Sorpresa na comunidade educativa ante o arranque do plan para vacinar a todo o profesorado, entre acusacións de improvisación por parte dalgúns sindicatos. Uns 50.000 profesionais serán inmunizados durante o próximo mes. // O PSOE recupera a alcaldía de Ribadavia ao proposperar unha moción de censura contra o alcalde do PP. A nova rexederora gobernará en coalición con Ribeiro en Común.// Xuízo en Lugo ao expresidente da Confederación Hidrográfica do Miño, e exconcelleiro socialista, Francisco Fernández Liñares. Está acusado de cobrar a empresarios a cambio de contratos. // Un mercante que transportaba cocaína a Galicia foi intervido fronte á costa de Lugo nunha operación da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil. A embarcación, de 50 metros de eslora, foi abordada por un barco da Armada que trasladou a Ferrol ós nove tripulantes máis uns 3.000 kilos de droga. 23-02-2021
Practicamente sen aviso previo, arranca a vacinación de todo o profesorado, que seguirá a orde alfabética. O Plan e que ao longo deste mes queden inmunizados todos os docentes de infantil, un total de 50.000. //O parlamento dou luz verde, cos votos do grupo popular, a lei de Reactivación Económica. A Oposición considera que so beneficiará aos grandes grupos empresariais. // Presentada en Vigo a primeira demanda por lucro cesante derivado das restricións sanitarias. Os empresarios reclaman que as administracións asuman a perda de ingresos causada por obrigar ao peche dos establecementos. // Cabanas de madeira no alto dun carballo, no complekso turístico de Outes. O proxecto de Alfonso Salgado e Francisco Liñares acaba de ser galardoado co premio que conceden os colexios de arquitectos de toda España, que distingue a sua sostenibilidade e respeto polo medio. 23-02-2021
Situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte achegándose polo Atlántico. Ceos con máis nubes canto máis ao oeste, con chuvias febles no litoral. As temperatuas en ascenso. 23-02-2021
Practicamente sen aviso previo, arranca a vacinación de todo o profesorado que seguirá a orde alfabética dos apelidos. O Plan e que ao longo deste mes queden inmunizados todos os docentes, un total de 50.000. //O parlamento dou hoxe luz verde, cos votos do grupo popular, a lei de Reactivación Económica. A Oposición considera que so beneficiará aos grandes grupos empresariais. // Presentada en Vigo a primeira demanda por lucro cesante derivado das restricións sanitarias. Os empresarios reclaman que as administracións asuman a perda de ingresos causada por obrigar ao peche dos establecementos. // Cabanas de madeira no alto dun carballo, no complekso turístico de Outes. O proxecto de Alfonso Salgado e Francisco Liñares acaba de ser galardoado co premio que conceden os colexios de arquitectos de toda España, que distingue a sua sostenibilidade e respeto polo medio. 23-02-2021
Uns 224.000 galegos nados antes de 1941 e que viven fóra das residencias serán inmunizados de aquí a primeiros de maio
Hai so uns minutos, o presidente da Xunta, daba conta das novas normas que entrarán en vigor a próxima fin de semana, e que suporán o inicio da desescalada, logo de dar por superado o pico da terceira vaga da Pandemia. As medidas incluen alivio para a hostalaría e o fin do peche perimetral en moitos concellos. // Máis vacinas para Galicia, e o que lle piden ao goberno central dende o Partido Popular e o BNG. Din que ata agora so se están a recibir un 5 por cento das que corresponden a toda España, cando os galegos maiores de 80 anos son máis do do 8 por cento do total. // O festival do marisquiño cancelase este ano, e a organización anuncia ademáis que non se volverá celebrar nin en Vigo nin en outro lugar de Galicia ante a imposibilidade de obter apoios institucionais. 22-02-2021
A Hostalaría, pendente da decisión que hoxe anunciará o Comité Clínico da Xunta, e que suporá un primeiro alivio nas restriccións, logo de case un mes de peche total. A Mellora da situación epidemiolóxica abre a posibilidade de levantar tamén os peches perimetrais en algúns concellos. // A administración da primeira dose da vacina aos maiores de 80 anos que non viven en residencias, comenzou hoxe en tódalas áreas sanitarias, a partir dos apelidos que comenzan por H. Son unhas 224.000 persoas que a consellería de Sanidade calcula que estarán completamente inmunizadas a principios de maio. //Os casos activos quedan en pouco máis de 8.000, logo de caer en medio milleiro no último día. A ocupación hospitalaria e das UCI sitúase nas cifras máis baixas dende hai un mes. // As axencias de viaxe dan por perdida a temporada de Semana Santa e contan con reanudar a actividade a partir de xuño. 22-02-2021
