Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Moita nubosidade de tipo baixo e chuvias débiles, dispersas e ocasionais, máis probables e frecuentes na metade Oeste e nas zonas elevadas do interior. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral de Lugo e no noroeste da Coruña. Temperaturas sen cambios significativos. 21/05/12

Hoxe é o día internacional dos museos e os de Galicia súmanse á celebración cunha xornada festiva e divulgativa. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social, para os máis desfavorecidos, e faina compatible co cobro por traballos menores. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro, que estaban en paro, montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio, sobre todo a persoas maiores e dependentes. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12

Ceos con intervalos nubrados e chuvias dispersas e ocasionais, máis probables durante a mañá no norte e pola tarde no interior, particularmente na provincia de Ourense. Ventos frouxos de compoñente oeste. As temperaturas descenderán lixeiramente. 18/05/12

Día internacional dos museos. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12

Homenaxe institucional a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Milleiros de persoas asisten en Santiago a tradicional manifestación do 17 de maio para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto para cumprir co déficit marcado polo goberno do un e medio por cento. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. É o xoves da Ascensión, que aquí e festivo local. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. Onte ganoulle tres a un en Riazor ao Las Palmas. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn Monroe. 17/05/12

Homenaxe a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Manifestación en Santiago para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn. 17/05/12

Ceos moi nubrados nas bisbarras atlánticas, con algunha chuvia débil e ocasional. No resto, intervalos anubrados con momentos de apertura de grandes claros. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes pola tarde na área de Ortegal-Bares. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e as máximas entre un moderado e notable descenso, agás no Norte de Lugo, onde ascenderán. 17/05/12

Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital intelixente, sostible e centrado na atención ao paciente. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12

Intervalos de nubes de tipo medio e alto, alternando con momentos de sol. Vento de compoñente Leste, moderado con intervalos fortes no extremo Norte e máis frouxos na metade Sur. Temperaturas en ascenso, entre moderado e notable, con sensación térmica de calor en toda a comunidade, agás no Norte de Lugo, onde será máis suave. 16/05/12

Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz Andrade. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12

A Xunta convoca a concellos, institucións e empresas para que se comprometan a tomar medidas que promovan hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. O Partido desoe as peticións de dimisión por parte da oposición polas declaracións nas que o Valedor suxeriu a suspensión da lei de dependencia. // En Redondela investigan as causas do accidente dun camión das obras do AVE, no que morreu o condutor, un mozo andaluz de 37 anos. // Un cento de traballadores descargan estes días no porto de Marín boa parte da lura que capturan os barcos galegos no caladoiro das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12

A Xunta chama a tomar medidas para promover hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. // Accidente dun camión das obras do AVE en Redondela. Morreu o condutor. // Descarga en Marín de lura das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12

Ceos despexados, agás nas bisbarras cantábricas, onde haberá nubes de estancamento. Ventos do nordés, moderados no litoral e máis frouxos no interior tendendo en xeral a aumentar de intensidade pola tarde. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado. 15/05/12

Xunta, Ministerio de Fomento e varias ducias de concellos galegos comprométense a investir 44 millóns de euros en rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación á que están expostas milleiros de persoas en Galicia. // Tamén en Galicia, milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do movemento 15-M, aquí sen incidentes. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público e ofrecen degustacións gratuítas de viño. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. O Deportivo goleou con facilidade ao Numancia. (14/05/12)

Intervalos de nubes durante a mañá, con néboas no interior e brumas costeiras nas Rías Baixas. Pola tarde predominarán os ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en lixeiro descenso. Ventos moderados do noroeste no litoral norte e frouxos no resto. Brisas nas Rías Baixas. (14/05/12)

44 millóns de euros para rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación. // Milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do 15-M. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. (14/05/12)

Tras un mes de frío e chuvia, chegan a Galicia unhas temperaturas que dan sensación de verán. // A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, declara no xulgado de Lugo sobre as inspeccións feitas ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo, cando ela era conselleira de Sanidade. // Un grupo de emprendedores da Coruña crea "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas que queiran intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Nove explotacións agrarias de Galicia participan nun estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Tras 120 anos de servizo, pecha as súas portas o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical da movida dos anos 80. 11/05/12

Nubes de tipo medio e alto, con bancos de nubes na Mariña. Pola tarde, nubes de evolución no interior. Ventos do nordés, moderados na metade norte e frouxos no resto. Aínda que as temperaturas experimentarán un descenso na metade norte, manteranse no resto e continuarán sendo altas en moitos puntos. 11/05/12

Chegan a Galicia temperaturas que dan sensación de verán. // Pilar Farjas, declara sobre as inspeccións ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo. // "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas para intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Un estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Pecha o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical. 11/05/12

Mañá de mobilizacións e protestas en toda Galicia. Sanidade, ensino, o sector naval de Vigo e os afectados pola participacións preferentes. // O Goberno galego decidiu crear unha axencia tributaria galega. Con este novo organismo tentarase recadar un 20 por cento máis. // Simplifícase o sistema de pagamento das peaxes nas autovías de Portugal. Desde o mes que vén vanse poder pagar con tarxeta de crédito. // Absolto por falta de probas o único acusado de provocar o incendio máis grave da vaga de lumes de 2006, no que morreron dúas mulleres. // O Consello de Informativos de Televisión Española recibe o premio José Couso. // Curtocircuíto, o festival de curtas de Santiago. 10/05/12