Os traballadores de Alcoa comenzan as mobilizacións para tratar de frear o peche anunciado da planta de aluminio e reclaman apoio da Xunta e o goberno central. Nunha carta aos empregados, a multinacional xustifica a decisión polo elevado prezo da enerxía, que fai inviable a actividade // A Xunta electoral autoriza un cambio no sistema do voto por correo que permitirá emitir o sufraxio para as próximas eleccións autonómicas sen ter que sair da casa. As solicitudes poderánse facer por internet e o Persoal de Correos encargaráse de levar ao domicilio a documentación electoral e recoller os sobres de votación // Os concellos ultiman as medidas para garantir a distancia de seguridade entre os usuarios nas praias, ante a previsión de gran afluencia esta fin de semana. As temperaturas seguirán con máximas rondando os 30 graos, ainda que con risco de treboadas no interior. 29/05/20

Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter // Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20
Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter. .// Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20
As reservas de aloxamentos turísticos dispáranse de cara á temporada de verán nas zonas de costa e nas aforas das cidades. Máis de 10.000 establecementos figuran no rexistro oficial da Xunta. Os situados en lugares pouco masificados e con espazo para familias, os preferidos pola demanda. //Numerosos cidadáns súmanse ao recordo das vítimas da Covid-19, con minutos de silencio diante de centros de traballo e institucións. As bandeiras locen a media asta no primeiro dos dez días de loito oficial decretado polo goberno para toda España.// O uso de máscara será obrigatorio no interior dos locais de votación nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O protocolo de medidas sanitarias elaborado pola Xunta contempla tamén que se promocione o voto por correo e que os maiores de 65 anos e persoas vulnerables queden excluidos de formar parte das mesas electorais. 27/05/20
As reservas de aloxamentos turísticos dispáranse de cara á temporada de verán nas zonas de costa e nas aforas das cidades. Máis de 10.000 establecementos figuran no rexistro oficial da Xunta. Os situados en lugares pouco masificados e con espazo para familias, os preferidos pola demanda. //Numerosos cidadáns súmanse ao recordo das vítimas da Covid-19, con minutos de silencio diante de centros de traballo e institucións. As bandeiras locen a media asta no Pimeiro dos dez días de loito oficial decretado polo goberno para toda España.// O uso de máscara será obrigatorio no interior dos locais de votación nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. O protocolo de medidas sanitarias elaborado pola Xunta contempla tamén que se promocione o voto por correo e que os maiores de 65 anos e persoas vulnerables queden excluidos de formar parte das mesas electorais. 27/05/20
A Defensa de Enrique Abuín, O Chicle, alega que foi declarado culpable do asasinato de Diana Quer pola presión mediática, e reclama a repetición o xuizo. Na vista de Apelación do caso, A Fiscalía e a Acusación Particular piden que se ratifique a condena a prisión permanente revisable.// Nova xornada sen contabilizar vítimas mortais pola Covid-19 en Galicia. Segue a baixa o número de casos activos, que queda en 834 e redúcense a 59 os pacientes hospitalizados, dos que 7 permanecen ingresados nas UCi.// A Fundación Barrié reabre na Coruña a exposición de Marc Chagall considerada a máis completa realizada ata agora en España sobre o autor. Inaugurada xusto un día antes da declaración do estado de alarma, pode ser agora visitada con medidas de seguridade dentro da fase 2 da desescalada. 26/05/20

Os clientes fan cola ante a reapertura das grandes superficies comerciais no comenzo da Fase 2 da desescalada. Os concellos regulan as condicións para o baño recreativo nas praias, mentres, dende hoxe se permiten as reunións de ata 15 persoas e a entrada nos establecementos de hostalería. //Os institutos recuperan, con escasa asistencia de alumnos, as clases presenciais para segundo de Bacharelato e dos ciclos medio e superior de Formación Profesional. Os profesores resaltan o esforzo que supón manter a atención aos estudantes que quedan nas casas.// O presidente da Xunta reclama que Galicia poida abandonar o estado de Alarma antes de cumprir todalas fases da desescalada, debido á mellora da situación epidemiolóxica. A oposición acúsao de facer electoralismo coa xestión da loita contra a pandemia. 25/05/20

O Ministro de Sanidade confirma o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. A Hostalaría, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para a nova situación que suporá tamén máis facilidades para o desprazamento. Estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a distancia entre os bañistas.// O Consello da Xunta estuda un novo plan de loita contra os incendios adaptado as restriccións impostas pola alerta sanitaria. Feijóo reclama ao goberno central que se permita a mobilidade dentro das catro provincias galegas e critica o acordo con Bildu para derogar a reforma laboral. //A desescalada fai aumentar en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco. 22/05/20
A Hostelería, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. Aumentarán as facilidades para o desprazamento e estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a separación.// A desescalada intensifica en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco.// Aberto o prazo para o voto por correo para as eleccións autonómicas do 12 de xullo. Os traballadores de Correos reclaman medidas de reforzo ante un posible incremento de solicitudes de optar por forma de votación pola alerta sanitaria. 22/05/20
A obriga de levar máscaras nos lugares públicos onde non se garanta a distancia de seguridade reflíctese nun uso xeneralizado nas rúas. Unha empresa do Carballiño confecciona máscaras con láminas de plástico especiais para facilitar a comunicación con persoas xordas. //O alcalde de Catoira, Xoan Castaño, do BNG, presenta por sorpresa a dimisión no pleno en que se ia votar a moción de censura presentada contra él polos portavoces dos grupos socialista e do partido Popular. Agora negocia un novo goberno cos dous concelleiros socialistas que se desmarcaron do acordo.// A circulación de vehículos rexistrada en Galicia chega ao 60 por cento da habitual antes da alerta sanitaria, logo de estar por debaixo do 20 por cento nas semanas de confinamento estricto. A Dirección xeral de Trafico chama á precaución de cara ao incremento de mobilidade prevista a partir da próxima semana. 21/05/20

