O curso escolar dase por rematado en todolos ciclos de ensino non universitario, e as clases tan so abrirán a partir do día 25 de xeito voluntario para os alumnos de segundo de bacharelato, FP Media e Superior . A Xunta decide tamén manter o peche do curso para educación infantil, de 3 a 6 anos.// Logo da xuntanza co Presidente da Xunta, Os grupos da oposición manteñen o seu rexeitamento a celebrar en xullo as eleccións autonómicas que foron aprazadas pola alarma sanitaria. Núñez Feijóo prevé comunicar proximamente a data definitiva, que coincidirá coas do País Vasco.// O concello de Pontecaldelas instala arcos desinfectantes para eliminar o coronavirus, nas dúas entradas ao nucleo urbano, entre Vigo e Pontevedra. Os coches e vehículos pesados que circulan polo casco urbán son pulverizados cunha disolución de auga e cloro. que non dana as carrocerías. 15/05/20
O presidente da Xunta estuda hoxe cos dirixentes de todalas formacións políticas galegas a nova data das eleccions autonómicas. Quere convocalas para o mes de xullo, ante o temor a unha nova vaga da pandemia en outono, mentres os grupos da oposición consideran que non hai suficientes garantías sanitarias para votar en verán//O coronavirus contaxiou ao 2'1 por cento da poboación de Galicia, según o estudo epidemiolóxico do ministerio de Sanidade. E a cuarta comunidade cunha menor incidencia da pandemia. Os expertos advirten de que non está probado que tan sequera os positivos teñan inmunidade ante un posible rebrote // Os traballadores de Alu Iberica reclaman a intervención do goberno para fiscalizar os plans do Grupo Industrial Riesgo, que o mes pasado adquiríu as antigas plantas de Alcoa ao fondo suizo Parter. De momento prometeu un investimento de 250 millóns nos próximos cinco anos para garantir o emprego. 14/05/20
O presidente da Xunta anuncia que convocará o antes posible as eleccións autonómicas que foron suspendidas polo estado de alarma. Di que os expertos así llo aconsellan ante o risco de rebrote da pandemia en outono. Convoca para mañá aos representes de tódolos partidos galegos para estudar a data, e aposta polo 12 de xullo.// Os Centros de Saúde buscan evitar as aglomeracións nas salas de espera con máis atención telefónica e citas presenciais espalladas. Tamén prevén circuitos específicos para pacientes con síntomas, para garantir a seguridade na desescalada.// A Delegación do Goberno advirte aos locais de hostalería que podería decretar de novo o peche das terrazas, autorizadas na fase 1 da desescalada, en caso de incumprimento das normas sanitarias que podería favorecer un rebrote da pandemia. 13/05/20
Evitar as aglomeracións nas salas de espera con máis atención telefónica e citas presenciais espalladas. Son medidas que están adoptar os centros de Saúde, que tamén prevén circuitos específicos para pacientes con síntomas, para garantir a seguridade na desescalada. //A Xunta aboga por reformular o Xacobeo do ano que ven e anuncia o investimento de 26 millóns nun plan para reactivar o sector turístico e cultura. A oposición considerao insuficiente e pouco consensuado.// A Delegación do Goberno advirte aos locais de hostalería que podería decretar de novo o peche das terrazas, autorizadas na fase 1 da desescalada, en caso de incumprimento das normas sanitarias que podería favorecer un rebrote da pandemia. 13/05/20
Estrés e desgaste físico, son as principais queixas das profesionais logo de dous meses de loita en primeira liña contra a pandemia, cando se celebra o Día Internacional da Enfermaría. Piden melloras de organización no sistema sanitario e maior dotación de persoal.// As ITV volven atender en Galicia a turismos e furgonetas con cita previa. Os concesionarios reabren tamén con escaseza de clientes e novas medidas para garantir a desinfección dos vehículos.// Os locais de hostelería buscan fórmulas para adaptarse ás novas exixencias sanitarias de separación entre clientes. Unha empresa de Pontevedra aposta polas pantallas de vidro de baixo custo e fácil desinfección. 12/05/20

Galicia entra na fase 1 da desescalada, que inclúe a volta de actividades comerciais, reapertura de hoteis e mercados, e permite reunións familiares e viaxes dentro da provincia // Co aumento da mobilidade, o uso das máscaras faise ainda máis necesario en situacións onde non se poida garantir a distancia social. Os expertos advirten da importancia de distinguir entre os distintos tipos de protección que dan e aprender a colocalas ben // Galicia rexistra un so falecemento no último día pola COVID-19. A Area Sanitaria de Vigo será a primeira en por en marcha un sistema de procesamento agrupado das probas PCR para mellorar o seu rendemento. 11/05/20

