Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Toda Galicia está en alerta por temporal de chuvia, vento e ondada. Os ventos xa deixaron refachos de 133 quilómetros por hora en Viveiro e as chuvias superan en moitos puntos ás previsións. Case 70 litros por metro cadrado caeron xa en Lousame, prácticamente o dobre do que estimaba a alerta amarela que está activa en toda Galicia. E pola tarde máis do mesmo. As chuvias serán treboentas e mesmo poden vir acompañadas de sarabia e neve. Baixa a cota de neve e as temperaturas, con mínimas ao final do día. 22/11/19

A última xornada de declaracións no xuízo de Diana Quer centrouse na reconstrucción dos feitos // A federación galega de municipios e provincias renova os seus órganos de dirección a próxima semana // Doce empresas galegas presentan hoxe as súas innovacións no Agrobiotech Fest de Ourense // O Celta medirase este domingo ao Villareal en Castellón, co obxectivo de sair de postos de descenso // Últimos preparativos e hoteis case cheos para o acendido do alumeado de Nadal mañá en Vigo // 26 días seguidos de choiva en case toda Galicia e hoxe outra borrasca deixa de novo alerta por precipitacións, vento e ondaxe. 22/11/19

Os forenses sosteñen que a asfixia foi a causa da morte de Diana Quer e unha brida a arma homicida // O Goberno Galego iniciou os trámites para licitar a ampliación do complexo hospitalario de Pontevedra // O músico de Sarria Abraham Cupeiro grava o seu último disco 'Panxea' en Abbey Road, o mítico estudo dos Beatles. 21/11/19 

Os forenses sosteñen que a asfixia foi a causa da morte de Diana Quer e unha brida a arma homicida // O Goberno Galego iniciou os trámites para licitar a ampliación do complexo hospitalario de Pontevedra // Un brote de papeiras afecta xa a toda Galicia, con máis de 150 casos // Medio cento de nenos en Galicia agardan por unha familia que os acolla // Catrocentos escolares de Vigo póñense no lugar dos profesionais que fan deporte adaptado // O músico de Sarria Abraham Cupeiro grava o seu último disco 'Panxea' en Abbey Road, o mítico estudo dos Beatles. 21/11/19  

Seguimos con ceos parcialmente cubertos e con chuvascos máis frecuentes na metade oeste. Pola noite as precipitacións serán persistentes e por momentos fortes. Tamén se agarda que o vento vaia a máis de cara a noite cando soprará con refachos fortes no litoral. Toda a costa continua en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. 21/11/19

No xuízo contra o Chicle polo crime de Diana Quer declararon hoxe os axentes que dirixiron a investigación // Os pactos tras as eleccións xerais e a proximidade do día pola eliminación da violencia contra a muller centraron hoxe a sesión de control no Parlamento galego // Os produtores de castaña galegos recolleron este ano uns quince millóns de quilos, un trinta por cento menos que nunha colleita boa. 20/11/19

No xuízo contra o Chicle polo crime de Diana Quer declararon hoxe os axentes que dirixiron a investigación // Os pactos tras as eleccións xerais e a proximidade do día pola eliminación da violencia contra a muller centraron hoxe a sesión de control no Parlamento galego // Os produtores de castaña galegos recolleron este ano uns quince millóns de quilos, un trinta por cento menos que nunha colleita boa // 32 persoas morreron en máis de vinte mil accidentes laborais en Galicia ata setembro // Máis do doce por cento dos galegos maiores de corenta anos sofren enfermidade pulmonar obstructiva crónica, EPOC // Pleno infantil en Ourense e noutros concellos ao cumprirse trinta nos da Convención da ONU sobre os dereitos dos nenos. 20/11/19 

As temperaturas subiron algo neste mércores no que seguimos baixo a influencia das borrascas atlánticas. Con chuvias débiles e chuvascos dispersos que serán máis frecuentes e intensos no litoral atlántico con apertura de claros ao final do día. Toda a costa continúa en alerta por ondas que poden chegar aos cinco metros. As temperaturas máximas oscilarán entre os 10 graos  previstos en Lugo e os 14 que se poderían rexistrar na Coruña. 20/11/19

Forenses declaran que o acusado, José Enrique Abuín, non amosa arrepentemento polo crime e Diana Quer e que non sufre ningún transtorno mental e polo tanto é imputable // Case oito anos despois da traxedia do Orzán, as ondas devolven a carteira, a placa e o carné dun dos policías afogados // O cultivo do kiwi chegaba hai 50 anos a Galicia e hoxe a nosa comunidade segue a liderar a producción española. 1911/19

