Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O pequeno comercio pide un plan de reapertura que especifique a protección necesaria para volver á actividade. Os salóns de peiteado serán dos primeiros en poder abrir, o próximo luns, con cita previa e aforo limitado // A hostalaría galega tamén pide maior concreción e ve inviable economicamente o plan de desescalada. Cuestiona a limitación de aforo. A partir do 11 de maio poden abrir as terrazas co trinta por cento de ocupación // Tras sete semanas sen traballar, os mariscadores volven á ría de Arousa. Deixaran de faenar porque o seu produto non tiña saída no mercado. Agora regresan con cupos limitados. 29/04/20

Desembarcan en Vigo as catro toneladas de cocaína intervidas na segunda gran operación contra o tráfico de drogas en Galicia desde o confinamento. Coa detención de 28 persoas, dase por desartellada a principal banda de narcotransportistas da nosa comunidade // O paro aumentou en 11.000 persoas e perdéronse 13.000 empregos en Galicia durante o primeiro trimestre do ano. A enquisa de poboación activa publicada hoxe só recolle o impacto das dúas últimas semanas de marzo en estado de alarma // Profesionais sanitarios concéntranse nos principais hospitais de Pontevedra. Reclaman equipos de protección axeitados, test PCR para o seguemento do seu estado de sáude e máis persoal. En Galicia hai un milleiro de sanitarios infectados. 28/04/20

Tranquilidade neste segundo día de saídas autorizadas dos nenos. Algúns concellos abriron as praias para desfrute dos máis pequenos e outros recomendan organizar os paseos por quendas // Só as separa o río Miño, pero o día a día é ben distinto na vila galega de Tui e na portuguesa de Valença, onde o confinamento é máis relaxado // O buque interceptado cerca de Canarias con catro toneladas de cocaína que ían ser introducidas na costa galega navega xa rumbo a Vigo. Na comarca de Arousa foron detidos doce integrantes da rede. 27/04/20

A data das eleccións autonómicas en Galicia volve ao debate político despois de que o lehendakari Íñigo Urkullu plantexase celebrar as de Euskadi en xullo // A partir do domingo os menores de 14 anos poderán sair pasear de xeito controlado. Moitas institucións están a repartir máscaras infantís, coma o concello de Sober // Propietarios de hortas de autoabastecemento piden poder recoller os froitos cultivados durante o inverno e facer as plantacións de primavera. Está prohibido se as teñen a máis de cincocentos metros dos seus domicilios. (24/04/2020)

Os centros de saúde comezan a toma de mostras aos seleccionados para participar no estudo epidemiolóxico que pon en marcha a Xunta. O obxectivo é coñecer a incidencia da Covid-19 en Galicia, testando a cen mil persoas // Axudar ao pequeno comercio e á hostalaría mercando bonos para consumilos cando volvan abrir as súas portas. É unha iniciativa que xa está en marcha en localidades como Sarria ou Lugo // As librarías celebran este atípico día do libro coa reixa baixada. A venda por internet está a supor un pequeno alivio para as librarías que ofrecen este servizo con entrega a domicilio. (23/04/2020)

O conselleiro de Sanidade asegura no Parlamento que entramos na fase de descenso da onda da pandemia. Baixan do cento os pacientes ingresados nas UCI dos hospitais galegos. O sistema sanitario prepárase para unha nova forma de traballar, con menos atención presencial // 320.000 nenos galegos poderán saír da casa, a pasear un momento, a partir do domingo. Os psicólogos aconsellan explicarlles a situación diferente que atoparán fóra das súas vivendas // A fundación do cociñeiro español José Andrés en Estados Unidos iniciou esta semana o reparto de comidas a ONGs da Coruña. (22/04/2020)

