Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Iníciase o proceso xudicial pola titularidade do Pazo de Meirás // O Brexit provoca incerteza no sector pesqueiro galego e entre os británicos que viven en Galicia e o galegos que residen no Reino Unido // O medo ao coroavirus da China fai que unha empresa de Lugo venda máis de 200.000 máscaras para previr o contaxio. 31/01/20

Iníciase o proceso xudicial pola titularidade do Pazo de Meirás // O Brexit provoca incerteza no sector pesqueiro galego e entre os británicos que viven en Galicia e o galegos que residen no Reino Unido // O medo ao coroavirus da China fai que unha empresa de Lugo venda máis de 200.000 máscaras para previr o contaxio // Unha anciá da Estrada reencontrarase en Huelva coas irmás emigradas grazas á "Ambulancia do Desexos" // Máis de 4.300 escolares xa seguen en Galicia un novo modelo educativo baseado no fomento do talento, que se vai estender a todos os colexios // Hoxe cúmprense douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal. 31/01/20

Unha nova fronte atravesa hoxe Galicia, deixando chuvias. Serán máis fortes e xeralizadas co avance da tarde, cando tamén se intensificará o vento do suroeste. Seguimos con moita humidade e temperaturas moi suaves, que soben ata os 20 graos na Coruña e Ourense. Mañá aínda será aínda un día con nubes e chuvia feble. Mellora de cara ao domingo. 31/01/20

Iníciase o proceso xudicial pola titularidade do Pazo de Meirás // O Brexit provoca incerteza no sector pesqueiro galego e entre os británicos que viven en Galicia e o galegos que residen no Reino Unido // O medo ao coroavirus da China fai que unha empresa de Lugo venda máis de 200.000 máscaras para previr o contaxio // Unha anciá da Estrada reencontrarase en Huelva coas irmás emigradas grazas á "Ambulancia do Desexos" // Máis de 4.300 escolares xa seguen en Galicia un novo modelo educativo baseado no fomento do talento, que se vai estender a todos os colexios // Hoxe cúmprense douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal. 31/01/20

Activo o plan por risco de inundacións no Xallas, o Umia e o Verdugo tralas intensas chuvias das últimas horas // A Xunta inicia o proceso para a reclamación xudicial do pago dos 200 millóns do IVE que lle adebeda o Goberno central // Alumnas e profesoras da universidade de Santiago vestiron hoxe de home para ir ás clases en homenaxe a Concepción Arenal. 30/01/20

Activo o plan por risco de inundacións no Xallas, o Umia e o Verdugo tralas intensas chuvias das últimas horas // A Xunta inicia o proceso para a reclamación xudicial do pago dos 200 millóns do IVE que lle adebeda o Goberno central // O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial reúnese en Pontevedra, a cuarta vez que o fai fóra da súa sede // A rúa Concordia, unha das máis céntricas de Ourense, inicia hoxe a súa peonalización // O debuxante ourensán Cándido Fernández Mazas é o homenaxeado nete Día da Ilustración Galega // Alumnas e profesoras da universidade de Santiago vestiron hoxe de home para ir ás clases en homenaxe a Concepción Arenal. 30/01/20

Continuamos baixo a influencia das borrascas atlánticas. Con ceos cubertos e chuvias que serán máis intensas e persistentes no sur da Coruña e en Pontevedra e que irán diminuindo en intensidade ao final do día. As temperaturas mesmo poden subir. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo aos 17 que se agardan na Coruña e Ourense. 30/01/20

Activo o plan por risco de inundacións no Xallas, o Umia e o Verdugo tralas intensas chuvias das últimas horas // A Xunta inicia o proceso para a reclamación xudicial do pago dos 200 millóns do IVE que lle adebeda o Goberno central // O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial reúnese en Pontevedra, a cuarta vez que o fai fóra da súa sede // A rúa Concordia, unha das máis céntricas de Ourense, inicia hoxe a súa peonalización // O debuxante ourensán Cándido Fernández Mazas é o homenaxeado nete Día da Ilustración Galega // Alumnas e profesoras da universidade de Santiago vestiron hoxe de home para ir ás clases en homenaxe a Concepción Arenal. 30/01/20

Galicia entra no período de máxima incidencia da gripe, que xa causou nas últimas semanas máis dunha decena de falecidos // O hospital da Coruña será ampliado na súa ubicación actual, en vez de construir un centro novo na antiga fábrica de armas // O presidente da Xunta anuncia no Parlamento que a semana que vén se vai reabrir a sala de partos do Hospital de Verín. 29/01/20

