Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Vento moi forte, con refachos que superaron os 200 quilómetros por hora, e chuvias intensas ao paso da borrasca Karlotta, que está a deixar incidencias por caída de árbores e outros obxetos nas estradas | A serie Rapa, e as longometraxes O Corno e Matria copan as candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo ao sumar un total de 42 nominacións. Entre elas, mellor película, serie, director e actor. Compite tamén a serie infantil co-producida por esta casa, Os argonautas e a moeda de ouro | Travis Birds volve aos esecnarios para presentar o seu último disco, "Perro Deseo", nunha xira que pasa por Galicia. Mañá actuará na Coruña, e o sábado en Vigo

Ceos cubertos, con chuvias, máis cuantiosas na metade oeste. As precipitacións tenderán a remitir co avance da xornada, quedando chuvascos ó final do día. As temperaturas mínimas tiveron un ascenso moderado mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento forte de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.

A borrasca Karlotta está a pasar en forma dunha fronte fría moi activa, con chuvias que se prevén máis intensas na metade oeste, e ventos que levan a activar a alerta laranxa nas zonas de montaña e en todo o litoral | Os agricultores e gandeiros concentrados en OUrense acordan suspender temporalmente a protesta e retiran os tractores da cidade. Decidírono logo dunha xuntanza con representantes da Xunta aos que lle pediron que trasladasen as súas reivindicacións a Bruselas | Encontro da escritora galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a inglesa Nel Leyshon co alumnado do Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, que elexíu as suas obras para os premios San Clemente de novela | A serie Rapa, e as longometraxes O Corno e Matria copan as candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo ao sumar un total de 42 nominacións. 

Vento moi forte, con refachos que superaron os 200 quilómetros por hora en Viveiro, e chuvias intensas ao paso da borrasca Karlotta, que está a deixar incidencias por caída de árbores e outros obxetos nas estradas | Os tractores aparcados en Ourense como medida de protesta dos agricultores e gandeiros contra a política agraria europea abandonan a cidade. É unha suspensión temporal das mobilizacións para celebrar o entroido nas súas comarcas. | Encontro da escritora galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a inglesa Nel Leyshon co alumnado do Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, que elexíu as suas obras para os premios San Clemente de novela | O Soño da Sultana, con producción da ferrolá Chelo Loureiro, candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación. É unha das favoritas para facerse cun galardón que xa gañou en edicións anteriores con Valentina e Unicorn Wars. Tamén nomeada a curtametraxe Too Bird or not Too Bird, do director Martín Romero |

Todo o litoral en alerta amarela a partir de media tarde por ondas e ventos que xa esta mañá superaron os 117 km por hora. A borrasca Karlotta aproxímase, hoxe con ventos moi húmidos e algunhas chuvias febles. Cara a noite agardamos que as chuvias e o vento se intensifiquen. 

Os agricultores e gandeiros de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas seguirán mobilizándose ata mañá. Cos seus tractores van percorrer os polígonos industriais para despois regresar á cidade a pasar a noite | Volve a calma ao barrio coruñes de Monte Alto despois da protesta duns 300 veciños contra o que consideran un "narcopiso". A protesta rematou coa porta da vivenda rota e cos okupas desaloxados | Entrega en Pontevedra dos Premios da Cultura Galega deste ano, que recoñecen a poeta Yolanda Castaño, e o investigador Eduardo Pardo de Guevara. Galardoado tamén o Museo do Gravado de Ribeira, os cursos de Galego sen Fronteiras, a asociación Ponte nas Ondas e a banda de música de Guláns | En plena temporada do cocido, falamos con Xosé María Paz Gago, galardoado co premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro por unha obra sobre os beneficios para a saúde deste prato tradicional,

Mobilización de agricultores e gandeiros da provincia de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas. Acordan manter ata mañá unha vintena de tractores arredor da subdelegación do goberno, tras manter unha xuntanza co subelegado | No barrio coruñés de Monte Alto era tapiada hoxe a vivenda ante a que horas antes se producira o enfrontamento entre un grupo duns 300 veciños cos ocupantes ilegais do inmoble. Os veciños tiraron a porta abaixo o que motivou a intervención dos axentes de Policía. Os okupas abandonaron a casa escoltados pola policía. | Xabier Díaz lanza o seu novo videoclip, "Maneo Náufrago", coas Adufeiras de Salitre | Xosé María Paz Gago, galardoado co premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro por unha obra sobre os beneficios para a saúde deste prato tradicional. 

