As nubes, alternando con raiolas de sol ofreceron hoxe imaxes espectaculares nos ceos coma estas que viamos pola mañá nos arredores de Santiago. 03/04/14
Xa están no Porto de Vigo os medios que van permitir inspeccionar o casco do pesqueiro Mar de Marín, afundido a 57 metros de produndidade na entrada da Ría. Son un robot submariño e unha campa de inmersión para que os buzos traballen con seguridade // Baixou o paro en marzo en 3.608 persoas. Aquí seguen inscritos coma desempregadas 276.500 persoas. Galicia é a terceira comunidade na que máis se reduciu o paro rexistrado // O xuíz do Caso Asunta retiroulle a imputación ao home cuxo seme apareceu na camiseta que levaba posta a nena cando foi asasinada. Considera que hai indicios dabondo para concluir que houbo unha contaminación no laboratorio de ADN da garda civil. Agora os únicos imputados son os pais da pequena. 02/04/14
A busca dos dous mariñeiros que ainda seguen desaparecidos logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín" desprazouse cara ao norte, na costa, logo de que apareceran na zona da Lanzada obxectos que parecen pertencer ao arrastreiro sinistrado // Baixou o paro en marzo. As listas do desemprego diminuíron en 3.608 persoas co que a cifra do total de parados queda en 276.500. Galicia é a terceira comunidade na que máis se reduciu e encadea dous meses consecutivos de descensos // 3.000 galegos sofren de autismo. Un diagnótisco complexo no que é fundamental a detección precoz sobre todo para a súa integración no sistema educativo. 02/04/14
A busca dos dous mariñeiros que ainda seguen desaparecidos logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín" desprazouse cara ao norte // Baixou o paro en marzo. Diminuiu en 3.608 persoas co que a cifra do total de parados queda en 276.500 // 3.000 galegos sofren de autismo. Un diagnótisco complexo no que é fundamental a detección precoz sobre todo para a súa integración no sistema educativo. 02/04/14
Seguimos con tempo variable, como corresponde á època do ano na que estamos. Nas próximas horas seguirá a alternancia de nubes e claros e prevese un descenso das temperaturas mínimas. 02/04/14
Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos, logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín", embestido por un cargueiro de tranporte de coches. So cinco dos seus tripulantes lograron salvarse. Os restos do arrastreiro foron localizados a 57 metros de profundidade // Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí. Trátase de Alejandro García de Barro, segundo patrón do arrastreiro, Carlos Santos, mecánico de Cangas, e Hassan Boudra. Seguen desaparecidos un galego e un ghanés // Pasou hoxe a disposición xudicial en Betanzos o home de Sada detido o domingo tras agredir á súa muller e sogros cun coitelo e que despois tratou de prenderlle lume á casa dun veciño que auxiliara ás vítimas. 01/04/14
Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos, logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín", embestido por un cargueiro. So cinco dos seus tripulantes lograron salvarse // Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí. Trátase de Alejandro García de Barro, segundo patrón do arrastreiro, Carlos Santos, mecánico de Cangas, e Hassan Boudra. Os seus corpos foron recuperados por otros pesqueiros e trasladados a Estación Marítima. Seguen desaparecidos un galego e un ghanés // Novagalicia Banco rematou 2013 cun beneficio de 18 millóns de euros superando as previsións do seu plan de recapitalización. Un saneamento acelerado no que reduciron un 36% os seus gastos de explotación. A entidade conta agora con 592 oficinas e un plantel de 4.362 traballadores. 01/04/14
Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos no afundimento do pesqueiro "Mar de Marín". Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí // Pasou hoxe a disposición xudicial en Betanzos o home de Sada detido o domingo tras agredir á súa muller e sogros. 01/04/14
Seguimos baixo a influencia dunha borrasca, que trae a Galicia chuvascos e ventos de compoñente sur, que sopra con forza nas Rías Baixas e en zonas altas. Boa parte da provincia de Ourense está en alerta amarela por mor dese vento e da choiva. 01/04/14