Gran parte de Galicia queda libre das franxas horarias para as saídas a rúa dos distintos grupos de poboación, O goberno admite a petición da Xunta de excluir da normativa os núcleos de menos de 5.000 habitantes // Os locais adáptanse ao cambio das condicións de confinamento. As cidades peonalizan ruas para favorecer o mantenemento da distancia social co aumento da mobilidade, ante o previsible paso a Fase 1 da desescalada // Os prazos da campaña da declaración da renda seguen adiante pese ao estado de estado de alarma. A oficinas da Axencia Tributaria atenden aos contribuíntes por teléfono e con cita previa. Mentres, o traballo de xestorías e asesorías aumenta estes días tamén por outros trámites relacionados coa crise do covid 19. 08/05/20

Galicia xa está a dar por superada a fase crítica da pandemia. Así o asegurou ante a Deputación Permanente da Cámara o Presidente da Xunta. Os grupos da oposición reclaman un gran acordo de país para afrontar as medidas de reactivación // As tendas de roupa comenzan a sumarse á desescalada. O grupo Inditex abre os primeiros establecementos das suas marcas de menos de 400 metros cadrados. Ata luns a atención será individualizada e con cita previa // Investigadores da universidade de Santiago traballan nunha vacina para o coronavirus, a partir de métodos que xa teñen patentados contra outros patóxenos. De ser eficaces, permitirían acurtar os prazos e os custes de producción a gran escala. 07/05/20

A Xunta considera que toda Galicia debería pasar o próximo luns á Fase 1 da desescalada do confinamento. Así llo solicita ao Goberno central, ao considerar que se cumplen os requisitos hospitalarios en caso de repunte da pandemia // As urxencias dos hospitais comenzan a notar os efectos da relaxación do confinamento. A afluencia de pacientes duplícase respecto ao das anteriores semanas. Moitos son enfermos comúns que non acudiran antes por temor ao contaxio // División por sectores, corredores con separación de entrada e saída para bañistas e aforo reducido á metade. É o aspecto da praia de Silgar, según o proxecto presentado polo concello de Sanxenxo, para garantir a seguridade dos usuarios este verán. 06/05/20
Galicia rexistra 17.000 parados máis no mes de abril, cunha subida do dez por cento. O dato, sumado ao de marzo, supón un aumento de 25.400 desempregados dende que empezou a crise sanitaria, sen incluir aos 160.000 traballadores galegos afectados por ERTE.// Remata a primeira fase do Estudo Epidemiolóxico sobre a incidencia da Covid-19 entre a poboación de Galicia. Os resultados das 51.000 probas realizadas dan apenas un 1 por cento de positivos. Os profesionais da Asociación de Medicina Familiar dubidan da sua validez e piden non continuar co estudo.// Máis gasto e,e mais tempo de desprazamento, con rodeos de ata cen quilómetros para chegar ao traballo. É a situación que viven milleiros de traballadores da raia, polo peche dos pasos fronterizos con Portugal. A agrupación de concellos das dúas beiras do Miño reclama a apertura inmediata. 05/05/20

As máscaras comenzan a ser obligatorias para usar o transporte público. Hoxe foron repartidas en Galicia máis de 800.000. E unha das novidades no arranque da chamada fase cero da desescalada.// Salóns de peiteado, pequenos comercios e restaurantes comenzan a retomar a actividade, con cita previa, logo de mes e medio de confinamento. Moitos negocios estudan a viabilidade da reapertura.// Un exemplar de oso pardo é sorprendido polas cámaras dun equipo de cine que estaba a rodar un documental na montaña de ourense. É Unha especie que se daba por desaparecida naquela zona dende hai 150 anos. 04/05/20

Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia e tamén se produce unha drástica caída de pacientes hospitalizados e nas UCI. Hoxe houbo catro mortes, pero a de onte foi a primeira xornada sen vítimas desde o inicio da crise hai mes e medio // A posibilidade de restrinxir a mobilidade entre provincias crea incerteza nos Peares, entre Ourense e Lugo. Ou en Pontecesures e Padrón, onde os veciños cruzan de provincia para tarefas cotiás // Case a metade dos falecidos con coronavirus en Galicia vivía nunha residencia de maiores. A Fiscalía mantén activas cinco das doce dilixencias penais rexistradas contra estes centros en Galicia. 30/04/20

O pequeno comercio pide un plan de reapertura que especifique a protección necesaria para volver á actividade. Os salóns de peiteado serán dos primeiros en poder abrir, o próximo luns, con cita previa e aforo limitado // A hostalaría galega tamén pide maior concreción e ve inviable economicamente o plan de desescalada. Cuestiona a limitación de aforo. A partir do 11 de maio poden abrir as terrazas co trinta por cento de ocupación // Tras sete semanas sen traballar, os mariscadores volven á ría de Arousa. Deixaran de faenar porque o seu produto non tiña saída no mercado. Agora regresan con cupos limitados. 29/04/20