Os concellos rexeitan o sistema proposto pola Xunta para regular o acceso ás praias con cita previa. Considérano pouco práctico e imposible de aplicar na maioría dos casos. A FEGAMP estuda outras fórmulas co apoio tecnolóxico das consellerías de Turismo e Medio Ambiente..//O estudo de serprevalencia do SErgas revela que so uns 30.000 galegos tiveron contacto co virus e gozarían de inmunidade ante unha nova vaga da epidemia. A incidencia e maior entre as mulleres que entre os homes e aumenta coa idade. Ourense e a provincia máis afectada e A Coruña, a que menos.//Separación de dous metros entre mesas, máscara obligatoria para alumnos e profesores, e desifección entre clase e clase. Así será o retorno a actividade presencial a partir do luns en segundo de Bacherelato e Formación Profesional. As clases tamén serán transmitidas telemáticamente. 20/05/20
Os concellos estudan a proposta da Xunta para regular o aforo nas praias a partir do próximo luns mediante unha aplicación informática con cita previa. A espera de que a desescalada permita o acceso de viaxeiros, Os establecementos galegos de turismo rural rexistran reservas de ata o 80 por cento de cara á temporada de verán.// A consellería de Sanidade considera que a situación epidemiolóxica de Galicia é excelente para pasar á fase 2 e Destaca que 306 concellos non teñen rexistrado ningun contaxio algún nos últimos tres días. Pidelle ao goberno Central que permita a mobilidade entre as catro provincias.// A Asociación Americana de Bibliotecas selecciona á de Verín entre as 36 mellores do mundo pola sua promoción da inclusión e a xustiza social. A clave das suas actividades, un programa de voluntariado no que colaboran nenos e maiores. 19/05/20

O Presidente da Xunta convoca oficialmente para o 12 de xullo as eleccións previstas para o 5 de abril e que foron suspendidas pola crise sanitaria. Feijóo di que a data, que coicidirá co País Vasco, é a máis recomendada polos expertos. A campaña durará 15 días como é habitual, ainda que estará condicionada polas medidas de prevención da pandemia.// Os concellos de menos de 10.000 habitantes comezan a aplicar a eliminación das franxas horarias para sair pasear, anunciada polo goberno. Tamén dende hoxe poden abrir os comercios de máis de 400 metros e permitense as rebaixas nas tendas físicas.// Os museos intensifican as súas actividades nas redes para celebrar o seu día internacional. O MARCO de Vigo destaca na súa oferta unha visita virtual pola vida e a obra de Manuel Colmeiro. 18/05/20
O Presidente da Xunta anuncia una comparecencia nos próximos minutos para dar a coñecer a convocatoria das eleccións autonómicas, logo dunha xuntanza extraordinaria do Consello. As eleccións serán probablemente o 12 de xullo, o primeiro domingo posible para cumprir os prazos da lei electoral e coincidirían cos comicios que tamén convoca hoxe o Lendakari no País Vasco.// Os concellos de menos de 10.000 habitantes comezan a aplicar a eliminación das franxas horarias para sair pasear, anunciada polo goberno. Tamén dende hoxe poden abrir os comercios de máis de 400 metros e permitense as rebaixas nas tendas físicas.// Os museos intensifican as súas actividades nas redes para celebrar o seu día internacional. O MARCO de Vigo destaca na súa oferta unha visita virtual pola vida e a obra de Manuel Colmeiro. 18/05/20
O curso escolar dase por rematado en todolos ciclos de ensino non universitario, e as clases tan so abrirán a partir do día 25 de xeito voluntario para os alumnos de segundo de bacharelato, FP Media e Superior . A Xunta decide tamén manter o peche do curso para educación infantil, de 3 a 6 anos.// Logo da xuntanza co Presidente da Xunta, Os grupos da oposición manteñen o seu rexeitamento a celebrar en xullo as eleccións autonómicas que foron aprazadas pola alarma sanitaria. Núñez Feijóo prevé comunicar proximamente a data definitiva, que coincidirá coas do País Vasco.// O concello de Pontecaldelas instala arcos desinfectantes para eliminar o coronavirus, nas dúas entradas ao nucleo urbano, entre Vigo e Pontevedra. Os coches e vehículos pesados que circulan polo casco urbán son pulverizados cunha disolución de auga e cloro. que non dana as carrocerías. 15/05/20