Galicia é unha das comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público, no exercicio do 2013 A diferenza entre gastos e ingresos na nosa comunidade foi do 1,1% e o máximo previsto era do 1,2% // Dentro dun mes empezarán a funcionar as novas instalacións de urxencias do Hospital da Coruña. Son case 3.500 metros cadrados destinados a un servizo que atende a unhas 150.000 urxencias anuais. Supuxeron un investimento de 8 millóns de euros // Un pequeno dispositivo patentado por unha empresa de Vigo permite o diagnóstico remoto de enfermidades do corazón. Posibilita que un cardiólogo examine a distancia o resultado dun electrocardiograma, por exemplo, dun tripulante dun barco, sen perder un tempo que pode resultar vital para o enfermo. 31/03/14
Galicia é unha das comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público, no exercicio do 2013. A diferenza entre gastos e ingresos na nosa comunidade foi do 1,1% e o máximo previsto era do 1,2%. Tamén hoxe se coñeceron os datos do crecemento do producto interior bruto das autonomías. En todas caeu, o ano pasado. En Galicia ese descenso foi do 1%. Menor que a media // Os veciños de Punxín manteñen o seu peche no concello para protestar polo recibo da auga, que consideran abusivo. Organizados por turnos, levan catro días de encerro. O alcalde di que non pode abaratalo, porque non recauda suficiente // Un pequeno dispositivo patentado por unha empresa de Vigo permite o diagnóstico remoto de enfermidades do corazón. Posibilita que un cardiólogo examine a distancia o resultado dun electrocardiograma, por exemplo, dun tripulante dun barco, sen perder un tempo que pode resultar vital para o enfermo. 31/03/14
Galicia é unha das comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público, no exercicio do 2013 // Os veciños de Punxín, en Ourense, péchanse no Concello en protesta polo recibo da auga, que consideran abusivo // Un pequeno dispositivo patentado por unha empresa de Vigo permite o diagnóstico remoto de enfermidades do corazón. 31/03/14
Neste inicio de semana Galicia segue baixo a influencia das borrascas atlánticas, que deixan ceos anubrados e chuvascos, que serán máis frecuentes durante a tarde. 31/03/14
Os 72 espacio que integran a Rede Natura contan agora con un Plan que regula a sua conservación. Neles quedan prohibidos os usos eólico, hidroeléctrico ou de minería a ceo aberto. As explotacións que xa existen poderán ampliarse. A acuicultura autorízase con restriccións // Galicia vai investir 1600 millóns de euros, nos próximos seis anos para atraer a grandes empresas que aposten pola innovación tecnolóxica. Anunciuouno hoxe o Presidente da Xunta na visita á nova planta, no Porriño, do grupo CITIC, de capital chinès, e que mellorou a súa capacidade gracias a un investimento de 40 millóns de euros // As áreas de Oncoloxía e Cardioloxía son os departamentos máis investigadores do Sergas. É un das conclusión dunha ferramentea que permite medir a actividade investigadora. 28/03/14
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana. No naufraxio no que morreron 8 dos 9 tripulantes corrido o 10 de marzo fronte a costa asturiana aínda continua desaparecido o muradán Manuel María Tajes // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán. Terán que aclarar as diferencias entre a documentación que aportou o administrador ferroviario e a que levaba o maquinista o día do sinistro, respecto a se o treito no que descarrilou o tren era ou non de alta velocidade e se tiña que dispoñer dos sistemas de frenado propios dun AVE ou non // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. Oitocentos estudantes das universidades galegas poderían ter que devolver as súas becas ao non acadar as notas esixidas para disfrutalas. 27/03/14
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana. No naufraxio no que morreron 8 dos 9 tripulantes corrido o 10 de marzo fronte a costa asturiana aínda continua desaparecido o muradán Manuel María Tajes // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán. Terán que aclarar as diferencias entre a documentación que aportou o administrador ferroviario e a que levaba o maquinista o día do sinistro, respecto a se o treito no que descarrilou o tren era ou non de alta velocidade e se tiña que dispoñer dos sistemas de frenado propios dun AVE ou non // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. Oitocentos estudantes das universidades galegas poderían ter que devolver as súas becas ao non acadar as notas esixidas para disfrutalas. 27/03/14
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. 27/03/14