O turismo galego calcula perdas de 2.500 millóns de euros e a destrucción de trinta e dous mil empregos, pola crise sanitaria. Unhas cifras que, advirten, poderían duplicarse se as restriccións se manteñen todo o ano // Unha ducia de produtores de pataca da comarca ourensá da Limia xúntanse para vender por internet a clientes de toda España cinco millóns de kilos que lles sobran polo peche dos restaurantes. Non dan abasto cos pedidos // Tiñan novos espectáculos preparados cando chegou o estado de alarma. Coa posible suspensión das verbenas no verán, está no aire o futuro de máis de 160 orquestras galegas. Moitas viven únicamente das festas en vilas e aldeas. (21/04/2020)

Máis de 1.300 profesionais da área sanitaria de Ourense sometéronse xa á proba rápida para saber se teñen o coronavirus. Tamén no resto de áreas sanitarias están a facer o test aos traballadores que empregaron as máscaras defectuosas enviadas a Galicia polo ministerio de Sanidade // No colexio público de Baralla, en Lugo, empregan walkie talkies para continuar co curso. Evitan así os problemas de cobertura telefónica da zona e manteñen o contacto a través das ondas // A crise sanitaria obriga a centos de parellas a aprazar a súa voda. En Galicia celebráronse na primavera do ano pasado case tres mil casamentos. Tamén están no aire as planificadas para o verán. (20/04/2020)

Sobe o número de altas e baixan os ingresados nas UCIs. Menos presión nos hospitais, pero segue medrando a cifra dos falecidos. 415 ata hoxe en Galicia, e hai 6.124 contaxiados que ainda teñen o virus // Ante a ausencia de feiras, mercados e consumo na hostalaría, xurden iniciativas para axudar aos gandeiros e agricultores a comercializar os seus produtos, a través da internet ou con reparto a domicilio // Tralos casos de acoso ao persoal sanitario por parte dalgúns veciños anónimos, comezan a trascender as mostras de apoio como a que recibiron dous médicos e unha garda civil que viven no mesmo edificio en Ourense. 17/04/20

A factoría de PSA en Vigo prepárase para a volta ao traballo, aínda sen data, e con medidas de seguridade especiais para os 7.500 empregados ante o Covid-19. Un protocolo inspirado na planta que ten en Wuhan, foco da pandemia en China // O curso escolar rematará en Galicia o 19 de xuño, como estaba previsto. A posible volta ás clases presenciais antes desa data dependerá das autoridades sanitarias // Unha residencia de estudantes da Coruña aloxa agora trinta sanitarios. O medo a posibles contaxios fai que busquen alternativas coma esta mentres dure a crise do coronavirus. 16/04/20

Hay sectores que no han visto paralizada su actividad, pero sí sus ventas. Es el caso de los viveros que producen planta ornamental, que acumulan 14 millones de euros en pérdidas. La campaña de primavera representa el 80% de sus ingresos. “Si las floristerías no abren pronto – advierten- será difícil que la planta aguante, tendremos que tirarla”.

La Xunta sigue interviniendo centros, y trasladando a sus internos a refugios o residencias medicalizadas, como la de Piñor en Ourense. La instalación, que hace unos años funcionaba como psiquiátrico, acoge a personas contagiadas en residencias de la tercera edad.

Otro sector que no ha parado en ningún momento es el educativo, en el que hay división de opiniones sobre cómo cerrar este curso escolar. Y es que hay niños que no tienen ninguna posibilidad de acceder a la formación telemática, como los de algunas aldeas de Lugo y Ourense a las que en ocasiones no llega ni la señal telefónica.

Estelo y Tronceda son dos aldeas de Modoñedo que sufren esos problemas de conexión telefónica desde hace años. Estos problemas se han visto agravados por el confinamiento a causa del coronavirus.

Las empresas Lupeon, Dativic, Roviño5 y Akwel Automotive han desarrollado 10.000 dispositivos que permiten abrir puertas y pulsar interruptores sin contacto manual para evitar contagios por coronavirus y que se repartirán en distintos puntos de España en los próximos días.

Según ha precisado la Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime), que ha coordinado la iniciativa junto a la Universidade de Vigo (UVigo), el proyecto ha sido planteado por Lupeon en colaboración con su filial Dativic. Ante la demanda registrada, se ha optado por trabajar junto a las otras dos empresas para aumentar la capacidad productiva.