A primavera empeza hoxe con tempo cambiante, ben propio desta estación. Estamos nunha situación transitoria. Os ceos, ata agora, despexados ou pouco anubrados darán paso ás nubes esta noite, que traerán chuvias. 20/03/14
Ainda non hai acordo definitivo dentro do sector para que a frota do cerco poida sair faenar. Pero a cesión, por parte da flota do País Vasco, de 400 toneladas de xarda para os barcos galegos pode facilitar a solución ao conflicto // O grupo téxtil Inditex gañou un 1% máis en 2013, e acadou uns beneficios de 2.377 millóns de euros. Incrementou as súas vendas nun 5% e chegaron aos 16.700 millóns de euros. A compañía galega segue xerando emprego e o seu cadro de persoal e xa tén mais 128.000 traballadores // Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros. 19/03/14
Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén. Representantes do sector analizan coas autoridades pesqueiras, nunha reunión na Coruña, como redistribuir entre os armadores os cupos de xarda e xurelo, que veñen de aceptar // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos, un deles de Muros, o mecánico Manuel María Tajes. Os mergulladores puideron inspeccionar xa todalas dependencias do arrastreiro afundido, e dan por seguro que os corpos non se atopan no interior do barco. 19/03/14
Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos. 19/03/14
Seguimos disfrutando de tempo solleiro aínda que van ir aparecendo algunhas nubes que iso sí de momento non traerán auga. 19/03/14
Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura // Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14
Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura. Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas. Os labores dos buzos céntranse hoxe na zona dos camarotes de proa onde onte atoparon a outros dos mariñeiros do arrastreiro // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14
Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. 18/03/14
Logo de todos estes días de sol, volve cambiar o tempo. E empeora, a partir do venres. Volveremos ter choivas e baixada de temperaturas. 18/03/14
Os buzos de salvamento marítimo e mais da Garda Civil rescataron o corpo dun dos catro mariñeiros do Santa Ana que ainda seguían desaparecidos // Outro corpo está localizado, logo de que os equipos de rescate lograran perforar o casco do barco // A Xunta agarda un acordo definitivo sobre o reparto da cota de xarda nas negociacións que se van retomar mañá // Hoxe un sindicato policial calificou de proporcionada a actuación dos antidisturbios nas protestas destes mariñeiros en Santiago // Desarticulada na Coruña unha banda adicada a asaltar vivendas. Os seus integrantes, seis homes de idades comprendidas entre os 24 e os 39 anos, son orixinarios de varios países do leste de Europa. Actuaban sobre todo na capital provincial e a súa periferia. 17/03/14
Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias. Alí segue a busca dos catro mariñeiros aínda desaparecidos. Os mergulladores tratan hoxe de perforar o casco, para acceder aos camarotes nos que se sospeita que puideron quedar atrapados // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que é díficil de entender o xiro dos armadores do cerco na negociación // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. Alí tratou cos reponsables de Pemex sobre novos contratos e animou os empresarios a investir en Galicia // A fin de semana déixanos dous empates dos equipos galegos na segunda división de fútbol, o do Lugo en Córdoba e do Deportivo fronte ao Barcelona B, en Riazor. En primeira, o Celta venceu ao Levante, co que xa case ten encamiñada a permanencia. 17/03/14
Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. 17/03/14
Seguindo a tendencia da fin de semana, a última semana do inverno arranca con sol e temperaturas agradables. 17/03/14
Recuperado o corpo dun dos seis mariñeiros desaparecidos dende o luns no naufraxio do Santa Ana en Asturias. É o muradán Lucas José Mayo de 33 anos. Atopárono nun dos camarotes aos que hoxe sí puideron acceder os mergulladores da garda civil e salvamento marítimo.
Os buceadores tivevon que limpar os accesos ao interior do barco afundido, antes de poder entrar a buscar os corpos dos seis mariñeiros que se supón que foron ao fondo dentro do casco, no momento do afundimento.
Comezou en Santiago unha reunión de representantes do sector do cerco coa conselleira de mar para negociar posibles modificacións no sistema de reparto de cotas da xarda. (14/03/14)
Xornada agradable para este venres que nos sitúa baixo a influenza anticiclónica. Aínda así ,nas comarcas do litoral, a mañá estivo acompañada de brétemas costeiras, que impediron gozar do sol. (14/03/14)
Segue o traballo dos buzos da Garda Civil, tratando de localizar os corpos dos seis tripulantes do pesqueiro "Santa Ana" .
As lonxas da Coruña e de Vigo amenceron hoxe prácticamente sen actividade en apoio ás reivindicacións da frota galega do cerco .
O BNG asina con Bildu un acordo para concorreren xuntos ás eleccións europeas do 25 de maio. (14/03/14)
Segue o traballo dos buzos da Garda Civil, tratando de localizar os corpos dos seis tripulantes do pesqueiro "Santa Ana" que seguen desaparecidos dende o afundimento do barco, o pasado luns.
As lonxas da Coruña e de Vigo amenceron hoxe prácticamente sen actividade. Suspenderon poxas e vendas en apoio ás reivindicacións da frota galega do cerco que rexeita o actual reparto das cotas de xurelo e xarda. Mariñeiros galegos participaron hoxe nunha manifestación en Oviedo, xunto cos seus colegas asturianos, cos que comparten reivindicacións.
O BNG asina con Bildu un acordo para concorreren xuntos ás eleccións europeas do 25 de maio. Nun acto celebrado en Bilbao, ambas formacións din que van levar a Bruxelas a voz dos pobos. (14/03/14)
O acordo cos países nórdicos para aumentar a cota de xarda que pode capturar a flota comunitaria permite calmar os ánimos no sector galego do cerco. Agora toca repartir as 1.450 toneladas mais deste peixe que poderán pescar os nosos barcos // Cuarto día na busca dos seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Os mergulladores seguen sen poder acceder o casco do barco afundido fronte a Cabo Peñas en Asturias. Salvamento Maritimo tenta estabilizar cun cabo o pesqueiro pero de momento sen éxito // A Xunta vai poñer en marcha un plan para previr a obesidade infantil. Tres de cada dez nenos galegos presentan sobrepeso ou obesidade. Neste plan van participar as familias, médicos, colexios e mesmo as empresas. 13/03/14
O acordo cos países nórdicos para aumentar a cota de xarda que pode capturar a flota comunitaria permite calmar os ánimos no sector galego do cerco // Cuarto día na busca dos seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Os mergulladores seguen sen poder acceder o casco do barco afundido fronte a Cabo Peñas en Asturias. Salvamento Marítimo tenta estabilizar cun cabo o pesqueiro pero de momento sen éxito // A Xunta vai poñer en marcha un plan para previr a obesidade infantil. Tres de cada dez nenos galegos presentan sobrepeso ou obesidade. Neste plan van participar as familias, médicos, colexios e mesmo as empresas // Máis de trescentos galegos precisan un trasplante de ril para poder facer unha vida normal. Hoxe, co gallo do Día Mundial deste órgano, en carpas coma esta de Ourense miden de balde a tensión e o zucre en sangue. 13/03/14
O acordo para aumentar a cota de xarda permite calmar os ánimos no sector do cerco // Cuarto día na busca dos seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Santa Ana // A Xunta vai poñer en marcha un plan para previr a obesidade infantil. 13/03/14