Seguimos aínda con sol e con temperaturas altas. Hoxe as máximas oscilarán entre os 15 graos previstos na Coruña e os 21 que agardan en Lugo e Ourense. Pola tarde entrarán nubes altas. O anticiclón vaise debilitando. 24/02/20
Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas das cidades ultiman o acordo para presentarse xuntas ás eleccións do cinco de abril // Os veciños piden o peche do vertedoiro de Miramontes, en Santiago, tralo acontecido en Zaldívar // As Bonitas de Sande protagonizan un dos Entroidos rurais máis descoñecidos e singulares. 21/02/20
Venres de Entroido. Arrancan os días grandes da festa, que hoxe se celebra en colexios de toda Galicia // As Bonitas de Sande protagonizan un dos Entroidos rurais máis descoñecidos e singulares // Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas das cidades ultiman o acordo para presentarse xuntas ás eleccións do cinco de abril // Mariñeiros retirados que traballaron en Noruega volveron concentrarse ante o consulado do país nórdico para reclamar as pensións que este lles nega // Os veciños piden o peche do vertedoiro de Miramontes, en Santiago, tralo acontecido en Zaldívar // Medio cento de resturantes de Santiago e Padrón agasallan desde hoxe aos seus clientes cun "Caldo de Gloria", en homenaxe a Rosalía de Castro. 21/02/20

Galicia queda hoxe na influencia das altas presións e temos por diante uns días de Entroido nos que ademais de predominar o sol, as temperaturas máximas quedarán por riba dos valores propios desta época do ano. Poden superar os vinte graos na metade sur de Galicia e rozalos no norte. Ata 23 graos se agardan esta fin de semana en Ourense. 21/02/20
A industria do metal galega, que importa materias primas da China, está sofrindo retrasos no abastacemento pola crise do coronavirus // Os traballadores dos estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene e as empresas auxiliares volven ás mobilizacións para pedir traballo para o naval // As mulleres protagonizan os mecos na comarca de Lemos neste Xoves de Comadres. 20/02/20
A industria do metal galega, que importa materias primas da China, está sofrindo retrasos no abastacemento pola crise do coronavirus // Os traballadores dos estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene e as empresas auxiliares volven ás mobilizacións para pedir traballo para o naval // O Consello da Xunta impulsa as estacións intermodais e a rehabilitación da Ribeira Sacra // Declara nos xulgados de Tui o pai de Déborah Fernández // Científicos do CSIC e a adega Mar de Frades plantan no Salnés tres variedades de uva branca inéditas // A esperanza de vida das zonas rurais de Ourense é das máis altas do mundo // As mulleres protagonizan os mecos na comarca de Lemos neste Xoves de Comadres. 20/02/20

Hoxe perdemos a influencia do anticiclón de forma transitoria. Unha fronte pouco activa deixa ceos máis anubrados e posibilidade dalgún orballo na segunda metade do día no terzo norte. A partir de mañá os pronósticos anuncian sol e temperaturas altas para a época do ano. Hoxe as máximas rondarán os 15 graos. 20/02/20
Máis de trescentos gandeiros e agricultores galegos concéntranse na Coruña en demanda de prezos xustos // Sete mil explotacións galegas producen o 40% do leite de toda España e estes días negocian os contratos para todo o ano // O voceiro de En Marea, Luis Villares, non será candidato á presidencia da Xunta e deixa a política // Comeza en Lugo o xuízo contra un veciño de Monterroso acusado de matar a golpes ao seu pai enfermo // Os enxeñeiros de Camiños galegos premian a estación depuradora do Lagares, dentro das obras de saneamento integral da Ría de Vigo // Un can antidroga da Garda Civil agarda o pase á reserva co seu guía. 19/02/20

As xeadas volveron ser protagonistas esta mañá con máis frío e néboas. O anticiclón e o vento do sur fan que nas horas centrais do día o sol e as temperaturas agradables sexan o máis destacado. No mar mellora a situación agas no noroeste da Coruña e na costa da Morte onde continua o aviso amarelo. 19/02/20
A xunta facilitará a apertura de casas niño nos concellos galegos sen outro recurso de conciliación, a través de axudas extraordinarias // En Galicia hai 27.000 persoas con Asperger, que hoxe, no seu día, piden ter o seu lugar na sociedade // En Tórdea chegou a haber unha ducia de artesáns que facían cadeiras típicas de madeira de castiñeiro e xunco trenzado e agora só queda Luis. 18/02/20
A xunta facilitará a apertura de casas niño nos concellos galegos sen outro recurso de conciliación, a través de axudas extraordinarias // Esta tarde Pablo Casado e Inés Arrimadas reúnense para ver se PP e Ciudadanos van xuntos ás eleccións do 5 de abril, pero esa posilibidade semella cada día máis difícil en Galicia // O goberno derroga hoxe o artigo da reforma laboral que permite despedimentos por absentismos xusficados con baixa médica, coma o dun traballador coruñés dunha empresa de telemárketing // O novo xefe de policía de Galicia asume a dirección de 2.600 axentes nunha das comunidades con menor criminalidade de España // En Galicia hai 27.000 persoas con Asperger, que hoxe, no seu día, piden ter o seu lugar na sociedade // En Tórdea chegou a haber unha ducia de artesáns que facían cadeiras típicas de madeira de castiñeiro e xunco trenzado e agora só queda Luis. 18/02/20

No tempo o máis destacado é a baixada das temperaturas. Despois de días con termómetros en valores moi suaves, hoxe volveron as xeadas a moitos puntos do interior. Día de ceos despexados canto máis ao sur con posibilidade dalgunha chuvia feble polo norte. No mar rebaixouse a alerta á amarela por ondas que poden acadar os 5 metros. 18/02/20
O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao e mailo presidente da Xunta consideran insuficiente o estatuto dos consumidores electrointensivos // Máis de duascentas actividades porán en valor o legado de Ricardo Carvalho Calero co gallo do días das letras galegas // Punto de ouro para o Celta tras empatar co Real Madrid no Bernabeu. 17/02/20
O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao e mailo presidente da Xunta consideran insuficiente o estatuto dos consumidores electrointensivos // A cinco días de que remate o prazo para presentar coalicións electorais, aceléranse os contactos entre os grupos que concorreron como En Marea nas anteriores autonómicas // Máis de duascentas actividades porán en valor o legado de Ricardo Carvalho Calero co gallo do días das letras galegas // Punto de ouro para o Celta tras empatar co Real Madrid no Bernabeu // Na Segunda División, vitoria do Lugo contra o Fuenlabrada e o Deportivo non consegue a oitava consecutiva // O blog de viaxes da ourensá Eva Abal ten máis de 100.000 visitas mensuais. 17/02/20
Comezamos unha semana que vai estar marcada polo anticiclón. De momento hoxe nubes e claros. Temperaturas en descenso, con mínimas ao final do día. As máximas oscilarán entre os 13 graos previstos en Lugo aos 16 que agardan en Ourense. No mar toda a costa galega está en alerta laranxa. Situacion marítima complicada porque poden rexistrarse ondas de ata sete metros. 17/02/20