A borrasca Gloria, que está a conxelar media España, apenas roza Galicia. Aquí o máis destacado é a entrada dunha masa de aire frío con vento do nordés que mantén en alerta a boa parte da comunidade por refachos que poden acadar os 90 km por hora. Nordés que fará que a sensación térmica sexa de moito máis frío. A maior parte de Galicia quedará por baixo dos 10 graos. No mar o peor estará no litoral da Coruña en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 6 metros. 20/01/20
O Sergas vai contratar esta mesma semana dous pediatras no hospital de Verín e conta con reabrir a sala de partos deste hospital a comezos de febreiro // A borrasca Gloria, que está a conxelar media España, apenas roza Galicia, en alerta por vento forte do nordés, que trae frío // Sogama arranca o 2020 convertida na planta máis eficiente de toda Europa no tratamento e xestión dos residuos // Xubilados de Lugo consideran insuficiente a suba do 0,9% das pensións e seguen manifestándose // O Celta resiste o asedio do Atletic en San Mamés e suma un punto // Cuarta vitoria consecutiva do Deportivo // Tras ser visitada por máis de 32 mil persoas en Madrid e Valencia, a mostra Galaicos fai a súa última parada no museo de Pontevedra. 20/01/20
Día de limpeza en baixos e garaxes asolagados e en estradas con desprendemento tras un temporal pero deixa máis de catrocentas incidencias en Galicia // Reabren as taquillas de cinco das oito estacións de tren galegas nas que Adif deixara de prestar servizo presencial // Galicia vai levar a Fitur, a gran feira do turismo que se celebra a próxima semana en Madrid, un expositor de case mil metros centrado no próximo Xacobeo. 17/01/20
Día de limpeza en baixos e garaxes asolagados e en estradas con desprendementos tras un temporal pero deixa máis de catrocentas incidencias en Galicia // Representantes do centro europeo que coordina as operacións marítimas contra o narcotráfico visitaron hoxe en Vigo o narcosubmarino apresado en novembro na ría de Aldán // Reabren as taquillas de cinco das oito estacións de tren galegas nas que Adif deixara de prestar servizo presencial // Galicia vai levar a Fitur, a gran feira do turismo que se celebra a próxima semana en Madrid, un expositor de case mil metros centrado no próximo Xacobeo // O Deportivo suma tres puntos contra o Rácing de Santander // Case un milleiro de pequenos atletas participan en Pontevedra no Campionato escolar de campo a través. 17/01/20

A fin de semana principia con ceos máis despexados e chuvias que foron remitindo durante a mañá, pero que volverán caer sobre todo o sábado. O aire frío fixo baixar as temperaturas este venres. Tamén caeron algunhas folerpas en zonas altas. As temperaturas máximas oscilarán entre os 9 graos previstos en Lugo e os 13 en Vigo. 17/01/20
Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20
Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Varias casas dunha aldea da Pontenova (Lugo) levan máis dun mes sen liña telefónica como consecuencia dos temporais de antes do nadal // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // Familias, médicos e políticos saen á rúa na Baña para pedir máis horas de atención pediátrica // O Lugo cae ante o Raio Vallecano en Vallecas e o Deportivo recibe ao Racing de Santander // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20
Hoxe temos a chegada dunha fronte activa que arrastra moita humidade. Esta situación deixará unha xornada de ceos moi anubrados con chuvias xeneralizadas localmente fortes, acompañadas de aparato eléctrico e saraiba. A cota de neve estará arredor dos 1.100 metros ó final do día. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O vento durante a mañá soprará do suroeste forte, con refachos moi fortes, rolando a compoñente oeste tralo paso da fronte. 16/01/20
Unha intensa borrasca mantén en alerta laranxa por chuvia e vento as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra // Varias casas dunha aldea da Pontenova (Lugo) levan máis dun mes sen liña telefónica como consecuencia dos temporais de antes do nadal // Baixan as listas de espera en todos os servizos e as de cirurxía sitúanse en algo menos de 55 días, a menor espera na historia do Sergas // Familias, médicos e políticos saen á rúa na Baña para pedir máis horas de atención pediátrica // O Lugo cae ante o Raio Vallecano en Vallecas e o Deportivo recibe ao Racing de Santander // A Veiga, na montaña de Ourense, consegue frear a perda de veciños cun plan integral contra o despoboamento. 16/01/20