Forenses declaran que o acusado, José Enrique Abuín, non amosa arrepentemento polo crime e Diana Quer e que non sufre ningún transtorno mental e polo tanto é imputable // O Parlamento galego elexiu hoxe a Xoaquín Fernández Leiceaga, Elena Muñoz e Jesús Vázquez como senadores por designación autonómica // O cultivo do kiwi chegaba hai 50 anos a Galicia e hoxe a nosa comunidade segue a liderar a producción española // Os sanitarios alertan de que o uso inaxeitado ou excesivo de antibióticos provoca que as bacterias se fagan máis resistentes // Un convenio entre Iberdrola e a Catedral de Santiago permitirá instalar por primeira vez un sistema de iluminación integral no interior do templo // Os soldados da Brilat, con base en Pontevedra, proban, ata a próxima semana, a súa capacidade operativa en situacións de combate // Case oito anos despois da traxedia do Orzán, as ondas devolven a carteira, a placa e o carné dun dos policías afogados. 19/11/19

Unha nova fronte chega e con ela as chuvias. Poden ser localmente fortes e vir acompañadas de treboadas. Serán máis frecuentes na metade oeste da comunidade e irán diminuindo durante a noite. Poucos cambios nas temperaturas. As máximas oscilarán entre os 9 graos previstos en Lugo e os 13 que agardan en Ourense. 19/11/19

Forenses declaran que o acusado, José Enrique Abuín, non amosa arrepentemento polo crime e Diana Quer e que non sufre ningún transtorno mental e polo tanto é imputable // O Parlamento galego elexiu hoxe a Xoaquín Fernández Leiceaga, Elena Muñoz e Jesús Vázquez como senadores por designación autonómica // O cultivo do kiwi chegaba hai 50 anos a Galicia e hoxe a nosa comunidade segue a liderar a producción española // Os sanitarios alertan de que o uso inaxeitado ou excesivo de antibióticos provoca que as bacterias se fagan máis resistentes // Un convenio entre Iberdrola e a Catedral de Santiago permitirá instalar por primeira vez un sistema de iluminación integral no interior do templo // Os soldados da Brilat, con base en Pontevedra, proban, ata a próxima semana, a súa capacidade operativa en situacións de combate // Case oito anos despois da traxedia do Orzán, as ondas devolven a carteira, a placa e o carné dun dos policías afogados. 19/11/19

Na quinta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer prestaron declaración os axentes que participaron no achádego do corpo na nave de Asados // Os orzamentos da Xunta para o ano que vén inician hoxe o seu debate parlamentario // O mosteiro de Oia saca á luz os debuxos que pintaron nas súas paredes máis de cinco mil presos republicanos. 1811/19

Na quinta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer prestaron declaración os axentes que participaron no achádego do corpo na nave de Asados // Aprazado o xuízo polo atropelo mortal a un grupo de ciclistas na Guarda, porque o acusado, un conductor de 91 anos, está ingresado nun hospital // Os orzamentos da Xunta para o ano que vén inician hoxe o seu debate parlamentario // Cincocentos comensais probaron o menú degustación elaborado polos 22 cociñeiros do grupo Nove no restaurante efémero que abriron no Porto // A nova derrota do Dépor colma a paciencia da afección, que prepara unha protesta // O mosteiro de Oia saca á luz os debuxos que pintaron nas súas paredes máis de cinco mil presos republicanos. 1811/19

A semana comeza cunha pequena tregua. Con ceos anubrados e algún chuvasco no terzo norte que foi deixando paso a máis claros. Unha situación transitoria porque xa de cara a noite chega unha nova fronte. De madrugada volverán as chuvias, comezando pola franxa atlántica. As temperaturas quedan sen cambios. 1811/19

Na quinta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer prestaron declaración os axentes que participaron no achádego do corpo na nave de Asados // Aprazado o xuízo polo atropelo mortal a un grupo de ciclistas na Guarda, porque o acusado, un conductor de 91 anos, está ingresado nun hospital // Os orzamentos da Xunta para o ano que vén inician hoxe o seu debate parlamentario // Cincocentos comensais probaron o menú degustación elaborado polos 22 cociñeiros do grupo Nove no restaurante efémero que abriron no Porto // A nova derrota do Dépor colma a paciencia da afección, que prepara unha protesta // O mosteiro de Oia saca á luz os debuxos que pintaron nas súas paredes máis de cinco mil presos republicanos. 1811/19

As circunstancias nas que apareceu o corpo de Diana Quer centraron a sesión de hoxe no xuízo a José Enrique Abuín, o acusado do crime // Xornada de balance tralo paso da borrasca Cecilia, que deixou máis dun milleiro de incidencias nas últimas 24 horas en Galicia // Julia cumpre 106 anos. Esta lonxeva coruñesa é unha das avoas de Galicia. 15/11/19

As circunstancias nas que apareceu o corpo de Diana Quer centraron a sesión de hoxe no xuízo a José Enrique Abuín, o acusado do crime // Xornada de balance tralo paso da borrasca Cecilia, que deixou máis dun milleiro de incidencias nas últimas 24 horas en Galicia // Galicia investirá 1.250 millóns nos próximos catro anos para frear o quecemento global e paliar os seus efectos // Julia cumpre 106 anos. Esta lonxeva coruñesa é unha das avoas de Galicia // Abre ao público a exposición "Galicia, un relato no mundo" // De durmir nun caixeiro a protagonizar un documental sobre a historia da súa vida. 15/11/19