Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dúas novas vítimas, en Burela e na Coruña, elevan a vintedous os falecidos con coronavirus en Galicia. Aquí hai 1.374 infectados // Desde hoxe xa se poden cobrar as pensións. A maioría das entidades bancarias anticipan o pago para evitar as habituais aglomeracións de pensionistas nas oficinas a final de mes // Un consorcio de empresas da Coruña deseña un prototipo de respiradores con materiais de baixo custo. 24/03/20

A morte dun home de 81 anos ingresado en Lugo eleva a 19 as vítimas mortais con coronavirus en Galicia, que rexistra 1.170 infectados // Efectivos da Unidade Militar de Emerxencia desinfectan a residencia de anciáns de Celanova, na que se confirmaron 28 contaxios de coronavirus, a metade residentes e outra metade empregadas // Segunda semana de confinamento. A maioría de galegos afróntaa con actitude exemplar e ánimo de resistencia, tras coñecerse que o estado de alarma se prolonga ata despois da Semana Santa. 23/03/20

Sexta vítima mortal con coronavirus en Galicia, onde hai 567 casos // Cinco positivos por coronavirus nunha residencia de maiores de Santiago e outro nun centro de Caldas // Os que seguen traballando para garantir os servizos básicos piden máis protección. 20/03/20

Aumentan a 444 os positivos por coronavirus en Galicia. Cinco contaxiados faleceron, o último un home de 75 anos, no CHUAC, e sete recibiron a alta // Día do Pai en estado de alarma. Algúns escollen os menús especiais para levar, cos que tentan sobrevivir os restaurantes. E as pastelerías seguen abertas, para darlle un pouco de dozura á celebración no illamento // Esta próxima madrugada comeza a primavera, na que se agarda menos chuvia do habitual, despois dun inverno que foi o máis cálido neste século. Tamén se espera que nos vindeiros tres meses teñamos temperaturas por riba do normal. 19/03/20

Cuarta vítima mortal con coronavirus en Galicia. Un home de 72 anos, con patoloxías previas, que estaba ingresado no hospital da Coruña // O hospital Meixoeiro de Vigo comeza a realizar test do coronavirus aos pacientes sen baixar dos seus coches // Máis de 600 empresas galegas solicitaron expedientes de regulación temporal de emprego nos últimos días, debido á crise sanitaria. 18/03/20

Longas ringleiras para cruzar a ponte internacional entre Tui e Valença. Este e mailo de Verín son os únicos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal que seguen abertos // Ascenden a 285 os casos positivos de coronavirus en Galicia, nove deles ingresados na UCI, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade // Preocupación pola falta de equipamentos de protección individual contra o contaxio do COVID19 nos servizos de axuda a domicilio. 17/03/20

Terceira morte por coronavirus en Galicia // Todos os partidos políticos galegos coinciden en pedir o aprazamento das eleccións autonómicas do 5 de abril, debido á crise sanitaria provocada polo coronavirus // Primeiro día laborable baixo estado de alarma. De momento mantense a actividade industrial con certa normalidade, aínda que a factoría PSA de Vigo xa anunciou que vai parar a partir do mércores. 16/03/20

Terceira morte por coronavirus en Galicia // Primeiro día laborable baixo estado de alarma. Retómase a actividade industrial con certa normalidade // A garda civil aumenta os controis na fronteira entre Galicia e Portugal. 16/03/20

Aulas baleiras neste primeiro día sen clase en tódolos niveis educativos, como medida preventiva fronte ao coronavirus // A Catedral de Santiago pecha as suas portas aos visitantes ata novo aviso // Ascenden a 90 os casos de coronavirus en Galicia, cinco deles na UCI // Un mozo con parálise cerebral percorre seis etapas do Camiño de Santiago nunha bicicleta adaptada // Uns corenta mil pescadores galegos prepáranse para comezar a tempada de pesca fluvial, este domingo // Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre publican hoxe o seu terceiro disco xuntos, "As Catedrais Silenciadas". 13/03/20

Galicia queda na influencia das altas presións con circulación do nordés. Hoxe e mañá serán xornadas moi tranquilas, con menos nubes e temperaturas máis altas canto máis ao sur. O domingo chega unha fronte que traerá chuvias e baixada dos termómetros. 13/03/20

Primeiro día con restriccións ás visitas nas residencias de maiores e hospitais de toda Galicia, que suma 27 positivos por coronavirus // A incerteza sobre a evolución do virus tamén ameaza a campaña e mesmo as eleccións autonómicas do 5 de abril // Cancelacións nas axencias de viaxes pola supresión das viaxes do imserso e dos voos con destino e procedencia de Italia // Traballadores das industrias electrointensivas galegas protestan na Coruña para pedir un marco enerxético competitivo e estable // O festival de cine feito por mulleres volve celebrarse en Santiago ata o sábado para ofrecer e visibilizar as creacións realizadas por mulleres // Arranca o salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, con 300 actividades no Pazo da Cultura ata o 28 de marzo. (11/03/20)

As temperaturas seguirán subindo. As máximas estarán por riba dos 20 graos. Unha marca que xa se superou amplamente onte, en Verín, Ourense onde os termómetros chegaron aos 25 graos ou en Arbo Pontevedra, con máis de 23. Nas próximas horas os ceos han quedar máis despexados sobre todo no leste, mentres no oeste reaparecerán as nubes baixas nas últimas horas do día. (11/03/20)

Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // A garda civil desmantela en Pazos de Borbén, Pontevedra, un taller clandestino onde se reparaban armas de fogo e municións para a súa venda ilegal // Traballadores de Renfe e de Adif denuncian a falta de mantemento da rede de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas // O CRA de Valga cumpre vinte anos como escola rural innovadora e de calidade. (10/03/20)

Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas. (10/03/20)

O anticiclón achega aire cálido que tamén notaremos en Galicia, sobre todo no leste, onde os ceos estarán despexados. No resto ceos máis cubertos con algunha chuvia feble no litoral atlántico. As temperaturas soben con ascensos notables nas montañas do interior. As máximas oscilan entre os 17 graos previstos en Pontevedra e os 20 que agardan en Ourense. (10/03/20)