O plan dun colexio público de Lugo para loitar contra a obesidade infantil e promover unha vida saudable estenderase a colexios de toda Galicia // Empeza unha tempada de lamprea que se agarda boa e nas pesqueiras de Herbón, no río Ulla, xa houbo as primeiras capturas // Os premios da cultura galega homenaxearon ao movemento musical e cultural da movida viguesa dos anos oitenta. 15/01/20
O plan dun colexio público de Lugo para loitar contra a obesidade infantil e promover unha vida saudable estenderase a colexios de toda Galicia // Máis de tres mil persoas maiores reciben formación académica nas universidades galegas // Os prezos subiron un 0,7% en Galicia en 2019, unha décima menos que no conxunto do Estado // Os premios da cultura galega homenaxearon ao movemento musical e cultural da movida viguesa dos anos oitenta // Fernando Vidal xa é o novo presidente do Deportivo // Empeza unha tempada de lamprea que se agarda boa e nas pesqueiras de Herbón, no río Ulla, xa houbo as primeiras capturas. 15/01/20
Pequena tregua á espera da chegada dun novo temporal mañá xoves. O vento amainou despois dunha noite con refachos que superaron os 120 quilómetros por hora en moitos puntos da Coruña, Pontevedra e norte de Lugo. Tamén as precipitacións foron desaparecendo e dando paso á apertura de grandes claros. Cara ao final do día aumentará a nubosidade e volverá chover no litoral oeste e polo sur. Tamén arreciará de novo o vento. 15/01/20
O plan dun colexio público de Lugo para loitar contra a obesidade infantil e promover unha vida saudable estenderase a colexios de toda Galicia // Máis de tres mil persoas maiores reciben formación académica nas universidades galegas // Os prezos subiron un 0,7% en Galicia en 2019, unha décima menos que no conxunto do Estado // Os premios da cultura galega homenaxearon ao movemento musical e cultural da movida viguesa dos anos oitenta // Fernando Vidal xa é o novo presidente do Deportivo // Empeza unha tempada de lamprea que se agarda boa e nas pesqueiras de Herbón, no río Ulla, xa houbo as primeiras capturas. 15/01/20
Primeiro temporal do ano en Galicia con alerta laranxa por ondas de 7 metros e vento que superou os 155 kilómetros por hora // Folga de 24 horas e manifestación dos traballadores da central térmica das Pontes e das súas auxiliares por unha transición enerxética xusta // Novo nacemento no hospital de Verín, o terceiro desde que se pechou o paridoiro o 1 de decembro. 14/01/20
Primeiro temporal do ano en Galicia con alerta laranxa por ondas de 7 metros e vento que superou os 155 kilómetros por hora // Folga de 24 horas e manifestación dos traballadores da central térmica das Pontes e das súas auxiliares por unha transición enerxética xusta // Novo nacemento no hospital de Verín, o terceiro desde que se pechou o paridoiro o 1 de decembro // Para atraer poboación ás zonas do rural máis abandonadas, investigadores do CSIC, coordinan dende Pontevedra, accions para instalar neses lugares pequenas empresas // O novo adestrador do Barça, Quique Setién, estivera antes no club deportivo Lugo, 6 temporadas, o seu periodo mais longo como preparador // A costa galega conta cunha nova embarcación de salvamento e para loitar contra o furtivismo e a contaminación. 14/01/20

Hoxe unha profunda borrasca situada ao sur de Irlanda deixará en Galicia unha situación de ventos do suroeste, coa chegada dunha fronte fría ao final do día. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións na metade oeste, que serán xeneralizadas e de forte intensidade durante a madrugada do mércores. As temperaturas experimentarán un ascenso, especialmente nos valores mínimos. O vento soprará forte do suroeste, con intervalos moi fortes ao final do día no litoral norte e puntos altos do interior. 14/01/20
Á espera de que a autopsia confirme se o de Poio é o primeiro accidente mortal nun patinete en Galicia // As galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz xa son ministras // A xunta licita a conversión en autovía dun treito de 11 kilómetros da vía de alta capacidade que une Lugo con Sarria. 13/01/20
Á espera de que a autopsia confirme se o de Poio é o primeiro accidente mortal nun patinete en Galicia // As galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz xa son ministras // A xunta licita a conversión en autovía dun treito de 11 kilómetros da vía de alta capacidade que une Lugo con Sarria // Profesores e investigadores da India fórmanse na Universidade de Santiago para por en marcha no país asiático oito centros que fomenten o emprendemento das mulleres // O Celta golea ao Mérida e segue adiante na Copa do Rei, da que se apea o Deportivo // Mozos dun instituto de Santiago comprométense a falar en galego durante tres semanas. 13/01/20