia exclusivamente telemática. Os cerca de 60.000 alumnos das tres universidades están chamados a un cribado masivo que durará ata o xoves. // Os grupos políticos amosaron hoxe a sua preocupación polo avance da desescalada e a repercusión na economía. Os dirixentes do BNG e dos socialistas galegos piden unha xuntanza con Feijóo para falar tamén do plan de vacinación e as axudas á hostalaría. // o presidente da Xunta advertiu da díficil situación económica que provocará a crise do coronavirus nos próximos meses. Tamén indicou que a terceira onda da pandemia está a punto de superarse, pero aínda non se pode baixar a garda. // A fundacion Amancio Ortega fixo a entrega da escola infantil de Bembrive ao Concello de Vigo, que se fará cargo da súa xestión. O centro, cun orzamento de tres millóns e medio de euros, ten capacidade para 82 prazas de nenos de ata tres anos. 01-03-2021