Segue a mobilización dos agricultores e gandeiros da provincia de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas. Tras unha xuntanza co subdelegado do goberno, deciden manter ata mañá unha vintena de tractores arredor da subdelegación | Horas de tensión no barrio coruñés de Monte Alto. Ao redor de 300 veciños achegaronse a un dos que consideran "narcopisos" coa intención de botar aos okupas que viven dentro, tiraron a porta abaixo e a Policia interveu | Xabier Díaz lanza o seu novo videoclip, "Maneo Náufrago", coas Adufeiras de Salitre, segundo sinxelo do que vai ser o seu vindeiro disco xuntos, "Axúdame a Sentir"

Máis dun cento de tractores marchan cara a cidade de Ourense, onde a Garda civil mantén un dispositivo de seguridade. Tamén en Lugo concéntranse vehículos agrícolas nunha xornada de mobilizacións para expresar o malestar do sector primario polas políticas comunitarias | A campaña electoral xira ao redor do debate que tivo lugar na TVG, no que Rueda salientou a estabilidade do seu goberno fronte os candidatos da esquerda que apostaron pola necesidade do cambio. TVE mantén a celebración do previsto o día 14 coa presencia de Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro | A Garda Civil incorpora a Galicia dous equipos especializados en reconstruir accidentes de tráfico. Dotados con medidores láser, drons, cámaras e programas de simulación complementan o traballo do persoal de atestados para tentar averiguar qué pasou co menor marxe de erro posible | Na conta atrás para a gran gala do cine español, falamos con Álvaro Gago, nominado ao premio á mellor director novel por Matria, a historia dunha muller das rías baixas sumida na precariedade laboral

Día máis frío, con néboas que foron deixando paso o sol. Co avance do día aumentarán as nubes e o vento. Soprará con refachos fortes á noite no entorno de Bares e na Costa da Morte. As Primeiras chuvias desta semana, a última hora no litoral oeste

Mais de cento vinte tractores saíron as estradas hoxe en Ourense pra situarse arestora fronte a subdelegación do goberno. Tamén en Lugo medio cento de gandeiros e agricultores moveron os seus vehículos seguindo o exemplo do sector en Francia | A campaña electoral xira ao redor do debate que tivo lugar na TVG, no que Rueda salientou a estabilidade do seu goberno fronte os candidatos da esquerda que apostaron pola necesidade do cambio. TVE mantén a celebración do previsto o día 14 coa presencia de Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro | | A Garda Civil incorpora a Galicia dous equipos especializados en reconstruir accidentes de tráfico | Álvaro Gago, nominado ao premio á mellor director novel por Matria, a historia dunha muller das Rías Baixas sumida na precariedade laboral

As protestas de agricultores e gandeiros chegan a Galicia. Un cento de tractores diríxense cara a cidade de Ourense, procedentes dos concellos de Xinzo e Maceda, mentres a Garda civil mantén un dispositivo de seguridade. Tamén en Lugo concéntranse vehículos agrícolas | RTVE celebrará o debate electoral proposto o vindeiro 14 de febrero. Será a dous, coa presenza dos candidatos do BNG e do PSOE, ao declinar o O PP participar con ningún candidato | Desde este xoves poden solicitarse as axudas da Xunta para renovar electrodomésticos, de ata 450 euros.

Abanca bateu en 2023 o seu propio récord, cun beneficio de 711 millóns de euros. A cifra supón un 220 por cento máis que o exercicio anterior. Os directivos da entidade destacan o dinamismo do seu negocio minorista, cun aumento de 130.000 clientes no último ano| A Sanidade pública centra o debate político logo de que milleiros de persoas sairan este domingo na manifestación celebrada en Santiago | O Celta venceu a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo gol dos vigueses.