Galicia entra no período de máxima incidencia da gripe, que xa causou nas últimas semanas máis dunha decena de falecidos // O hospital da Coruña será ampliado na súa ubicación actual, en vez de construir un centro novo na antiga fábrica de armas // O presidente da Xunta anuncia no Parlamento que a semana que vén se vai reabrir a sala de partos do Hospital de Verín // A plataforma veciñal contra a mina de Touro aplaude a decisión da Consellería de Medio Ambiente de rexeitar a reapertura da explotación // A Coruña vai limitar a velocidade máxima na cidade a 30km/h // Cae douscentos galegos sufriron os campos de concentración do Nazismo. 29/01/20

Unha fronte moi activa está a deixar chuvias intensas sobre todo na zona máis occidental da Coruña. En Boiro xa se acumularon case 100 litros por metro cadrado. Toda a costa está en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. Aviso tamén por ventadas na Mariña de Lugo. O vento do sur fai subir as temperaturas. As máximas oscilarán entre os 17 graos previstos na Coruña e 14 en Lugo. 29/01/20

Galicia entra no período de máxima incidencia da gripe, que xa causou nas últimas semanas máis dunha decena de falecidos // O hospital da Coruña será ampliado na súa ubicación actual, en vez de construir un centro novo na antiga fábrica de armas // O presidente da Xunta anuncia no Parlamento que a semana que vén se vai reabrir a sala de partos do Hospital de Verín // A plataforma veciñal contra a mina de Touro aplaude a decisión da Consellería de Medio Ambiente de rexeitar a reapertura da explotación // A Coruña vai limitar a velocidade máxima na cidade a 30km/h // Cae douscentos galegos sufriron os campos de concentración do Nazismo. 29/01/20

O paro baixa en Galicia en 3.200 persoas e créanse 9.700 empregos no ano 2019, segundo a Enquisa de Poboación Activa // Novo plan de transporte: 23 novas rutas de bus en Carballo provocan un aumento de usuarios // Visitamos o obradoiro de Elena Ferro, a artesá que convertiu os zocos tradicionais en tendencia. 28/01/20

O paro baixa en Galicia en 3.200 persoas e créanse 9.700 empregos no ano 2019, segundo a Enquisa de Poboación Activa // O primeiro pleno do parlamento galego deste ano iniciou o trámite para a aprobación da nova Lei de Ordenación do Territorio de Galicia // O Eixo Atlántico alerta de que Galicia pode perder douscentos mil habitantes na próxima década e de que a sangría demográfica implica a perda de peso político // Novo plan de transporte: 23 novas rutas de bus en Carballo provocan un aumento de usuarios. 28/01/20

O tempo este martes ven marcado pola presenza dunha fronte cálida que se vai ir movendo dende o sur, por onde empezará a chover durante o día, ata o norte a onde se agarda que cheguen as precipitacións xa de noite. As temperaturas con poucos cambios ou en lixeiro ascenso. As máximas rondarán os 14 graos. 28/01/20

O paro baixa en Galicia en 3.200 persoas e créanse 9.700 empregos no ano 2019, segundo a Enquisa de Poboación Activa // O primeiro pleno do parlamento galego deste ano iniciou o trámite para a aprobación da nova Lei de Ordenación do Territorio de Galicia // O Eixo Atlántico alerta de que Galicia pode perder douscentos mil habitantes na próxima década e de que a sangría demográfica implica a perda de peso político // Novo plan de transporte: 23 novas rutas de bus en Carballo provocan un aumento de usuarios. 28/01/20

Concentracións de repulsa en toda Galicia polo crime machista da Pastoriza, que deixa a primeira vítima da violencia de xénero na nosa comunidade no que vai de ano // Vigo prepara unha ordenanza para regular o uso dos patinetes eléctricos na cidade // Benedicta Sánchez está de volta na súa "Galicia Meiga" tras recibir en Málaga o Goya á mellor actriz revelación. 27/01/20

Concentracións de repulsa en toda Galicia polo crime machista da Pastoriza, que deixa a primeira vítima da violencia de xénero na nosa comunidade no que vai de ano // A xunta investirá 32 millóns de euros no plan de vivenda este ano, que beneficiará a 6.000 familias // Vigo prepara unha ordenanza para regular o uso dos patinetes eléctricos na cidade // O Celta segue en postos de descenso tras empatar co Eibar // Quinta vitoria consecutiva do Deportivo, que sae dos postos de descenso // Benedicta Sánchez está de volta na súa "Galicia Meiga" tras recibir en Málaga o Goya á mellor actriz revelación // A feira do Cocido de Lalín vai ser declarada festa de interese turístico internacional. 27/01/20

A semana virá marcada pola chuvia. Caeu con forza durante a noite nas provincias atlánticas. Ata 43 litros por metro cadrado se acumularon en Fornelos de Montes en Pontevedra. Chuvias intensas que se repetirán durante a tarde coa chegada dunha segunda fronte con precipitacións que afectará a toda Galicia. Soben algo as temperaturas. As máximas oscilarán entre os 11 graos previstos en Lugo aos 14 que agardan en Ourense. 27/01/20