Ademais de moita choiva, vento, e ríos desbordados, a borrasca Karim deixou neve nas montañas máis altas durante a fin de semana. Despois dalgunhas dificultades no tráfico, hoxe, con ceos solleiros e a pesar das xeadas, circulase con normalidade. 22-02-2021
A Hostalaría, pendente da decisión que hoxe anunciará o Comité Clínico da Xunta, e que suporá un primeiro alivio nas restriccións, logo de case un mes de peche total. A Mellora da situación epidemiolóxica abre a posibilidade de levantar tamén os peches perimetrais en algúns concellos. // A administración da primeira dose da vacina aos maiores de 80 anos que non viven en residencias, comenzou hoxe en tódalas áreas sanitarias, a partir dos apelidos que comenzan por H. Son unhas 224.000 persoas que a consellería de Sanidade calcula que estarán completamente inmunizadas a principios de maio. //Os casos activos quedan en pouco máis de 8.000, logo de caer en medio milleiro no último día. A ocupación hospitalaria e das UCI sitúase nas cifras máis baixas dende hai un mes. // As axencias de viaxe dan por perdida a temporada de Semana Santa e contan con reanudar a actividade a partir de xuño. 22-02-2021
Oito centros de saúde da área sanitaria de Santiago proban o sistema que se estende o luns ao resto de Galicia e co que se prevé inmunizar a 224.000 persoas
O cabalo de raza galega habita nos nosos montes desde tempos inmemoriais. Máis da metade dos 1.500 exemplares que se conservan na actualidade están na provincia de Lugo. A Asociación de Criadores de Pura Raza Galega promove a súa cría tradicional e o consumo da súa carne para que non desapareza a súa xenética.
Os traballadores marchan desde a fábrica ao Concello das Somozas. Representantes dos traballadores e da dirección de Siemens Gamesa apuran as últimas horas do período de consultas do ERE
Fernando Abilleira, pontevedrés de orixe , entra na historia da investigación espacial, ao encargarse de supervisar a chegada, esta noite, do robot da Nasa Perseverance ao planeta Marte. A misión marcará un fito na busca de vida microbiana máis alá do noso planeta. // O Tribunar Superior de Xustiza rexeita anular o peche total dos establecementos de Hostalaría. En resposta a reclamación presentada pola asociación de empresarios do sector da Coruña, e a diferencia da decisión do Tribunal do País Vasco, entende que non se dan as circunstancias de urxencia para levar a cabo esa medida cautelar, e que debe prevalecer o interese sanitario. //. Maruxa fala da súa inflexibilidade mental, un dos problemas de conduta máis frecuentes nas persoas con síndrome de Asperger. Con doce anos convenceu a un dos seus mestres para que contase a súa vida nunha novela. Hoxe coñecimos a súa historia, no día internacional dese trastorno. 18-02-2021
Fernando Abilleira, de orixe pontevedrés, entra na historia da investigación espacial, ao encargarse de supervisar a chegada do robot da Nasa Perseverance a Marte. Será esta noite, e marcará un fito na busca de vida microbiana máis alá do noso planeta. // Descenso de 834 casos activos e 61 hospitalizados menos nun so día. A taxa de positividade cae tamén por debaixo do 5 por cento que se considera o límite para ter a pandemia baixo control. // Mobilización dos traballadores de Gamesa ante a falla de acordo para a negociación do ERE. A dirección pretende suprimir os 215 empregos da pranta das Somozas en Ferrol. // A abogacía do Estado renuncia a presentar recurso contra a sentenza que ordena indemnizar aos herdeiros de Franco polo mantemento do Pazo de Meirás. Considera axeitado o fallo da Audiencia da Coruña porque confirma que o Edificio e patrimonio público. 18-02-2021
Amaina o temporal de choiva das últimas horas que descargou con forza en comarcas como a de Vigo. A choiva foi intensa durante a pasada tarde chegando a rexistrárense máis de 72 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes ,en Pontevedra, onde hoxe se superan os 65. 18-02-2021