Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As prazas de mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as compras // Na denominación de orixe Rías Baixas 16 adegas elaboran escumosos de albariño co método do champán francés. Producen unhas 130.000 botellas certificadas // A Unión Europea recoñece a calidade do pan galego, que para estar nese selo de garantia debe cumprir coa normativa // En Vigo, un menor segue hospitalizado tras consumir alcohol mesturado con medicamentos. Un grupo de amigos atopou as medicinas á beira dun contedor do lixo // Os agricultores da Limia temen perder a colleita do cereal de inverno e mesmo o retraso da sementeira da pataca // Unha veciña do concello ourensán de Rubiá ten unha colección de 600 beléns de todo o mundo. Unha escolma dos últimos que adquiríu pode verse no Bispado de Ourense. 24/12/19

Vai gañando terreo o anticiclón. Os ceos han quedar despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas soben, as mínimas xa o fixeron de xeito notable polo sur. Unha melloría no tempo, sen ningunha alerta por primeira vez en días, que acompañará durante toda a semana de Nadal. 24/12/19

Os temporais dannos unha tregua para o Nadal, pero as incidencias dos últimos días manteñen milleiros de fogares sen luz // Un matrimonio de anciáns e un fillo faleceron intoxicados polos gases dun xerador que tiñan no soto da súa casa // O ministro de Cultura en funcións inaugura a nova sede da biblioteca pública do Estado en Ourense. 23/12/19

Os temporais dannos unha tregua para o Nadal, pero as incidencias dos últimos días manteñen milleiros de fogares sen luz // Un matrimonio de anciáns e un fillo faleceron intoxicados polos gases dun xerador que tiñan no soto da súa casa // Varios detidos en Ourense e Pontevedra nunha operación que desmantelou unha rede que transportaba cocaína entre Galicia e as Illas Canarias // O ministro de Cultura en funcións inaugura a nova sede da biblioteca pública do Estado en Ourense // O Celta perde na segunda metade  a vantaxe que lograra na primeira, con bo xogo e un gol de Iago Aspas // A canceira “Os Palleiros” de Pontevedra suspende nestas datas as entregas en adopción, para que non se interprete que os animais son ou agasallo ou un xoguete. 23/12/19

Chega unha fronte cálida. No mar rebaixouse a alerta a amarela por ondas de ata cinco metros. Nalgúns puntos da costa norte aínda se rexistraban refachos que superaron aos 100 km por hora en Cedeira. 23/12/19

César Adrio, culpable do asasinato de Ana Enjamio // O nivel da auga no Miño obrigou a activar, por segunda vez na historia, a alerta vermella ao seu paso por Ourense // Tráfico pon en marcha a operación especial de vixilancia con motivo das festas de Nadal. 20/12/19

César Adrio, culpable do asasinato de Ana Enjamio // Elsa deixa un morto en Santiago e máis de 1.800 incidencias en toda Galicia // O nivel da auga no Miño obrigou a activar, por segunda vez na historia, a alerta vermella ao seu paso por Ourense // Nunha hora, Tráfico pon en marcha a operación especial de vixilancia con motivo das festas de Nadal // As compras por internet dispáranse polo Nadal e o centro loxistico de Correos de Galicia dobra a actividade // Presentado o Gran Portal da Toponimia, onde se poden coñecer os nomes do gran numero de lugares de Galicia e a sua historia // O Celta supera con dous goles de Juan Hernández a segunda rolda da Copa do Rei ante o Peña Azagresa. 20/12/19

Galicia mantense na influencia das borrascas, con ventos do sudoeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes na metade sur da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do sudoeste, con intervalos fortes no litoral norte e zonas altas. 20/12/19

César Adrio, culpable do asasinato de Ana Enjamio // Elsa deixa un morto en Santiago e máis de 1.800 incidencias en toda Galicia // O nivel da auga no Miño obrigou a activar, por segunda vez na historia, a alerta vermella ao seu paso por Ourense // Nunha hora, Tráfico pon en marcha a operación especial de vixilancia con motivo das festas de Nadal // As compras por internet dispáranse polo Nadal e o centro loxistico de Correos de Galicia dobra a actividade // Presentado o Gran Portal da Toponimia, onde se poden coñecer os nomes do gran numero de lugares de Galicia e a sua historia // O Celta supera con dous goles de Juan Hernández a segunda rolda da Copa do Rei ante o Peña Azagresa. 20/12/19