Abanca bateu en 2023 o seu propio récord, cun beneficio de 711 millóns de euros. A cifra supón un 220 por cento máis que o exercicio anterior | Protesta do persoal da UCI de Ourense, que denuncia fallos estruturais no espazo onde traballan e reclama máis contratacións | A neboa provoca a cancelación de tres voos no aeroporto coruñés de Alvedro. Outros cinco foron desviados a Santiago | O Celta amosa, esta vez sí, solidez defensiva e vence a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo. O equipo de Rafa Benitez sitúase tres puntos por enriba do descenso.

Abanca triplicou o seu beneficio durante o ano pasado, con 711 millóns de euros. Pechou o ano coa compra do portugués Eurobic, co que a entidade galega se converte na sétima tanto en España como en Portugal. | Protesta do persoal da UCI de Ourense, que denuncia fallos estruturais no espazo onde traballan e reclama máis contratacións para garantir a calidade asistencial. Agora, din, tocan a case tres doentes por enfermeira | A neboa provoca a cancelación de tres voos no aeroporto coruñés de Alvedro. Outros cinco foron desviados a Santiago |O Celta amosa, esta vez sí, solidez defensiva e vence a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo. O equipo de Rafa Benitez sitúase tres puntos por enriba do descenso.

Continúa sen demasiados cambios ata mediados da semana. Hoxe, temperaturas algo máis baixas. Xornada de novo de moitas néboas no interior , brétemas costeiras no litoral norte que foron despexando para deixar paso a un día de sol con algunhas nubes altas.

Videos, actos e declaracións para atraer o voto..., os partidos intensifican a actividade a poucas horas do arranque oficial dunha campaña que se anticipa marcada pola presenza de líderes nacionais | A armadora do Villa de Pitanxo ve graves erros técnicos no informe dos peritos xudiciais que atribue a responsabilidade do naufraxio a unha imprudencia do patrón. O Grupo Nores di que en base ás imaxes submarinas obtidas, non se pode afirmar que o aparello estivera embarrado | No último ano diagnosticáronse en Galicia 20.000 novos casos de cancro. Os afectados falan do impacto non so físico e psicolóxico senón tamén económico da doenza, que en moitos casos supón a perda do traballo. Piden máis sensibilidade empresarial para poder adaptar os postos ás circunstancias dos pacientes | O elexido como mellor mural do mundo, atopase en Fene. É unha obra do artista Sfhir: unha muller tocando o violonchelo, co instrumento integrado nas xanelas do edificio. A votación do portal Street Art Cities sitúa en segundo lugar a Dona do Esteiro, de Lula Goce, en Nigrán.

Comeza a batalla en busca do voto dos cidadáns para o 18 F, nunha campaña máis marcada ca nunca pola política nacional e cos prognósticos electorais máis abertos dos últimos anos | O mes de xaneiro remata, como é habitual, con datos negativos para o emprego. O paro en Galicia subiu en máis de 1.500 persoas | Transportistas e organizacións agrarias pídenlle ao goberno central que medie no conflito cos agricultores franceses, porque está provocando moitas perdas aos transportistas e moito temor nos agricultores e gandeiros galegos | Achegar a música clásica aos máis pequenos. E o que fai a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Aarón Zapico, xunto a unha compañía de monicreques, a través do famoso conto do Gato con botas

Comeza a batalla en busca do voto dos cidadáns para o 18 F, nunha campaña máis marcada ca nunca pola política nacional e cos prognósticos electorais máis abertos dos últimos anos | O mes de xaneiro remata con datos negativos para o emprego | Achegar a música clásica aos máis pequenos. E o que fai a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Aarón Zapico, xunto a unha compañía de monicreques, a través do famoso conto do Gato con botas

Sen cambios durante a fin de semana. O anticiclón segue centrado no Cantábrico co que teremos néboas pola mañá no interior e ceos despexados con algunhas nubes altas durante o resto da xornada. As temperaturas mantéñense nos valores destes días, con máximas que poden volver superar os 20 graos nas horas centrais do día.