Máis dun milleiro de incidencias deixa a Borrasca Elsa ao seu paso por Galicia // Os temporais disparan tamén os prezos do peixe e o marisco, xa de por sí cotizados ás portas do Nadal // Visto para sentenza o xuízo contra o ancián que atropelou a un pelotón de ciclistas na Guarda en 2016. 19/12/19

Máis dun milleiro de incidencias deixa a Borrasca Elsa ao seu paso por Galicia // En Sada están moi pendentes da preamar desta tarde, despois de que rebordase o río Maior e inundase casas e negocios // Os temporais disparan tamén os prezos do peixe e o marisco, xa de por sí cotizados ás portas do Nadal // O consello da Xunta amplía o transporte interurbano de balde a todos os menores de 21 anos // Visto para sentenza o xuízo contra o ancián que atropelou a un pelotón de ciclistas na Guarda en 2016 // O Bergantiños cae da Copa do Rei tras plantarlle cara ao Sevilla en Riazor e o Lugo perde en Sestao // Campaña de tráfico sobre os riscos do alcohol e outras drogas ao volante, durante o Nadal. 19/12/19

As baixas presións continúan no Atlántico norte, collendo a Galicia no seu radio de acción. Deste xeito seguimos cos ceos moi anubrados e con chuvias, máis frecuentes e intensas na metade sur da Comunidade, localmente treboentas. As temperaturas descenderán lixeiramente as máximas, con escasa oscilación térmica na xornada. Os ventos soprarán fortes do suroeste. 19/12/19

Os Ministros de pesca da union Europea suavizan os fortes recortes previstos nas posibilidades de pesca para a frota galega en 2020 // Na última sesión da vista oral polo asasinato de Ana Enjamio as acusacións conclúen que se trata dun crime machista con asañamento // Unha nova borrasca, Elsa, pon hoxe en alerta a toda Galicia, neste final do outono máis chuvioso dos últimos cincuenta anos. 18/12/19

Os Ministros de pesca da union Europea suavizan os fortes recortes previstos nas posibilidades de pesca para a frota galega en 2020 // O Presidente da Xunta reafirma no Parlamento a intención de reabrir o paridoiro do hospital de Verín se o Sergas consigue contratar pediatras // Na última sesión da vista oral polo asasinato de Ana Enjamio as acusacións conclúen que se trata dun crime machista con asañamento // Inauguración en Lugo do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas // Primeira vitoria do Deportivo de Luis César, contra un equipo de Terceira División na primeira eliminatoria da Copa do Rei // Unha nova borrasca, Elsa, pon hoxe en alerta a toda Galicia, neste final do outono máis chuvioso dos últimos cincuenta anos // Os temporais no mar amezan con encarecer aínda máis o prezo do peixe, a unha semana do Nadal. 18/12/19

Galicia está hoxe baixo os efectos dunha profunda borrasca denominada Elsa, situada ao oeste de Irlanda. Así, os ceos estarán cubertos con precipitacións intensas, localmente treboentas, que comezarán polo oeste da Comunidade pola mañá, estendéndose a todo o territorio xa pola tarde. As temperaturas ascenderán de xeito notable. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas do interior. 18/12/19

Os Ministros de pesca da union Europea suavizan os fortes recortes previstos nas posibilidades de pesca para a frota galega en 2020 // O Presidente da Xunta reafirma no Parlamento a intención de reabrir o paridoiro do hospital de Verín se o Sergas consigue contratar pediatras // Na última sesión da vista oral polo asasinato de Ana Enjamio as acusacións conclúen que se trata dun crime machista con asañamento // Inauguración en Lugo do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas // Primeira vitoria do Deportivo de Luis César, contra un equipo de Terceira División na primeira eliminatoria da Copa do Rei // Unha nova borrasca, Elsa, pon hoxe en alerta a toda Galicia, neste final do outono máis chuvioso dos últimos cincuenta anos // Os temporais no mar amezan con encarecer aínda máis o prezo do peixe, a unha semana do Nadal. 18/12/19

Prisión permanente revisable para José Enrique Abuín por asasinar con aleivosía e agredir sexualmente a Diana Quer // Pedro Sánchez comprométese a intermediar para manter a fábrica de Alcoa en San Cibrao, segundo asegura o presidente da Xunta // A unión astronómica internacional acepta porlle o nome de Roslía de Castro a unha estrela e o do Río Sar ao seu exoplaneta. 17/12/19